Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 15 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer aspectos xerais relacionados cos bioprocesos
- Identificar as etapas básicas dun bioproceso, analizar diagramas de fluxo.
- Entender e realizar balances de materia e de enerxía aplicados na enxeñaría de bioprocesos
Teoría:
- Bioprocesos. Diagrama de fluxo. Identificación e representación das etapas do proceso.
- Sistemas e conversión de unidades.
- Principios de conservación
- Balances de materia sen reacción química. Aplicación a problemas con recirculación, purga e bypass
- Balances de materia en sistemas con reacción química
- Balance de enerxía calorífica. Aplicación a sistemas con reacción química.
Interactivas:
- Resolución de problemas de balances con folla de cálculo.
- Uso básico dun simulador de bioprocesos.
- Prácticas de laboratorio: aplicación dos balances de materia e enerxía empregando equipos experimentais de laboratorio.
A) Básica:
- Díaz Fernández, M., 2021. Ingeniería de bioprocesos. 3ª ed. Madrid: Ed. Paraninfo.; ISBN 9788413660233. Dispoñible en liña
- Fito Suñer, P.J.; Castelló Gómez, M.L.; Tarrazó Morell, J., 2023. Balances de materia y energía en ingeniería de bioprocesos. 2ª ed.; Ed. de la Universidad Politécnica de Valencia; ISBN: 9788413961736. Dispoñible en liña
B) Complementaria:
- Doran, P.M., 1998. Principios de Ingeniería de los bioprocesos. Ed. Acribia; ISBN 8420008532. Referencia: QUT-184
- Gòdia Casablancas, F.; López Santín, J.; Casas Alvero, C., 2005. Ingeniería Bioquímica. 1a ed.; Ed. Síntesis; ISBN 9788499581835. Dispoñible en liña
- Simpson R.; Sastry S.K., 2013, Chemical and Bioprocess Engineering Fundamental Concepts for First-Year Students. 9781461491255. Dispoñible en liña.
Coñecementos
Con02: Recoñecer as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas de los procesos biolóxicos.
Habilidades:
H/D01: Aplicar adecuadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas ao estudo dos procesos biolóxicos.
H/D03: Empregar os principios químicos e termodinámicos da biocatálise e o papel das enzimas no funcionamento das células e organismos.
Competencias:
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Os fundamentos teóricos da materia explicaranse nas clases maxistrais de tipo expositivo (24 horas) onde ademais resolveranse exercicios e problemas, especialmente centrados na enxeñaría de bioprocesos, que permitan aplicar os coñecementos teóricos.
Os seminarios (12 horas) son actividades presenciais de carácter obrigatorio que se realizarán na aula de informática; resolveranse problemas de balances de materia/enerxía empregando follas de cálculo e deseñaranse actividades para traballar cun simulador de bioprocesos.
Así mesmo, co programa de prácticas de laboratorio (12 horas presencias obrigatorias) refórzase a habilidade de traspoñer os coñecementos teóricos á súa aplicación práctica. Os resultados obtidos recolleranse nun documento científico-técnico.
Haberá titorías obrigatorias con grupos reducidos (3 horas) para traballar/expoñer temas específicos que se irán propoñendo ao longo do curso. Tamén se realizarán titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada estudante.
Empregaranse ferramentas informáticas de apoio á docencia e para a resolución de problemas (presentacións multimedia, follas de cálculo e simuladores de bioprocesos).
No caso de que sexa posible, programarase unha visita a unha planta de bioprocesos para observar in situ a aplicación dos coñecementos adquiridos. Estas prácticas de campo estarán suxeitas a dispoñibilidade de financiación e posibilidade de realización tanto por parte da empresa visitada como da USC.
Ademais, empregarase como apoio o Campus Virtual da USC.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación a “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Realizarase un seguimento da aprendizaxe continua coa realización de casos prácticos e actividades a resolver, ben de xeito presencial ou non, individualmente ou por grupos. Este seguimento contempla a realización de actividades na aula de informática, no laboratorio, un traballo de aplicación dos contidos da materia así como probas individuais.
A cualificación final do estudante considerará tanto o resultado nas probas individuais (50%) como nas actividades realizadas (seminarios: 20%, prácticas de laboratorio: 20%, actividades/traballo/presentación: 10%)
A descrición de cada apartado de avaliación, as competencias avaliadas e as cualificacións máximas/mínimas esixidas para superar a materia en cada apartado avaliable distribúense do seguinte xeito:
- Seminarios, actividades na aula de informática: valorarase a iniciativa persoal, a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos á resolución dos problemas propostos empregando unha folla de cálculo/simulador de bioprocesos, así como os resultados acadados e a súa crítica. Competencias avaliadas: Con02 (10%), H/D01 (30%), H/D03 (20%), Comp01 (40%). Os seminarios na aula de informática son de asistencia obrigatoria e debido ao seu carácter non se poderán repetir na segunda oportunidade. Cualificación máxima 2/ mínima esixida 0,8.
- Prácticas de laboratorio: terase en conta o traballo no laboratorio e presentarase un breve informe das prácticas realizadas. Competencias avaliadas: Con02 (5%), H/D01 (40%), H/D03 (10%), Comp01 (45%). As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria e debido ao seu carácter non se poderán repetir na segunda oportunidade. Cualificación máxima 2/ mínima esixida 0,8.
- Titorías obrigatorias: presentarase un traballo realizado ao longo do curso. Competencias avaliadas: Con02 (40%), H/D01 (5%), H/D03 (5%), Comp01 (50%). Cualificación máxima 1/ mínima esixida 0,4.
- Probas individuais: realizaranse ao longo do curso. Serán probas teórico-prácticas dos contidos da materia; algunhas realizaranse nas horas de seminario. Competencias avaliadas: Con02 (25%), H/D01 (25%), H/D03 (25%), Comp01 (25%). Cualificación máxima 5/ mínima esixida 2.
O estudante debe realizar obrigatoriamente e obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das partes avaliables (seminarios, prácticas de laboratorio, actividades/traballo en titorías e probas individuais)
Se o estudante non asistiu as horas presencias obrigatorias (seminarios, prácticas de laboratorio e actividades/traballo en titorías) ou non acadou os mínimos esixidos neses apartados, non poderá superar a materia tanto na primeira oportunidade como na segunda.
Se o estudante non acada a cualificación mínima de 4 (sobre 10) nas probas individuais ou non se puido presentar a algunha delas deberá facelo no exame da primeira oportunidade.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade (mínimo 5), o estudante avaliarase na segunda oportunidade do apartado probas individuais, manténdose as cualificacións da avaliación continua.
Unicamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades presenciais poderá obter a cualificación final de Non Presentado.
É obrigatoria a asistencia e realización dos seminarios, prácticas de laboratorio, titorías (actividades/traballo) e probas individuais.
O estudante debe levar ao día a materia para poder entender e realizar posteriormente as cuestións e os problemas que se propoñan na clase.
A materia divídese en 24 horas de clase expositiva, 12 horas de seminarios, 12 horas de laboratorio, 3 horas de titoría en grupo e 4 para a realización do exame. Con todo, estímase que o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar un total de 150 horas dedicadas á materia.
O estudante deberá realizar pola súa conta todos os exercicios prácticos, tanto os xa resoltos na aula como os propostos como traballo persoal.
Resulta moi recomendable que o estudante teña cursadas as materias de Enzimoloxía e Microbioloxía.
É necesario dominar a folla de cálculo de Excel ou similares.
As clases serán impartidas en español e/ou galego.
A admisión do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que se coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web da USC:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…
María José Vázquez Vila
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mariaj.vazquez.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Thelmo Alejandro Lu Chau
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824136
- Correo electrónico
- thelmo.lu [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jorge González Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824164
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |