Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O obxectivo xeral da asignatura é que o alumno chegue a coñecer "os principais virus animais, a súa arquitectura, asi como asestratexias de replicación, os seus mecanismos de diversidade xénica, así como os mètodos de prevención e control. Ademáis, se darán unhas nocións xerais dos principais grupos de enfermidades virais, segundo o tropismo dos axentes implicados".
Programa de teoría:
Tema I.- Introdución: Historia e definición da Viroloxía. Virus e evolución (0,5h)
Tema II.- Natureza Viral (1,5h)
Tema III.- Métodos de Estudo (0,5h) (Ampliarese coas tutoría)
Tema IV.- Taxonomía Vírica (0,5h).
Tema V.- Replicación viral [6h]
Tema VI.- Xenética de virus animais [2h].
Tema VII.- Interaccións virus-células e virus-hóspede [3h]
Tema VIII.- Infeccións do Sistema Nervioso Central: Encefalite e meningite viráis [2h]
Tema IX.- Infeccións respiratorias [2h]
Tema X.- Infeccións gastrointestinais: [1 h]
Tema XI.- Infeccións epiteliais e das membranas mucosas[2h]
Tema XII.- Hepatites virais [1]
Tema XIII.- Febres hemorráxicas e outras Infeccións viráis localizadas xeográficamente[2h]
Tema XIV.- Síndrome de inmunodeficiencia adquirida e outras enfermidades retrovirais [1]
Tema XV.- Mononucleosis infecciosa; Infeccións oculares e cardíacas [1h]
Programa de Pizarra e seminarios (4 h)
Pizarra (resolución on line )- Desenvolvemento de exercicios e resolución de problemas ecasos prácticos relacionados con diferentes temas específicos (metodoloxía, estructura, replicación, xenética, enfermidades…). (1-3h, en función de necesidades).
Seminarios.- Resolución de casos clínicos e exposición de traballos e discusión sobre aspectos específicos da materia, para potenciar o manexo de bibliografía
Programa de titorías (1h)
Titorías.- Propondranse titorías de 1 h, unha o comenzo do curso, para profundizar na metodoloxía do estudo de virus, e entre 0 e 2 para a resolución de dúbidas e outra máis adiante, para a preparación dos seminarios.
Programa de Prácticas. Total 10h
1. Cultivos celulares 2h
a. Tipos de soportes de cultivos celulares.
b. Visualización de cultivos e recoñecemento de morfoloxías celulares
c. Subcultivo de tapices celulares
d. Inoculación viral e Visualización de efectos citopáticos
2. Morfoloxía e Ultraestructura viral 1h
a. Construcción de estruturas icosaédricas con modelos
b. Recoñecemento de eixos de simetría
c. Recoñecemento do significado do factor de triangulación
3. Diagnose: Caracterización físico-química 1,5h
a. Presencia/ausencia de envolta: Tratamento con solventes lipídicos, pH e Temperatura
b. Identificación do tipo de xenoma: Tratamiento enzimático e con análogos de base.
4. Diagnose e Tipado: Métodos serolóxicos 2h
a. Seroneutralización para diagnose
b. Seroneutralización para tipado (prcts. pizarra)
c. Inmunodot
d. Inmunofluorescencia (prcts. pizarra)
e. ELISA
5. Diagnose e Tipado: Métodos Moleculares 3,5h
a. Hibridación de ácidos nucleicos
b. PCR
c. Secuenciación e filoxenia (prcts. pizarra)
Bibliografia basica e complementaria
Aconsellanse 8 volúmenes, por seren os máis axustadosá materia impartida, ainda que se indica outra bibliografía que pode ser de interese para a preparaci�n de temas e seminarios, sobre todo considerando o número de unidades dispoñibles de cada libro.
BIBLIOGRAFÍA ACONSELLADA
Carrasco, L. y Almendral del Río, J.M. coords., 2005. Virus patógenos. Madrid: Hélice.
Flint, S.J., Enquist, L.W., Krug, R.M., Racaniello, V.R. and Skalka, A.M., 2000. Principles of virology: molecular biology, pathogenesis, and control. Washington, DC: ASM Press.
Flint, S.J., Racaniello, V.R., Rall, G.F. and Skalka, A.M., 2015. Principles of virology. 4th ed. 2 vol. Washington, DC: ASM Press.
Shors, T., 2009. Virus: estudio molecular con orientación clínica. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Storch, G.A., ed., 2000. Essentials of diagnostic virology. New York: Churchill Livingstone.
Strauss, J.H. and Strauss, L.G., 2008. Viruses and human disease. 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press.
OUTRA BIBLIOGRAFÍA
Cann, A.J., 2009. Principios de virología molecular. Zaragoza: Acribia.
Carter, J.B. and Saunders, V., 2013. Virology: principles and applications. 2nd ed. Chichester, WS: John Wiley & Sons.
Collier, L. y Oxford, J., 2008. Virología humana: texto para estudiantes de medicina, odontología y microbiología. México: McGraw-Hill Interamericana.
Dimmock, N.J., Easton, A.J. and Leppard, K.N., 2007. Introduction to modern virology. 6th ed. Malden, MA: Blackwell Publishing.
Fenner, F, Bachmann, P.A., Gibbs, E.P.J., Murphy, F.A., Studdert, M.J. y White, D.O., 1992. Virología veterinaria. Zaragoza: Acribia.
Joklik, W.K., 1985. Virology. 2nd ed. Norwalk, CT: Appleton-Century-Crofts.
Knipe, D.M. and Howley, P.M. eds., 2001. Fields virology. 4th ed. 2 vol. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins.
Levy, J.A., Fraenckel-Conrat, H. and Owens, R.A., 1994. Virology. 3rd. ed. Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall.
Mettenleiter, T.C. and Sobrino, F. 2008. Animal viruses: molecular biology. Wymondham: Caister Academic Press.
Wagner, E.K., Hewlett, M.J., Bloom, D.C. and Camerini, D., 2008. Basic virology. 3rd. ed. Malden, MA: Blacwell Publishing.
Zuckerman, A.J. et al., 2009. Principles and practice of clinical Virology. 6th ed. West Sussex: Wiley
Páxinas WEB de interese:
ICTV (International Commitee for Taxonomy of Virus): http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ICTV/
The Big Picture Book of Viruses: http://www.virology.net/Big_Virology/BVHomePage.html
All the Virology on the WWW: http://www.virology.net/garryfavweb.htmlhttp://virologia.ua.es/dmsander….
COMPETENCIAS BÁSICAS e XERAIS
Nesta materia vanse traballar, en maior ou menor medida, as competencias básicas e xerais do Grao en Bioloxía ( en especial CB3,CG3, CG4 y CG5)
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análisise e síntese.
CT2 - Capacidade para orazoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizada e comprensible
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT9 - Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT10 - Utilización de información en lingua extranxeira
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
3.3 COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE3.h - Ámbito competencial: Células, tecidos e órganos: Cultivos celulares ebioensaios
CE4.a - Ámbito competencial: Biodiversidade: Tipos e niveis de organización e ciclos biolóxicos
CE4.e - Ámbito competencial: Biodiversidade: Diversidade de microorganismos e virus
CE7.a - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas das enfermidades
CE7.g - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Métodos de análise clínico e molecular
- O desenvolvemento da materia na clase se ben estará baseado, fundamentalmente, na lección maxistral, aportando os conceptos e ilustracións de esquemas e fotografías mediante medios audiovisuais, fomentará a participación do alumno mediante a formulación de preguntas, o desenvolvemento de exercicios prácticoss e resolución de problemas on line e en seminarios presenciais, así como preparación de traballos específicos para potenciar o manexo de bibliografía, interpretación e síntese. Respecto ao exercicios a resolver, os errores cometidos polos alumnos revisaranse e correxiranse e nas seguintes clases presenciais, si son de clarificación breve, ou se proporán titorías específicas para resolución de dúbidas.
-Valorarase especialmente a participación do alumno no desenvolvemento das clases.
Importante. A avaliación estará baseada no cumprimento de obxectivos, é dicir, da nota máxima que o alumno pretende acadar.
O alumno deberá decidir, e comunicar ao profesor, os obxectivos que desexa acadar a principio de curso. Poderáse optar por novos obxectivos en cualquera momento do semestre, pero a realización das actividades formativas estará limitada a aquelas con período de execución non finalizado. A nota obtida nestos casos será proporcional aos exercicios realizados.
Polo tanto, quen decida non realizar as actividades optativas de avaliación continua (exercicios e seminarios), acadarán como nota máxima a correspondente a suma do exame teórico (máximo 6) e as prácticas (máximo 1).
Actividades formativas
1. Actividades obrigatorias
1.1. Demostración de coñecemento dos conceptos da materia.
Actividade básica e obrigatoria
Nota máxima acadable 6
- Examen teórico* (os coñecementos teóricos do alumno se avaliarán mediante definición de conceptos básicos, respostas a preguntas curtas, interpretación de imáxenes e esquemas, resolución de casos prácticos e desenvolvemento de temas fundamentais. Terase en cuenta, ademáis dos contidos, o rigor, a craridade, a concisión e a elegancia da exposición): 60% da nota global
[Avalíanse CG4, GG5, CT1, CT2, CT11, CE4a, CE4e, CE7a, CE7f]
.2. Realización das prácticas
Actividad obligatoria
Nota máxima acadable 1
- Avaliación das prácticas 10% da nota global**
Poderase elexir entre dúas opcións. A opción elexida deberá comunicarse ao profesor eno período indicado
1.2.1. Avaliación da memoria de prácticas (terase en conta a súa presentación, a calidade da memoria e a descrición e explicación dos ensaios levados a cabo)
1.2.2. Realización dun examen de prácticas
[Avalíanse CT11 y CE3h]
2. Actividades optativas
2.1. Resolución de casos prácticos/problemas***:
Suma un máximo de 1,5 puntos á nota obtida no exame
- Avaliación da resolución de exercicios, problemas e casos prácticos: Terase en conta a súa presentación e orazoamento na resolución e suporá un 15% da nota global
[Avalíanse CB3, CG3, CG4, CT1-CT5, CT9-CT11, CE4e, CE7a y CE7f]
2.2. Búsqueda, análise e elaboración de información***
Suma un máximo de 1,5 puntos á nota obtida no exame
- Presentación e memoria de traballos de seminario (terase en conta a calidade da memoria e da presentación, así como a seguridade na resposta ás preguntas plantexadas): 15% da nota global
[[AvalíanseCB3, CG4, CT1-CT6, CT9-CT10, CE4e, CE7a y CE7f]
* O exame teórico realizarase por escrito, de acordo coa data establecida polo equipo decanal, segúndo se publica na guía do alumno desta Facultade. Opcionalmente, os alumnos que o desexen poderán facer o exame oral, en data previamente pactada co/s interesado(s). A nota do exame teórico poderase manter só ata ol exame de segunda oportunidade do ano académico en curso. Será necesario aprobar o exáme teórico (5) para sumar o resto dos ítems.
** A realización das prácticas é condición imprescindible para poder presentarse ao exame de teoría. A nota de prácticas mantenrase durante dous cursos académicos si o alumno o solicita.
*** Items recuperables: Os alumnos que deban presentarse as convocatorias de recuperación, poderán solicitar aos profesores que lle asignen as tarefas correspondentes a este apartado, para poder acadar a porcentaxe da avaliación correspondente a seminarios e exercicios. As notas dos exercicios e seminarios manteranse durante dous cursos académicos si o alumno o solicita.,
TRABALLO PRESENCIAL
Clases maxistrais, 26h
Prácticas de laboratorio, 10h
Prácticas de pizarra/seminarios, 4h
Titorías en grupos reducidos o individualizadas, 1h
TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL: 41H
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual, 39h
Elaboración de memorias de prácticas, 5h
Elaboración de traballos, 10h
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares, 2h
Realización de exames,2,5h
Elaboración de sínteses de temas, 3h
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: 61,5h
Seguir as suxerencias do profesor o longo do curso.
Para a correcta aprendizaxe da materia precísanse coñecementos de microbioloxía, bioquímica e xenética.
A materia contará cun aula virtual na plataforma Moodle naque, ademáis dos contidos que elaboren os profesores, estará a disposición dos alumnos outra información de utilidade
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”