Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 22 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Saber identificar a estrutura e funcions da membrana plasmática e os mecanismos de transporte celular, e como se relacionan as células entre sí e co medio.
- Coñecer a estrutura e función dos orgánulos celulares.
- Saber identificar as etapas do ciclo celular e coñecer os mecanismos de división, determinación, diferenciación, avellentamento e morte celular.
- Saber manexar o microscopio óptico.
- Saber identificar células animais e vexetais e os seus orgánulos.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (28 h).
Introdución (1 h).
TEMA 1.- Introdución. A Teoría Celular. A Bioloxía Celular e a súa relación con outras disciplinas.
TEMA 2.- Evolución celular. Células e tecidos. Compoñentes químicos das células.
O núcleo, mecanismos xenéticos e ribosomas (5 h).
TEMA 3.- Núcleo. ADN. Cromatina e cromosomas. Replicación, reparación e recombinación do ADN.
TEMA 4.- Do ADN ao ARN: Transcrición. Maduración e tipos de ARN.
TEMA 5.- Do ARN a proteína: Tradución. Código xenético. ARNs de transferencia. Ribosomas.
TEMA 6. Control da expresión xénica. Regulación da tradución. Pregamento, modificación, regulación da función e degradación das proteínas.
Membrana plasmática (2,5 h).
TEMA 7.- Composición e estrutura da membrana plasmática. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 8.- Transporte vesicular.
Sistemas de endomembranas (2,5 h).
TEMA 9.- Retículo endoplasmático.
TEMA 10.- Aparato de Golgi.
TEMA 11.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (4 h).
TEMA 12.- Mitocondrias.
TEMA 13.- Plastos.
TEMA 14.- Peroxisomas.
Citosol (0,5 h).
TEMA 15.- Citosol.
Motilidade celular e citoesqueleto (3 h).
TEMA 16.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 17.- Microtúbulos.
TEMA 18.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (3,5 h).
TEMA 19.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 20.- División celular.
TEMA 21.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (2 h).
TEMA 22.- Determinación e diferenciación celular.
TEMA 23.- Avellentamento e morte celular.
Relación das células entre si e co medio (4 h).
TEMA 24.- Sinalización celular.
TEMA 25.- Matriz extracelular. Unións intercelulares.
TEMA 26.- A parede celular vexetal.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (8 h).
PRÁCTICA 1.- Técnicas aplicadas á Bioloxía Celular.
PRÁCTICA 2.- Manexo do microscopio óptico. Diversidade celular.
PRÁCTICA 3.- Observación de orgánulos celulares animais e vexetais.
PRÁCTICA 4.- Observación de funcións celulares.
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO (14 h).
O alumnado deberá preparar os seminarios propostos polo profesorado da materia. Nos seminarios, o alumnado profundará na materia e na relación entre a bioloxía celular e a biotecnoloxía.
TITORÍA OBRIGATORIA (1 h).
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do alumnado en relación coa mesma.
Bibliografía básica
- Cooper, G. M. (2022). La célula. 8ª ed. Editorial Marbán, Madrid. ISBN: 9788418068584. Dispoñible en liña en inglés (non todos os contidos) en: https://learninglink.oup.com/access/cooper8e
Bibliografía complementaria
- Alberts, B; Hopkin, K.; Johnson, A.; Morgan, D.; Raff, M.; Roberts, K.; Walter, P. (2021). Introducción a la Biología Celular. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana. ISBN: 9786078546442. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
- Alberts, B.; Johnson, A.; Lewis, J.; Morgan, D.; Raff, M.; Roberts, K.; Walter, P. (2016). Biología Molecular de la Célula. 6ª edición. Editorial Omega. ISBN: 9788428216388.
- Iwasa, J.; Marshall, W. (2019). Karp Biología celular y molecular: conceptos y experimentos. 8ª ed. MacGraw-Hill Interamericana. ISBN: 9781456269227. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Prácticas e técnicas
- Montuenga, L.; Esteban, F.J.; Calvo, A. (2014). Técnicas en Histología y Biología Celular. 2ª ed. Editorial Elsevier Masson. ISBN: 9788445825204. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
- Ruíz, M. S., Rodicio, M.C., Corujo, A. (1985). Cuaderno de prácticas de citología e histología vegetal y animal. Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
- Sepúlveda, J. (2014). Instructivo de laboratorio. Histología. Biología celular y tisular. 6º ed. McGraw-Hill. ISBN: 9786071511492. Accesible nos libros electrónicos da biblioteca: https://accessmedicina.mhmedical.com/book.aspx?bookID=1503
- Megías, M., Molist, P., Pombal, M.A. Técnicas histológicas. Atlas de histología vegetal y animal. Accesible en: https://mmegias.webs.uvigo.es/6-tecnicas/1-introduccion.php
- Megías, M., Molist, P., Pombal, M.A. Microscopio virtual. Atlas de histología vegetal y animal. Accesible en: https://mmegias.webs.uvigo.es/7-micro-virtual/virtual-todas.php
Coñecementos/contidos
- Con01: Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
- Con02: Ter unha visión integrada do funcionamento das células e organismos, incluíndo as súas biomoléculas, metabolismo, expresión xénica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de percepción, sinalización e comunicación.
- Con05: Coñecer as bases moleculares e as técnicas de manipulación da información xénica en microorganismos, animais e plantas e comprender as súas aplicacións nos diferentes eidos biotecnolóxicos.
Habilidades/destrezas
- H/D01: Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico.
- H/D02: Buscar, procesar, analizar/interpretar e sintetizar información e resultados relevantes procedente de diversas fontes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
- H/D03: Organizar e planificar o traballo.
- H/D04: Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
- H/D05: Traballar en equipo.
- H/D06: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
- H/D07: Iniciativa, espíritu emprendedor e adaptación a novas situacións (resiliencia).
- H/D09: Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais con aplicación no campo da Biotecnoloxía.
- H/D10: Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Biotecnoloxía.
- H/D12: Saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
- H/D13: Saber obter e interpretar información das principais bases de datos (biolóxicas, ómicas, bibliográficas) e empregar ferramentas bioinformáticas.
Competencias
- Comp01: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- Comp02: Que os estudantes sexan capaces, tanto por escrito como de forma oral, de debater e de transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía a un público tanto especializado como non especializado/xeral.
- Comp03: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
- Comp04: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes na formulación/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa innovación e a industria biotecnolóxica.
- Comp05: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización do tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
- Comp08: Apreciar claramente as implicacións éticas, sociais, económicas e ambientais da actividade profesional a desenvolver, así como coñecer e aplicar criterios de avaliación de riscos biotecnolóxicos.
Utilizaranse:
- Clases maxistrais expositivas obrigatorias.
- Clases interactivas de seminario obrigatorias (seminario; presentación en clase).
- Clases prácticas de laboratorio obrigatorias.
- Titoría obrigatoria.
- O alumnado debe superar un exame que representará o 70 % da nota final. Poderase realizar, se o permite o calendario, un exame parcial que se se supera, elimina a materia das probas oficiais establecidas en cada ano. A nota será un promedio dos exames superados realizados.
- A asistencia ás clases interactivas de seminario é obrigatoria, sendo necesario asistir polo menos a un 86% dos mesmos.
- O alumnado debe realizar as actividades propostas nas clases interactivas de seminario, que suporán o 20% da nota final.
- A asistencia a clases prácticas de laboratorio é obrigatoria.
- O alumnado debe realizar obrigatoriamente un exame de prácticas que suporá o 10% da nota final.
- Unha vez superado o exame dos contidos explicados nas clases expositivas sumaránse as cualificacións obtidas nos seminarios e nas prácticas.
- O alumnado repetidor que teña realizados os seminarios e/ou as prácticas en cursos anteriores non terá que asistir e realizalos de novo. Consérvanse as notas obtidas.
As ferramentas de avaliación mencionadas anteriormente serán empregadas para avaliar as seguintes competencias:
- Exame dos contidos das clases expositivas: Con01, Con02, Con05, H/D01, H/D03, H/D06, H/D07, H/D13, Comp01, Comp03, Comp04, Comp05, Comp08.
- Seminarios: Con01, Con02, Con05, H/D01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D13, Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05, Comp08.
- Titoría e prácticas: Con01, Con02, Con05, H/D01, H/D03, H/D04, H/D06, H/D07, H/D09, H/D10, H/D12, Comp01, Comp03, Comp05, Comp08.
- Teoría: 28 horas presenciais e 56 horas de traballo persoal.
- Seminarios: 14 horas presenciais e 35 horas de traballo persoal.
- Prácticas de laboratorio: 8 horas presenciais e 5 horas de traballo persoal.
- Titoría: 1 hora presencial.
- Realización de exames: 3 horas presenciais.
- Total de horas de traballo presencial: 54 horas.
- Total de horas de traballo persoal: 96 horas.
- Tempo total dedicado á materia: 150 horas.
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase dúas hora de estudo, utilizando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Revisións dos seminarios para a realización das probas.
- Aclaración co profesorado de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Esta materia terá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Fatima Adrio Fondevila
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816943
- Correo electrónico
- fatima.adrio.fondevila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Noia Guldrís
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Anton Barreiro Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ashwin Woodhoo
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- ashwin.woodhoo [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Aroa Ferrer Pinos
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- aroa.ferrer.pinos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Cristina Riobello Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- cristina.riobello [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral_outros
Marina Leonor Perez Sanz
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- marina.perez.sanz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 01. Charles Darwin |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 06. Diane Fosey e Jane Goodall |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |