Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir o manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten unha correcta e rigorosa formulación, recollida, análise e interpretación de datos especialmente enfocado a Biotecnoloxía.
Estes obxectivos céntranse nos fundamentos e modelos básicos dos métodos estatísticos e na análise exploratoria e inferencial dos datos.
- Saber obter, organizar, presentar e describir conxuntos de datos mediante estatística descritiva.
- Saber calcular a probabilidade dun evento.
- Coñecer as características e distribución das variables aleatorias.
- Saber describir e aplicar métodos de estatística inferencial.
- Saber describir e aplicar modelos matemáticos de regresión lineal e análise da varianza.
- Coñecer os fundamentos da programación lineal.
Expositivas (27 horas)
Tema 1. Estatística descritiva (4 horas)
Tema 2. Probabilidade (4 horas)
Tema 3. Variables aleatorias (4 horas)
Tema 4. Introdución á Inferencia Estatística: estimación puntual, intervalos de confianza e contrastes de hipóteses. Inferencia en poboacións normais (7 horas)
Tema 5. Regresión lineal (3 horas)
Tema 6. Análise da varianza (3 horas)
Tema 7. Introdución á programación lineal (2 horas)
Seminarios (11 horas)
- Resolución dos exercicios propostos en cada tema.
Aula de informática (10 horas)
- Implementación dos métodos co software estatístico R.
Bibliografía básica:
Cao, R., e outros, 2001. Introducción a la estadística y sus aplicaciones. Madrid: Pirámide.
Crujeiras, R.M. e Faraldo, P., 2010. Manual de estadística básica para ciencias de la salud. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Departamento de Estatística e Investigación Operativa.
Milton, J.S., 2007. Estadística para biología y ciencias de la salud. 3ª ed. amp. Madrid: Mc Graw-Hill Interamericana.
Verzani, J., 2005. Using R for Introductory Statistics. Boca Raton, FL: Chapman and Hall/CRC. Disponible en liña: https://cran.r-project.org/doc/contrib/Verzani-SimpleR.pdf
Bibliografía complementaria:
Dalgaard, P., 2008. Introductory statistics with R. 2nd ed. New York: Springer.
Daniel, W.W., 2009. Biostatistics: basic concepts and methodology for the health sciences. 9th ed. Hoboken, NJ: John Wiley & Sons.
Peña, D., 2005. Fundamentos de estadística. Madrid: Alianza.
Rosner, B., 2011. Fundamentals of biostatistics. 7th ed. Boston: Brooks/Cole.
Rius Díaz, F. e Wärnberg, J., 2014. Bioestadística. 2ª ed. Madrid: Paraninfo.
Nesta materia o/a alumno/a practicará unha serie de competencias básicas, xerais e transversais, propias do Grao en Biotecnoloxía, e unhas competencias específicas desta materia en particular. De forma concreta, nesta materia trabállanse as seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e soluciones relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
CB1 - Que os/as estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se atopa nun nivel que, se ben se sustenta en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que acostuman amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes demostraran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT6 - Razoar criticamente.
Competencias específicas
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía.
- A materia con seis créditos ECTS repartidos en 27 horas de docencia expositiva, 11 horas de docencia interactiva e 10 horas de prácticas de ordenador.
- As clases desenvolveranse no aula asignada facendo uso fundamentalmente da pizarra e de presentacións. Se fomentará a participación do alumnado nas clases, sobre todo nos aspectos máis prácticos. Tamén se discutirán e resolverán diversos exercicios enunciados en boletines, estarán a disposición do alumnado no Campus Virtual, para fomentar o seu traballo persoal, utilizándose tamén para evaluar o seu aprovechamiento.
-O alumnado contará co apoio do Campus Virtual da USC, a través da páxina do curso, para dispoñer de acceso aos programas, bibliografía e distintos boletines de exercicios, así como a notas dalgúns temas e información sobre actividades complementarias voluntarias e ferramentas de comunicación.
Avaliación continua (30%): a avaliación continua levarase a cabo ao longo do semestre. Constará dos seguintes elementos:
-Resolución de exercicios dos boletíns asociados a cada tema e exposición nas clases de seminario. Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG1, CG2, CG3, CG4, CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT7, CT6, CE1.
-Entrega de exercicios resoltos e debidamente redactados para a súa avaliación polo profesor. Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG1, CG2, CG3, CG4, CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT7, CT6, CE1.
-Proba intermedia que incluirá diferentes preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia. Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG3, CB5, CT4, CT6, CE1.
-Formularios de avaliación das clases prácticas de ordenador, que se realizarán nas propias horas de docencia práctica. Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG3, CB5, CT4, CT7, CE1.
A cualificación obtida por avaliación continua será conservada unicamente para a proba de recuperación do mesmo curso.
Exame final (70%): o exame final constará de varias cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia, dentro das que se poderá incluír a interpretación de resultados obtidos co software estatístico utilizado na docencia práctica de ordenador. Este exame terá caracter presencial.
Mediante esta actividade avalíanse as competencias: CG1, CG2, CG3, CG5, CB1, CB2, CB5, CT7, CE1.
Os/As alumnos/as repetidores/as terán o mesmo sistema de avaliación. Considérase que un/unha estudante presentouse a unha convocatoria cando participou en actividades de avaliación que supoñen máis do 50% da avaliación total.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Nesta materia, o alumnado conta con 27 horas de docencia expositiva y 21 horas de docencia interactiva (seminarios y prácticas de ordenador). Por cada hora de docencia expositiva, considérase necesario adicar ao estudo arredor de 1.5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía). En relación á docencia interactiva, por cada hora considérase necesaria unha hora para a revisión da sesión. A maiores, o alumnado debe ter en conta que é necesario practicar a resolución de problemas (dos boletíns ou da bibliografía recomendada).
- Asistencia a todas as actividades docentes e seguimento das tarefas propostas polos/polas profesores/as da materia.
- Facer uso das titorías para consultar calquera dúbida que poida xurdir.
- Dedicar ao estudo da materia un tempo regularmente distribuído ao longo do cuadrimestre.
O material docente poñerase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC.
Maria Angeles Fernandez Sotelo
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813210
- Correo electrónico
- mangeles.fernandez.sotelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mercedes Conde Amboage
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mercedes.amboage [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Vidal Garcia
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mariavidal.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 01. Charles Darwin |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 01. Charles Darwin |
23.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
27.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |