Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo principal desta materia é que os alumnos teñan unha visión actual e global sobre o funcionamento do sistema inmunitario e que coñezan as nocións fundamentais da resposta inmunitaria, as células e moléculas que compoñen o sistema inmunitario e os mecanismos de comunicación e cooperación existentes entre os diferentes tipos celulares.
Obxectivos específicos:
- Coñecer a fisioloxía do sistema inmunitario así como os seus compoñentes moleculares e celulares.
- Coñecer os mecanismos básicos de recoñecemento e os mecanismos efectores da resposta inmunitaria innata e adaptativa.
- Coñecer e comprender o papel do sistema inmunitario na defensa do organismo fronte á infección con diferentes patóxenos. Comprender a participación do sistema inmunitario en procesos cancerosos, no rexeitamento de transplantes e durante os procesos alérxicos.
- Coñecer as aplicacións terapéuticas de actuación sobre o sistema inmunitario e a capacidade de manipular a resposta inmunitaria.
O programa de clases expositivas é:
1. Introdución á inmunología. Compoñentes do sistema inmune. O tráfico leucocitario.
2. Inmunidade Innata: Os fagocitos e os seus receptores. O complemento, os seus ligandos e os seus receptores.
3. Os anticorpos, os seus ligandos e os seus receptores.
4. Os linfocitos B e o seu receptor para antígeno.
5. A xeración da diversidade dos linfocitos B e T.
6. As moléculas de histocompatibilidad: ligandos e receptores.
7. A presentación de antígenos aos linfocitos T.
8. Os linfocitos T e o seu receptor para antígeno.
9. A xeración do repertorio restrinxido dos linfocitos T.
10. A xeración de linfocitos T e B efectores.
11. Mensaxería inmunológica: as citocinas e os seus receptores.
12. A inmunidade en acción fronte a virus, bacterias, fungos e parasitos.
O tema 11, 12 desenvolverase en 1 hora, os temas 1 e 2 en 4 horas e o resto dos temas desenvolveranse cunha duración de 2 horas.
Nas prácticas de laboratorio (9 h), os experimentos que se propoñen son conceptualmente correlativos aos temas teóricos da materia. O alumnado deberá realizar unha serie de ensaios experimentais, recoller os resultados obtidos e analizalos adecuadamente para dar resposta ás preguntas e exercicios expostos no guion de prácticas. No Programa de prácticas levará a cabo de forma presencial/virtual segundo os escenarios, é: Recoñecemento das células compoñentes do sistema inmune e determinación da viabilidade celular. Determinación e estudo de subpoblaciones linfocitarias por Citometría de Fluxo.
Nas clases interactivas de seminario realizarase un seminario de 2 h e realizaranse preguntas aplicadas e/ou casos clínicos os coñecementos desenvolvidos nas clases expositivas.
As titorías (4 h) orientaranse á resolución das dúbidas particulares xeradas nas clases expositivas e a súa aplicación en casos patolóxicos e/ou a súa terapia.
Bibliografía básica:
- Abul K. Abbas, Andrew H. Lichtman, Shiv Pillai, 2022, Inmunología celular y molecular, 10ª ed.,Barcelona:Elsevier, cop. 2022.
- Jenni Punt, Sharon A. Stranford ; Edición 2020, Kuby inmunología 8ª ed. McGraw Hill Interamericana.
- Abbas, A.K., Lichtman, A.H. y Pillai, S., 2012. Inmunología celular y Molecular. [Recurso electrónico]. ed. Barcelona: Elsevier. Acceso restrinxido a usuarios USC <https://www.dawsonera.com/terms/show?dest=https%3A%2F%2Fwww.dawsonera.c…>.
- Abbas, Abul K. Andrew H. Lichtman, Shiv Pillai, 2020, Inmunología básica : funciones y trastornos del sistema inmunitario, 6ª ed. Barcelona : Elsevier, cop.
- Regueiro González, J.R. et al., 2022. Inmunología: biología y patología del sistema inmunitario. 5ª Edición, Madrid: Editorial Médica Panamericana.
Bibliografía complementaria:
- K. Murphy, C. Weaver Inmunobiology Janeway, 9ª edición 2017, Garlan science.
- Delves, P.J. et al., 2014, Inmunología: fundamentos., ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Leonardo Fainboim, Jorge Geffner 2011, Introducción a la inmunología humana, Edición 6ª ed., Buenos Aires : Panamericana, cop.
Nesta materia o alumno/a adquirirá e practicará tanto unha serie de competencias básicas/xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, como específicas, propias desta materia dentro do Grao de Bioloxía
Competencias Básicas/Xeráis:
Son os que aparecen na memoria de grao (CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CG5).
Competencias Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva .
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT8 - Habilidade no manexo de Tics.
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias Específicas
CE1.c - Ámbito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades, técnicas básicas en bioloxía.
CE7.a - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas das enfermidades.
CE7.b - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas da inmunologia.
A materia está exposta para potenciar a aprendizaxe activa do alumnado. O estudo individual realizarase en base a unha información organizada e detallada proporcionada polo profesorado. A base da devandita información será a bibliografía básica recomendada, a cal se complementará, nos casos en que sexa necesario, con información adicional.
En referencia ás clases expositivas concíbense como introducións xerais a cada tema mediante clases maxistrais, que serán complementadas co resto das actividades propostas. Estas actividades son: o estudo individual, a resolución de cuestións, a preparación das actividades propostas en seminarios. Desenvolveranse de forma presencial na aula atendendo a todas as dúbidas e aclaracións expostas polos alumnos. O material de axuda elaborado para facilitar o seguimento e comprensión dos temas (que comprende o resumo dos temas explicados e o material complementario necesario) fornéceselles no campus virtual da USC correspondente á materia.
As prácticas de laboratorio organízanse en varias sesións onde se aplican os contidos teóricos, mediante a observación e manexo de material biolóxico, instrumentos, etc., seguindo os protocolos elaborados para tal fin polo profesorado.
As titorías concíbense como medio de coordinación e orientación do traballo individual do alumnado.
Nas clases interactivas de seminario desenvolveranse na aula onde se propoñerán e resolverán aplicacións da teoría, faranse exercicios, problemas, simulacións de casos clínicos, etc ( ABP aprendizaxe baseada en problemas). Requírese unha participación activa do alumnado. Está programado fornecerlles información e material complementario (vídeos, direccións Web, etc.) que lles permita unha comprensión mellor da materia.
A formulación metodolóxica ten como obxectivo coñecer o progreso da súa aprendizaxe e levar a cabo a súa valoración. A avaliación da materia consistirá nunha valoración continua. A modalidade de avaliación será continua e terá carácter presencial. A avaliación será igual para repetidores e non repetidores, non gardándose notas de anos anteriores. Ademais, a avaliación será sempre igual nas dúas oportunidades.
A avaliación da materia consistirá nas seguintes cualificacións das partes en que se divide a materia:
Avaliación Continua: Terase en conta a actitude e poderanse expor cuestións sobre os contidos desenvolvidos nas clases expositivas e/ou interactivas ou sobre temas relacionados, calificables con ata un 10% da nota total da materia, é unha actividade optativa avaliable
Clases interactivas de laboratorio: Terase en conta a actitude e elaborarase unha memoria na que se presenten e analicen os resultados e a súa xustificación, cualificarase con ata un 10% da nota final, é unha actividade optativa avaliable.
Proba final: Realizarase unha proba final sobre a materia desenvolvida ao longo do curso (expositivas, seminarios etc.). A cualificación será ata do 80% da nota final, é unha actividade obrigatoria avaliable.
En canto á avaliación das competencias, avalíanse da seguinte maneira:
Traballo de prácticas: CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT9, CT11 CE1. c, CE7.a, CE7. b
Avaliación continua: CT1, CT2, CT4, CT5, CT7, CT8, CT9, CT11, CE7.a, CE7. B
Horas presenciais:
26 horas clases expositivas
4,5 horas de clases interactivas de laboratorio
2 horas de clases interactivas de seminarios
2 horas de preparación do exame.
Horas non presenciais:
59,5 horas de dedicación ao estudo individual e á preparación da materia
10 horas de elaboración da memoria de prácticas
O estudo da materia no tres escenarios recoméndase que se faga: Utilización da bibliografía recomendada, así como do material gráfico proporcionado polo profesor, imprescindible para a comprensión da materia.
Lectura e reflexión frecuente sobre a materia impartida, necesarias para a integración dos coñecementos neste campo da ciencia.
Interese e atención sobre os novos avances nesta disciplina difundidos a través dos medios de comunicación, para a súa incorporación e discusión nas clases e seminarios.
A materia dispoñerá dunha aula virtual na plataforma Moodle. A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, da plataforma Moodle e/ou a través da aplicación MS- teams.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". Esta sinala que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plagiados (por exemplo, dos compañeiros de curso ou de curso previos) ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Ma Del Pilar Arias Crespo
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816933
- Correo electrónico
- pilar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade