Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 18 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ofrecer unha primeira aproximación ao estudo da evolución biolóxica e a biodiversidade.
Dar a coñecer os principios básicos das clasificacións biolóxicas.
Facer comprender os fundamentos da estrutura da organización vexetal e da organización animal, en relación cos seus principais aspectos funcionais.
Facer co alumnado saiba recoñecer os diferentes tipos de animais e vexetais a nivel de grandes grupos.
Facer co alumnado familiarícese con terminoloxía básica no ámbito da evolución biolóxica, a bioloxía vexetal e a bioloxía animal.
• PROGRAMA DE TEORÍA (34 HORAS)
CONCEPTOS XERAIS
-A ciencia e o método científico. (0.5 h)
-Propiedades da vida. (0.5 h)
-Orixe da vida: teorías e episodios fundamentais na diversificación da vida. (0.5 h)
-A evolución biolóxica. Darwinismo: cambio perpetuo, orixe común, multiplicación
das especies, gradualismo, selección natural. A Teoría Sintética. (2 h)
-A clasificación biolóxica e a filoxenia. Tipos de relacións filoxenéticas. Homoloxía
e analoxía. Apomorfía e plesiomorfía. Sistemática evolutiva. Sistemática filoxenética. (2 h)
-Concepto de biodiversidade: tipos, importancia, servicios ecosistémicos, conservación.
(0.5h)
-Bioxeografía: a distribución dos ss.vv. e as súas causas. Biomas. Rexións bioxeográficas.
A distribución global da diversidade. (2 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA VEXETAL
-Concepto de vexetal e planta. Clasificación e nomenclatura (2 h).
-Niveis de organización: protófitos, talófitos e cormófitos (1 h).
-Reprodución en procariotas e eucariotas (1 h).
-Ciclos biolóxicos de vexetais (1 h).
-Crecemento e desenvolvmento (1 h).
-Diversidade de organismos I: Cianobacterias, Algas, Hongos, Briófitos e Fentos (6 h).
-Diversidade de organismos II: Espermatófitos (3 h).
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA ANIMAL
-Concepto de animal. Taxonomía e nomenclatura animal. Código de
Nomenclatura Zoolóxica (1 h)
-Arquitectura animal. O tamaño. Promorfoloxía. Niveis de complexidade e de organización.
Simetría e polaridade. Blastodermos. Cavidades internas. Metamería. (2 h)
-Ontoxenia. A relación entre ontoxenia e filoxenia. Tipos de ovos e de segmentación.
Gastrulación. Os bilaterais protóstomos e deuteróstomos. Principais liñas filoxenéticas do
Reino Animal. Orixe e relacións filoxenéticas dos metazoos. (2 h)
-Reprodución. Modalidades de reprodución asexual. Reprodución sexual. Gonocorismo e
hermafroditismo. Tipos de fecundación. Partenoxénese. Tipos de desenvolvemento do
embrión. Determinación do sexo. Heterogonia e metaxénese. (2 h)
-Tegumento, sistemas esqueléticos y musculatura. (2 h)
-Homeostase,circulación e intercambio de gases (2 h)
PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (8 HORAS)
Se levarán a cabo dúas prácticas de laboratorio, unha centrada en animais e outra en vexetais, que terán unha duración de 2,5 horas cada unha. Nas prácticas de laboratorio as/as alumnos/as realizaran a observación e recoñecemento in situ dos rasgos diagnósticos e as adaptacións morfolóxicas e funcionais mais importantes dunha amplia variedade dos principais grupos taxonómicos de animais e vexetais. Se levará a cabo unha práctica de campo de 3 horas de duración que terá lugar en zonas representativas de hábitats típicos de Galicia, durante a cal se observará in situ a súa flora e fauna, procedéndose á caracterización e identificación dos principais grupos.
SEMINARIOS OBRIGATORIOS (2 H)
SEMINARIO 1: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS ANIMAIS
SEMINARIO 2: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS VEXETAIS
TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS)
Titoría 1: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación dos contidos de grupos animais, de forma previa
á realización do exame final
Titoría 2: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación dos contidos de grupos vexetais, de forma previa á realización do exame final
EXAMES DE TEORÍA E VISU (4 H)
Básica
Hickman, C.P., Keen, S.L., Eisenhour, D.J., Larson, A., L’Anson, H., 2021. Principios integrales de zoología. 18ª ed. Zaragoza: Grupo Asís.
Nabors, M.W., 2005. Introducción a la botánica. Madrid: Pearson; Addison Wesley.
Díaz, T.E., Fernández-Carvajal, M.C. y Fernández, J.A., 2004. Curso de botánica. Gijón: Trea.
Complementaria
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Síntesis.
Strasburger, E., Noll, F., Schenck, H. y Schimper, A.F.W., 2004. Tratado de botánica. 35ª ed. Barcelona: Omega.
o Coñecementos/contidos:
Con03: Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a evolución
Con04: Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as adaptacións ao medio
Con08: Coñecer e comprender o desenvolvemento, a morfoloxía e a anatomía dos seres vivos
Con09: Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interación cos ambientes biótico e abiótico
o Habilidades/destrezas:
H/D08: Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico
o Competencias:
Comp01: Que os estudantes demostraran poseer, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluindo alguns aspectos de vanguardia do seu campo de estudo
Comp02: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
A metodoloxía do ensino consta de clases expositivas, actividades interactivas de prácticas de laboratorio e campo, seminarios e titorías en grupo reducido. A asistencia ás prácticas, seminarios e titorías é obrigatoria para os alumnos de nova matrícula. Todas as actividades docentes apóianse na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado, ademais de na utilización do campus virtual.
A cualificación global do alumno na materia obtense como resultado da avaliación do seu rendemento en:
-exame final (70%)
-exame de recoñecemento "de visu" (10%)
-asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías obrigatorias (5%)
-a realización dun traballo sobre as prácticas (15%)
Estes mesmos instrumentos utilizaranse para avaliar os resultados do proceso de formación e aprendizaxe, segundo o seguinte esquema:
o Exame: Con03, Con04, Con08, Con09, H/D08
o Traballo de prácticas: Con08
o Asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías: Comp01, Comp02.
Os criterios de avaliación aplícanse individualmente a cada unha das dúas áreas de coñecemento da materia, e a nota final será a media aritmética das cualificacións obtidas polo alumno en cada área, sempre que o alumno superase cada área de xeito individual. Para considerar calquera das áreas aprobadas, o estudante deberá obter un mínimo de 5,0 tanto no exame teórico como na proba “de visu” da devandita área.
No caso de que o alumno superase só unha das áreas, a súa nota final na correspondente convocatoria será dun máximo de 4,5 (suspenso). O aprobado de só unha das dúas áreas na primeira oportunidade (xaneiro) mantense ata a convocatoria de segunda oportunidade (xuño / xullo), pero en ningún caso dun curso a outro.
Os estudantes repetidores poden, si o desexan, conservar as cualificacións correspondentes a súa asistencia e participación nas prácticas, seminarios e titorías obrigatorias (5%), e a da realización do traballo sobre as prácticas (15%).
TEMPO DE ESTUDO e DE TRABALLO PERSOAL
TRABALLO PRESENCIAL HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 34 Estudio individual 85
Prácticas obrigatorias 8 Preparación do traballo de prácticas 15
Seminarios obrigatorios 2
Titorías obrigatorias 2
Realización de exames 4
TRABALLO EN AULA 50 TRABALLO PERSOAL 100
HORAS TOTAIS 150
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Utilizar a aula virtual
• Facer uso frecuente das tutorías para cualquier tipo de cuestión relacionada coa materia.
A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que ademais servirá de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se complementarán con Teams e o correo electrónico).
Aplicarase o disposto no "Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" nos casos de realización fraudulenta de exercicios e probas.
Maria Inmaculada Romero Bujan
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814913
- Correo electrónico
- mi.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Olalla Lorenzo Carballa
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- olalla.lorenzo.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Pilar Diaz Tapia
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- pilar.diaz.tapia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
17.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |