Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 17 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Xenética
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Adquirir coñecementos sobre a orixe da variabilidade xenética e como incide no fenotipo dun organismo.
• Coñecer as bases moleculares da regulación dos xenes e a súa incidencia nos procesos de desenvolvemento, defensa do organismo e en doenzas complexas como o cancro.
• Coñecer as técnicas máis empregadas en análises ómicas e tecnoloxías de ADN recombinante.
• Adquirir destrezas na procura e manexo da información científica.
Programa de clases maxistrais expositivas (36 h):
As clases impartiranse de modo presencial na aula, agrupadas nos temas:
TEMA 1: DANO, REPARACIÓN E MUTACIÓN XENÉTICA (4 h)
TEMA 2: ALTERACIÓNS CROMOSÓMICAS (4 h)
TEMA 3: ELEMENTOS XENÉTICOS TRANSPONIBLES (4 h)
TEMA 4: REGULACIÓN DA EXPRESIÓN XÉNICA E EPIXENÉTICA (9 h)
TEMA 5: ORIXE E EVOLUCIÓN DO CANCRO (5 h)
TEMA 6: TECNOLOXÍA DO ADN RECOMBINANTE (5 h)
TEMA 7: XENÓMICA E OUTRAS DISCIPLINAS ÓMICAS (5 h)
Programa de prácticas de laboratorio (8 h):
Realizaranse dúas prácticas presenciais:
Práctica 1: Descrición e utilización de marcadores moleculares (4 h)
Práctica 2: Elaboración dun mapa de restrición (4 h)
Programa de seminarios (9 h):
Os seminarios consistirán na resolución de problemas e cuestións relacionadas coa teoría explicada. Realizaranse en sesións de 1 hora na aula. Aínda que a distribución horaria pode cambiar segundo as necesidades do curso, o programa preliminar é o seguinte:
Seminario 1: Resolución de problemas do tema 1 (1 hora)
Seminario 2: Resolución de problemas do tema 2 (1 hora)
Seminario 3: Resolución de problemas do tema 3 (1 hora)
Seminario 4: Resolución de problemas do tema 4 (1 hora)
Seminario 5: Resolución de problemas do tema 5 (1 hora)
Seminarios 6 e 7: Resolución de problemas do tema 6 (2 horas)
Seminarios 8 e 9: Resolución de problemas do tema 7 (2 horas)
Programa de titorías en grupo (1 h):
Realizarase unha introdución á materia, ao programa e ao plantexamento xeral da docencia. Farase unha presentación da Guía Docente e aclararanse as dúbidas plantexadas polos estudantes. Terá lugar de modo presencial o primeiro día de clase.
Exame (2h):
Obrigatorio. As/os estudantes responderán a preguntas tipo test ou preguntas curtas relacionadas cos contidos das distintas actividades da materia. A proba será presencial.
*Strachan T. and Lucassen A. 2023. Genetics and Genomics in Medicine. 2nd ed. Garland Science.
*Strachan T. and Read A. 2018. Human Molecular Genetics. 5th ed. CRC Press.
*Turnpenny P., Cleaver, R. and Ellard S. 2021. Emery's Elements of Medical Genetics and Genomics. 16th ed. Elsevier.
*Pueden ser encontrados en la red y descargados de forma gratuita.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06
Habilidades e destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08, H/D11
Coñecementos: Con01, Con03, Con04, Con05, Con06, Con07, Con09
• Clases expositivas
Serán presenciais e desenvolveranse os diferentes temas da materia utilizando como material de apoio presentacións en Power Point e a pizarra (tipo lección maxistral). Dedicaranse a esta actividade 3 sesións por semana. A asistencia a clases expositivas non é obrigatoria pero si recomendable.
• Prácticas
As prácticas realizaranse no laboratorio de Xenética. As/os estudantes terán á súa disposición un guión e realizarán as prácticas seguindo as indicacións dese guión coa supervisión do profesor. Así mesmo, o profesor de prácticas encargarase de poñer a disposición das/os estudantes o material biolóxico (ADN, plásmidos, fagos) necesario para o desenvolvemento das prácticas. Na sesión presencial de cada práctica trataranse experimentalmente métodos de análise xenética que complementarán os conceptos desenvolvidos nas clases teóricas. Ao rematar as mesmas as/os estudantes discutirán co profesor os resultados obtidos. Os alumnos deberán realizar un exame para obter as súas cualificacións nesta actividade. A asistencia ás Prácticas non é obrigatoria.
• Seminarios
Complementarán as clases expositivas. Resolveranse problemas ou comentaranse novas ou fragmentos dalgún texto de interese. Fomentarase especialmente a participación do alumnado. As dúbidas que xurdan en relación cos temas xa explicados resolveranse nas titorías de despacho. En ningún caso se explicarán de novo conceptos complexos que fosen tratados nas clases expositivas. Docencia presencial na aula. A asistencia aos seminarios non é obrigatoria.
• Titorías
Realizarase unha introdución á materia, do programa e plantexamento xeral da docencia. Farase unha presentación da Guía Docente e aclararanse as dúbidas plantexadas polas/os estudantes. Lección maxistral presencial non obrigatoria.
• Exame
Obrigatorio, presencial, de dúas horas de duración. As/os alumnas/os responderán a preguntas de tipo “test” relacionadas cos contidos das distintas actividades realizadas na materia. Realizarase unha avaliación continua aparte, mediante traballos. As prácticas avaliaranse con asistencia e unha proba escrita.
A cualificación final será unha media ponderada do rendemento nas partes nas que se avalía o traballo: exame (60%), traballos de avaliación continua (25%) e prácticas (15%). As cualificacións obtidas en avaliación continua e prácticas computaranse sempre e cando se obteña unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame de expositivas. Aquel@s estudantes que non superaran a primeira oportunidade de avaliación do curso terán que realizar unha nova avaliación na segunda oportunidade, na que farán un novo exame e conservarán as cualificacións obtidas nas avaliacións continua e de prácticas no mesmo curso.
Exame
Obrigatorio. Os alumnos responderán a preguntas de tipo “test” relacionadas cos contidos das distintas actividades realizadas na materia (clases expositivas e seminarios). A proba é presencial en cada unha das dúas oportunidades, tanto para alumnos matriculados por primeira vez como para alumnos repetidores. Competencias avaliadas: Comp01, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06; Habilidades e destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08; Coñecementos: Con01, Con03, Con04, Con05, Con06, Con07, Con09.
Avaliación continua
Non obrigatoria. As/os alumnas/os realizarán periodicamente traballos fóra do horario de clases expositivas, os cales serán utilizados para a avaliación continua da súa aprendizaxe dos contidos e competencias correspondentes ás clases expositivas e os seminarios. Estes traballos poden consistir na procura de información extra para expandir o seu coñecemento sobre temas concretos, simular a presentación de comunicacións científicas (tales como pósters), ou a redacción de resumos sobre a asistencia a conferencias externas (por exemplo, conferencias impartidas en centros de investigación) nas cales se traten temas relacionados coa asignatura. Esta avaliación empregarase nas dúas oportunidades. Competencias avaliadas: Comp01, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06; Habilidades e destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08; Coñecementos: Con01, Con03, Con04, Con05, Con06, Con07, Con09.
Prácticas
Puntuarase a asistencia e participación cun 7,5% como máximo e as/os alumnas/os realizarán un exame no que poderán obter como máximo outro 7,5% da nota. Este exame será presencial e non obrigatorio, e realizarase xunto co exame final. A súa avaliación empregarase nas dúas oportunidades. Control de asistencia: pasarase lista. Competencias avaliadas: Comp01, Comp03, Comp04, Comp05, Comp06; Habilidades e destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D08; Coñecementos: Con01, Con03, Con04, Con05, Con06, Con07, Con09.
Avaliación na segunda convocatoria
As/os estudantes deberán realizar o exame final obrigatorio presencial; conservarase a avaliación continua. As/os estudantes poderán repetir o exame de prácticas na segunda convocatoria. Se se presentan a esta segunda convocatoria, a nota do exame de prácticas da primeira convocatoria será anulada e a nota final calcularase tendo en conta a cualificación obtida na segunda convocatoria.
Estudantes repetidores
As/os alumnas/os repetidores da Xenética II do actual plan de estudos do Grao en Bioloxía manterán, se o desexan, a cualificación obtida nas prácticas (asistencia, participación e exame de prácticas), sempre e cando o contido desas prácticas sexa o mesmo. Igualmente, se o desexan, manterase a cualificación da avaliación continua, sempre e cando non cambie o tipo de traballos a avaliar. As/os alumnas/os repetidoras/es procedentes do anterior plan de estudos do Grao en Bioloxía serán avaliadas/s só mediante o exame final, que constituirá neste caso o 100% da cualificación.
Notas adicionais
Non se contempla a realización de exames parciais da materia, nin o cambio de datas nos exames alternativas ás oficiais.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase a normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
Horas presenciales (56 h):
36 horas de clases magistrales.
8 horas de práctica de laboratorio.
9 horas de seminarios.
1 hora de tutoría en grupo.
2 horas realización del examen.
Horas no presenciales (94 h):
70 horas estudio individual.
15 horas lecturas recomendadas, trabajos en grupo y actividades de biblioteca/hemeroteca.
9 horas de asistencia a conferencias recomendadas.
Volumen total de trabajo:
56 h de clases presenciales y 94 h de trabajo no presencial = 150 h totales.
Asistencia regular a las clases teóricas, prácticas y seminarios de Problemas; Utilización de las tutorías de despacho; Utilización de la bibliografía recomendada; Estudio contínuo y basado en la comprensión de los conceptos; Participación en clase; Realización de trabajos en grupo; Asistencia a las conferencias externas recomendadas por los profesores.
• Las profesoras/es estarán accesibles de modo directo a través de su dirección de correo electrónico. Siguiendo las normas de la USC, los alumnos deben utilizar la cuenta de correo de la USC. Las/os alumnas/os podrán concertar tutorías de despacho presenciales u online a lo largo de todo el curso en los horarios en los cuales los profesores estén dispobibles.
• El profesor se comunicará de una manera general con los alumnos a través de la plataforma del campus virtual. Puntualmente, lo hará a través del representate de alumnos, o individualmente por correo electrónico.
• No se modificará el calendario de horarios académicos oficiales, salvo en caso de fuerza mayor y tras previo acuerdo entre profesor y representate del alumnado. Esto no aplica al calendario de exámenes.
• No se admitirán alumnos/as en grupos de clases expositivas distintos a los que les corresponden, salvo en caso de haber sido autorizado un cambio de grupo. Tampoco se admitirán cambios en los grupos de prácticas o seminarios, salvo en caso de intercambio entre dos alumnos/as de grupos distintos. Dichos cambios deberán ser comunicados previamente por correo electrónico al profesor responsable de la actividad, deberá recoibirse su consentimiento por escrito.
• Queda terminantemente prohibida, sin consentimiento del profesorado, la distribución por cualquier medio (por ejemplo, páginas web o difusión a personas ajenas al curso) de cualquier material docente disponible en el Campus Virtual.
Ana Maria Viñas Diaz
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Teléfono
- 881816918
- Correo electrónico
- anamaria.vinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Castro Tubio
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 02. Gregor Mendel |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
01.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
01.07.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |