Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo e análise das linguaxes radiofónica e televisiva, e das formas de expresión de ambos medios.
2. Estudo e análise da linguaxe verbal, musical, efectos sonoros, ruido, silencio, planos, montaxe e linguaxe visual.
3. Fundamentos sobre sistemas e procesos de construcción e análise dos relatos audiovisuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA I
Características da linguaxe radiofónica
1.1 Definición de linguaxe radiofónica
1.2 Elementos que forman a linguaxe radiofónica: linguaxe verbal, linguaxe musical, efectos sonoros, ruido e silencio
1.3 Factores que determinan a expresividade radiofónica
1.4 Función semántica e función estética da linguaxe radiofónica
TEMA II
A linguaxe verbal
2.1 Características da linguaxe verbal
2.2 Funcións da linguaxe verbal na radio
2.3 Formas expresivas da linguaxe verbal
2.4 O monólogo e o diálogo
2.5 A polisemia da linguaxe verbal
2.6 A entonación dramática
2.7 Figuras retóricas da linguaxe verbal
TEMA III
A linguaxe musical
3.1 Características da linguaxe musical
3.2 Funcións da linguaxe musical na radio
3.3 Diferentes figuras e expresións musicais
TEMA IV
Os efectos sonoros
4.1 Características dos efectos sonoros
4.2 Funcións dos efectos sonoros na radio
4.3 Producción de efectos sonoros a partir de fontes naturais e artificiais
4.4 Os efectos sonoros nos programas dramáticos
TEMA V
O ruido
5.1 Funcións do ruido na radio
5.2 O ruido como problema técnico
5.3 O ruido como efecto sonoro
5.4 O ruido como documentación contextualizadota ou identificativa
TEMA VI
O silencio
6.1 Funcións do silencio na radio
6.2 O silencio como elemento separador de ideas
6.3 A importancia do silencio para ordena-lo pensamento: o silencio nas conversas, nas reflexións (monólogos) e nas improvisacións
6.4 O valor expresivo do silencio
6.5 Tipos de silencios
6.6 Particularidades dos silencios totais e parciais
TEMA VII
O ritmo
7.1 Elementos que interveñen na construcción do ritmo radiofónico
7.2 O ritmo interno dun programa ou dunha sección
7.3 O ritmo global na estructura dun programa
7.4 A relación movimento-son
TEMA VIII
O espacio e o tempo
8.1 O espacio real e o espacio simbólico
8.2 O tempo real e o tempo simbólico
8.3 O tratamento do espacio e do tempo na radio. Posibilidades narrativas de ambos elementos
TEMA IX
As imaxes auditivas
9.1 As imaxes auditivas como elemento propio da radio
9.2 Funcións das imaxes auditivas
9.3 A construcción e a descodificación de imaxes auditivas: factores que interveñen en ambos procesos
TEMA X
O guión
10.1 Os modelos de guións radiofónicos. Características e funcións
10.2 O guión absoluto
10.3 O guión indicativo. A pauta
10.4 O guión mixto
10.5 O guión técnico e o guión literario
TEMA XI
A montaxe
11.1 Variedades de montaxe na radio. Características de cada unha
11.2 As posibilidades expresivas da montaxe
11.3 Elementos que interveñen na montaxe
11.4 Normas para realizar unha montaxe
11.5 O raccord. Definición
11.6 Funcións do raccord
11.7 Criterios para respeta-lo raccord
11.8 Clases de raccord
TEMA XII
Características da linguaxe televisiva
12.1 Definición de linguaxe televisiva
12.2 Elementos que forman a linguaxe televisiva. Características e posibilidades de cada un
12.3 O discurso televisivo: os códigos específicos da dimensión informativa, artística e comunicativa dun relato. Limitacións, esixencias e posibilidades narrativas de cada variante
12.4 Acotacións da linguaxe televisiva: o real, o xornalístico e o televisivo
TEMA XIII
A imaxe e o son
13.1 Tipoloxía da imaxe na linguaxe televisiva
13.2 O tratamento da imaxe nunha noticia e nun relato de ficción
13.3 A continuidade visual como recurso narrativo
13.4 A ollada: modos de ver. Claves e convencións visuais
13.5 A interpretación do que vemos. Obxectividade, subxectividade e veracidade
13.6 Tipoloxía do son na linguaxe televisiva
13.7 Nexos sonoros e significación narrativa
13.8 Os recursos sonoros. Palabra, música e efectos na edición sonora
13.9 O son como documento periodístico. Tipoloxía e tratamento
13.10 A relación imaxe-son. Técnicas e criterios de enlace
TEMA XIV
Os planos como unidades narrativas
14.1 Tipoloxía dos planos. Características e funcións de cada un
14.2 O senso do plano no relato televisivo: motivación, información, composición, encadre, ángulo, continuidade e eixes.
14.3 O plano-secuencia. Posicionamentos
TEMA XV
A continuidade no relato televisivo
15.1 O tratamento do espacio, do tempo e do movimento en televisión
15.2 As panorámicas, os travelling, os desprazamentos e os movimentos ópticos. Significación e posibilidades
15.3 Criterios para informativos e licencias para ficción nos tratamentos espacio-temporais
15.4 A orde, a frecuencia e a duración como elementos narrativos
15.5 A importancia do ritmo en televisión
15.6 Criterios de disposición dos diferentes elementos para conseguir un ritmo axeitado nun relato audiovisual
TEMA XVI
A edición, a montaxe e a posproducción
16.1 A importancia da edición na construcción do relato televisivo
16.2 A gravación e a edición. Peculiaridades e funcións de cada fase
16.3 Tipos de edición: estilos, etapas e procesos
16.4 A montaxe: variedades
16.5 A montaxe técnica e a montaxe ideológica
16.6 Criterios para manter a continuidade e a coherencia no relato
16.7 O raccord. Tipoloxía e funcións
16.8 A convivencia nun relato de elementos de natureza distinta
16.9 A lectura estética e a análise do editado
16.10 As diferentes técnicas de posproducción. Funcións de cada unha. Posibilidades e esixencias
TEMA XVII
O guión televisivo
17.1 A importancia do guión na construcción dun relato audiovisual. Fases e proceso: idea, guión e posta en escea
17.2 Argumento e relato
17.3 Unidade dramática e unidade xornalística
17.4 O guión para informativos. A escaleta e o minutado
17.5 O guión para un relato de ficción. As diferentes modalidades
CONTIDOS PRÁCTICOS
A parte práctica de Linguaxe radiofónica constará de catro exercicios de vinte minutos cada un, consistentes na elaboración de programas radiofónicos nos que se traballarán os elementos expresivos e comunicativos propios do soporte radio: linguaxe verbal, linguaxe musical, efectos sonoros, ruido e silencio. Tamén se coidará o diseño dos guións, tanto no relativo ás características técnicas como no referente á calidade narrativa dos contidos.
Práctica 1: traballo sobre as posibilidades comunicativas e expresivas da linguaxe verbal
Práctica 2: traballo conxunto sobre linguaxe verbal e linguaxe musical
Práctica 3: traballo conxunto sobre linguaxe verbal, linguaxe musical e efectos sonoros
Práctica 4: perfeccionamento na utilización conxunta das posibilidades expresivas e comunicativas de tódolos elementos propios da linguaxe radiofónica
Na parte práctica de Linguaxe televisiva os estudantes deberán elaborar un guión de tres minutos para ser producido, realizado, editado e, finalmente, posproducido. Desta maneira cúbrese todo o proceso de producción dunha peza audiovisual e os alumnos comprenderán con claridade cales son os pasos necesarios no complexo proceso de producción, en tódalas fases creativas e técnicas, e tamén se familiarizarán co uso dos diferentes equipos e instrumentos. O guión deberáse elaborar conforme ós contidos teóricos do temario, traballando cós conceptos propios da linguaxe televisiva e aplicándoos na materialización do exercicio.
Práctica 1: escribir un guión
O guión consistirá nunha peza que non supere os 10 planos. Sobre o papel deberán quedar anotadas tódalas indicacións referentes ós seguintes aspectos: motivación, información, composición, sonido (ambiente e diálogos), ángulos de cámara e continuidade na narración. Esta práctica está pensada para que os estudantes teñan o primeiro contacto co proceso cr eativo, seguindo un esquema de idea-producción-realización-edición. O modelo de guión será o formato de folio dividido en tres partes verticalmente, no que se engadirán as anotacións correspondentes á parte da imaxe, son, tempos, etc.
Práctica 2: fase de producción
A segunda práctica consiste na producción do guión anterior. Os estudantes porán en correlación tódolos elementos incluidos para a súa posterior realización no plató. Logo prepararán o escenario no estudio, elaborarán os sets, decidirán a iluminación, o son en directo e calquer outro elemento que se considere oportuno para realizar o traballo. O plató está habitualmente equipado con tres cámaras, con iluminación cenital e con tódolos elementos necesarios para facer un exercicio deste tipo, algo que os alumnos xa coñecen gracias ás prácticas da asignatura de Comunicación e información audiovisual de primeiro curso, onde estudian a configuración e a aplicación das tecnoloxías audiovisuais. Agora é o momento de que poñan os diferentes instrumentos técnicos ó servicio das súas propias ideas.
Práctica 3: realización
Agora procede facer a gravación no plató do guión elaborado na primeira práctica e escenificado na segunda. Nesta fase os alumnos porán unha atención especial nos seguintes elementos:
- encadre
- profundidade de campo
- suxetos e obxetos que hai dentro do encuadre
- ángulo de cámara e iluminación
- continuidade no movimento
- continuidade na posición
- continuidade no son
- continuidade nos diálogos
- coherencia narrativa do exercicio
Elementos técnicos necesarios para esta práctica: tres cámaras fixas, control de realización e son de estudio. Adicionalmente, si é necesario, poderáse utilizar unha ou varias camáras ENG con son independente.
Práctica 4: edición e posproducción
O material gravado anteriormente en plató pasará agora ás cabinas de edición para a súa elaboración e posproducción final. Os alumnos poden editar cada traballo nunha sala de edición non lineal Avid, dispoñible e equipada co sotfware profesional necesario, tanto para imaxe como para son. A edición é a parte creativa final do exercicio no que vai quedar reflexada a idea orixinal dos alumnos a través de todo o proceso de producción.
Bibliografía obrigatoria
Linguaxe radiofónica
BALSEBRE, A. (1994): El lenguaje radiofónico. Ed. Cátedra. Signo e imagen. Madrid.
DENIS, M. (1984): Las imágenes mentales. Ed. Siglo Veintiuno. Madrid
Rodero, E. y Soengas, X. (2010): Ficción radiofónica. RTVE. Madrid
RODRIGUEZ BRAVO, A. (1998): La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Ed. Paidós. Barcelona.
Linguaxe televisiva
Fernández Sánchez, M.C. (1987) La influencia del montaje en el lenguaje audiovisual, Ediciones Libertarias-Prodhufisa, Madrid
Thompson, R. (2002) El lenguaje del plano. IORTV. Madrid.
HILLIARD, R.L. (2001): Escribir para radio, televisión y nuevos medios. International Thomson. México.
Bibliografía complementaria Linguaxe Audiovisual
ARIJÓN, D. (1986): Gramática del lenguaje audiovisual. Ed. Baroja. Beasain.
ARNHEIM, R. (1980): Estética radiofónica. Ed. Gustavo Gili. Barcelona
AUSTIN, J.L. (1988): Cómo hacer cosas con las palabras. Ed. Paidós, Studio. Barcelona.
Baggaley, J.P. e Steve W. D. (1982) Análisis del mensaje televisivo, Gustavo Gili, Barcelona
BARTHES, R. (1987): El susurro del lenguaje. Más allá de la palabra y la escritura. Ed. Paidós Comunicación. Barcelona.
BELTRAN MONER, R. (1984): La ambientación musical. IORTV. Madrid.
CANUYT, G. (1985): La voz. Ed. Librería Hachette, Buenos Aires.
DANIELOU, A. (1978): Sémantique musicale. Ed. Hermann. Paris
DELEUZE, G. (1994) La imagen-movimiento, Paidós, Barcelona.
DRAKE, A. (2001): Hablar, hacer, causar: La teoría de los actos del habla de J.L.Austin. UPCD. Madrid.
ELLIOT, M.F. (1980): Saber respirar bien. ED. Mensajero. Bilbao
FERNANDEZ DE LA TORRIENTE, G. (1975): La comunicación oral. Ed. Playor. Madrid.
FERNANDEZ DE LA TORRIENTE, G. (1978): Cómo hablar correctamente en público. Ed. Playor. Madrid
FERNÁNDEZ, F./MARTÍNEZ, J. (1999): Manual básico de lenguaje y narrativa audiovisual. Paidós. Barcelona.
FONAGY, I. (1983): La vive voix. Essais de psycho-phonetique. Ed. Payot. Paris.
FRAISSE, P. (1976): Psicología del ritmo. Ed. Morata. Madrid.
FURET, Y. (1977): Saber hablar en cualquier circunstancia. Ed. Mensajero. Madrid
FUZELLIER, e. (1965): Le langage radiophonique. Edita Institut des Hautes Etudes Cinématografiques IDHEC. Paris
GADDA, C.E. (1973): Norme per la redazione di un testo radiofonico. Ed. ERI. Turín
GARCÍA JIMÉNEZ, J. (1993): Narrativa audiovisual. Cátedra. Madrid.
GIL FERNANDEZ, J. (1988): Los sonidos del lenguaje. Ed. Síntesis. Madrid
GUEVARA, F. (1984): La locución: técnica y práctica. Ed. Oriente. La Habana
MERAYO, A. (1997): Para entender la radio. Estrutura del proceso informativo radiofónico. UPS. Salamanca.
McLEISH, R. (1985): Técnicas de creación y realización en radio. Edita IORTV-España. Madrid
MOLES, A.A. (1976): Teoría de la información y percepción estética. Ed. Júcar. Madrid
MUÑOZ, J.J. y GIL, C. (1986): La radio. Teoría y práctica. Edita IORTV-España. Madrid
OLIVA, Ll./SITJÁ, X. (1992): Las noticias en televisión. IORTV. Madrid.
ORTIZ, M./VOLPINI, F. (1998): Diseño de programas en radio. Paidós. Barcelona.
PRADO, E. (1981): Estructura de la información radiofónica. Ed. A.T.E. Barcelona
SANABRIA MARTÍN, F. (1994): Información audiovisual: teoría y técnica de la información radiofónica y televisva. Bosch. Barcelona.
SOENGAS, X. (2003): El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual. Laberinto Comunicación, Madrid.
SOLARINO, C. (2000): Cómo hacer televisión, Cátedra, Madrid
CON.4 - Examinar o impacto das tecnoloxías no ámbito da comunicación e nos profesionales.
CON.5 - Distinguir as diferentes formas de xestionar a complexidade no contexto comunicativo.
HAB.1 - Aplicar as técnicas de expresión oral, escrita, audiovisual e multimedia para a elaboración de información periodística.
HAB.3 - Manexar os medios, as tecnoloxías, as ferramentas e as plataformas actuais para o desenvolvemento da actividade periodística.
HAB.4 - Aplicar métodos e técnicas de investigación, documentación, verificación e tratamiento dos datos e a información periodística.
HAB.5 - Transmitir información eficiente a un público tanto especializado como non especializado.
COM.5 - Elexir e aplicar con criterio coñecimentos e habilidades que alimenten o desenvolvemento das capacidades creativas, a iniciativa e o espíritu emprendedor.
Linguaxe audiovisual é unha disciplina transversal e os seus contidos teñen unha interrelación permanente con outras asignaturas da carreira. Por esta razón é preciso recorrer a varias metodoloxías, seleccionando en cada caso os plantexamentos máis acaídos ós obxectivos múltiples desta materia. Trátase de escoller aquelas liñas de traballo que permitan facilitarlles ós alumnos os coñecementos teóricos, técnicos e prácticos necesarios para a creación de productos audiovisuais. Aquí cultívase unha aprendizaxe que satisfaga as inquedanzas intelectuais de corte teórico e, ó mesmo tempo, sexa capaz de facer fronte ás esixencias profesionais dos medios. Hai que ter en conta que nesta materia conviven dúas variantes con códigos e regras completamente distintas, que son o xornalismo e maila ficción. Esta circunstancia obriga a recurrir a diferentes metodoloxías propias de cada enfoque. A versatilidade de Linguaxe audiovisual unida a esa interrelación permanente entre teoría e práctica, e tamén entre teoría e técnica, conleva un sistema de aprendizaxe que debe ter en conta todas estas peculiaridades, tan heteroxéneas pero tan enriquecedoras.
As teorías da información e da comunicación son os principios orientadores que facilitan a base conceptual para desenvolver con rigor os obxectivos. Trátase logo de buscarlle aplicabilidade ós contidos para obter uns resultados óptimos que demostren e certifiquen a validez e a eficacia dos plantexamentos teóricos.
O modelo académico de Linguaxe audiovisual responde a unha intencionalidade de formar ós alumnos de tal xeito que non perciban a teoría como algo aillado da práctica. Por eso o desenvolvemento da materia parte dun plantexamento que pretende suministrar ós estudantes todos aqueles conceptos, coñecementos e destrezas necesarios para elaborar productos audiovisuais, tanto no ámbito informativo como no eido da ficción.
As actuacións docentes están concebidas desde unha perspectiva científica e pragmática, procurando darlles ós contidos unha finalidade concreta, de xeito que os alumnos perciban un aproveitamento inmediato ou futuro que estimule a súa aprendizaxe e o seu interese. A materia está encauzada desde unha perspectiva polivalente, pois, como xa se dixo, bebe de materias anteriores e serve de base para outras que se imparten a continuación. Linguaxe audiovisual préstase para demostrar a versatilidade de moitos conceptos, ó poñerse de manifesto a diversidade de rexistros que poden adoptar os mesmos elementos en función do contexto e das circunstancias nas que sexan utilizados ou descodificados. Por esta razón, no desenvolvemento da asignatura recúrrese frecuentemente á metodoloxía comparativa para evidenciar as diferencias e as similitudes que existen entre a linguaxe radiofónica e a linguaxe televisiva, os dous piares centrais da materia. Trátase de poñer de manifesto que dentro da linguaxe audiovisual hai particularidades específicas que definen a identidade de cada soporte.
As competencias de Linguaxe audiovisual esixen unha metodoloxía que permita desenvolver o temario de tal forma que os alumnos aproveiten ó máximo os contidos e teñan a posibilidade de aplicar de xeito inmediato aqueles conceptos que se explican en clase. Por eso pónse unha énfase especial naquelas liñas de traballo que permitan rendabilizar a aprendizaxe, buscándolles eficacia e utilidade ós contidos, sempre tendo en conta a enorme polivalencia dos conceptos que corresponden a Linguaxe audiovisual. Con esta intención están deseñados os módulos prácticos, tanto na súa estructura como na frecuencia de realización de cada exercicio. Este esquema permite ós estudantes realizar unha práctica xusto despois da explicación de cada tema e visionar e comentar o resultado da mesma antes de avanzar no programa cunha clase nova. Así cultívase de forma permanente a función analítica e experimental.
A simultaneidade entre teoría e práctica permite expoñer en clase os logros de autores que son referencia no eido audiovisual e inmediatamente ilustralos con exemplos de productos similares emitidos polas diversas canles, nos que se ven reflexados eses plantexamentos. Así os alumnos teñen a oportunidade de comprobar cómo se aplican na realidade os conceptos teóricos e, ó mesmo tempo, coñecen as diferentes liñas de traballo e as diversas tendencias, tanto desde o punto de vista estético como no que atinxe ás temáticas e ó tratamento dos contidos.
Os exercicios propostos non son probas ailladas, senón que a aprendizaxe que se experimenta en cada un deles aproveitase logo no seguinte, pois a complexidade das prácticas é gradual. Búscase un coñecemento útil que sexa aplicable no eido audiovisual e, ó mesmo tempo, que sirva de base analítica para aqueles alumnos que desexen adicarse á investigación. No programa mantense en todo momento o equilibrio entre teoría e práctica, respetando así a distribución da carga docente e maila filosofía do plano de estudos de Xornalismo da USC.
Destacamos tamén a necesidade de ter en conta a evolución que experimentou a Linguaxe audiovisual, unha renovación na que influiron dun xeito decisivo tres factores: as posibilidades novidosas que ofrece a tecnoloxía, que se convertiu nun elemento fundamental no proceso de producción e edición audiovisual; a evolución dos formatos, que afectou tanto ás estructuras dos espacios como ó tratamento dos contidos, desplazando moitos modelos clásicos que deixaron de ser referentes exclusivos para dar paso a outras propostas máis innovadoras e menos ríxidas; e a aparición dunha nova cultura audiovisual, que mudou moitos códigos e convencións. Todos estes elementos propiciaron e, nalgúns casos, esixiron novas variantes que deben ser consideradas na docencia de Linguaxe audiovisual e na formación dos alumnos. Por eso nesta materia téñense moi en conta tódolos avances tecnolóxicos que repercuten directamente na forma de traballar e de plantexar fórmulas que antes resultaban impensables.
Os logros derivados dos cambios que se produciron como consecuencia dos avances nas tecnoloxías da información e da comunicación non son alleos ós plantexamentos que se deben facer en Linguaxe audiovisual, pois as novas formas de elaborar e de transmitir as mensaxes conteñen aspectos que corresponden ó perfil desta materia. Non hai que esquecer que a maioría das veces a eficacia vai estreitamente vencellada a modalidades narrativas novidosas, derivadas das posibilidades que ofrece a tecnoloxía, tanto no tratamento máis sofisticado dos contidos como na oportunidade de incluir elementos que enriquecen o discurso. Deste xeito recóllese e aprovéitase a aprendizaxe que experimentaron os alumnos nas asignaturas previas, onde se analizan con detenemento as aplicacións dos recursos tecnolóxicos á hora de elaborar un producto audiovisual, en tódalas fases do proceso: producción, emisión, difusión e descodificación.
A renovación dos equipos tecnolóxicos, que leva implícita novas funcións dos aparellos, cada vez máis sofisticadas, esixe e fomenta a aparición dunha nova linguaxe na que teñan cabida todas esas propiedades que brindan as máquinas.
Os recursos que se utilizan para impartir a asignatura correspóndense cos obxectivos da materia. Por unha banda utilízanse mostras de productos audiovisuais para ilustrar os conceptos teóricos que se explican na clase maxistral. E logo, para a realización das prácticas, cóntase coas infraestructuras técnicas que existen no estudio de radio e no plató de televisión da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, amáis dos materiais audiovisuais que se precisen para realizar os exercicios requeridos. Os recursos necesarios dependerán moito das características das prácticas, pois o profesor facilita unhas directrices xerais e logo os alumnos poden definir os matices dos seus traballos. Así cúmplese unha das finalidades da materia, que consiste en fomentar e desenvolver a capacidade creativa e comunicativa dos estudantes. Os encargos non consisten en esquemas pechados, senón que fomentan propostas innovadoras.
A parte práctica de Linguaxe radiofónica consta de catro exercicios. Nos traballos iranse incluindo elementos novos progresivamente, dacordo cos avances das clases teóricas. Cada grupo de prácticas dividirase en dous subgrupos para que o funcionamento sexa máis operativo. O sistema de traballo será o seguinte: cada subgrupo (composto por unhas 15 persoas) fará a gravación dun exercicio cada dúas semanas, e a semana que non lle corresponde gravar dedicará esa franxa horaria a preparar o guión da semana seguinte.
A parte práctica de Linguaxe televisiva consta dun único exercicio que deberá ser desenvolto en catro fases, pois trátase dun proceso de producción completamente diferente ó da radio. Por esa razón o sistema de traballo tamén será distinto: os alumnos organizaranse en grupos de 10, tendo en conta que hai cabinas de edición suficientes para traballar en simultáneo. Cada semana realizarán os pasos necesarios para ter a práctica rematada a final de curso.
A asignatura consta dunha parte teórica e doutra práctica. A parte práctica contará un 50% e a parte teórica outro 50%, e é necesario aprobar ambas para facer media. Para aproba-la parte práctica cómpre realizar tódolos exercicios que se programen en clase e estar presente na gravación e na corrección dos mesmos. E para supera-la parte teórica haberá un exame final sobre o programa da asignatura e maila bibliografía. Ademáis dos libros que figuran no programa como obrigatorios, se procede, na clase tamén se facilitarán outros textos que poidan ser necesarios para ampliar algún tema.
Como xa se dixo, a parte práctica da asignatura supérase exclusivamente facendo tódalas gravacións programadas durante o curso. Por tratarse de exercicios que, polas súas características, requiren unha preparación previa e teñen que realizarse en grupo, non se poden recuperar logo de xeito individual. Polo tanto, os alumnos que suspendan as prácticas en xuño non poderán examinarse en setembro. Só poderán presentarse a esta convocatoria os alumnos que únicamente teñen pendente a teoría.
Nas prácticas valoraranse os seguintes aspectos:
- calidade e orixinalidade dos guións
- posta en escena dos conceptos teóricos
- capacidade expresiva e comunicativa do alumno
Non se admitirán prácticas fora dos prazos marcados polo profesor, se non é debido a unha causa xustificada.
Para superar a asignatura é necesario aprobar as dúas partes das que consta o temario: linguaxe radiofónica e linguaxe televisiva. Non se fará media cunha delas suspensa.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
É importante asistir ás gravacións de tódolos exercicios que se propoñen, pois nas prácticas aplícanse os conceptos teóricos explicados na clase.
Jose Soengas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Fernandez Amado
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- carlos.fernandez.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
02.07.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |