Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecemento dos conceptos esenciais para a comprensión da estrutura, organización, expresión e evolución do xenoma humano. Coñecemento das metodoloxías fundamentais para a análise xenética do xenoma humano, integrando as metodoloxías tradicionais coas de última xeración, capaces de analizar globalmente os xenomas. Coñecemento dos fundamentos das metodoloxías xenético-estatísticas utilizadas na investigación de vangarda para a identificación de xenes implicados en enfermidades humanas comúns cunha base xenética complexa. Perspectiva da relevancia da xenética humana para a comprensión da vida humana e a evolución das poboacións humanas. Perspectiva das aplicacións actuais e potenciais da xenética humana en biomedicina e o seu impacto na sociedade. A aprendizaxe obtida proporcionará ao estudante a capacidade para comprender publicacións científicas especializadas en xenética humana e a base necesaria para abordar problemáticas relacionadas coa xenética humana en contornas novas xa sexa no ámbito profesional ou a nivel de Máster e Doutoramento.
- Clases expositivas (26 horas)
1. Introdución: Panorámica Xenética Humana.1 h
2. Modelos de herdanza mendeliana: xenes autosómicos e ligados ao sexo. 4 hs
3. Modelos animais. 3 hs
4. Herdanza de caracteres complexos. 4 hs
5. Xenética do cancro. 4 hs
6. Consello xenético. 3 hs
7. Células nai. 4 hs
8. Defectos conxénitos. 3 hs
- Seminarios (10 horas)
Trataranse temas relacionados co explicado nas clases expositivas: casos prácticos, exemplos de investigacións actuais, etc.
- Prácticas: Caso práctico dun modelo animal para unha síndrome humana (3 horas) Uso de ferramentas bioinformáticas e bases de datos no estudo de enfermidades humanas: de homología, as bases de datos de proteínas, xenomas, bases xenéticas de enfermidades ( Uniprot, Ensembl ou OMIM). –
- Titorías (2 horas)
Realizaranse traballos en grupo (3-4 alumnos) que se presentarán en formato póster e oralmente en exposicións de 10 minutos por grupo realizándose un debate ao final de cada sesión. As temáticas serán de actualidade e propoñeranse 3 grandes temas relacionados coa Xenética Humana para a realización dos traballos.
- Examen (2 horas)
Básica
- Brown, T.A., 2008. Genomas. 3ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Krebs, J.E., Goldstein, E.S. and Kilpatrick, S.T., 2012. Lewin Genes: fundamentos. 2ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Rosenberg L.E. and Rosenberg D.D., 2012. Human Genes and Genomes. Science, Health, Society. Amsterdam: Elsevier.
- Solari, A.J., 2011. Genética Humana: fundamentos y aplicaciones en medicina. 4ª ed. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
- Strachan, T. and Read, A.P., 2006. Genética Humana. 3ª ed. México: McGraw-Hill Interamericana.
Complementaria
-Schaaf, C. 2011. Human Genetics: From Molecules to Medicine. Wilkins & Williams.
- Vogel, F., Motulsky, A.G., Speicher, M.R. and Antonarakis, S.E. eds., 2010. Vogel and Motulsky’s human genetics: problems and approaches. 4th ed. Berlin: Springer.
Nesta materia traballaranse todas as competencias Xerais e Básicas do Grao.
Transversais
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT5 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT6 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT7 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT8 - Habilidade no manexo de TICs
CT9 - Utilización de información bibligráfica e da internet
CT10 - Utilización de información en lingua estranxeira
CT11 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Específicas
CE6. c - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: O material hereditario
CE6.d - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Evolución e diversidade da especie humana
CE6.e - Ámbito competencial: Bioloxía humana, herdanza e evolución: Análise xenética e evolutiva
CE7.a - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Bases biolóxicas das enfermidades
CE7. g - Ámbito competencial: Biotecnoloxía e biomedicina: Métodos de análise clínica e molecular
Toda a docencia impartirase de maneira presencial segundo o horario aprobado polo centro.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Nas clases expositivas trataranse os contidos específicos do programa e para o seu desenvolvemento farase uso de calquera material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentacións PowerPoint, vídeos, animacións, lousa…).
DOCENCIA INTERACTIVA
- Clases prácticas: Contan cun guion específico que o profesor presentará ao comezo da práctica ao grupo de estudantes. Ao terminar a práctica os estudantes entregarán unha memoria das mesmas
- Seminarios: Os estudantes dispoñerán de material relacionado cos conceptos teóricos de casos prácticos, clínicos, que se discutirán nas clases de seminarios.
O sistema de avaliación será o mesmo para as dúas oportunidades.
O sistema de avaliación combina de forma complementaria a avaliación continua (30% da nota) e un exame ou proba final (70% restante) e será o mesmo para todas as oportunidades. A avaliación continua de cada estudante realizarase mediante os resultados obtidos na práctica (10%) e na titoría de grupo reducido (20%), ambas as obrigatorias e avaliables. A asistencia ás distintas actividades será obrigatoria e levará a cabo un seguimento das mesmas mediante listas de participación. Os mesmos instrumentos serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- No exame avalíanse as competencias: CB1, CB2, CG3, CG5, CT1, CT2, CT5, CT11, CE6. c, CE6.d, CE6.e, CE7.a, CE7. g
- Na práctica: CB5, CG2, CG5, CT8, CT9, CT10, CT11, CE7. g.
- Na titoría en grupo: CB3, CB4, CG2, CG4, CG5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CE7.a, CE7. g
O exame final será presencial nas datas establecidas polo centro.
ESTUDANTES REPETIDORES
Para a súa cualificación combínase tamén a avaliación continua e un exame final. A avaliación continua supoñerá o 30% da nota final e corresponderase coa puntuación deste apartado que o estudante obtivese no curso en que se matriculou por primeira vez no caso das prácticas, mentres que as cualificacións das Titorías non se conservan tendo que volver realizalas. O 70% restante corresponderá á nota da proba final. A metodoloxía que se empregue será a mesma que se aplique aos alumnos/ as de primeira matrícula.
NOTA:
BAREMO: As cualificacións obtidas en Prácticas e Titorías computaranse a condición de que se obtivo unha cualificación mínima de 5,0 (escala de 0 a 10) no exame final de teoría.
NON SE REALIZARÁN EXAMENES PARCIAIS
Horas presenciais: 43h
26 h Clases maxistrais
3h Prácticas
2h Realización de exame
10h Seminarios
2h Tutorías
Horas non presenciais: 69,5h
40h Estudo individual
23,5h Preparación de traballos en grupo,
6h Revisión bibliográfica
VOLUMEN TOTAL DE HORAS DE TRABALLO: 112,5h
Consulta da bibliografía seleccionada.
Facer uso das titorías
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.