Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Enumerar os tipos, características e propiedades dos biomateriais.
- Enumerar os métodos de obtención e procesado dos biomateriais.
- Identificar as interaccións dos biomateriais cunha contorna biolóxica, a súa durabilidade e as posibles respostas biolóxicas.
- Identificar os fundamentos fisicoquímicos, bioquímicos e tecnolóxicos dos biosensores.
- Distinguir entre os distintos tipos de biosensores e os seus compoñentes.
- Enumerar as aplicacións dos biomateriais e biosensores.
O curso componse de 20 horas expositivas e 17 de seminario. Nas clases expositivas exporase e explicarán os contidos incluídos no temario que se indica a continuación e nos seminarios resolveranse problemas e cuestións relacionados cos contidos da materia:
- Introdución e historia dos biosensores. Clasificación dos biosensores. (1 hora)
- Compoñentes bioquímicos utilizados en biosensores: Encimas, anticorpos, receptores peptídicos e proteicos, acedos nucleicos. Sistemas de detección baseados en células. (1 hora)
- Inmobilización dos elementos bioquímicos en biosensores. Requirimentos xerais, inmobilización física, inmobilización covalente. (1 hora)
- Elementos de transdución de sinal en biosensores: Transdutores electroquímicos e ópticos. (2 horas)
- Casos prácticos de biosensores: Sensores de glicosa, sensores de armas químicas, DNA chips, ensaios de toxicidade. (2 horas)
- Introdución e historia dos biomateriais. Clasificación dos biomateriais: materiais duros e materiais brandos. (3 horas)
- Tipos, características e propiedades dos biomateriais: metais, polímeros, cerámicas, materiais compostos, e materiais de orixe natural e biolóxica. (3 horas)
- Biomateriais nanoestruturados: Nanopartículas, ensamblaxes moleculares, películas delgadas, scaffolds. (3 horas)
- Obtención e procesado dos biomateriais. (1 hora)
- Interaccións dos biomateriais coa contorna biolóxica: Respostas biolóxicas. Biodegradación dos biomateriais. Avaliación da biocompatibilidade e bioactividade dos biomateriais. (1 hora)
- Aplicacións dos biomateriais: sistemas de liberación de fármacos, rexeneración de tecidos, próteses e implantes, suturas e vendas, células e órganos artificiais. (2 horas)
Bibliografía básica:
Biomaterials Science: an introduction to materials in medicine, 2013, E B. D. Ratner, Allan S. Hoffman, Frederick J. Schoen, Jack Lemons, Elsevier Academic Press (BUSC: BT135)
Biosensors: Fundamentals and Applications, 2017, Bansi Dhar Malhotra and Chandra Mouli Pandey, Smithers
Bibliografía complementaria:
Biomaterials, 2003, J.B. Parks and J.D. Bronzino, CRC Press
Structural Biological Materials, 2000, M. Elices
Biosensors, 2006 Raj Mohan Joshi, Isha Books
COMPETENCIAS BÁSICAS
As que figuran na memoria do grao
COMPETENCIAS XERAIS
As que figuran na memoria do grao
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 -Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 -Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT6 - Razoar criticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE12- Coñecer os fundamentos da bioenxeñería celular e tisular, as posibilidades terapéuticas do medicamento rexenerativa e as súas limitacións actuais, tanto técnicas como éticas.
O curso estrutúrase sobre a base de 20 horas de clases teóricas e 7 horas de seminarios prácticos. As clases teóricas impartiranse na aula co apoio de proxeccións e as clases prácticas en seminarios.
Os alumnos/as realizarán un traballo individual relacionado cun material cerámico, metálico, polimérico ou composto, que sexa biocompatible, no que incluirá un resumo sobre a natureza, preparación e propiedades do material, os seus usos e o seu mercado. De igual maneira o traballo poderá estar centrado nun biosensor.
Competencias: CG4, CT1, CT6. O traballo será entregado a través do Campus Virtual
A asistencia a clase non é obrigatoria, do mesmo xeito non é obrigatoria a realización do traballo individual.
Utilizarase unha avaliación mixta, baseada en:
a) Cualificación obtida polo alumno/a en un exame final, consistente en varias preguntas curtas e problemas. Cualificación: 80%. Non se admiten preguntas ou problemas en branco.
b) Cualificación conseguida na avaliación dun traballo realizados durante o curso (10%).
c) Avaliación continua en seminarios e clases teóricas (participar na resolución de cuestións e problemas nas clases e seminarios) (10%).
Será necesario obter polo menos un 4 (sobre 10) no exame para poder aprobar a materia. A cualificación obtida nos puntos b e c anteriores, poderá conservarse para a segunda oportunidade e computará coa nota de exame para a cualificación final.
O sistema de avaliación para estudantes repetidores será o mesmo que o aplicado aos non repetidores.
Para poder ser avaliado/a é necesario realizar o traballo requirido e realizar o exame final. Isto é así tanto para superar a materia na convocatoria ordinaria como para a recuperación
Nos seminarios realizaranse problemas e casos prácticos relacionados cos contidos da materia que son fundamentais para unha clara comprensión e aprendizaxe dos contidos desta. Por iso é obrigatoria a asistencia aos seminarios
Avaliación de competencia Aulas teóricas Titorías Seminarios Traballos Exame
CG3 :........................................X................X................X......................X
CG4..........................................X................X................X......................X
CT1..............................................................................X......................X..........X
CT6..............................................................................X..................................X
Sistema de cualificación % Mínimo necesario
Seminarios e aulas teóricas........10 Presencial
Traballo....................................10 Campus Virtual
Exame.....................................80 Presencial 4,0
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estímase un tempo total de traballo do alumno de ao redor de 112,5 horas, distribuídas como segue:
Horas presenciais: 40,5
Horas traballo alumno: 72
Relativas á materia:
- Física, Química, Termodinámica e Cinética Química, Bioloxía do desenvolvemento e dos tecidos, Bioquímica I
Xenerais:
Constancia ao longo do curso e asistencia a clases e seminarios.
É necesario coñecer o funcionamento do Campus Virtual.
METODOLOXÍA
Realizaranse de forma síncrona/asíncrona e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos dispoñibles na USC, preferentemente o Campus Virtual.
Para a avaliación continua, os alumnos/as só terán que responder a preguntas concretas.
Polo menos 3,5 horas de prácticas realizaranse de forma presencial
As clases impartiranse en Galego
Alvaro Gil Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881816879
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07. Konrad Lorenz |
15.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |