Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
- Coñecer os conceptos xerais da biotecnoloxía, as técnicas básicas e relacionalos con outras materias básicas e específicas do Grao en Bioloxía.
- Coñecer as bases fisiológicas e a metodoloxía da propagación de plantas mediante cultivo in vitro e as súas aplicacións prácticas na industria.
- Adquirir coñecementos na modificación xenética das plantas, métodos, aplicacións e avaliación delas.
- Alcanzar coñecementos básicos na materia, tanto teóricos como prácticos, para a súa aplicación en estadios posteriores da carreira profesional do alumnado.
PROGRAMA DE TEORÍA: clases maxistrais (26 HORAS)
Bloque 1. Introdución á biotecnoloxía
Tema 1 (2h). Crecemento e diferenciación celular. Concepto de totipotencia. Organogénesis directa e indirecta. Variación somaclonal e inestabilidade dos cultivos.
Tema 2 (3h). Introdución ao cultivo in vitro. Establecemento dun cultivo aséptico. Medios e condicións de cultivo. Material vexetal: selección e asepsia de explantos.
Tema 3 (2h). Micropropagación: Multiplicación, enraizamiento e aclimatación. Cultivo de meristemos apicales. Obtención de plantas libres de virus.
Bloque 2. Xenética e modificación xenética de plantas. Casos prácticos e aplicacións
Tema 4 (2h). Transformación mediada por vectores biolóxicos: Agrobacterium tumefaciens, A. rhizogenes e virus.
Tema 5 (1 h). Vectores para a transformación de plantas. Xenes marcadores seleccionables e xenes informadores.
Tema 6 (1h). Transferencia directa de xenes. Biolística. Electroporación.
Tema 7 (2 h). Xenómica das especies cultivadas: poliploidía e domesticación
Tema 8 (1 h). Optimización da fotosíntesis.
Tema 9 (2 h). Mellora das características nutritivas das plantas. Biofortificación.
Tema 10 (2 h). Maduración de froitos.
Tema 11 (2 h). Plantas biofactoría.
Tema 12 (2 h). Resistencia á tensión abiótica.
Tema 13 (3 h). Resistencia á tensión biótico.
Tema 14 (1 h). Bioseguridad. Riscos dos OGMs. Lexislación.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO OBRIGATORIAS (12 HORAS)
Práctica 1 (3 h). Preparación de medios de cultivo. Esterilización de medios e material adicional.
Práctica 2 (2 h). Asepsia e preparación do material vexetal de partida. Establecemento in vitro de cultivos asépticos iniciais.
Práctica 3 (2 h). Traballo en condicións asépticas (cabina de fluxo).
Práctica 4 (3 h). Toma de datos e transferencia das plantas a condicións ex vitro.
Práctica 5 (2 h). Toma de datos e presentación de resultados.
TUTORÍAS EN GRUPO REDUCIDO (3 HORAS)
Nas tutorías orientarase aos alumnos na elaboración do informe de prácticas.
EXAME FINAL (2 HORAS)
O exame final consistirá en preguntas curtas de desenvolvemento sobre os contidos teóricos e prácticos.
Bibliografía básica
Altman, A. and Hasegawa, P.M. (Eds) 2012 Plant Biotechnology and agriculture. Prospects for the 21st century. Elsevier.
Pena, L. (Ed) 2005. Transgenic Plants: Methods and Protocols. Totowa: Humana Press.
Slater, A., Scott, N.W. and Fowler, M.R., 2008. Plant Biotechnology: The Genetic Manipulation of Plants. 2nd ed. Oxford: Oxford University Press.
Smith, R.H., 2012. Plant Tissue Culture: Techniques and Experiments. 3rd ed. San Diego: Academic Press.
Bibliografía complementaria
Ao-Khayri, J.M., Jain M.S. and Johson, D.V. (Eds) 2016 Advances in Plant Breeding Strategies: Agronomic, Abiotic and Biotic Stress Traits Switzerland. Springer.
Collin, H.A. and Edwards, S., 1998. Plant Cell Culture. Oxford: BIOS Scientific Publishers.
Dixon, R.A. and Gonzales, R.A., 1994. Plant Cell Culture: a Practical Approach. 2nd ed. Oxford: IRL Press at Oxford University.
Dodds, J.H. and Roberts, L.W., 1995. Experiments in plant tissue culture. 3rd ed. Cambridge: Cambridge University Press.
Gresshoff, P.M. (Ed) 1997. Technology transfer of Plant Biotechnology. Boca Rato, FL: CRC Press.
RECURSOS NA
REDE Srivastava, P.S, Narula, A. and Srivastava, S. (Eds) 2004. Plant Biotechnology and Molecular Markers. Boston: Springer. Texto completo dispoñible vía EBSCOhost Ebooks.
Na aula virtual incluirase material docente elaborado polo profesor.
Competencias básicas e xenerais
Desenvolveranse todas as que están especificadas na Memoria do Grao en Bioloxía.
Competencias específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades. Técnicas básicas en bioloxía. Conceptos básicos de biotecnoloxía en plantas
CE7.d - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Biotecnoloxía e ADN recombinante: Enxeñaría xenética en plantas, plantas e alimentos transxénicos.
CE7.f - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina; Bioindicadores, bioensaios e cultivos. Técnicas básicas de biotecnoloxía vexetal.
CE7.h - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Aplicacións agroalimentarias e forestais.
Competencias transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de razoamento e argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para elaborar un traballo e presentar un texto organizado e comprensible.
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8 - Habilidade no manexo dos Tics.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Como apoio á docencia disporase dunha aula virtual na plataforma Moodle do Campus Virtual, ao que se subirá material docente e que se utilizará como vía de comunicación co alumnado.
Clases expositivas: docencia presencial en aula.
Clases interactivas de laboratorio: todas as prácticas realizaranse de forma presencial no laboratorio. O seguimento das prácticas realizarase mediante asistencia e elaboración dun traballo final.
Tutorías: serán presenciais en horarios previamente establecidos. Poderán realizarse parcialmente de modo virtual (a través de Teams) mediante cita previa ou en horarios previamente establecidos.
As clases teóricas son non obrigatorias. As clases prácticas son obrigatorias avaliables.
O 70% da nota corresponderase co exame, un 20% coa presentación do informe de prácticas e o 10% restante coa avaliación continua, que soamente se sumará se se alcanza un 40% da nota máxima do exame.
A ponderación da cualificación final será:
a) Exame final (teoría e prácticas). Complementaria á avaliación continua (70% nota final)
b) Avaliación continua. Consistirá no 30% da nota final, dividida nun informe de prácticas individual (20% nota final) e a participación e actitude en clase (10% nota final)
Os alumnos repetidores gardarán a súa nota do informe de prácticas e avaliación continua obtida dentro dos dous anos anteriores, aínda que poderán asistir ás prácticas de laboratorio de forma voluntaria para acceder á avaliación continua do curso en activo. A nota da avaliación continua neste curso manterase nos dous cursos académicos seguintes do mesmo xeito que na segunda oportunidade do exame durante o presente curso académico.
Avaliación das competencias
No exame final (teoría e práctica) avaliaranse as competencias: CT1, CT2, CT5, CE1.c, CE7.d, h, f.
No traballo de prácticas avaliarase: CG2, CT1, CT2, CT5, CT7, CT9, CT10, CT11, CE1.c, CE7.f.
No traballo en grupo avaliarase: CB3, CG2, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (HORAS)
Clases maxistrais...............................26
Prácticas de laboratorio........................12
Tutorías en grupo reducido.....................3
Exame ..............................................2
---------------------------------------------------
TRABALLO EN AULA...............................43
TRABALLO INDIVIDUAL Ou EN GRUPO (HORAS)
Estudo individual................................60
Elaboración do traballo de prácticas.......9,5
TRABALLO PERSOAL............................69,5
• Asistir a todas as actividades docentes e participar activamente nelas.
• Consultar a bibliografía recomendada.
• Profundar nos temas.
• Facer uso frecuente das tutorías para calquera cuestión relacionada coa materia.
A materia disporá dunha aula virtual na plataforma Moodle. A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, da plataforma Moodle e/ou a través da aplicación MS-teams.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
05.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
09.07.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12.Vasili Dokucháyev |