Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Obxectivos Formativos
Cognitivos:
Dar aos alumnos unha visión obxectiva e actualizada de la problemática ambiental provocada por el impacto humano.
Coñecer as bases científicas da teoría ecolóxica e a súa aplicación cara a sostenibilidade dos ecosistemas e a conservación das especies.
Procedimentais:
Identificar e formular problemas ecolóxicos. Aplicar modelos ecolóxicos.
Presentar aos alumnos outras maneiras de xestionar e explotar de forma sostible os recursos naturais, sen comprometer o desenrolo de futuras xeracións.
Dar a coñecer a utilidade da ciencia ecolóxica (conceptos, teorías e técnicas) na solución de problemas ambientais cruciais da nosa sociedade, tanto os derivados polo uso e xestión dos recursos naturais como por los impactos da súas actividades industriais e económicas.
Traballar eficazmente en equipos multidisciplinares. Comunicar eficazmente súas ideas sobre os procesos ecolóxicos e a súas ameazas.
Aptitudinais:
Realizar estudios bibliográficos e sintetizar resultados. Redactar informes sobre impactos ecolóxicos.
Dar unha interpretación dos problemas do desenvolvemento humano de acordo cos principios ecolóxicos, fomentando a capacidade de relacionar as ciencias ecolóxicas coas ciencias sociais.
Actitudinais:
Fomentar o pensamento crítico, lóxico e creativo cara a información ambiental que proporcionan os medios de comunicación, estimulando o acceso a distintas fontes de información especializadas. Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
Desenvolver a iniciativa dos alumnos e a súa participación activa en todas as actividades da materia.
Fomentar a responsabilidade individual e colectiva na resolución dos problemas ambientais, a conservación de especies e a sostibilidade dos ecosistemas.
PROGRAMA DE TEORÍA (21 HORAS)
1. Crecemento da Poboación Humana, Sostibilidade e Capacidade de Carga da Terra (2 horas)
Conceptos básicos en Ecoloxía de Poboacións. Dinámica histórica da Poboación Humana; Parámetros demográficos, transición demográfica e crecemento. Proxecciones do crecemento. Efecto do Crecemento Poboacional no ambiente; Capacidade de Carga; Pegada ecolóxica. Casos de estudo.
2. Bases Ecolóxicas para a Xestión de Recursos Básicos: Auga e Solo (2 horas)
Distribución dos reservorios de Auga. Tendencias no uso da auga por actividades humanas. Uso sostible do auga. Fontes e procesos de contaminación da auga. O solo como recurso e o seu uso sostible. Ameazas a conservación dos solos (esgotamento, salinización, desertización, erosión, prácticas agrícolas). Estratexias para a súa conservación.
3. Unha Perspectiva Ecolóxica na Produción de Alimentos (2 horas)
Unha perspectiva ecolóxica na agricultura (agrosistemas vs ecosistemas). Modelos de produción agrícola e sostibilidade. O desafío de alimentar a crecente poboación humana. O futuro da Agricultura (Incremento da produción por área, novos cultivos e variedades, Biotecnoloxía). Limitacións das revolucións verdes. Modelos de produción animal. Custes ambientais da produción industrializada de alimentos.
4. Bases Ecolóxicas para a Explotación Sostible de Poboacións: Pesqueiras e Explotacións Forestais (3 horas)
Situación das pesqueiras. Concepto de Sostibilidade. Rendemento Óptimo e Máxima Produción Sostible. Modelos para establecer niveles de explotación. Aspectos económicos e sociais no rendemento sostible. Estratexias de explotación de pesqueiras. Casos de estudio. Ameazas a biodiversidade. Medidas cara a unha xestión sostible. Grandes áreas forestais. Función dos bosques. Estratexias de explotación. Causas da degradación e destrución de ecosistemas forestais. Medidas para unha xestión mais sostible
5. Aspectos aplicados do manexo e control de poboacións. Control de pragas (2 horas)
Concepto de praga. Obxectivos del Control de Pragas. Control Químico e Problemática Asociada (Toxicidade, Persistencia, Bioacumulación, Rexurdimento de pragas, Evolución das Resistencias, Lei das consecuencias non previstas). Control Biolóxico e Xenético: casos de éxito e riscos. Xestión Integral de Pragas.
6. Impactos humanos e saúde dos ecosistemas: Alteración do Ciclo do Carbono e Cambio Climático (3 horas)
Causas dos cambios no clima e breve historia. Interferencias humanas no clima: efecto y persistencia dos gases invernadoiros. Efectos sobre o clima (cambios na dinámica de masas de aire e oceánicas, cambios na temperatura e precipitación, cambios no volumen de xeo, cambios no nivel do mar). Evidencias dos efectos dun cambio climático sobre os organismos e as actividades humanas. Accións a emprender. O principio de precaución.
7. Impactos humanos e saúde dos ecosistemas: Contaminación Ambiental (2 horas)
Contaminantes e fontes principais. Medida de la toxicidade (Concentración e Doses letal, Respostas medidas en las especies). Principais contaminantes gasosos, fontes e efectos. La deposición ácida e os deus efectos. Solucións para reducir a contaminación. Radiación Ultravioleta e Ozono.
8. Conservación e Xestión de Especies e Comunidades (3 horas)
Estado de ameaza de extinción en grupos de organismos. Conservación de especies. O problema das poboacións pequenas. Tamaño mínimo viable e risco de extinción. Causas de extinción: aspectos demográficos (tamaño mínimo viable, variabilidade demográfica), aspectos xenéticos (estrutura xenética, deriva y endogamia) y aspectos ecolóxicos (variabilidade ambiental y catástrofes; especies invasoras; destrución e fragmentación do hábitat). O papel das actividades humanas na extinción. Cadeas de extincións. Especies susceptibles a extinción. Estratexias de conservación: conservar hábitats para conservar comunidades enteiras. Categorías de protección ¿Por qué conservar especies?
9. Restauración de Comunidades afectadas por actividades humanas (2 horas)
Principios e estratexias para a restauración ecolóxica. Casos de estudio (lagos, humedais, ríos, praderías, explotacións minerais, dunas). Criterios para xulgar o éxito dunha restauración.
Prácticas de Ordenador (5 horas)
Os contidos do programa de prácticas se manterán en calquiera dos tres escenarios que se contemplan de normalidade adaptada, distanciamento o confinamento.
As sesións dunha hora nun Aula de Informática, consistirán nunha breve exposición inicial dos conceptos e procesos que pasarán a abordarse na práctica. A continuación, os alumnos adestraranse no emprego de modelos sinxelos desenvolvidos en follas de cálculo o Applets de Java Script que abordarán distintos aspectos tratados nas clases teóricas. Os alumnos deberán contestar a un cuestionario cuxas preguntas poderán ser formar parte do exame da la materia.
Sesión 1: Explotación Sostible das Poboacións
Sesión 2: Análises da Viabilidade das Poboacións
Sesión 3: Priorización de Especies e Hábitats para a Conservación
Sesión 4. Diseño de Reservas
Sesión 5. Ecoloxía do Paisaxe
Seminarios (9 horas)
Sobre a base de gravacións de documentais ou conferencias cortas (menos de 30 minutos) impartidas por destacados especialistas en aspectos tratados en clases teóricas se estimulará un debate. Coa información obtida no documental/conferencia e o posterior debate, os alumnos deberán responder a un cuestionario de preguntas.
Sesión 1 (1 hora): Debate sobre a conferencia: “The Earth is full”, por Paul Gilding
http://www.ted.com/talks/paul_gilding_the_earth_is_full.html
Sesión 2 (1 hora): Debate sobre o uso sostible do solo e do auga. Exemplos de estrategias para unha melor xestión dos recursos (“Better Save Soil” (https://vimeo.com/129896487), “The Singapore Water Story” (https://www.google.es/search?q=The+Singapore+Wa%C3%A1ter+Story&ie=utf-8…) e outras historias.
Sesión 3 (1 hora): Debate sobre a conferencia “The other inconvenient truth”, por Jonathan Foley (Professor and McKnight Presidential Chair in the Department of Ecology and director of the Institute on the Environment at the University of Minnesota).
http://www.ted.com/talks/lang/en/jonathan_foley_the_other_inconvenient_…
Sesión 4 (1 hora): Debate sobre as explotacións sostibles de recursos: “Nuestras pesquerías, nuestro futuro” (https://youtu.be/pNetcVWI9eU) (http://elpais.com/especiales/2015/planeta-futuro/pesca-europea-en-afric…) (https://youtu.be/pNetcVWI9eU).
Sesión 5 (1 hora): Debate sobre o control de plagas sobre a base dos documentos: Conferencia de Shimon Steinberg, entomólogo xefe dun laboratorio de biotecnoloxía Israelí (http://www.ted.com/talks/shimon_steinberg_natural_pest_control_using_bu…) e un exemplo de control biolóxico en España (https://youtu.be/xZyQfty8kXY).
Sesión 6 (1 hora): Debate sobre a conferencia “Why I must speak out about climate change”, por James Hansen (Adjunct Professor of Earth and Environmental Sciences at Columbia University’s Earth Institute)
http://www.ted.com/talks/james_hansen_why_i_must_speak_out_about_climat…
Sesión 7 (1 hora): Debate sobre os residuos tecnolóxicos e plásticos xenerados pola nosa sociedade. Se iniciará despois de proxectar un corto documental sobre o tema (https://youtu.be/dd_ZttK3PuM).
Sesión 8(1 hora): Debate sobre a conferencia “On saving life on Earth”, por E.O. Wilson (Professor and Honorary Curator in entomology at Harvard)
http://www.ted.com/talks/e_o_wilson_on_saving_life_on_earth.html
Sesión 9 (1 horas): Debate sobre el papel de la restauración ambiental en la corrección del impacto del hombre sobre el planeta. Se estimulará el debate con la pro yección de “How wolves change rivers”, “A breakthrough for coral restoration” y “Why is Africa building a great green wall”.
Prácticas de Campo (4 horas)
A realización das prácticas estará condicionada a disponibilidade de financiamento para o desplazamento dos estudantes. De non existir disponibilidade presupostaria para facer esto as prácticas de campo se sustituirán por visitas e recorridos virtuais asincrónos a emplazamentos no que se teñan realizado proxectos importantes de restauración ambiental. Os estudantes deberán entregar obligatoriamente un cuestionario/informe sobre o proxecto de restauración visitado, que será a base para a avaliación deste tipo de docencia.
“Visita guiada para analizar as actividades de Restauración da Entulleira da mina de cobre de Touro”.
Os alumnos deberán de elaborar un cuestionario/informe crítico sobre as intervencións realizadas e sobre o grao no que se ten conseguido o restablecemento dun sistema natural.
Titorías en Grupos Reducidos (2 horas)
Nunha primeira hora de titoría, aos estudantes organizados en grupos, se lles explicará como realizar un blog grupal sobre a temática dun dos temas que constituyen o programa de clases expositivas, ou bien dun tema de interés proposto polo grupo. Cada grupo elaborará un “blog” baseado nun tema diferente. Esta primeira titoría poderá impartirse de forma non presencial, sincrona, a través de MSTeams, a todolos grupos de titorías. Nunha segunda hora de titoría, cada estudante expoñerá moi brevemente un dos contidos seleccionados no blog do grupo. A exposición oral axustarase a forma dunha “flash presentation” (unha presentación Power Point de non máis de 5 minutos que de unha visión xeral do tema, con algúns contidos ou imáxenes que provoquen a curiosidade ou o interese por coñecer o tema).
Examen (2 horas)
O examen consistirá en preguntas de resposta de alternativa múltiple, onde so unha das respostas será verdadeira, para a parte expositiva, preguntas abertas de resposta elaborada cortas ou largas, para a parte de seminarios, e problemas que poden implicar cálculos matemáticos para a parte de prácticas de ordenador.
Begon, M., Townsend, C.R., Harper, J.L. 2006. Ecology: From Individuals To Ecosystems. John Wiley & Sons.
Botkin, D.B., Keller, E.A. 2011. Environmental Science: Earth as a Living Planet. John Wiley & Sons, 4th Edition
Newman, E.I. 2000. Applied Ecology & Environmental Management. Blackwell Science, Oxford, UK.
Tyler Miller, G. 2002. Introducción a la Ciencia Ambiental–desarrollo sostenible de la Tierrra. Thomson, Madrid.
Krebs, Ch. 2008. The Ecological World View. CSIRO Publishing, Collingwood, Australia.
Bibliografía complementaria
Rey Benayas, J.M, Espigares, T. y Nicolau, J. M. 2003. Restauración de ecosistemas mediterráneos. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Alcalá.
Donovan, T.M., Welden, C.W. 2002. Spreadsheet Exercises in Ecology and Evolution. Sinauers, Sunderland, Massachusetts, USA. (Dispoñible en formato electrónico. Tanto os contidos como as aplicacións se poden descargar e utilizar libremente en: http://www.uvm.edu/rsenr/vtcfwru/spreadsheets/?Page=ecologyevolution/ec…)
Piñol, J., Martínez-Vilalta, J. 2006. Ecología con Números. Lynx Ediciones, Barcelona. Dispoñible en formato electrónico. Tanto os contidos como as aplicacións se poden descargar eutilizar libremente en: https://ddd.uab.cat/record/225887).
Competencias Básicas (CB) e Xerais (CX)
CB1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e se atope a un nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos o seu traballo ou vocación dunha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que incluían unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.
CG1: Coñecer os conceptos, métodos e resultados mais importantes das distintas ramas da Bioloxía incluíndo a perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2: Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Bioloxía.
CG3: Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e planeamento de problemas e na busca de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4: Comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Bioloxía, tanto a un público especializado como non especializado.
CG5: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica
Competencias específicas de la materia
Ao remate dos estudios desta materia, os alumnos deberían de ser capaces de identificar os principais desafíos ambientais a los que se enfronta nosa sociedade, comprender e súas causas e coñecer as propostas que dende a Ecoloxía se ofrecen para solucionalos.
Deberían de ter adquirido certa familiaridade co emprego de modelos matemáticos de representación de procesos ecolóxicos.
Deberían de ter adquirido un compromiso coa idea dun desenvolvemento compatible coa protección ambiental e a conservación de especies e comunidades.
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades Técnicas básicas en bioloxía.
CE3.e - Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Adaptacións ao medio.
CE4.a - Ámbito competencial: Biodiversidade: Tipos e niveles de organización e ciclos biolóxicos.
CE4.f - Ámbito competencial: Biodiversidade: Bioxeografía e conservación
CE4.g - Ámbito competencial: Biodiversidade: Análises da biodiversidade.
CE5.a - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: O medio físico, fluxos de enerxía e ciclos bioxeoquímicos.
CE5.b - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Poboacións, comunidades e ecosistemas
CE5.c - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións y ecosistemas: Biomonitorización e biocontrol
CE5.d - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións y ecosistemas: Xestión y conservación
CE5.e - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións y ecosistemas: Diagnostico y solución de problemas ambientais
CE5.f - Ámbito competencial: Medio ambiente, poboacións e ecosistemas: Avaliación do impacto ambiental
Competencias transversais
En función da metodoloxía da ensinanza e das distintas actividades planeadas para o desenvolvemento desta materia, esperase que os alumnos que a cursen incrementen a súa competencia nos seguintes aspectos:
CT1: Capacidade de análises e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT7: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8: Habilidade no manexo de TICs.
CT9: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT10: Utilización de información en lingua extranxeira.
CT11: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada do seus coñecementos.
As sesións expositivas, en forma de clases maxistrais, e o seminarios e prácticas de campo, nos que primará unha pedagoxía máis activa, constituirán o núcleo da docencia e se realizarán de forma presencial, sendo de asistencia obrigatoria para os alumnos (80% mínimo de asistencia). Nas sesións expositivas os alumnos adquirirán os conceptos e coñecerán os procesos propios da disciplina. Os seminarios e as prácticas de ordenador permitirán desenvolver aspectos específicos do programa teórico, cunha maior interacción cos alumnos. Un importante recurso didáctico ao que se recorrerá para lograr os obxectivos educativos será o poñer á disposición dos alumnos gran cantidade de material multimedia (textos, transparencias, vídeos, follas de cálculo, cuestionarios, animacións, enlaces a páxinas webs, etc.) para o que se empregará un curso virtual incluído na plataforma de aprendizaxe Moodle dentro do Campus Virtual da USC. A consulta destos contidos será voluntaria y se realizará de forma asíncrona. A atención individualizada ao estudante nas titorías non programadas ou a demanda dos estudantes permitirá, nalgunha medida, personalizar a ensinanza. O nivel das clases teóricas será alcanzable para os estudantes cunha preparación académica e intelectual media. Os estudantes por debaixo da media serán obxecto de atención titorial, namentres que os que se atopen por riba da media poderán satisfacer os seus maiores desexos de coñecementos co acceso a recursos e bibliografía máis especializada. As titorías programadas para grupos pequenos e a atención persoalizada será presencial, nos horarios determinados, pero en determinadas situacións poderán realizarse por correo electrónico (asíncrono) o mediante MS-teams (síncrono) ou chat (Moodle, síncrono).
Os estudantes serán avaliados mediante un sistema que contempla a avaliación continua e uhna proba final. Este sistema será aplicado para as dúas oportunidades de avaliación. Na segunda oportunidade haberá unha nova proba final pero se conservarán as cualificacións obtidas na avaliación continua. Aos estudantes que non superen a materia se lles poderá manteer as calificacións da avaliación continua durante dous cursos académicos.
A proba final será complementaria a avaliación continua. Suporá o 70% da cualificación final (45% parte expositiva, 15% prácticas ordenador, 10 % seminarios). Para superar esta proba final e acumular súa puntuación a lograda na avaliación contínua deberá de alcanzarse unha puntuación mínima de 4 sobre 10 na proba final.
A avaliación continua consistirá na resolución de cuestionarios de autoavaliación a través da plataforma de aprendizaxe Moodle sobre os contidos empregados nos seminarios (10% da cualificación final), a realización dun blog grupal sobre un tema de interés ambiental (traballo colaborativo) e a exposición dun dos contidos recollidos nese blog (traballo persoal) (10% da cualificación final) e a entrega dun cuestionario/informe sobre as prácticas de campo (traballo persoal) (10% da cualificación final).
Os estudantes que repitan a materia terán a opción de conservar a puntuación obtida na avaliación continua o curso anterior.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL O EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 21 Estudio individual 53.5
Prácticas de Campo 4 Elaboración de Cuestionarios 12
Prácticas de Ordenador 5 Elaboración de informe de prácticas 4
Seminarios 9
Titorías obrigatorias 2
Realización do exame 3
TRABALLO NA AULA 43 TRABALLO PERSOAL 69.5
Recoméndase a asistencia diaria e a participación activa as clases e no resto das actividades programadas, se leven a cabo presencialmente ou de maneira telemática, no caso dos escenarios 2 e 3. É importante resolver no momento as dúbidas que xurdan, así como revisar e completar as notas de clase antes da seguinte clase. As titorías representan unha moi boa oportunidade para mellorar a aprendizaxe e resolver dúbidas. Se poderán realizar presencialmente ou de forma telemática a través da plataforma de aprendizaxe virtual Moodle ou da aplicación MSTeams. O estudo da materia verase facilitado pola consulta do material multimedia que se porá á disposición dos alumnos no curso virtual da materia. É importante, tamén, a lectura da bibliografía recomendada para cada tema.
A materia Ecoloxía III, é unha Ecoloxía aplicada, polo que se basa en gran medida nos coñecementos previos que terían terse adquirido ao cursar as materias Ecoloxía I e Ecoloxía II.
En paralelo ao desenvolvemento da materia, terase operativo un curso virtual da materia na plataforma Moodle que estará a disposición do estudantado matriculado e ao que será necesario acceder para o desenvolvemento de certas actividades availables, como a realización de cuestionarios.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas por plaxio ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.