Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 21 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as principais actividades metabólicas dos microorganismos e as súas aplicacións biotecnolóxicas
Coñecer os mecanismos básicos de regulación xenética en microorganismos procariotas e eucariotas.
Coñecer os mecanismos de evolución e intercambio de información xenética en microorganismos procariotas e eucariotas.
Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos virus
Aprender a interpretar y resumir con espírito crítico traballos de investigación no campo da biotecnoloxía microbiana, aplicando os coñecementos teóricos adquiridos.
Entender las metodoloxías básicas de selección de microorganismos y virus de interese biotecnolóxico.
TEORÍA (28 horas presenciais)
Sección I. Fundamentos da biotecnoloxía microbiana (8 horas)
Tema 1. Metabolismo microbiano e as súas aplicacións biotecnolóxicas: Metabolismo aerobio. Metabolismo anaerobio: fermentacións e respiración anaerobia. Quimiolitotrofía. Fotosíntese anosixénica.
Sección II. Xenética microbiana (13 horas)
Tema 2: Fundamentos de xenética bacteriana
Tema 3: Regulación da expresión xénica en procariotas
Tema 4: Microorganismos eucariotas en biotecnoloxía: Aspectos xenéticos de lévedos de relevancia en Biotecnoloxía. Aplicacións biotecnolóxics das microalgas.
Sección III Aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos (7 horas)
Tema 5. Identificación de novas cepas y compostos de interese microbiolóxico. Fases no desenrolo de novos compostos
Tema 6. Introdución á Biotecnoloxía microbiana ambiental e sanitaria.
SEMINARIOS (12 horas presenciais)
Seminario 1. O método científico. Estrutura dos traballos científicos e presentacións científicas. Este seminario serve de base á preparación por os estudantes dos traballos que se presentarán nos seminarios 2-12, polo que a asistencia é obrigatoria para poder realizar á actividade de presentación do traballo de investigación e non avaliable.
Seminarios 2-12. Exporanse de xeito crítico por parte dos estudantes traballos de investigación propostos polo profesor relacionados principalmente co tema 6, incluíndo algúns dos seguintes temas aplicados: Aplicacións biotecnolóxicas das microalgas, Degradación microbiana de polímeros e plásticos, Biodeterioro e corrosión, Biocombustibles microbianos e biorefinerias: produción de biodiesel, bioetanol e metano, Biopilas, Produción de biopolímeros microbianos, Probióticos, Bioterrorismo, Bioloxía sintética, vacinas, novos antimicrobianos, Tratamento de augas residuais, etc.
PRÁCTICAS (10 h presenciais)
Conxugación bacteriana
Técnicas de cribado funcional: selección de bacterias con actividade Quorum Quenching
Selección y cuantificación de bacteriófagos
TITORÍAS (1 h)
Programaranse 1 titoría presencial en grupo para a supervisión da preparación dos traballos que se presentarán nos seminarios. As titoría individualizadas programarase baixo demanda, para a resolución de dúbidas sobre a materia, e poderán ser remotas.
EXAME (2 h)
O exame combinará preguntas test de resposta múltiple, definicións e preguntas cortas sobre os contidos dos temas de teoría. Poderase incluír algunha pregunta relacionada cos contidos das clases prácticas.
Bibliografía básica
- Madigan, M.T., J.M. Martinko, y col . 2015. Brock Biología de los Microorganismos. 14ª ed. Pearson, Madrid.
- Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. 2019. Microbiología esencial. Ed. Médica- Panamericana. Madrid.
- Willey, J.M. Sherwood, L.M. & Woolverton, C.J. 2009. Microbiología de Prescott, Harley Y Klein. 7ª ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid.
- Thieman, W.J., & M.A. Palladino. Introducción a la Biotecnología. 2010. 2ª ed. Editorial Pearson. Madrid.
Bibliografía complementaria
- Atlas, R.M.& R. Bartha. 2001. Ecología Microbiana y microbiología ambiental. 4ª ed. Addison-Wesley. Madrid.
- Tortora, G.J., B.R. Funke, & C.L. Case. Introducción a la Microbiología. 2017. 12ª ed. Editorial Médica-Panamericana. Buenos Aires.
Utilizaranse revisións e artigos das seguintes revistas:
Trends in Biotechnology; Current Opinion in Biotechnology; Journal of Biotechnology; Nature Biotechnology; The Scientist
Bibliografía do Programa de Prácticas
- Gamazo, C., Sánchez, S. y Camacho, A.I. eds., 2013. Microbiología Basada en la Experimentación. Barcelona: Elsevier.
- Gamazo, C., Lopez-Goñi, I. y Díaz, R. eds., 2005. Manual práctico de microbiología. 3ª ed. Barcelona: Masson.
Os coñecementos/contidos, Habilidades/destrezas e Competencias son aquelas recollidas na memoria do Grao en Biotecnoloxía.
Coñecementos/Contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D04, H/D012
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03
Clases expositivas: 28 h presenciais. Os contidos de teoría impartiranse como clases maxistrais coa axuda de material audiovisual, que estarán dispoñibles na Aula virtual. A asistencia as clases maxistrais non será avaliada.
Clases interactivas de Seminarios. 12 seminarios presenciais de 1 hora. Presentaranse por parte dos alumnos, de xeito individualizado, resumes críticos de traballos de investigación propostos polo profesor, relacionados cos temas de teoría e con outros temas de biotecnoloxía microbiana nos que interveñen conceptos estudados nos temas de teoría, principalmente os correspondentes ao Tema 6. Faranse cuestionarios avaliables a través da Aula virtual despois de cada sesión de seminario (seguintes 48 horas), sobre os conceptos básicos dos contidos presentados nos mesmos, que deberán ser contestados de xeito individual polos alumnos e de xeito asíncrono. A asistencia aos seminarios, a realización do traballo asociado e os cuestionarios non é obrigatoria, pero e imprescindible para obter a máxima puntuación na materia.
Clases interactivas de laboratorio: 10 horas presenciais, organizadas en 5 sesións de 2 horas que se desenrolarán de xeito continuado durante unha semana. A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria e imprescindible para superar a materia. O rendemento avaliarase mediante unha proba escrita ao finalizar as prácticas.
Titorías: As titorías en grupo utilizaranse para a preparación de traballos que se exporán nos seminarios. Programaranse de xeito individualizado, preferentemente por parellas, xa que o mesmo traballo de investigación será presentado por 2 estudantes, pertencentes cada un deles a un dos grupos de seminario, aínda que non están obrigados a traballar en grupo. Estas titorías realizaranse preferentemente de xeito presencial, o en el caso de que no fuese posible, a través de la plataforma TEAMS. A asistencia a esta titoría é obligatoria e imprescindible para poder realizar a actividade do seminario.
Poderanse organizar actividades voluntarias relacionadas cos contidos das clases de teoría ou laboratorio cuxa valoración anunciarase anticipadamente que se serán sumadas á cualificación final obtida polo alumno.
Exame final: Constituirá un 60% da nota final e será presencial-e será complementario á avaliación continua .O exame combinará preguntas test de resposta múltiple, definicións e preguntas cortas sobre os contidos dos temas de teoría. Poderase incluír algunha pregunta relacionada cos contidos das clases prácticas. É necesario acadar unha puntuación de 5 sobre 10 no exame de teoría para poder sumar a nota de a avaliación continua.
Avaliación continua: Sumará un 40% da nota final. Estará composta por:
- Seminarios: Presentación crítica dun traballo de investigación: 20%. Avaliarase de xeito individual o traballo de cada estudante para a presentación no seminario do traballo de investigación asignado polo profesor. A realización desde traballo non é obrigatoria.
- Seminarios: Cuestionarios avaliables sobre o contido dos seminarios. 5%. Estes cuestionarios realizaranse de xeito individual e asíncrono a través da aula virtual, unha vez finalizada a sesión de seminario. A realización destes cuestionarios non e obrigatoria.
- Actividades de laboratorio: 15%. Será obrigatoria a asistencia a totalidade das clases de laboratorio para poder aprobar a materia. Realizarase unha proba escrita ao finalizaren as prácticas e será necesario obter un 40% da puntuación asignada para superar a materia. Esta proba poderá ser repetida co exame de teoría no caso de que non se alcanzara a nota mínima.
Segunda oportunidade: Os alumnos serán avaliados do mesmo xeito que na primeira oportunidade, aplicándose as mesmas porcentaxes de valoración. Aqueles alumnos que non tiveran obtido a nota mínima no exame das actividades de laboratorio, poderán repetir a correspondente proba escrita tamén na segunda oportunidade.
Para aqueles alumnos que non superen la materia, manterase a nota do traballo de presentación crítica do traballo de investigación (seminario) durante 2 cursos. Os repetidores non terán a obriga de repetir as prácticas de laboratorio, aínda que a nota manterase soamente durante 2 cursos académicos, logo de que deberá repetir o exame de prácticas.
Os resultados do proceso de formación e aprendizaxe avaliaranse do seguinte xeito:
Exame final: Con01, Con02, Con05, H/D01, Comp02
Prácticas de laboratorio: Con05, H/D02, H/D04, H/D12
Seminarios: H/D01, H/D02, H/D04, Comp01, Comp03.
Horas presenciais : 53 horas totais.
- Teóricas: 28 horas
- Seminarios: 12horas
- Prácticas: 10 horas
- Titorías en grupo: 1
- Avaliación: 2 horas
Horas no presenciais: 97 horas totais, distribuidas como: preparación do seminario 10-17 horas; estudo dos contidos de teoría: 80-87 horas.
Total volume de traballo: 150 horas
- Para unha mellor comprensión do Bloque I recomendase repasar durante a primeira semana de do curso os conceptos básicos de bioquímica adquiridos durante o bacharelato.
- Asistencia e seguimento continuo de la docencia.
- Apoio bibliográfico orientado a preparación e ao estudo da materia.
- E aconsellable levar ao día os contidos da materia Xenética I para facilitar a comprensión dos contidos relacionados con a Xenética microbiana.
- E fundamental a asistencia ás titorías individual programada para supervisar a preparación do traballo dos seminarios.
- Recomendase o aproveitamento das titorías como sistema de apoio para clarificar e afondar individualmente naqueles aspectos nos que os alumnos atopen maior dificultade.
Todo o material audiovisual utilizado nas clases maxistrais, seminarios e laboratorios estará dispoñible na Aula Virtual.
Non se resolverán dúbidas por correo electrónico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Ana Maria Otero Casal
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816913
- Correo electrónico
- anamaria.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Mércores | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |