Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 25 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer a orixe, estrutura e función dos tecidos e órganos animais e vexetais.
Coñecer e diferenciar os distintos tipos de tecidos e órganos animais e vexetais.
Coñecer as técnicas básicas empregadas en Histoloxía.
Identificar e diferenciar os distintos tipos celulares e tecidos en imaxes de órganos animais e vexetais obtidas en diferentes tipos de microscopios ópticos e electrónicos.
Adestrarse no manexo do microscopio óptico de campo claro mediante a observación de preparacións microscópicas de seccións de diversos órganos animais e vexetais e relacionar contidos teóricos e prácticos identificando distintos tipos celulares e tecidos.
Adestrarse no manexo de fontes de información e bibliografía xeral e especializada relacionada coa materia.
Os contidos desta materia organízanse en 14 temas de teoría, 8 prácticas de laboratorio, 2 seminarios e unha titoría.
CLASES EXPOSITIVAS.
A impartición das clases terá lugar de xeito presencial na aula da Facultade de Bioloxía indicada no horario establecido polo centro.
TEMA 1 (3 horas).- Plan corporal das plantas cormofitas. Os tecidos vexetais. Bioloxía dos meristemos.
TEMA 2 (2 horas).- Bioloxía do parénquima, colénquima e esclerénquima.
TEMA 3 (2,5 horas).- Bioloxía dos tecidos vasculares I. Xilema.
TEMA 4 (2 horas).- Bioloxía dos tecidos vasculares II. Floema.
TEMA 5 (2,5 horas).- Bioloxía dos tecidos protectores.
TEMA 6 (1,5 horas).- Bioloxía dos tecidos secretores.
TEMA 7 (1,5 horas).- Tecido esporóxeno e gametofitos.
TEMA 8 (3 horas).- Orixe dos tecidos animais. Bioloxía dos epitelios: Epitelios de revestimento e glandulares.
TEMA 9 (3 horas).- Bioloxía do tecido conxuntivo. Tecido adiposo.
TEMA 10 (1 hora).- Bioloxía da cartilaxe.
TEMA 11 (2 horas).- Bioloxía do tecido óseo.
TEMA 12 (2 horas).- Bioloxía do sangue. Hematopoiese.
TEMA 13 (2 horas).- Bioloxía do tecido muscular.
TEMA 14 (2 horas).- Bioloxía do tecido nervioso.
CLASES INTERACTIVAS DE LABORATORIO.
A impartición das prácticas de laboratorio terá lugar de xeito presencial no laboratorio xeral 3 da Facultade de Bioloxía. Cada práctica terá unha duración de 2,5 horas.
PRÁCTICA 1.- Raíz primaria. Raíz secundaria. Folla.
PRÁCTICA 2.- Talo monocotiledónea. Talo primario de dicotiledónea. Talo secundario de dicotiledónea. Flor.
PRÁCTICA 3.- Tegumento e glándulas exocrinas. Aparato dixestivo I.
PRÁCTICA 4.- Aparato dixestivo II.
PRÁCTICA 5.- Aparato dixestivo III. Aparato respiratorio.
PRÁCTICA 6.- Órganos linfoides.
PRÁCTICA 7.- Aparato excretor.
PRÁCTICA 8.- Sistema nervioso. Órganos dos sentidos.
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
A impartición dos seminarios terá lugar de xeito presencial na aula da Facultade de Bioloxía indicada no horario establecido polo centro. Se impartirán dous seminarios, de 2,5 horas de duración cada un, nos que se levará a cabo a posta en práctica de exercicios de recoñecemento de tecidos animais e vexetais en imaxes obtidas en diferentes tipos de microscopios ópticos e electrónicos, e de diferentes tipos de actividades dirixidas a afondar nos contidos impartidos nas clases expositivas.
TITORÍA
Na hora de titoría o profesorado fará recomendacións para organizar e estudar a materia e resolverá as dúbidas que expoña o alumnado en relación ca mesma.
Bibliografía básica:
Paniagua, Ricardo; Nistal, Manuel; Sesma, Pilar; Álvarez-Uría, Manuel; Fraile, Benito; Anadón, Ramón; y Sáez, Francisco J. (2007). Citología e Histología Vegetal y Animal. Vol.2. 4ª ed. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana.
Alonso Peña, José R. (2011). Manual de Histología vegetal. Madrid: Ediciones Mundi-Prensa.
Evert, Ray F. (2008). Esau Anatomía vegetal: meristemos, células y tejidos de las plantas: su estructura, función y desarrollo. 3ª ed. Barcelona: Omega.
Gartner, Leslie P. (2021). Texto de Histologia: Atlas a color. 5ª ed. Madrid: Elsevier. Accesible en liña: https://www.usc.gal/es/servicios/area/biblioteca-universitaria.
Megías, Manuel; Molist, Pilar; y Pombal, Manuel A. (2019). Atlas de histología vegetal y animal. Accesible en: http://mmegias.webs.uvigo.es/inicio.html. [Consultado 09/05/2023].
Bibliografía complementaria:
Crang, Richard; Lyons-Sobaski, Sheila; and Wise, Robert (2018). Plant Anatomy: a concept-based approach to the structure of seed plants. Cham: Springer Nature Switzerland.
Mauseth, James D. (2009). Botany : an introduction to plant biology. 4th ed. Massachusetts: Jones and Bartlett.
Tres, Laura; y Kierszenbaum, Abraham L. (2020). Histología y Biología Celular: Introducción a la anatomía patológica. 5ª ed. Madrid: Elsevier. Accesible en liña: https://www.usc.gal/es/servicios/area/biblioteca-universitaria.
Ross, Michael H. (2015). Histología: texto y atlas: correlación con Biología celular y molecular. 7ª ed. Barcelona: Wolters Kluwer.
Young, Barbara; O'Dowd, Geraldine; y Woodford, Phillip (2014). Wheater histología funcional: texto y atlas en color. 6ª ed. Barcelona: Elsevier. Accesible en liña: https://www.usc.gal/es/servicios/area/biblioteca-universitaria.
Coñecementos/contidos: Con01, Con07, Con08
Habilidades/destrezas: H/D02, H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, H/D13
Competencias: Com01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp06
Clases expositivas. O profesorado da materia impartirá as clases expositivas referentes aos contidos teóricos da materia no aula con apoio de medios audiovisuais e promoverá a participación e intervención do alumnado durante o transcurso da clase.
O profesorado da materia empregará o campus virtual da USC para proporcionar ao alumnado material docente co obxectivo de facilitar a comprensión dos contidos impartidos nas clases expositivas.
Clases interactivas de seminario. Os seminarios consistirán na realización por parte do profesorado de actividades docentes de diferente índole coa participación activa do alumnado, que terá que realizar, tanto de xeito individual coma en grupo, unha serie de actividades dirixidas a afondar nos contidos impartidos nas clases expositivas.
Clases interactivas de laboratorio. Ao comezo de cada clase práctica, o profesorado fará unha breve introdución sobre o tema a tratar. Ao longo destas clases, o alumnado se adestrará no manexo do microscopio óptico de campo claro mediante a observación de diversas preparacións microscópicas de seccións de órganos vexetais e animais nas que deberán comprender a estrutura xeral do(s) órgano(s) obxecto de estudo e identificar e diferenciar os diferentes tipos celulares e tecidos que os compoñen.
Cada alumno/a disporá dun microscopio óptico de campo claro, das preparacións microscópicas correspondentes a cada práctica, e dun guion coa descrición dos órganos que se estudiarán en cada práctica. O guion de cada práctica estará dispoñible a través do aula virtual da materia previamente á realización da práctica no laboratorio.
Titoría. O profesorado fará recomendacións para organizar e estudar a materia e resolverá as dúbidas do alumnado en relación ca mesma. A titoría levarase a cabo de xeito virtual, utilizando a plataforma MS-Teams.
Segundo os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Ensinanza Superior (Consello de Goberno, 25 marzo 2010) “É deber dos estudantes a asistencia ás clases teóricas e prácticas propias de cada materia e a realización dos traballos complementarios axeitados”. De todas as actividades desenvolvidas na materia, as únicas de asistencia obrigatoria son as clases interactivas de laboratorio, cun 80% de asistencia exixida.
Para as dúas oportunidades de avaliación, a cualificación obtida por cada alumno/a será un promedio ponderado do seu rendemento nas partes da materia onde o seu traballo é avaliado. O alumnado deberá realizar dúas probas de avaliación:
1) Exame de contidos teóricos, que suporá un 65% da cualificación global da materia. Consistirá en dúas partes: unha referente aos contidos sobre tecidos vexetais impartidos nas clases expositivas e outra aos contidos sobre tecidos animais impartidos nas clases expositivas. Cada parte consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test de resposta múltiple (onde dúas respostas incorrectas restan unha resposta correcta), preguntas de resposta curta e/ou longa, e preguntas relacionadas con imaxes e esquemas de tecidos e/ou órganos incluídos no temario impartido nas clases expositivas. A resposta empregando termos ou conceptos correspondentes a tecidos animais nas preguntas referentes aos tecidos vexetais, ou viceversa, se penalizará coa resta dun punto na cualificación global do exame.
Para superar o exame de contidos teóricos é necesario alcanzar unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos (sobre 10,0) en cada unha das partes. De non ser así, non se realizará o sumatorio e o exame considerarase suspenso.
Co exame de contidos teóricos se avalían as seguintes competencias: Con01, Con07, Con08, H/D02,H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, H/D13, Comp01, Comp02, Comp03, Comp06.
2) Exame de clases interactivas de laboratorio, que suporá un 35% da cualificación global da materia. Constará de dúas partes que se realizarán de xeito consecutivo na mesma data e na mesma aula, que son as seguintes:
1ª parte.- Recoñecemento de imaxes de tecidos/órganos animais e vexetais. O alumnado terá que identificar, en imaxes en cor proxectadas na aula e obtidas das preparacións microscópicas estudadas durante as clases prácticas, órganos animais e vexetais e as estruturas que se sinalen en cada imaxe. Cada alumno/a terá que escribir a súas respostas nunha plantilla que lle entregará o profesorado no momento do exame. Se o órgano non se identifica (resposta en branco) ou non se identifica correctamente, non se puntuarán as respostas referentes ás estruturas sinaladas.
2ª parte.- Consistirá nunha proba escrita con preguntas tipo test verdadeiro/falso (onde unha resposta incorrecta resta unha resposta correcta). As preguntas farán referencia aos contidos teóricos dos guións de prácticas.
Para superar o exame de prácticas é necesario alcanzar unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos (sobre 10,0) en cada unha das partes. De non ser así, non se realizará o sumatorio e as prácticas consideraranse suspensas.
Como parte da avaliación continua, haberá unha data na que se realizará unicamente o exame de clases interactivas de laboratorio. O alumnado que non teña superado unha ou as dúas partes do exame nesta data, poderá examinarse de novo nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidades, unha vez teña realizado o exame de contidos teóricos.
Co exame das clases interactivas de laboratorio se avalían as seguintes competencias: Con01, Con07, Con08H/D02, H/D08, H/D09, Comp03, Comp04.
A cualificación global de cada alumno/a na materia resultará do sumatorio da cualificación obtida no exame de contidos impartidos nas clases expositivas (65%) e a cualificación obtida no exame de contidos impartidos nas clases interactivas de laboratorio (35%). Este sumatorio só levarase a cabo cando o alumno acade unha cualificación igual ou superior a 5,0 puntos (sobre 10,0) en cada un dos exames. En caso de non poder realizarse o sumatorio, a cualificación que constará no acta será a do exame que obteña unha maior cualificación.
Para os/as alumnos/as repetidores/as o sistema de avaliación da aprendizaxe será o mesmo que para o alumnado de nova matrícula.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións" da USC.
Clases expositivas: 30 horas.
Clases interactivas de seminario: 5 horas.
Clases interactivas de laboratorio: 20 horas.
Titorías: 1 hora.
Traballo Persoal do alumnado: 90 horas (estudo dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Exames: 4 horas.
Asistencia e participación activa nas clases expositivas, nas prácticas de laboratorio e nas actividades realizadas nos seminarios.
Estudo e revisión semanal dos contidos impartidos, empregando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase.
Aclaración co profesorado de posibles dúbidas.
A materia require ter cursado a materia Bioloxía da célula no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Bioloxía.
A materia terá un aula virtual operativa dende o inicio do cuadrimestre na plataforma Moodle do campus virtual da USC, na que o profesorado porá a disposición do alumnado toda a información (horarios, grupos de clases expositivas, seminarios e prácticas de laboratorio, guía docente, bibliografía, presentacións de contidos teóricos, guións de prácticas, foro de novas e avisos, etc...), e materiais didácticos referentes aos contidos impartidos tanto nas clases expositivas coma nas prácticas de laboratorio. O alumnado será informado ao longo do cuadrimestre do comezo das diferentes actividades (clases expositivas, interactivas de laboratorio e de seminario), das datas de exame e outras cuestións relativas á impartición e avaliación da materia a través da ferramenta “avisos” da aula virtual, mediante a cal o alumnado poderá, ademais, ter comunicación directa co profesorado da materia.
Maria Fatima Adrio Fondevila
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Angel Rodriguez Diaz
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816942
- Correo electrónico
- miguelangel.rodriguez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesus Lamas Fernandez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816951
- Correo electrónico
- jesus.lamas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eva Maria Candal Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Daniel Romaus Sanjurjo
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- daniel.romaus.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Marie Curie
Nicolas Vidal Vazquez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- nicolas.vidal.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Raquel Peña Romero
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- raquel.pena.romero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Aroa Ferrer Pinos
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- aroa.ferrer.pinos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Marina Leonor Perez Sanz
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- marina.perez.sanz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Mércores | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
21.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
07.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |