Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia Biotecnoloxía médica é familiarizar ao/á alumno/a cos conceptos básicos da 1) Patoloxía e 2) Investigación clínica, para ter un substrato ou contexto sobre o que situar os seus coñecementos biotecnolóxicos no que atinxe á sua aplicación nun contexto médico. Mais concretamente, o/a alumno/a adquirirá competencias para:
• Enumerar e recoñecer os axentes causantes e factores de risco (etioloxía) que determinan os estados de saúde e o desenvolvimento da enfermidade, así como os mecanismos que conducen á mesma (patoxenia).
• Identificar as bases xenéticas das enfermidades mendelianas e complexas ou comuns.
• Saber definir as bases moleculares da enfermidade.
• Reunir información contida nas bases de dados sobre ditas enfermidades e identificar a sua importancia.
• Enumerar os métodos diagnósticos utilizados na xenética/xenómica clínicas.
• Definir o concepto de ensaio clínico, describir o seu papel no desenvolvimento de productos biotecnolóxicos e seleccionar o tipo de deseño de ensaio clínico mais axeitado para cada pregunta de investigación
Temario expositivo (presenciais, 20 horas):
- Lesión e morte celular
- Patoloxía inducida por tóxicos
- Patoloxía inducida por microorganismos
- Sistema inmune: resposta inmune inespecífica
- Resposta inmune específica
- Patoloxía do sistema inmune
- Patoloxía inducida por hipoxia
- Patoloxía relacionada co entorno ambiental
- Patoloxía da herdanza
- Patoloxía tumoral
- Ensaios clínicos: definición e tipos, aspectos éticos e legais.
- Ensaios clínicos: Definición de poboación e grupos de estudo.
- Ensaios clínicos: Realización, organización, rexistro, monitorización e xestión de ensaios clínicos.
Seminarios (presenciais, 6 horas)
6 seminarios: estudo de casos clínicos e resolución de cuestións
Prácticas de laboratorio (presenciais, 11 horas)
- 3 prácticas de laboratorio de 2 horas de biomedicina.
- 5 horas de aula de bioinformática.
Titorías (presenciasi/remotas, 1.5 horas)
Consulta persoalizada segundo a iniciativa do/a alumno/a
Bibliografía básica:
• Laso, F.L. Introducción a la Medicina Clínica. 4ª Edición. 2020, Elsevier.
• Martínez Nieto, C. Ensayos Clínicos en España. Ética, normativa, metodología y aspectos prácticos. 1ª edición 2010 Astellas Pharma.
Bibliografía complementaria:
• Dal-Ré, R. et al. Luces y sombras en la investigación clínica. 1ª edicion, 2013. Triacastela. https://www.fundaciogrifols.org/es/web/fundacio/-/05-luces-y-sombras-en…
• Con01: Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía (CG1)
• H/D01: Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas con razoamento crítico (CT1).
• H/D02: Buscar, procesar, analizar/interpretar e sintetizar información e resultados relevantes procedente de diversas fontes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía (FUSIÓN CT2 + CG3)
• H/D05: Traballar en equipo (CT5).
• H/D06: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración (CT7).
• H/D07: Iniciativa, espírito emprendedor e adaptación a novas situacións (resiliencia) (CT8, CT10).
• H/D08: Liderazgo e dirección de equipos (CT9).
• H/D10: Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía (CE1).
• Comp01: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CB3)
• Comp02: Que os estudantes sexan capaces, tanto por escrito como de forma oral, de debater e de transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía a un público tanto especializado como non especializado/xeral (FUSIÓN CB4 +CG4).
• Comp03: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía (CB5)
• Comp04: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no formulación/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa innovación e a industria biotecnolóxica (FUSIÓN CG2+CB2).
• Comp05: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo (CG5).
• Clases expositivas; presentacións en clase por parte dos/as alumnos de traballos realizados en grupo; aprendizaxe baseado en problemas (seminarios); sesións interactivas de laboratorio; titorías.
• Todas as actividades mencionadas serán obrigatorias.
• Todas as actividades serán presenciais excepto as titorías, que serán opcionalmente remotas (Teams). A Aula virtual será utilizada como ferramenta de apoio: comunicación, repositorio de material didáctico e foros de discusión de temas específicos.
• Exame con dúas convocatorias: 70% da cualificación
• Avaliación continua (controis escritos, traballos entregados e/o presentados, participación do/a estudante na aula, caderno de laboratorio): 30% da cualificación.
• A avaliación das competencias adquiridas realizaranse como parte da avaliación continua (participación, madurez dos traballos escritos) e do exame final.
• Número total de horas de traballo persoal do alumno: 74
Clases, seminarios e prácticas: 37
Estudo da materia: 60
elaboración de traballos individuais ou colectivos: 14
Titorías: 1.5
• Asistencia e participación activa nas clases e seminarios
• Toma de notas/apuntamentos
• Estudo dosificado mas continuo
• Aproveitamento da posibilidade de titorías
• Seguimento da evolución da pandemia de Covid-19 e novas zoonoses emerxentes através dos medios de comunicación e publicacións especializadas desde a perspectiva da biotecnoloxía médica (desenvolvimento e utilización de vacinas, de fármacos, de métodos diagnósticos; ensaios clínicos; elucidación dos mecanismos patoxénicos da enfermidade; cuestións bioéticas, etc.)
• Coñecementos previos:
Coñecementos básicos de xenética, bioquímica e bioloxía molecular (nivel dos adquiridos durante os 3 primeiros cursos do Grao en Biotecnoloxía).
• Haberá unha aula virtual operativa da materia na plataforma Moodle a disposición do alumnado)
Adolfo Figueiras Guzman
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812276
- Correo electrónico
- adolfo.figueiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jesus Rodriguez Requena
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina
- Teléfono
- 881815464
- Correo electrónico
- jesus.requena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07. Konrad Lorenz |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |