Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Aplicar cunha visión integrada e actualizada o coñecemento das técnicas dispoñibles para o desenvolvemento e avaliación de novos sistemas terapéuticos e a súa avaliación en organismos vivos e cultivos celulares.
- Comprender e aplicar os coñecementos tecnolóxicos celulares e as súas aplicacións na bioquímica.
- Interpretar a información obtida a partir de distintas técnicas e ensaios en cultivo celular.
Contidos
Teoría:
Tema 1. Aplicacións dos cultivos celulares como ferramentas para o deseño, desenvolvemento e avaliación de formas farmacéuticas e nanomedicinas.
Tema 2. Metodoloxía do cultivo in vitro de células e tecidos animais.
Tema 3. Barreiras biolóxicas ao paso de moléculas terapéuticas (oral, transdérmica, mucosas, barreira hematoencefálica, barreira ocular). Modelos celulares para o estudo de barreiras biolóxicas.
Tema 4. Liberación de proteínas, péptidos e anticorpos de eficacia terapéutica. Importancia no desenvolvemento de novos medicamentos.
Tema 5. Metabolismo de fármacos. Uso de fraccións celulares para cuantificar a biotransformación de fármacos e xenobióticos.
Tema 6. Técnicas de inmobilización de células. Aplicacións.
Tema 7. Aplicacións industriais dos cultivos celulares (biofármacos). Cultivo de células a gran escala; Produción de anticorpos terapéuticos; Produción de vacinas.
Tema 8. Estudos de biocompatibilidad e de toxicidade de biomateriales e novas formulacións mediante ferramentas celulares. Biocompatibilidad, bioactividad, biodegradación. Regulación e normativa.
Tema 9. Respostas celulares á superficie e arquitectura tridimensional das estadas (scaffolds) e xeles utilizados en enxeñería de tecidos. Matriz extracelular: propiedades mecánicas, adhesión celular e micropatterning.
Tema 10. Produtos terapéuticos novos. Desenvolvemento e comercialización de novos medicamentos.
Seminarios:
Seminario 1. Técnicas de imaxe biomédica para a avaliación de sistemas de liberación de fármacos e substancias activas no organismo: MRI, PET.
Seminario 2. Curva de crecemento de liñas continuas; Criopreservación: taxa de supervivencia. Etc. Casos de estudo: discusión de resultados.
Seminario 3. Risco biolóxico. Clasificación de laboratorios. Elementos de protección. Xestión de residuos biolóxicos.
Prácticas:
Práctica 1. Preparación de sistemas de tamaño micrométrico como vehículos de moléculas terapéuticas.
Práctica 2. Manexo e cultivo de liñas celulares continuas. Subcultivos. Reconto celular. Control de variables.
Práctica 3. Estudos de citocompatibilidad de formulacións. Análise de viabilidade.
Bibliografía básica
• Davis, John M., ed., 2011. Animal cell culture. Essential methods. Chichester: Wiley-Blackwell.
• Masters JRW (2000) Animal Cell Culture: A Practical Approach Oxford University Press
• Freshney, R. Ian, 2016. Culture of animal cells: A manual of basic technique and specialized applications. 7th ed. New Jersey: Wiley Blackwell. Acceso a la edición electronica.
Helgason, Cheryl D. and Miller, Cindy L., eds., 2013 Basic cell culture protocols, 4th ed. New York: Humana Press.Harris, J.R, Graham, J & Rickwood, D (eds) (2006) Cell Biology protocols. John Wiley & Sons, L
Bibliografía complementaria
Se emplearán artículos científicos y otros recursos de interés para temas o actividades más específicas que serán facilitadas por el profesorado a través del aula virtual.
Con10: Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.
H/D08: Planificar e utilizar os principais métodos experimentais dirixidos á análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemento de sistemas terapéuticos e avaliación de substancias activas.
H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas diferentes materias do título para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de solucionalos.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
Comp06: Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
Clases expositivas (30 horas). Durante o desenvolvemento das clases utilizaranse medios audiovisuais de apoio. Así mesmo, contarase co apoio de explicacións no encerado. Ao comezo de cada clase realizarase un breve resumo do visto na clase anterior co fin de situar aos alumnos no punto do tema no que se atopa.
Seminarios (clases interactivas; 3 h). Realización de actividades complementarias co fin de profundar en aspectos tratados na materia. Debido á gran cantidade de temas tratados e o seu carácter multidisciplinar, é recomendable que o estudantes estude as seccións recomendadas antes da clase.
Prácticas de laboratorio: realización de prácticas de laboratorio. As prácticas constarán dunha breve introdución teórica e dun guión de prácticas que os estudantes poderán empregar a modo de caderno de prácticas cos resultados obtidos durante os experimentos.
Realización de traballo (Presentación en aula). Os estudantes realizarán un traballo que deberán presentar no aula.
Asistencia a conferencias u outros eventos: Os estudantes podrán asistir a charlas impartidas por expertos relacionados coa materia. Podrán realizarse de xeito presencial ou virtual e os estudantes podrán realizar preguntas ao finalizar a sesión.
Se contempla a realización de prácticas de campo/salidas de estudos (actividade condicionada a financiamento).
Horas de titoría (3): as titorías individualizadas servirán para orientar aos estudantes sobre cuestións concretas da materia e para resolver dúbidas sobre aqueles aspectos que non quedasen claros durante o transcurso das clases.
Todo o material que se empregue en clase estará dispoñible na plataforma virtual da USC.
A calificación final da materia será a suma das puntuacións obtidas nos seguintes apartados: Exame teórico, prácticas de laboratorio e presentación de traballos.
- Exame teórico: 60% da valoración final. O exame final será un exame único, cuxa data de realización é asignada polo centro e coñécese, xunto co horario, antes do inicio do curso académico. O tipo de exame será tipo test, dunha única resposta correcta e varias preguntas curtas. O tempo de realización do exame será de 2h. A data do exame estáblece polo centro e é coñecida antes do inicio do curso académico. Resultados de aprendizaxe avaliados: Con10: Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.; H/D08: Planificar e utilizar os principais métodos experimentais dirixidos á análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento, caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemento de sistemas terapéuticos e avaliación de substancias activas.
- Prácticas de laboratorio: 20% da valoración final (obrigatorias). Os coñecementos adquiridos avaliaranse mediante un exame escrito que terá lugar á conclusión das prácticas. Resultados do aprendizaxe avaliados: H/D13: Aplicar adecuadamente os coñecementos e técnicas adquiridos nas diferentes materias do título para analizar unha situación ou concepto complexos e atopar unha maneira de solucionalos.
Comp01: Desenvolver a capacidade de organizar e planificar adecuadamente o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións.
-Presentación de traballos: 20% da valoración final. Resultado de aprendizaxe avaliado: Comp06: Desenvolver a capacidade de aprender de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
• A puntuación mínima para aprobar a materia constitúeo o aprobado do exame final (3 sobre 6). A realización das prácticas é de carácter obrigatorio.
• Considerarase como non presentado (NP), a condición de que non se realizou ningunha das actividades obrigatorias avaliables da materia.
• No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, existirá unha segunda oportunidade para que o estudante sexa avaliado. Nesta segunda oportunidade manteranse as cualificacións obtidas nos outros apartados para a súa cualificación final. Do mesmo xeito, os estudantes que participasen durante o transcurso da materia nas actividades de avaliación, conservarán, se así o desexan, as cualificacións obtidas nas mesmas.
• En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académicos dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• Os estudantes que pertenzan a un programa de mobilidade ou nun programa de deportistas de alto nivel, así como os afectados por razóns laborais, de saúde graves ou por causas de forza maior debidamente acreditadas, terán dereito a que na convocatoria de curso avalíeselles mediante un sistema de avaliación de proba única. Para iso, deberán comunicar a circunstancia ao coordinador da materia antes do fin do período docencia presencial.
- A materia consta de 6 créditos ECTS. O número total de horas de traballo do estudante é de 150 horas, das que o 34% son presenciais (51h) e o 66% son horas de traballo autónomo do alumno/a. A distribución detallada do tempo de traballo do estudante é a seguinte:
- Clases maxistrais: 30 h presenciais/69 h de traballo autónomo.
- Seminarios: 3 h presenciais/6 h de traballo autónomo.
- Titorías en grupo: 3 h presenciais/9 h de traballo autónomo.
Realización de exames e revisión: 4 h presenciais.
Recoméndase a asistencia ás clases expositivas e atender ás titorías para a resolución de dúbidas.
Recoméndase traballar a materia ao día e utilizar a bibliografía recomendada.
Recoméndase posuír un nivel avanzado de inglés que permita ao estudante ler e comprender artigos e textos científicos neste idioma.
Asteria M. Luzardo Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Correo electrónico
- asteriam.luzardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
20.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |