Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 19 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir os coñecementos básicos sobre a bioloxía dos diferentes microorganismos, incluíndo aspectos morfolóxicos, fisiolóxicos, xenéticos, ecolóxicos e aplicados.
- Coñecer e comprender o papel dos microorganismos como axentes infecciosos e os mecanismos de defensa do hospedeiro fronte a unha infección microbiana.
- Coñecer a importancia dos microorganismos nos ciclos da materia na natureza.
- Comprender o papel dos microorganismos na produción industrial de alimentos, antibióticos, vacinas e outras biomoléculas, así como en procesos industriais de lixiviación, depuración de augas residuais etc.
- Adquirir a base teórica e metodolóxica necesaria para abordar sen dificultade unha posterior especialización en calquera área da disciplina xa sexa básica ou aplicada.
- Aprender a manexar correctamente os materiais e instrumentos propios dun laboratorio de Microbioloxía, adquirindo as habilidades manuais que require a disciplina.
- Aprender a manexar as fontes de documentación.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Tema 1. A clasificación dos microorganismos.
Concepto de especie bacteriana e especie biolóxica. Clasificación fenética e filoxenética. Nomenclatura bacteriana. Principales grupos de bacterias eArqueas. (2 h)
Tema 2. Bacterias Gram negativas I. Bacterias Fotosintéticas. Oxifotobacterias: Cianobacterias e Proclorales. Anoxifotobacterias: bacterias verdes e púrpuras. Ecoloxía das bacterias fotosintéticas. (2 h)
Tema 3. Bacterias Gram negativas II. Espiroquetas: importancia clínica. Bacterias Espirais e Curvadas: Interés ecolóxico e clínico. As mixobacterias.Bacterias quimiolitotrofas: Bacterias nitrificantes, Bacterias oxidadoras do xofre e ferro, Bacterias magnéticas. Importancia nos ciclos bioxeoquímicos damateria.(2 h)
Tema 4. Bacterias Gram negativas III. Pseudomonas e Burkholderia. Bacterias oxidadoras do metano. Bacterias do ácido acético. Bacterias que fixan nitróxeno atmosférico. Bacterias causantes de tumores en vexetais. Importancia clínica, industrial e ecolóxica destes grupos. Xéneros Legionella,Neisseria, Brucella, Bordetella e Francisella: importancia clínica. (3 h)
Tema 5. Bacterias Gram negativas IV. Familias Enterobacteriaceae, Vibrionaceae, Aeromonadaceae e Pasteurellaceae: Importancia clínica e ecolóxica.Bacterias anaerobias estritas: Bacteroides e Desulfovibrio. Interese ecolóxico. Rickettsias e Clamidias. (3 h)
Tema 6. Bacterias Gram positivas con baixo contido G+C. Bacterias non formadoras de endosporas: Cocos Gram Positivos (Staphylococcus,Streptococcus, Enterococcus, Lactococcus, Leuconostoc) e Bacilos Gram positivos (Lactobacillus e Listeria). Bacterias Gram Positivas formadoras de endosporas: Esporulantes aerobios: Bacillus. Esporulantes anaerobios: Clostridium. Importancia clínica, industrial e ecolóxica. (3 h)
Tema 7. Bacterias Gram positivas con alto contido G+C. Actinobacterias. Grupo Corineforme: Xéneros Corynebacterium, Propionibacterium e Bifidobacterium. Ecoloxía e importancia industrial e clínica destes xéneros. Micobacterias. Actinobacterias filamentosas con esporanxios e conidios. Características xerais e importancia do xénero Streptomyces. (Bacterias que carecen de parede celular: Os Micoplasmas. (2 h)
Tema 8. Dominio Archaea. Filoxenia do Dominio Archaea. Arqueas halófilas extremas. Arqueas metanóxenas. Arqueas termóacidófilas. Arqueas sen parede celular. Interese ecolóxico e industrial. (2 h)
Tema 9. Descrición dos principais grupos virais. Virus de animais. Criterios empregados para a súa clasificación. Virus DNA monocatenarios e bicatenarios.Virus RNA monocatenarios e bicatenarios. Importancia clínica dos virus animais. Virus de vexetais. Virus de Procariotas. (4 h)
Tema 10. Interaccións dos Microorganismos con outros seres vivos. Tipos de asociacións entre microorganismos: competición, comensalismo e simbiose.Exemplos de simbiose de bacterias con plantas e animais invertebrados e vertebrados. (1 h)
Tema 11. Ciclos Bioxeoquímicos. Ciclos da materia e microorganismos implicados: Ciclo do nitróxeno, Ciclo do xofre, Ciclo do carbono. Degradación microbiana de polímeros naturais en solo e auga. (2 h)
Tema 12. Conceptos de Patoxenicidade e Epidemioloxía. Patoxenicidade bacteriana e virulencia. Dinámica do proceso infeccioso. Factores de virulencia. Epidemioloxía. Mecanismos de transmisión directos e indirectos. Principais enfermidades microbianas en función do seu vehículo de transmisión.Toxiinfeccions e intoxicacións alimentarias. Prevención das enfermidades infecciosas: tipos de vacinas. (2 h)
TEMA 13. Microbioloxía industrial e Biotecnoloxía. Papel dos microorganismos na industria biotecnolóxica. Principais productos obtidos mediante Biotecnoloxía microbiana. Uso de microorganismos para a obtención de alimentos e bebidas. (3 h)
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS.
Práctica 1. Análise microbiolóxica da auga. Colimetría, Estreptometría e Clostridiometría. Determinación polas técnicas de filtración en membrana e de tubos múltiples.
Práctica 2. Caracterizacón fenotípica de microorganismos: Métodos miniaturizados de identificación bacteriana (Sistemas API).
Práctica 3. Determinación da produción por bacterias de sustancias antibióticas e actividades enzimáticas.
Práctica 4. Reconto de virus bacterianos: titulación de bacteriófagos da serie T.
SEMINARIOS
Descrición de técnicas moleculares para a identificación e caracterización de microorganismos: técnicas xenómicas, proteómicas e espectroscópicas (4 horas)
TITORÍAS
Resolveranse dúbidas sobre o contido da materia incluída nas clases expositivas e interactivas (3 horas)
BÁSICA:
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col . 2015. Brock Biología de los Microorganismos. 14ª ed. Pearson, Madrid.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología de Prescott, Harley Y Klein. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
COMPLEMENTARIA
- Lederberg, J. ed., 2000. Encyclopedia of microbiology. 2nd ed. 4 vol. San Diego: Academic Press.
- Schaechter, M. 2012. Eukaryotic microbes. Amsterdam: Elsevier/Academic Press.
- Singleton, P. and Sainsbury, D., 2006. Dictionary of Microbiology and Molecular Biology. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons.
PRÁCTICAS
- Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Ed. Elsevier, Barcelona.
- Koneman, E.W., Allen, S.D., Janda, V.M., Schreckenberger, V.C. y Winn W.C. Jr., 2008. Koneman diagnóstico microbiológico: texto
y atlas en color. 6ª ed. Editorial Médica Panamericana, Buenos Aires.
- Seeley, H.W., Van Demark, P.J. and Lee, J.J., 1991. Microbes in action: a laboratory manual of microbiology. 4th Ed. W.H.
Freeman, New York.
Coñecementos/contidos:
• Con01: Coñecer os conceptos, métodos e máis importantes das distintas ramas da Bioloxía
• Con04: Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio
• Con07: Coñecer e comprender a estrutura e a función de virus, células procariotas e eucariotas
• Con09: Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico
Habilidades/destrezas
• H/D01: Aplicar de forma integrada os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na transmisión de información/ideas e na formulación e resolución de problemas, tanto en contextos académicos como profesionais
• H/D02: Saber obter e interpretar información relevante e resultados experimentais e obter conclusións en temas relacionados coa Bioloxía
• H/D03: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía
• H/D05: Desenvolver a capacidade de obter, manexar, conservar, identificar e clasificar especímenes biolóxicos, así como os seus restos e rastros
• H/D07: Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes, incluíndo o emprego de TICs no ámbito da Bioloxía • H/D09: Capacidade para organizar e planificar o traballo
• H/D13: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
Competencias:
• Com01: Que os estudantes demostrasen posuír, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluíndo algúns aspectos de vangarda do seu campo de estudo
• Comp02: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
•Comp04: Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos, calidade e desenvolvemento sostible
• Comp05: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
• Comp07: Ser capaz de integrarse en equipos interdisciplinares e aplicar os coñecementos teórico-prácticos para resolver problemas complexos, participar en proxectos científico-técnicos ou clínicos do ámbito biosanitario e garantir a saúde e o benestar
- Teoría: Clases presenciais na aula ao longo do segundo cuadrimestre. A asistencia será voluntaria e non se puntuará
- Seminarios:4 seminarios presenciais de 1 hora. A asistencia será voluntaria ainda que puntuarase a mesma.
- Prácticas de laboratorio: As prácticas de cada grupo efectuaranse presencialmente de maneira continuada durante unha semana de luns a venres. A asistencia será obligatoria (100% presencialidade) oara superar a materia.
- Titorías: Realizaranse de forma non presencial. Resolveranse dúbidas da materia a través da aula Virtual. O uso das tutorías será voluntario
- TEORÍA. Realizarase un exame final presencial na aula que será obrigatorio para poder aprobar a materia. A nota de Teoría representará o 70 % da nota final da materia.
Levarase a cabo tamén unha avaliación continua da asimilación de conceptos mediante controis periódicos na aula, nos que se avaliará principalmente a participación do alumnado. Esta avaliación continua representará o 5% da nota final.
Evaluaranse os contidos Con01, Con04, Con07, Con 09; as Habilidades H/D01, H/D03, H/D07, H/D09, H/D13; e as Competencias Com01, Comp02, Comp05, Comp07.
- PRÁCTICAS. A asistencia presencial a todas as prácticas será obrigatoria e será un requisito para poder presentarse ao exame de Teoría. Os alumnos realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos nas prácticas. A nota deste exame representará o 15% da nota final.
Evaluaranse os contidos Con04; as Habilidades H/D01, H/D02, H/D05, H/D13; e as Competencias Comp02, Comp04, Comp05, Comp07.
- SEMINARIOS. Serán conceptos susceptibles de avaliación: a) a participación do alumno na aula, b) as respostas a cuestións que se poidan expor na aula ou "en liña" a través da aula Virtual. O peso dos seminarios na nota final será do 10%.
Evaluaranse os contidos Con04;as Habilidades H/D01, H/D02, H/D03, H/D0, H/D09, H/D13; e as Competencias Comp01, Comp05, Comp07.
NOTA: o alumno deberá obter unha nota mínima, tanto na 1ª como na 2ª convocatoria, de 4,5 no examen de teoría para que se poidan valorar os outros conceptos.
ALUMNOS REPETIDORES
- Aos alumnos repetidores que teñan aprobadas as prácticas, manteráselles a nota durante os dous cursos académicos seguintes.
- A nota de seminarios poderá manterse tamén durante dous cursos académicos.
Para a segunda oportunidade aplicaránse os mesmos criterios e metodoloxías de avaliación que na primeira oportunidade
Materia de 6 créditos ECTS x 25 horas = 150 horas
Presenciais 54 horas:
- clases maxistrais:31 horas
- clases prácticas: 15 horas
- seminarios: 4 horas
- titorías en grupo reducido: 1 hora
- examen: 3 horas
Traballo persoal do estudiante: 96 horas
Estudio comprensivo e non memorizado, intentado relacionar os contidos dentro da materia e con aquelas doutras materias afíns.
Asistencia regular a clase e participación activa en clases teóricas, prácticas e seminarios
* Toda a información relativa ao contido dos temas de clases de teoría, prácticas e seminarios estará ao dispor dos alumnos na aula virtual. No caso de titorías empregarase o foro de discusión da aula virtual para resolver as dúbidas sobre a materia.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación de rendemento académicodos estudantes e de revisión de cualificacións".
Maria Alicia Carolina Estevez Toranzo
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816910
- Correo electrónico
- alicia.estevez.toranzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sergio Silva Bea
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sergio.silva.bea [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
04.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |