Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada, Física de Partículas
Áreas: Física Aplicada, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico das materias Física Xeral (I e II) é proporcionar ao alumno unha ampla introdución á Física que lle permita obter unha visión global desta parte da ciencia, e que garanta que todo o alumnado se sitúe nun nivel de coñecementos tal que lle permita continuar, sen dificultades engadidas, os estudos desta titulación, con independencia do nivel da súa formación académica previa. En consecuencia, os contidos desta materia non se expoñen con carácter finalista na formación do alumnado, senón como unha disciplina básica e preparatoria cara á comprensión das diversas materias que os estudantes deberán cursar na titulación.
Resultados da aprendizaxe da materia Física Xeral I:
- Saber empregar a álxebra e o análise vectorial como ferramentas esenciais da Física.
- Distinguir claramente entre magnitudes escalares e vectoriais e saber traballar con ambos tipos de magnitudes.
- Manexar con fluidez os distintos sistemas de unidades.
- Comprender e dominar os conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica newtoniana, mecánica de fluídos e termodinámica, con especial atención ás simplificacións establecidas e, polo tanto, aos límites da aplicabilidade.
Contidos. (ver páx. 8 da Memoria para a solicitude de verificación do Grao en Física)
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/memorias_grao…
BLOQUE 0 (CONCEPTOS MATEMÁTICOS INTRODUTORIOS)
Cálculo vectorial. Operacións con vectores. Teoría elemental de campos. Campos escalares e vectoriais. Operadores diferenciais: gradiente, diverxencia e rotacional. Teorema de Gauss. Teorema de Stokes. Campos conservativos.
BLOQUE I (MECÁNICA)
CINEMÁTICA. Cinemática da partícula. Velocidade. Aceleración. Compoñentes intrínsecas. Análise dos distintos tipos de movementos. Movemento relativo.
DINÁMICA. Dinámica da partícula. Leis de Newton do movemento. Momentos lineal e angular. Teoremas de conservación. Traballo. Enerxía mecánica: teorema de conservación. Dinámica dos sistemas de partículas. Forzas exteriores e interiores. Centro de masas. Momentos lineal e angular. Enerxía mecánica: Teorema de conservación. Dinámica do sólido ríxido. Momento de inercia. Teorema de Steiner. Radio de xiro. Movemento de rotación en torno a un eixo fixo.
EQUILIBRIO E ELASTICIDADE. Equilibrio de corpos ríxidos. Esforzo, deformación e módulos de elasticidade.
BLOQUE II (FÍSICA DE FLUÍDOS)
Introdución a física de fluídos.
Estática de Fluídos. Ecuación fundamental da estática de fluídos. Principio de Arquímedes. Centro de presión. Forzas sobre superficies planas e curvas.
DINÁMICA. Ecuación de continuidade. Ecuación xeral do movemento dun fluído. Teorema de Bernoulli. Aplicacións.
BLOQUE III (TERMODINÁMICA)
Conceptos básicos da Termodinámica. Temperatura e a súa medida. Propiedades térmicas da materia. Principios da Termodinámica.
Bibliografía básica e complementaria
A bibliografía proposta está agrupada en bloques, non só en razón do seu contido e da profundidade con que están desenvolvidos os diversos temas, mais tamén porque se adapten en maior ou menor medida á orientación pedagóxica da materia.
Inclúese tamén algún recurso docente de acceso libre por internet, que contén os applets onde se poden simular experimentos, problemas resoltos en pdf,…
3.1. Bibliografía básico
Sears, F. W., M.W. Zemansky y otros. Física Universitaria (1 y 2). Ed. Addison Wesley -
Pearson (2018)
Tipler, P.A. y Mosca, G. Física para la Ciencia y la Tecnología (Vol. 1 y 2). Ed Reverté (2010).
3.2. Bibliografía complementaria
Alonso, M. y Finn, E. Física. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana, S.A. (1995).
Burbano de Ercilla, S. y otros. Problemas de Física. 32ª ed. Ed. Tebar (2003).
Dias de Deus, J. y otros. Introducción a la Física. Ed. McGraw-Hill España (2001).
Eisberg, R. y Lerner, L. Física. Fundamentos y Aplicaciones. Ed. McGraw-Hill España (1990).
Feymann, R.P. y otros. Física. Ed. Addison Wesley Iberoamericana (1987).
Gettys, W.E. y otros. Física para Ciencias e Ingeniería (I y II). McGraw-Hill España (2005).
Glasgow, S.L. From Alchemy to Quarks: the study of physics as a liberal arts. Ed. Pacific Grove (1994).
Hewitt, P.G. Física Conceptual (I y II). Ed. Prentice Hall (2007).
de Juana, J.M. Física General (I y II). Ed. Pearson-Prentice Hall (2003).
Lea, S.M. y Burke, J.R. Física. La naturaleza de las cosas (1 y 2). Ed. Paraninfo (2001).
Serway, R.A. y Jewett, J.W. Física para ciencias e ingeniería (1 y 2). Ed. Thomson-Paraninfo (2009).
White, F.M. Mecánica de fluidos. Ed. McGrawHill (2004).
3.3. Libros de problemas
Alcaraz i Sendra, O. y otros. Física. Problemas y ejercicios resueltos. Pearson Prentice Hall (2006).
Bueche, F.J. y Hecht, E. Física General. Problemas y ejercicios. Ed. McGraw-Hill, Serie Schaum (2001)
Burbano de Ercilla, S. y otros. Problemas de Física. 27ª ed. Tebar (2004).
González Hernández, F. A. La Física en problemas. Ed. Tebar (2000).
Hsu, H.P. Análisis Vectorial. Ed. Addison Wesley (1987).
SpiegelL, M.R. Análisis Vectorial y una introducción al Análisis Tensorial. Ed. McGraw-Hill
(1991).
3.4. Recursos na rede
http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html
Franco. A. Física con ordenador: http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica3/
http://metodos.fam.cie.uva.es/~imartin/noticias/libros/fisica/libro.html
Gil. S. y Rodriguez, E. Física Recreativa. http://www.fisicarecreativa.com
Massachussetts Institute of Technology (MIT) https://ocw.mit.edu/courses/physics/
University of California, Berkerley http://www.youtube.com/user/UCBerkeley
Institute of Physics (IOP) http://physicsworld.com/cws/home
Nucleus Proyect, Science in School. http://www.scienceinschool.org/
Revista Ax.xón http://axxon.com.ar/rev/139/c-139Divulgacion.htm
https://www.youtube.com/watch?v=wWnfJ0-xXRE&list=PLyQSN7X0ro203puVhQsmC…
Competencias básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes teñan probado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG1 - Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiren o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Competencias transversais
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
Competencias específicas
CE2 - Ser capaz de manexar claramente as ordes de magnitude e realizar estimacións axeitadas para desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que son fisicamente diferentes, mostran algunha analoxía, permitindo a utilización de solucións coñecidas a novos problemas.
CE3 - Terse familiarizado cos modelos experimentais máis importantes, ademais de ser capaces de realizar experimentos de forma independente, así como describir, analizar e avaliar criticamente os datos experimentais.
CE4 - Ser capaz de comparar novos datos experimentais con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións esixidas para reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrará posesión de pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE6 - Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comunmente utilizados en Física.
a) Clase de encerado en grupo grande (expositivas).
Expoñeranse de forma dedutiva os contidos teóricos de cada tema, incluíndo numerosos exemplos e complementando o desenvolvemento no encerado co apoio de medios informáticos/audiovisuais e de material dispoñible na aula virtual, como instrumentos de aclaración e de complementariedade.
Durante o desenvolvemento do contido dos temas propoñeranse algunhas cuestións teóricas e/ou prácticas, co obxectivo de estimular a capacidade de razoamento no alumnado, tratando ao mesmo tempo de relacionar esta parte da Ciencia con experiencias coñecidas, o que lles axudará a comprender mellor os principios físicos.
Segundo acordo da Xunta de Facultade do centro, as dúas primeiras semanas lectivas do curso, só se impartirán clases de lousa en grupo grande.
b) Clases de encerado en grupo reducido (interactivas).
Clases fundamentalmente prácticas na que se resolverán algúns dos problemas e exercicios propostos nos boletíns que foron postos a disposición do alumnado con antelación dabondo a través da Aula virtual. O obxectivo é que o alumnado aplique os coñecementos teóricos desenvolvidos nas clases expositivas á resolución de problemas, o que lle vai axudar a asimilar os contidos da materia. O resto dos problemas propostos nos boletíns deixaranse sen resolver, para que cada alumno se en fronte a eles sen máis axuda que a da súa paulatina aprendizaxe e/ou o intercambio e contraste de ideas formando grupos de traballo con compañeiras e compañeiros de estudo.
É fundamental aquí a participación do alumnado, xa que esta participación vai permitir realizar parte da súa avaliación continua.
c) Titorías en grupos moi reducidos o individualizadas (titorías personalizadas).
Están orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico, prestando unha atención individualizada á alumna ou ao alumno que o necesite.
Por outra banda, dende o inicio do período lectivo da materia, estará a disposición do alumnado na Aula virtual da USC, tanto o programa polo miúdo da materia, que inclúe a bibliografía básica e complementaria, coma os boletíns de problemas, que inclúen solucións contrastadas e, puntualmente, algún outro material complementario que lle axude non só a asimilar a materia senón tamén a ampliar os seus horizontes científicos.
Os alumnos deberán habituarse a manexar a bibliografía proposta ou outra apropiada da que teñan ao seu dispor na Biblioteca, e mesmo outro material docente dispoñible a través de internet. Cando coiden necesario, e non cunha periodicidade establecida, deberán acudir a titorías co Profesor ou Profesora encargados da docencia, no horario establecido para ese efecto, para discutir e clarexar aquelas dúbidas que lle puidesen xurdir, tanto prácticas coma teóricas, para as cales ou ben non atopou solución, ou ben necesita contrastar ideas ou material de apoio.
O sistema de avaliación baséase nos seguintes elementos:
a) Avaliación continua (30%)
Obxectivo: avaliar o proceso de aprendizaxe do alumno. Terase en conta a asistencia ás clases de encerado (expositivas e interactivas), a participación activa nestas, a realización de diversas actividades complementarias programadas e postas en coñecemento do alumnado no transcurso do período de docencia: pequenos controis, entrega de problemas propostos para a súa resolución e exposición oral, temas de traballo...
Para que un alumno teña dereito a que se lle avalíe de forma continuada é obrigatoria a asistencia ás clases presenciais (só se permitirá unha ausencia máxima do 15% dás clases presenciais e outras actividades programadas).
b) Avaliación individualizada (70%)
Obxectivo: avaliar os coñecementos adquiridos individualmente por cada alumno. Para iso realizarase un exame final, obrigatorio para poder superar positivamente a avaliación global da materia, que se realizará segundo a programación de exames aprobada en Xunta de Facultade. Constará principalmente de problemas e cuestións relacionadas con aqueles e/ou coa materia desenvolvida.
A nota global/definitiva dos alumnos será a maior entre a nota do exame final e a que resulte de ponderar a nota do exame final con peso do 70% coa nota das actividades complementarias cun peso do 30% restante. Esta ponderación só se fará efectiva no caso de que os alumnos cumpran cos requisitos de asistencia, no caso contrario os alumnos obterán como nota global a obtida no exame final exclusivamente. En todo caso, para superar a materia, o alumno deberá alcanzar na avaliación individualizada unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) e na avaliación global un mínimo de 5 (sobre 10). Si non se alcanzase unha cualificación mínima de 4 no exame final, a cualificación global obtida no poderá ser superior a 4.
A cualificación será de Non presentado só no caso de que a/o alumna/o non se presente a ningunha actividade de avaliación da materia.
Para o caso de realización fraudulenta das actividades incluídas na avaliación individualizada e/ou do exame final, será de aplicación a Normativa para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten un total de 6 créditos ECTS (150 horas) distribuídos ao longo de todo o cuadrimestre. A carga de traballo estimado do alumno, en horas, é a que segue
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases de encerado en grupo grande (expositivas) 32
Clases de encerado en grupo reducido (interactivas) 24
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas 4
TOTAL horas traballo presencial 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual o en grupo 75
Preparación das diversas actividades programadas 15
TOTAL horas traballo persoal do alumno 90
A medida que o alumno cursa esta materia irá adquirindo de forma paralela algúns outros coñecementos que lle axudarán na comprensión da materia exposta, a maior parte nas materias Métodos matemáticos e Informática para científicos, aínda que puntualmente tamén nalgunha outra materia. Tamén sería desexable certa soltura no manexo de material informático e dalgún paquete de software non moi complexo.
Como regra xeral, un estudante tipo desta materia deberá adicar un mínimo de hora e media de estudo por cada hora de clase presencial, sen tentar memorizar o impartido, mais tentando comprender os razoamentos e o método de traballo desta parte da Ciencia, e mesmo tratando de solucionar as cuestións xurdidas tanto nas clases presenciais coma do seu traballo persoal, así como os problemas complementarios propostos ao longo do curso.
É importante que o estudante evite a práctica de retrasar o estudo ata que só queden un ou dous días para o exame. A maioría das veces, este xeito de proceder ten uns resultados adversos.
Lingua na que se impartirá: Castelán/Galego
Os exames, traballos propostos ou ás dúbidas poderán seren escritos ou expresados en galego ou castelán.
Vicente Pérez Muñuzuri
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Teléfono
- 881814010
- Correo electrónico
- vicente.perez.munuzuri [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Gerardo Prieto Estévez
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814039
- Correo electrónico
- xerardo.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Villanueva Lopez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881814005
- Correo electrónico
- maria.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfredo Crespo Otero
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Correo electrónico
- alfredocrespo.otero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 130 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 130 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 |
17.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
17.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
17.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
17.01.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |
16.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 0 |
16.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
16.06.2025 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 830 |