Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Orgánica
Áreas: Química Orgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender e aplicar os principios dos coñecementos básicos da química orgánica e as súas aplicacións na bioquímica.
- Saber representar os grupos funcionais e os compostos orgánicos máis importantes.
- Realizar axeitadamente a análise conformacional dos compostos orgánicos.
- Poder predecir as propiedades físicas (punto de fusión e ebulición, solubilidade, acidez, etc.) sobre a base dos grupos funcionais presentes nas moléculas.
- Coñecer as principais reaccións químicas dos grupos funcionais estudados.
- Coñecer e aplicar a terminoloxía inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.
Tema 1. Introdución.
Tema 2. Análise conformacional dos alcanos.
Tema 3. Estereoisomería.
Tema 4. Reaccións dos alcanos
Tema 5. Haluros de alquilo.
Tema 6. Alcois, tiois e éteres.
Tema 7. Alquenos e alquinos.
Tema 8. Compostos aromáticos.
Tema 9. Aldehidos e cetonas.
Tema 10. Introdución á síntese orgánica.
Prácticas de laboratorio
• Técnicas experimentais de uso frecuente no laboratorio de Química Orgánica: cristalización, determinación de puntos de fusión, sublimación, destilación, extracción e cromatografía.
• Polarimetría e técnicas para a resolución de mesturas racémicas.
• Preparación de compostos orgánicos por modificación de grupos funcionais
• Síntese orgánica.
Bettelheim, F. A.; Brown, W. H.; Campbell, M. A.; Farrell, S. O.; Torres, O. Introduction to Organic and Biochemistry, Cengage, 12ª ed., 2019.
Bruice, P. Y. Fundamentos de Química Orgánica, 3ª Ed. Pearson Prentice Hall, 2015.
Carey, F. A. Química Orgánica. 9ª edición, Ed. McGraw Hill, 2014.
Climent Olmedo, M. J. Quimica organica. Limusa S.A. De C.V. 2012.
Ege, S. N. Química Orgánica. Estructura y reactividad. Ed. Reverté, 2008. (Disponible como libro electrónico en la BUSC).
García Pérez, J. M. Fundamentos de Química Orgánica. Estructura y propiedades de los compuestos orgánicos. Universidad de Burgos, 2008.
Gutierrez, M. Química Orgánica: Aprenda Haciendo. 2ª Ed. Pearson-Mexico, 2012.
H. Hart, H.; Hart, D. J.; Craine, L. E.; Hadad, C. M. Química Orgánica. 12ª ed., Mc Graw-Hill, 2007.
McMurry, J. Química Orgánica. 7ª edición, Thomson, 2008.
Solomons, T. W. G. Fundamentos de Química Orgánica. 3 ed. Limusa, 2014.
Vollhardt, K. P. C.; Schore, N. E. Química Orgánica. 5ª edición; Omega, 2008.
Wade, L. G. Química Orgánica.Vol. 1 y 2. 9ª edición, Pearson, 2016. (Disponible como libro electrónico en la BUSC).
BIBLIOGRAFIA DE PROBLEMAS
D'Auria, M. V.; Taglialatela Scafati, O. Guía Razonada para Resolver Problemas de Química Orgánica. Métodos, Estrategias y Explicaciones. Loghìa, 2018
Dobado Jiménez, J. A.; García Calvo-Flores, F. Problemas resueltos de química orgánica, Paraninfo, 2007.
Gómez Aspe, R. Teoría y problemas resueltos de química orgánica. Síntesis, 2013.
Llorens, J. A. Química orgánica. Ejercicios prácticos de introducción. Tébar, 2008.
Quiñoá, E.; Riguera, R. "Cuestiones y Ejercicios de Química Orgánica", 2ª Ed., McGraw-Hill, Madrid, 2004. (Disponible como libro electrónico en la BUSC).
BIBLOGRAFÍA DE CLASES PRÁCTICAS
• Afonso, C. A. M. Comprehensive Organic Chemistry Experiments for the Laboratory Classroom. Royal Society of Chemistry, 2016.
• Brewster, R. Q.; Van der Werf, C. A.; McEwen, W. E. Curso Práctico de Química Orgánica. Alhambra, 3° Edición, 1986.
• Durst, H. P.; Gokel, G. W. Química Orgánica Experimental. Reverté, 2010.
• Fieser, L. F.; Williamson, K. L. Organic Experiments. Mifflin, 2003.
• Hart, H. Laboratory manual. Organic chemistry a short course. 13ª ed. Cengage Learning, 2011.
• Cranwell, P. B.; Harwood, L. M.; Moody, C. J. Experimental Organic Chemistry. 3ª ed. Wiley, 2017.
• Mayo, D. W.; Pike, R. M.; Trumper, P. K. Microscale Organic Laboratory: With Multistep and Multiscale Syntheses. John Wiley & Sons, 4ª ed., 2000.
• Mayo, D. W.; Pike, R. M.; Trumper, P. K. Microscale Techniques for the Organic Laboratory. 2ª edición, Wiley, 2001.
• Nimitz, J. S. Experiments in Organic Chemistry. From Microscale to Macroscale. Prentice-Hall, 1991.
• Pavia, L. D.; Lampman, G. M.; Kriz, G. S. A Microscale Approach to Organic Laboratory Techniques. 5 ed. Cengage Learning. 2012.
• Williamson, K. L. Macroscales and Microscales Organic Experiments. 6ª ed. Cengage Learning. 2010.
Competencias básicas e xenerais
CG1 - Posuír e comprender os coñecementos fundamentais acerca da organización e función dos sistemas biolóxicos nos niveis celular e molecular.
CG6 - Capacidade para traballar de forma adecuada nun laboratorio aplicando as normas de seguridade e as normativas específicas de manipulación de material biolóxico e/ou químico.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias transversais
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos.
CT11 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma
Competencias específicas
CES1 - Entender as bases físicas, químicas, matemáticas e estatísticas dos procesos biolóxicos, así como as principais ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas utilizadas para investigalos.
CLASES MAXISTRAIS (30 horas)
SEMINARIO (3 horas)
PRÁCTICAS (15 horas)
TITORÍAS GRUPO (3 horas)
EXAMES E REVISIÓN (6 horas)
As explicacións teóricas realizaranse no encerado co apoio de estereomodelos e diapositivas.
Nas clases de seminarios, e coa participación dos alumnos, resolveranse no encerado os problemas propostos. Así mesmo entregaranse boletíns de cuestións e exercicios para ser resoltos polo alumno e entregados ao profesor para a súa corrección.
As titorías en grupo serán utilizadas para aclarar cuestións puntuais e utilización das TIC.
As prácticas de laboratorio serán explicadas antes da realización das mesmas, incluíndo os fundamentos teóricos e prácticos. Durante a realización das experiencias resolveranse de forma continuada as dúbidas que xurdan.
Parte dos contidos da materia complementaranse a través da USC virtual.
Para a realización de titorías individuais, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms. Teams ou ben mediante correo electrónico.
- A asistencia, a participación en clase, a resolución de cuestións ou problemas propostos de todos os aspectos teóricos e prácticos abordados na materia, supoñerá un 10% da nota final.
Competencias avaliadas: CT7, CT9, CT11
- Un parcial con cuestións de resposta múltiple e problemas dos temas que abordan a estrutura dos compostos orgánicos. Para superalo, o alumnado debe de obter como mínimo un 40% da nota máxima. Este parcial, cuxa realización non é obligatoria, representará o 20% da nota final.
Competencias avaliadas: CG1, CB5, CT7, CT9, CES1.
- Un exame final, que supón o 75% da nota, no que se trata de comprobar o grado de coñecemento alcanzado polo alumno na estrutura e reactividade dos compostos orgánicos e a súa aplicación en sínteses sinxelas. Ademais incluiranse cuestións relacionadas con temas prácticos. Para aprobar a asignatura o alumnado debe de alcanzar un 40% da cualificación máxima. Para aqueles alumnos/as que non se examinen na proba final dos contidos do primeiro parcial, o valor do exame final será un 55% da nota.
Competencias avaliadas: CG1, CB5, CT7, CT9, CES1.
- Nas prácticas de laboratorio será evaluado: o traballo individual e en equipo do alumno no laboratorio, así como o caderno de laboratorio realizado durante a sesión de prácticas. Iso supoñerá un 15% da nota final. A asistencia e a realización das prácticas de laboratorio son obligatorias.
Competencias avaliadas: CG6, CB5, CT3, CT7, CT11, CES1.
No caso de non alcanzar o mínimo do 40% no exame final, non se terá en conta a cualificación da evolución continua nin a de prácticas e a cualificación que figurará na acta da materia será: 0,75 x nota exame final.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Actividade: Horas presenciais / Horas traballo alumno
Clases maxistrais: 30 / 30
Seminario: 3 /17
Prácticas Lab.: 15 / 15
Titorías grupo- Exames: 3 / 37
Total: 51 / 99
A utilización de esteromodelos físicos ou programas 3D, por parte do alumno facilitará a comprensión da estereoisomería.
Dada a estrutura lóxica e encadeada da materia é de especial importancia levar a materia ao día, xa que a comprensión dun tema sen o coñecemento dos anteriores resulta moi dificultosa.
Prerrequisitos esenciais
Requírense coñecementos básicos de:
- Estrutura atómica e enlace químico.
- Acidez e basicidade.
- Formulación de compostos orgánicos.
Prerrequisitos aconsellables
Coñecementos básicos de termodinámica e cinética das reaccións químicas.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Julio Antonio Seijas Vazquez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 982824062
- Correo electrónico
- julioa.seijas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
María Del Pilar Vázquez Tato
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- pilar.vazquez.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
31.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
31.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |
09.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 2 SEGUNDA PLANTA |
09.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 5 SEGUNDA PLANTA |