Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 28 Total: 56
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Comprender os aspectos básicos dos procesos implicados no desenvolvemento das plantas dende a xerminación das sementes ata a senescencia, pasando polo crecemento vexetativo e reprodutivo; abordando os seus mecanismos moleculares, celulares e fisiolóxicos.
-Abordar o estudo dos distintos sistemas de regulación e coordinación dos procesos de desenvolvemento nas plantas, tanto endóxenos coma ambientais (fitohormonas, luz...).
Programa de clases expositivas (26 h)
Bloque I. Metabolismo, transporte e modo de acción das fitohormonas
1. Introdución ás Fitohormonas. Integración en organismos vexetais. Coordinación espacial e temporal. Modulación ambiental. Concepto de substancias reguladoras do crecemento. Homeostasis e sinalización. Interaccións. (1 h)
2. Auxinas. Homeostasis, percepción e sinalización. (1.5 h)
3. Giberelinas. Homeostasis, percepción e sinalización. (1.5)
4. Citoquininas. Homeostasis, percepción e sinalización. (1.5 h)
5. Etileno. Homeostasis, percepción e sinalización. (1.5 h)
6. Ácido abscísico. Homeostasis, percepción e sinalización. (1 h)
7. Brasinosteroides. Homeostasis, percepción e sinalización. (1 h)
8. Outras fitohormonas: Ácido salicílico. Jasmonatos. Estrigolactonas (2 h)
Bloque II. Fisioloxía do crecemento e desenvolvemento
9. Introdución ao crecemento das plantas. Concepto de crecemento, diferenciación e desenvolvemento. Elongación celular. Mecanismo de extensión da parede celular. División celular e diferenciación. Ciclo celular. Totipotencia e polaridade (1.5 h)
10. Ciclo vital. Formación do corpo da planta. Organización estrutural e funcional dos meristemos apicales. (1.5 h)
11. Fotomorfogénesis. Fitocromos. Estrutura e foto-reversibilidade. Respostas das plantas mediadas polos fitocromos. Outros fotorreceptores. (2 h)
12. Floración. Indución floral. Roteiros de regulación da floración: fotoperíodo, vernalización, outros roteiros. Modelo ABCDE de desenvolvemento floral (2,5 h)
13. Formación de gametos e interacción pole-pistilo. Frutificación. Establecemento, crecemento e maduración do froito.(2,5 h)
14. Formación da semente, embriogénesis. Dormición e germinación. (2 h)
15. Morte celular programada. Senescencia. Abscisión. (1 h)
16. Movementos das plantas. Tropismos. Nastias. (1 h)
17. Fisioloxía en condicións de #estrés. #Estrés #abiótico e biótico. Respostas xerais fronte a #o #estrés. (1 h)
Programa de clases interactivas/seminarios (19 h)
Seminarios nos que se tratarán temas da materia, que sirvan para profundar e asentar o coñecemento das bases que regulan o desenvolvemento das plantas.
Programa de clases prácticas de laboratorio obrigatorias (10 h)
1. Efecto das citokininas (kinetina) sobre o atraso do envellecemento.
2. Indución da actividade alfa-amilasa por giberelinas en sementes.
3. Avaliación do poder germinativo das sementes.
4. Efecto do ácido abscísico no crecemento de plántulas de trigo.
5. Efecto da gravidade sobre o crecemento de raíces de millo.
Por dispoñibilidade do material, o programa de prácticas pode verse modificado.
Titorías
Resolución de dúbidas dos contidos da materia.
Básica
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M., Murphy, A. 2022. Plant Physiology and Development (7ª ed). Sinauer Assoc. Inc. Publ. Sunderland, Massachusetts (USA). ISBN: 978-1-60535-255-8.
Buchanan, B., Gruissem, W., Jones, R. 2015. Biochemistry and Molecular Biology of Plants (2ª ed). Wiley, (USA). ISBN: 978-0-470-71421-8.
Complementaria
Azcón-Bieto, J., Talón, M. 2008. Fundamentos de Fisioloxía Vexetal (2ª ed). McGraw Hill/ Interamericana, Madrid (España). ISBN: 9788448151683.
Bowsher, C., Steer, M., Tobin, A. 2008. Plant Biochemistry. Garland Science, New York (USA). ISBN: 978-0-8153-4121-5.
Hopkins, W.G., Hüner, N.P.A. 2008. Introduction to Plant Physiology (4ª ed). John Wiley & Sons, Inc, New York (USA). ISBN: 978-0-470-24766-2.
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H., Waaland, S. 2013. The Molecular Life of Plants. Wiley-Blackwell. ISBN: 978-0-470-87012-9.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. 2009. Plant Biology. Garland Science, New York (USA). ISBN: 978-0-8153-4025-6.
Nesta materia espérase que o alumnado alcance os seguintes resultados da aprendizaxe:
Coñecementos/contidos
• Con06: Comprender os principios da bioenergética e bioseñalización, e coñecer os principais roteiros metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo da información xenética e bioquímica nos seres vivos.
• Con09: Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interacción co ambiente biótico e abiótico.
Habilidades/destrezas
• H/D01: Aplicar de forma integrada os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na transmisión de información/ideas e na formulación e resolución de problemas, tanto en contextos académicos como profesionais.
• H/D02: Saber obter e interpretar información relevante e resultados experimentais e obter conclusións en temas relacionados coa Bioloxía.
• H/D03: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía.
• H/D08: Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
• H/D10: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de maneira colectiva.
• H/D11: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible, reflectindo adecuadamente as fontes de información empregadas.
• H/D13: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
Competencias
• Comp01: Que os estudantes demostrasen posuír, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluíndo algúns aspectos de vangarda do seu campo de estudo.
• Comp03: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as capacidades que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• Comp04: Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos, calidade e desenvolvemento sostible.
• Comp05: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
SÓ SON OBRIGATORIAS AQUELAS ACTIVIDADES NAS QUE SE INDIQUE EXPRESAMENTE.
As clases expositivas impartiranse en 26 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais. Nelas explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. A metodoloxía será a Clase Maxistral propiciando a participación do alumnado.
As clases interactivas de seminario impartiranse en sesións de 1 ou 2 horas e serán presenciais. Nestas clases resolveranse problemas achega do funcionamento das plantas e discutiranse os resultados das últimas investigacións relacionadas co programa da materia. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. As metodoloxías docentes utilizadas serán a Aprendizaxe Baseada en Problemas e a Aprendizaxe Colaborativa/Traballo en Grupo.
As prácticas de laboratorio serán presenciais e de asistencia obrigatoria. Desenvolveranse en 5 sesións de 2 horas. Nelas comprobaranse experimentalmente algúns dos conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Será obrigatorio levar impreso o caderno de prácticas e recomendable levar un esquema de traballo preparado previamente polo alumno. As metodoloxías docentes utilizadas serán a Aprendizaxe Baseada en Problemas e a Aprendizaxe Colaborativa/Traballo en Grupo.
Para a cualificación final consideraranse os seguintes apartados:
- Exame de prácticas (10%). Consistirá en problemas e preguntas breves sobre o contido das prácticas. Este exame será presencial, tras finalizar a práctica do último día. En caso de suspender este exame, a recuperación terá lugar co exame da segunda oportunidade. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D13, Com01, Com04 e Com05.
- Avaliación continua (20%). Avaliarase o traballo realizado nos seminarios, incluíndo as probas escritas que se exporán ao longo do curso sobre os contidos expostos en clases expositivas e seminarios. Para optar á nota de avaliación continua débese asistir polo menos ao 50% dos seminarios. As probas escritas serán presenciais, durante as clases de seminarios. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D01, H/D02, H/D08, H/D10, H/D11, H/D13 e Com01.
- Exame final de teoría (70%). Este exame é complementario á avaliación continua e consistirá en problemas, preguntas breves de desenvolvemento e/o preguntas tipo test. Incluirá contido das clases expositivas e dos seminarios. Este exame será presencial. Os resultados da aprendizaxe avaliados nesta proba serán Con06, Con09, H/D02, H/D03, H/D011, H/D13 e Com01.
Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 no exame de prácticas e un mínimo de 4 no exame de teoría (mínimo de 2.5 en cada un dos bloques da materia). Soamente no caso de superar a nota esixida en ambos os exames (teórico e práctico) sumarase a nota obtida na avaliación continua.
No caso de non superar algunha das actividades obrigatorias, a cualificación máxima será de 4.5
(suspenso).
Na segunda oportunidade manteranse as notas de avaliación continua obtidas durante o curso e o exame teórico ou práctico aprobado, repetíndose só o suspenso.
No caso de repetidores/as aplicaranse os mesmos criterios de avaliación que no caso de primeira matrícula. A nota do exame de prácticas, ou a asistencia a prácticas, manteranse durante dous cursos académicos, NON así a nota de avaliación continua.
Traballo presencial ou virtual (en remoto):
- Clases expositivas: 26 h
- Clases interactivas de seminario: 19 h
- Clases prácticas de laboratorio: 10 h
- Titorías: 2 h
- Probas que contribúen á cualificación: 3 h
Traballo persoal:
- Estudo individual: 91 h
Total horas de traballo: 150 h
-Asistencia ás clases expositivas e seminarios para manter unha aprendizaxe continuada da materia ao longo do curso.
-Estudo da materia durante todo o curso para unha mellor asimilación da información recibida, sen menoscabo de maior dedicación durante as datas previas á realización de cada un dos exames.
-Manexo da bibliografía recomendada, tanto antes de cada clase, para un mellor seguimento da exposición do profesor/a, como despois da mesma, para completar e corrixir as notas tomadas.
O alumnado dispoñerá do material que o profesorado considere necesario no campus virtual e/o a través da aplicación Teams.
Queda expresamente prohibido que o alumnado distribúa o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual e Teams a persoas non matriculadas no curso. Así mesmo, o alumnado non poderá utilizar o material achegado polo profesorado no Campus Virtual para a elaboración de apuntamentos que non sexan de uso exclusivo persoal.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Victoria Gonzalez Gonzalez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813342
- Correo electrónico
- mvictoria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Nestor Carrillo Barral
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881814971
- Correo electrónico
- nestor.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Marcos Viejo Somoano
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- marcos.viejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
27.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
27.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
27.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
07.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
07.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |