Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Farmacoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
>> Enumerar os fundamentos e aplicacións da Proteómica e Metabolómica.
>> Identificar as estratexias e técnicas para o estudo do proteoma e metaboloma.
>> Identificar as aplicacións biotecnolóxicas das ciencias -ómicas.
>> Saber buscar e interpretar os resultados dunha interpelación básica ás bases de datos proteómicas e metabolómicas máis usuais.
>> Saber analizar e identificar proteínas en mostras mediante técnicas proteómicas.
CLASES EXPOSITIVAS (20 h)
TEMA 1: Introdución ás ciencias -ómicas. Definición. Obxectivos. Terminoloxía (2 h).
TEMA 2: Deseño experimental. Factores analíticos importantes a ter en conta e tratamento de mostras en estudos proteómicos e metabolómicos (4 h).
TEMA 3: Técnicas de illamento e separación (I): Proteínas (2 h).
TEMA 4: Técnicas de illamento e separación (II): Metabolitos (2 h).
TEMA 5: Espectrometría de masas en proteómica e metabolómica. Estudos cualitativos e cuantitativos (6 h).
TEMA 6: Bases de datos nos estudos proteómicos e metabolómicos (2 h).
TEMA 7: Aplicacións biomédicas e biotecnológicas da proteómica e metabolómica. Validación (2 h).
CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO (6 h)
A continuación descríbense os contidos das dúas sesións interactivas de laboratorio correspondentes á materia de Proteómica e Metabolómica, que realizaranse no laboratorio 12 (Laboratorio de Biotecnoloxía). Estes contidos poderán ser modificados en función da dispoñibilidade orzamentaria destinada as prácticas para a compra dos reactivos do laboratorio:
Práctica 1 (2 h): Preparación de mostra en ensaios proteómicos 2-DE
Práctica 2 (2 h): Cuantificación e isoelectroenfoque desnaturalizante (1ª dimensión 2-DE)
Práctica 3 (2 h): SDS-PAGE (2ª dimensión 2-DE) + tinguido do xel.
CLASES DE BIOINFORMÁTICA (4 h)
Dúas sesións de 2h de duración nas que traballarase con programas informáticos e bases de datos en Proteómica e Metabolómica.
SEMINARIOS (7 h)
Os seminarios destinaranse á elaboración dun traballo en grupo. Este consistirá no deseño dun pequeno proxecto de investigación que faga uso de técnicas experimentais proteómicas encamiñado á resolución dun problema biotecnolóxico relacionado con cuestións biosanitarias, industriais, de alimentación ou do eido medioambiental. Tamén invitarase a varios investigadores/as para falar da aplicación de diferentes tecnoloxías proteómicas e metabolómicas en diferentes campos da Biotecnoloxía (Alimentaria, Ambiental, Biomedicina, etc). Poderanse realizar visitas ao servizo de espectrometría de masa do CACTUS ou ben á plataforma de Proteómica do IDIS.
TITORÍAS (1 h).
Os grupos de traballo de seminario disporán dunha hora de titoría que servirá para resolver dúbidas durante a elaboración do traballo grupal. Esta titoría grupal pode ser solicitada ao profesor en calquera momento do semestre. A maiores, as titorías individuais (ás que todos/as os/as alumnos/as teñen dereito) empregaranse para aclarar dúbidas sobre a materia e orientar ao alumnado. Poderase facer de xeito presencial ou on-line síncrona (MS-Teams)
Básica
Corrales, F., Calvete, J.J. eds., 2014. Manual de proteómica. Valencia: Sociedad Española de Proteómica.
Lovrik, J., 2011. Introducting Proteomics: from concepts to sample separation, mass spectrometry and data analysis. 1st ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
Veenstra, T.D. e Iates, J.R. eds., 2019. Proteomics for biological discovery. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
Issaq, H.J. e Veenstra, T.D. eds., 2020. Proteomic and metabolomic approaches to biomarker discovery. 2nd ed. [en liña] San Diego: Academic Press. Dispoñible en https://biblioteca-usc.gal/
Liebler, D.C., 2002. Introduction to proteomics: tools for the new biology. 1st ed. Totowa: Humana Press
Complementaria
Expasy: http://www.expasy.org
Human Proteome Map: http://www.humanproteomemap.org/
ProteomicsDB: http://www.proteomicsdb.org/
Conocimientos/Contenidos: Con01
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D02, H/D04, H/D12, H/D13
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05
Actividades con compoñente presencial
Clases expositivas.
A asistencia as clases expositivas é obrigatoria. A metodoloxía de ensinanza será a clase maxistral. O docente explicará os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais-informáticos; pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais), e promoverase a participación do alumnado. Durante a devandita exposición poderanse propoñer preguntas sobre un tema, introducir pequenas actividades prácticas, resolver dúbidas que poidan xurdir, proponer información adicional, xerar un debate, etc. Durante as clases maxistrais desenvolverase o temario da materia. O material didáctico empregado polo profesor na aula será proporcionado a través da aula virtual, así como material didáctico complementario se fora necesario
Seminarios
Actividade obrigatoria. A metodoloxía de traballo será dobre: a) Asistencia a conferencias u outros eventos: Charlas de investigadores do campo da Proteómica especializados nos distintos ámbitos da aplicación da Biotecnoloxía, como o campo agro-alimentario, industrial ou biomédico; b) Aprendizaxe baseada en problemas (ABP) e/ou Aprendizaxe colaborativo/traballo en grupo: Os alumnos serán organizados en pequenos grupos de traballo, que deberán elixir unha cuestión concreta e sinxela a resolver sobre temáticas biotecnolóxicas diversas e que deberán abordar mediante o deseño dun protocolo baseado en técnicas proteómicas; o traballo deberá ser presentado na última sesión de seminario mediante un “elevator pitch” de 5 min, seguido de preguntas por parte dos profesores da materia. Nos seminarios será importante unha participación activa do alumnado.
Clases prácticas no laboratorio
Haberá 3 sesións practicas no laboratorio, que serán obrigatorias para os alumnos de nova matrícula (ou aqueles matriculados que non as fixeran en anos anteriores). Realizaranse de xeito presencial no laboratorio 12. Nelas os estudantes seguirán un guión de prácticas e levarán a cabo unha preparación dunha mostra biolóxica e unha análise mediante 2-DE. Os alumnos contestarán a un cuestionario de prácticas como parte da avaliación continua (ver apartado avaliación).
Prácticas de bioinformática
Actividade obrigatoria. As metodoloxías empregadas serán as de e-learning, resolución de problemas e prácticas aula informática. O alumnado utilizará os coñecementos adquiridos las clases expositivas así como programas e bases de datos proteómicas para resolver diversos problemas propostos polo profesor.
Titorías (en grupo e individuais)
Actividade optativa. Poderanse facer de xeito presencial ou on-line síncrona (MS-Teams)
Exame Obrigatorio.
Será presencial e de tipo test, e é unha actividade obrigatoria para poder superar a materia.
Traballo autónomo do estudante
Á parte do traballo de grupo comentado anteriormente, haberá ademais un cuestionario de prácticas, que será tamén unha actividade OBRIGATORIA E AVALIABLE. Ditas preguntas deberán ser resoltas DE MANEIRA INDIVIDUAL e entregadas en prazo por TODO o alumnado. O seguimento destas actividades de avaliación continua farase mediante a súa entrega e os seminarios e as titorías individuais ou en grupo.
Criterio xeral
A avaliación será igual para TODOS/AS os/as alumnos/as e nas dúas oportunidades.
A avaliación continua será sempre COMPLEMENTARIA ao exame.
A asistencia a clases teóricas, seminarios e clases prácticas (laboratorio e aula de informática) é OBRIGATORIA, salvo causas xustificables. Para poder aprobar a materia, a asistencia ao exame tamén é obrigatoria. A presentación de todas as actividades individuais e colectivas (cuestionario de prácticas individual + traballo en grupo) é obrigatoria para todo o alumnado e requisito para aprobar a materia, excepto para os estudantes con dispensa oficial.
Criterios específicos da avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA (30% da nota).
A avaliación continua farase por medio de traballos entregados/ presentados, tanto individuais como colectivos:
>> Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1. Realización / Criterios: Cuestionario de prácticas de laboratorio. Peso: 10%. Resultados de aprendizaxe avaliados: Con01, H/D01, H/D02, H/D04, H/D12, H/D13, Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05
>> Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2. Realización / Criterios: Realización do traballo colectivo (deseño dun estudo proteómico nas clases de seminario). Peso: 20%. Resultados de aprendizaxe avaliados: Con01, H/D01, H/D02, H/D04, H/D12, H/D13, Comp01, Comp02, Comp03, Comp04, Comp05
EXAME FINAL (70% da nota):
>> Realización / Criterios: O exame será de tipo test. Cubrirá todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. A nota de avaliación continua soamente será sumada á do exame se se supera un 40% da nota máxima correspondente ao exame. Resultados de aprendizaxe avaliados no exame: Con01, H/D02, H/D04, Comp01, Comp03, Comp04, Comp05
>> Horas presenciais: 40 horas, constituidas por 20 horas expositivas, 6 horas interactivas de laboratorio, 4 horas interactivas de laboratorio de informática, 7 horas interactivas de seminario, 1 hora de titorías, e 2 horas de exame.
>> Horas non presenciais/traballo persoal: 72.5 horas. Conformadas por 30 horas de dedicación ao estudo individual para a preparación da materia e o exame; 42.5 horas para a elaboración de traballos.
>> Volume total de traballo: 40 horas presenciais e 72.5 horas de traballo persoal = 112.5 horas totais (25 horas / ECTS x 4.5 ECTS = 112.5 horas).
Recoméndase para o estudo e a superación da materia o seguinte:
>> Participación en clase
>> Estudo da materia de xeito continuado e repasar para o exame final con tempo suficiente
>> Utilizar o material bibliográfico recomendado.
>> Preparación previa dos seminarios e prácticas.
>> Aclaración co profesor das posibles dúbidas sobre a materia en titorías.
>> Amosar interese e atención sobre os novos avances nesta disciplina difundidos a través dos medios de comunicación.
>> Recomendacións: Coñecementos previos en Bioquímica, Química, Física, Estatística, Xenética.
>> Comunicacións: A materia disporá dunha aula virtual na plataforma Moodle. A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, dun chat habilitado na plataforma Moodle e a través da aplicación MS-teams.
>> IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Esta sinala que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados (por exemplo, dos compañeiros de curso) ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou re-interpretación e sen citas aos autores e das fontes.
>> IMPORTANTE: Tamén queda terminantemente prohibido a distribución, por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento dos profesores, de calquera material docente colgado na aula virtual ou proporcionada por outros medios.
Francisco Javier Salgado Castro
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816928
- Correo electrónico
- franciscojavier.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Garcia Alonso
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815429
- Correo electrónico
- angel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
17.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
16.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |