Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 13 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir unha formación básica en Edafoloxía, que inclúe comprender a formación, constituíntes, propiedades e tipos de solos do mundo.
Comprender as funcións e servizos ecosistémicos do solo e a súa importancia no funcionamento dos ecosistemas e a importancia da edafodiversidade.
Clases expositivas (26h)
1. O solo: concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. A biota do solo. (2h)
2. A organización do solo: da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Tipos de horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo. Horizontes de diagnóstico. (3h)
3. Factores de formación do solo. Influencia na formación e características dos solos dos factores ambientais: material de partida, clima, topografía, organismos e tempo. (2h)
4. Compoñentes do solo I. Fase sólida: compoñentes inorgánicos e compoñentes orgánicos. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudo. (3h)
5. Compoñentes do solo II. Fases fluídas: a disolución do solo e a atmosfera do solo. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudio. (1h)
6. Propiedades do solo I. Propiedades físicas: cor, textura, estrutura, densidade e porosidade. (1h)
7. Propiedades do solo II. Propiedades físico-químicas. A reacción do solo. Cambio iónico e retención de ións. Reaccións de oxidación-redución. (3h)
8. Procesos de edafoxénese. Tipos de procesos de edafoxénese. Horizonación e edafoturbación. Maduración. Meteorización e evolución da materia orgánica. Procesos en medios con hidromorfía: condicións redutoras e alternancia de condicións redox. Transferencias en disolución. Transferencias en suspensión: arxiluviación, podzolización. Metaedafoxénese. (4h)
9. Clasificación de solos. A Base referencial Mundial do Recurso Solo: estrutura, criterios de diagnóstico e grupos de solos de referencia. Taxonomía de solos. Equivalencias. (4h)
10. Os solos do Mundo. Grupos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo: descrición, distribución, uso e manexo. (3h)
Clases interactivas (12 h)
Seminarios (6h)
-Introdución á mostraxe e descrición de solos (1h)
-Os datos xerais de solos e a súa interpretación (1h)
-Interpretación, clasificación e avaliación de solos (4h)
Práctica de campo (6h)
Farase un percorrido polo medio natural orientado á interpretación de factores de formación, morfoloxía, propiedades e procesos de formación de diferentes tipos de solos de Galicia.
Titorías (2h): Orientadas á resolución de dúbidas das/os estudantes.
-Factores de formación e Compoñentes e propiedades do solo (1h)
-Clasificación e interpretación de solos (1h)
Exame (2h)
Básica
PORTA CASANELLAS, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M. y POCH CLARET, R., 2014. Edafología: uso y protección de suelos. 3.ª ed. Madrid: Mundiprensa. Bibl. Bioloxía A TG 292
IUSS Grupo de trabajo WRB, 2015. Base referencial mundial del recurso suelo: un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Actualización 2015. Informes sobre recursos mundiales de suelos, n.º 106. Roma: FAO. Disponible en: http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM [Consulta: fecha de acceso].
WHITE, R.E., 2006. Principles and practice of soil science: the soil as a natural resource. 4th ed. Malden: Blackwell Publishing. Bibl. Farmacia A TS 21 B
Complementaria
BOHN, H.L., MCNEAL, B.L. Y O’CONNOR, G.A., 1993. Química del suelo. México: Limusa. Bibl. Bioloxía A TS 37.
DRIESSEN, P.M., DECKERS, J.A., SPAARGAREN, O.C. y NACHTERGAELE, F.O. (eds.), 2001. Lecture notes on the major soils of the world. World Soil Resources Reports, n.º 94. Roma: FAO. Disponible en: https://www.researchgate.net/publication/40120040_Lecture_Notes_on_the_….
EUROPEAN SOIL BUREAU NETWORK, 2005. Soil Atlas of Europe. Luxembourg: European Commission, Office for Official Publications of the European Communities. Disponible en: http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm.
FITZPATRICK, E.A., 1984. Suelos: su formación, clasificación y distribución. México: CECSA. Bibl. Bioloxía TS 34 A.
ORGIAZZI, A., BARDGETT, R.D., BARRIOS, E., BEHAN-PELLETIER, V., BRIONES, M.J.I., CHOTTE, J.-L., DE DEYN, G.B., EGGLETON, P., FIERER, N., FRASER, T., HEDLUND, K., JEFFERY, S., JOHNSON, N.C., JONES, A., KANDELER, E., KANEKO, N., LAVELLE, P., LEMANCEAU, P., MIKO, L., MONTANARELLA, L., MOREIRA, F.M.S., RAMIREZ, K.S., SCHEU, S., SINGH, B.K., SIX, J., VAN DER PUTTEN, W.H. y WALL, D.H. (eds.), 2016. Global Soil Biodiversity Atlas. Luxembourg: European Commission, Publications Office of the European Union. Disponible en: https://esdac.jrc.ec.europa.eu/public_path/shared_folder/Atlases/JRC_gl… [Consulta: fecha de acceso].
HUANG, P.M., LI, Y. y SUMNER, M.E. (eds.), 2012. Handbook of soil sciences: properties and processes. 2nd ed. Boca Raton: CRC Press Taylor & Francis Group. Bibl. Bioloxía TS 274 1
Coñecementos: Coñ01; Coñ02; Coñ11
Habilidades/Destrezas: H/D01; H/D02; H/D03; H/D06; H/D07; H/D08; H/D09; H/D10; H/D11
Competencias: Comp02; Comp03; Comp04; Comp05; Comp08
Nas clases expositivas, nas que se presentarán a través de clases maxistrais os aspectos básicos da materia, utilizaranse medios audiovisuais e facilitarase ás/aos estudantes, a través da aula virtual da materia, o material básico para o seguimento das clases teóricas, así como material complementario (textos, gráficos, táboas ...) para fomentar a participación e a discusión durante a clase. Tamén se empregarán recursos informáticos por medio de enlaces a páxinas web con información edafolóxica. Asistencia e realización non obrigatoria
Clases interactivas:
Os seminarios, os cuestionarios e o traballo en grupo centraranse no traballo persoal das/os estudantes baixo a tutela e dirección do profesorado para tratar aspectos da materia que non se poden contemplar nas clases teóricas e abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados da ciencia do solo. Para elo fomentarase o debate, a aprendizaxe colaborativa e baseada en problemas na resolución de estudos de caso. A asistencia e realización dos seminarios e os cuestionarios non é obrigatoria. A realización e entrega do traballo en grupo é obrigatoria.
Na saída de campo o traballo persoal da/o estudante orientarase a fomentar a capacidade de observación e a descrición e interpretación de solos, axudando a consecución deste obxectivo a través do debate e a análise colaborativa. Asistencia e realización obrigatoria para aprobar a materia en ámbalas dúas oportunidades (porcentaxe de asistencia mínima 100%).
As titorías desenvolveranse en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ao estudantado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias. Asistencia e realización non obrigatoria
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do estudantado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams. A través desta ferramenta ofreceráselles información da programación docente e materiais complementarios para o estudo da materia.
Ao inicio do curso facilitarase aos estudantes o seguinte material na aula virtual:
GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia.
PLANIFICACIÓN DE ACTIVIDADES: unha guía na que se indicará a planificación de actividades.
PROBLEMAS: material para a interpretación e clasificación de solos (as solucións discutiranse nos seminarios).
Para a avaliación terase en conta a asistencia, participación e coñecementos adquiridos nas actividades presenciais, un traballo en grupo e unha proba final.
A asimilación de contidos por parte das/os estudantes verificarase mediante a realización de cuestionarios que serán entregados a través da aula virtual.
O aproveitamento da práctica de campo avaliarase mediante a realización dun cuestionario.
a) Avaliación continua (40% da cualificación final):
a.1. Valorarase a asistencia e participación nas actividades presenciais (clases expositivas, saída de campo, seminarios): 10% da cualificación final
a.2. As respostas a cuestionarios e problemas que se entregarán aos estudantes a través da aula virtual: 10% da cualificación final
a.3. A realización dun traballo en grupo obrigatorio. Os estudantes deberán presentar un traballo (realizado en grupos dun máximo de 3 persoas) que consistirá nun póster sobre algún aspecto ambiental (impacto, conservación da biodiversidade, etc) onde o solo sexa un elemento central na cuestión tratada: 20% da cualificación final, obrigatorio
Avaliación dos resultados de aprendizaxe: Coñ01; H/D01; H/D02; H/D03; H/D06; H/D07; H/D08; H/D09; H/D10; H/D11; Comp03; Comp04;Comp08
b) Proba final obrigatoria. Constará de cuestións sobre os contidos da materia : 60% da cualificación final.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe: Coñ01; Coñ02; Coñ11; H/D01; H/D06; H/D07; H/D08; H/D11; Comp02; Comp05; Comp08
Para superar a materia na 1ª oportunidade a cualificación final será a suma das puntuacións de cada un dos criterios de avaliación. As cualificacións das distintas actividades da avaliación continua só se sumarán a cualificación final se se acada un 30 % do seu valor. Se non se acada unha cualificación mínima na proba final (un 40% do seu valor) a nota final será a desta proba.
O estudantado que teña que acudir á segunda oportunidade conservará as cualificacións obtidas na avaliación continua en caso de ter acadado a puntuación mínima, debendo repetir o exame final.
No caso de estudantes repetidores, as cualificacións da avaliación continua, en caso de ter superada a puntuación mínima, conservaranse ata o final do seguinte curso académico.
No caso de estudantes aos que se lles teña concedido dispensa de asistencia a clase, a avaliación realizarase mediante o exame sobre os contidos do programa (60% da cualificación final) e un exame práctico (40% da cualificación final).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula
Clases expositivas: 26 horas
Clases interactivas:
Práctica de campo: 6 horas
Seminarios: 6 horas
Titorías: 2 horas
Realización de exames: 2 horas
Total horas de traballo presencial: 42 horas
Traballo persoal
Estudo individual: 55,5 horas
Elaboración do traballo en grupo: 6 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 8 horas
Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 1 horasTotal horas de traballo persoal: 70,5
Horas totais de dedicación á materia: 42 presenciais + 70,5 persoais = 112,5 horas
-Asistencia e participación nas actividades docentes expositivas e interactivas, incluída a práctica de campo.
-Co obxectivo de fomentar a participación nas clases, recoméndase a realización das actividades requiridas ao longo do curso e, en especial, o traballo coa información subministrada a través da aula virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
-Uso de bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
-Distribuír o traballo persoal ao longo do semestre.
-Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia, ao longo do curso.
MS Teams: na aula da materia, conversas individuais para titorías personalizadas.
Aula Virtual da materia (Moodle)
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)
É importante que as/os estudantes traballen o material posto á súa disposición con anterioridade ás sesións presenciais para promover a interacción co profesor.
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Xabier Pontevedra Pombal
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813238
- Correo electrónico
- xabier.pombal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
20.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
20.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
23.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |