Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ofrecer ao alumno un panorama xeral e actualizado dos estudos desta disciplina. Preténdese que o alumno coñeza:
Ao finalizar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
Expoñer os procesos ecolóxicos esenciais de ríos e lagos.
Explicar os procesos básicos implicados na alteración das augas doces por actividades humanas e os efectos dos diversos tipos de contaminación sobre os organismos e as poboacións.
Manexar a terminoloxía e metodoloxías propias da limnoloxía.
Describir a composición e estrutura básica das comunidades do plancto, bentos, necton e neuston das augas continentais e os seus patróns de distribución.
Aplicar métodos para a caracterización da calidade da auga desde o punto de vista físico-químico e biolóxico.
Xeneralidades
A materia “Bioloxía das augas continentais” cúrsase no segundo semestre e consta de 4.5 créditos ECTS. O programa articulase en nove bloques temáticos de duración desigual (docencia teórica 26 h).
1. Introdución histórica. Conceptos e acotación de termos. A auga desde o punto de vista fisico-químico. O ciclo da auga. Nocións de Hidroloxía. 2 h
2. Macrófitas. Tipos biolóxicos e adaptacións. Perifiton e Biofilm. 2 h
3. Zoobentos. Composición e diversidade das comunidades. Adaptacións anatómicas, etológicas e fisiolóxicas. Principais factores de distribución. 3 h
4. Peces: Morfoloxía e clasificación. Adaptacións á vida peláxica e bentónica. Alimentación: réximes, mecanismos e comportamento alimentario. Reprodución, crecemento e demografía. Migracións. Principais factores de distribución e zonas ictiológicas. Ictiofauna ibérica: Bioloxía e ecoloxía das especies máis representativas. 3 h
5. Anfibios e outros vertebrados ligados ao medio acuático. Xeneralidades e clasificación. 2 h
6. Deriva e recolonización. 2 h
7. Zonación fluvial. Funcionamento dos ecosistemas lóticos. 2 h
8. O Neuston, principais grupos, clasificación e adaptacións. 3 h
9. O Plancto: Fitoplancto e Zooplancto. Adaptacións. Ecoloxía do fitoplancto. Microconsumidores do Fitoplancto. O Zooplancto: Composición, diversidade e distribución das comunidades. 3 h
10. Medios lénticos, características, estratificación e mestura. 2 h
11. Alteracións das augas doces por actividades humanas. Diagnose, vixilancia e restauración do ecosistema. Métodos para a caracterización biolóxica da calidade da auga. Principios básicos para a restauración de ríos e ribeiras. Estudos de impacto. 2 h
Outras actividades docentes:
Titorías en grupo reducido: Nas titorías trataranse cuestións relacionadas coas clases teóricas e coa preparación do traballo que debe expoñerse ao final do curso (1 h).
Docencia interactiva seminarios: Están previstos cinco seminarios que versarán sobre problemas emerxentes da Bioloxía das augas continentais (5 h)
1.- Deseño de estratexias e metodoloxía de mostraxe.
2.- Variables hidrolóxicas.
3.-Análise cenóticos e análise de comunidades.
4.-Calidade biolóxica.
5.- A Directiva Europea Marco da Auga.
Docencia interactiva laboratorio/aula informática: está planificada a realización dun traballo por parte dos alumnos, que presentarán nas sesións correspondentes. A elección do tema e a data de exposición realizarase a principio de curso (4 h).
Prácticas de campo
Toma de mostras de zoobentos e pesca eléctrica (4 h)
Bibliografía básica
ALLAN J. D.. Stream Ecology: Structure and function of running waters. Chapman & Hall. 1995.
HYNES, H.B.N.- The ecology of running waters. Liverpool University Press.1972
JEFFRIES M. y MILLS D. Freshwater Ecology.Principles and Applications. John Wiley & Sons. 1990
HAUER F. R. y LAMBERTI G. A. Methods in Steram Ecology. Academic Press. 1996.
LACROIX, G.- Lagos y ríos, medios vivos. Ecoguias Ed. Plural. 1992University Press. 1997.
LAMPERT, W. y SOMMER, U.- Limnoecology. Oxford University Press. 1997
MARGALEF, R.- Limnología, Ed Omega, 1983.
MASON, C.F.- Biología de la contaminación del agua dulce. Col. Exedra nº 142. Ed Alhambra. 1984.
POURRIOT R. y MEYBECK M.. Limnologie génerale. Col d´Ecologie 25. Masson. 1995.
ROSENBERG, D.M. y RESH, V.H. Ed.- Freshwater biomonitoring and benthic macroinvertebrates. Chapman & Hall, Inc. 1993.
Bibliografía complementaria
GONZÁLEZ, M.A. & COBO, F. (2006) Los macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules de Ediciones S.A, A Coruña, 173 pp.
COBO, F.; GONZÁLEZ, M.A.; VIEIRA-LANERO, R. & SERVIA, M.J. (2006) “O río animado” Biodiversidade dos ecosistemas acuáticos continentais galegos. Fernando Cobo Ed. Unidixital, Santiago de Compostela 64 pp.
Nesta materia o alumnado adquirirá os seguintes coñecementos, habilidades e competencias:
Conocimientos/contenidos: Con02, Con04, Con08, Con09, Con10, Con11
Habilidades/destrezas: H/D05, H/D06, H/D07, H/D08, H/D11, H/D12
Competencias: Com01, Com02, Com05, Com06
O enfoque da materia será teórico/práctico, combinando as clases de teoría coa redacción de traballos por parte dos alumnos e a súa posterior exposición que servirán para complementar a formación recibida na aula.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e específicas desexables en calquera titulación universitaria e, en particular, para os profesionais en temas de Limnoloxía.
As actividades docentes terán carácter obrigatorio en todos os casos:
2 horas de clases teóricas semanais nunha programación cuadrimestral.
• Clases expositivas e interactivas: As clases realizaranse mediante clases maxistrais (exposición e discusión de temas) onde o profesor tratará de facer fincapé nos aspectos máis destacados da materia, e onde se verificará a asimilación de contidos polos alumnos.
• Docencia interactiva-seminarios: Están previstos cinco seminarios que versarán sobre problemas emerxentes da Bioloxía das augas continentais.
• Traballos prácticos: está planificada a realización dun traballo individual por parte dos alumnos, que presentarán ao final do curso. A elección do tema e a data de exposición realizarase a principio de curso. O traballo presentarase ao profesor en formato pdf de Adove Acrobat, ou ben en Power Point pptx con son incorporado transformado a formato vídeo mp4, nese caso terá 10 minutos de duración. Consistirá nunha análise crítica sobre o tema elixido baseándose na información fornecida por aplicacións de IA do tipo de ChatGPT. Presentarase como unha secuencia das preguntas formuladas ao programa, a resposta obtida e a corrección/ampliación da información efectuada por parte do alumno.
• Titorías: Serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que poderán realizarse parcialmente de maneira virtual dependendo da marcha do curso. Nas titorías trataranse cuestións relacionadas coas clases teóricas e coa preparación do traballo que debe expoñerse ao final do curso.
Teoría: Realizarase unha proba teórica, final e obrigatoria, complementaria á avaliación continua, na data convocada dende o Decanato. Esta proba consistirá nun exame escrito sobre diversas cuestións contidas no programa da materia (60%).
Elaboración de traballos: É obligatoria a presentación dun traballo sobre a análise crítica da información proporcionada, a partir de fontes de IA, dalgúns aspectos da disciplina. Valorarase a capacidade crítica para analizar a información, a capacidade de resposta ás preguntas formuladas e a presentación do traballo (40%).
O seguimento para a avaliación contínua levarase a cabo mediante as titorías coa revisión periódica da marcha dos traballos.
A superación da materia implica obter unha calificación mínima de aprobado (5), tanto no exame teórico coma no traballo. No caso de aprobar únicamente unha das duas partes (exame ou traballo) o aprobado manterase únicamente para as convocatorias do curso académico correspondente.
A calificación final da materia obterase segundo o seguinte baremo: a parte teórica representará o 60% da nota, e o traballo o 40%.
Na segunda oportunidade gardarase o aprobado parcial se foi acadado en algunha das dúas partes, pero non para o curso seguinte.
O sistema de avaliación do alumnado repetidor será idéntico ao dos alumnos que cursan a materia por primeira vez.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Norma de avaliación do rendemento académico dos alumnos e de revisión de calificacións.
Traballo presencial na aula.
Clases expositivas: 26 h
Seminarios: 5 h
Prácticas laboratorio: 5 h
Prácticas de campo: 4 h.
Realización das probas de cualificación: 2 h
Tutorización en grupo reducido: 1 h
Total horas de traballo presencial: 43 h.
Traballo persoal do alumnado: 69.5 h
TOTAL DE HORAS DA MATERIA: 4.5 X 25 = 112.5 h
Asistencia ás clases
Manexo da bibliografía recomendada.
Facer uso das horas de titoría para aclarar e discutir as posibles dúbidas que susciten os contidos impartidos e sobre o esquema e desenvolvemento do traballo a realizar.
Fernando Cobo Gradin
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813251
- Correo electrónico
- fernando.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |