Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Farmacoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Enumerar os fundamentos e aplicacións da Proteómica e Metabolómica.
Identificar as estratexias e técnicas para o estudo do proteoma e metaboloma.
Identificar as aplicacións biotecnológicas das ciencias -ómicas.
Saber buscar e interpretar os resultados dunha interpelación básica ás bases de datos proteómicas e metabolómicas máis usuais.
Saber analizar e identificar proteínas en mostras mediante técnicas proteómicas.
CLASES EXPOSITIVAS (20 h)
TEMA 1: Introdución ás ciencias -ómicas. Definición. Obxectivos. Terminoloxía (2 h).
TEMA 2: Deseño experimental. Factores analíticos importantes a ter en conta e tratamento de mostras en estudos proteómicos e metabolómicos (4 h).
TEMA 3: Técnicas de illamento e separación (I): Proteínas (2 h).
TEMA 4: Técnicas de illamento e separación (II): Metabolitos (2 h).
TEMA 5: Espectrometría de masas en proteómica e metabolómica. Estudos cualitativos e cuantitativos (6 h).
TEMA 6: Bases de datos nos estudos proteómicos e metabolómicos (2h).
TEMA 7: Aplicacións biomédicas e biotecnológicas da proteómica e metabolómica Validación (2 h).
CLASES PRÁCTICAS DE LABORATORIO (6 h)
A continuación descríbense os contidos das dúas sesións interactivas de laboratorio correspondentes á materia de Proteómica e Metabolómica, que realizarase no laboratorio 12 (Laboratorio de Biotecnoloxía) Estes contidos poderán ser modificados en función da dispoñibilidade orzamentaria destinada as prácticas para a compra dos reactivos do laboratorio:
Práctica 1 (2 h): Preparación de mostra de proteínas de soro bovino
Práctica 2 (2 h) Cuantificación e isoelectroenfoque desnaturalizante (primeira dimensión 2-DE)
Práctica 3 (2 h). SDS-PAGE (segunda dimensión 2-DE) + tinguido do xel.
CLASES DE BIOINFORMÁTICA (4 h)
Dúas sesións de dúas horas de duración nas que traballarase con programas informáticos e bases de datos en Proteómica e Metabolómica.
SEMINARIOS (7 h)
Os seminarios destinaranse á elaboración dun traballo en grupo que consistirá na realización dun deseño experimental proteómico encamiñado á resolución dun problema biotecnolóxico relacionado con cuestións biosanitarias, industriais, de alimentación o do medio ambiente. Tamén se realizarán charlas de investigadores invitados para falar de diferentes tecnoloxías proteómicas e metabolómicas. Poderanse realizar visitas aos servizos de espectrometría de masa do CACTUS ou ben á plataforma de proteómica do IDIS.
TITORÍAS (1.5 h).
Os grupos de traballo de seminario disporán dunha hora de titoría que servirá para axudar na elaboración do traballo grupal. Esta titoría grupal pode ser solicitada ao profesor en calquera momento do semestre. A maiores, as titorías individuais (ás que todos os alumnos/as teñen dereito) empregaranse para aclarar dúbidas sobre a materia e orientar ao alumnado.
EXAME (2 h)
Básica
Corrales, F., Calvete, J.J. eds., 2014. Manual de proteómica. Valencia: Sociedad Española de Proteómica.
García, A., Casal, J.I. eds., 2019. Manual de proteómica (Vol. II). Valencia: Sociedad Española de Proteómica.
Lovrik, J., 2011. Introducting Proteomics: from concepts to sample separation, mass spectrometry and data analysis. 1st ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
Veenstra, T.D. e Iates, J.R. eds., 2019. Proteomics for biological discovery. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
Issaq, H.J. e Veenstra, T.D. eds., 2020. Proteomic and metabolomic approaches to biomarker discovery. 2nd ed. [en liña] San Diego: Academic Press. Dispoñible en https://biblioteca-usc.gal/
Liebler, D.C., 2002. Introduction to proteomics: tools for the new biology. 1st ed. Totowa: Humana Press
Complementaria
Expasy: http://www.expasy.org
Human Proteome Map: http://www.humanproteomemap.org/
ProteomicsDB: : http://www.proteomicsdb.org/
Básicas/Xerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes da Biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3- Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas relacionados coa Biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Biotecnoloxía, ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Biotecnoloxía e adquirir capacidade para traballar en equipo.
Transversais
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente
Específicas
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas con seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE5 - Saber obter e interpretar información das principais bases de datos (biolóxicas, ómicas, bibliográficas) e empregar ferramentas bioinformáticas.
Actividades con compoñente presencial
Clases expositivas.
A asistencia as clases expositivas non é obrigatoria, pero si moi recomendable. Utilizarase principalmente a clase maxistral. O docente explicará os conceptos propios da materia con apoio de medios audiovisuais-informáticos; pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais), e promoverase a participación do alumnado. Durante a devandita exposición poderanse propoñer preguntas sobre un tema, introducir pequenas actividades prácticas, resolver dúbidas que poidan xurdir, propoñer información adicional, xerar un debate, etc. Durante as clases maxistrais desenvolverase o temario da materia. O material didáctico empregado polo profesor na aula será proporcionado a través da aula virtual, así como material didáctico complementario se foxe necesario
Seminarios
Actividade obrigatoria en grupos reducidos. A metodoloxía de traballo será dobre: a) Charlas de investigadores do campo da Proteómica especializados nos distintos ámbitos da aplicación da Biotecnoloxía, como o campo agro-alimentario, industrial ou biomédico; b) Algúns seminarios empregarán a metodoloxía de aprendizaxe baseada en problemas (ABP), na que se os alumnos serán organizados en pequenos grupos de traballo, que deberán elixir unha cuestión biotecnolóxica concreta e sinxela que deberán abordar mediante o deseño dun protocolo baseado en técnicas proteómicas; o traballo deberá ser presentado na última sesión de seminario mediante un “elevator pitch” de 5 min seguido de preguntas por parte dos profesores da materia. Nos seminarios será importante unha participación activa do alumnado.
Clases prácticas no laboratorio
Haberá 3 sesións practicas, que serán obrigatorias para os alumnos de nova matrícula (ou aqueles matriculados que non as fixeran en anos anteriores). Realizaranse de xeito presencial no laboratorio 12. Nelas os estudantes seguirán un guión de prácticas e levarán a cabo unha preparación dunha mostra biolóxica e unha análise mediante 2-DE. Os alumnos contestarán a un cuestionario de prácticas como parte da avaliación continua.
Prácticas de bioinformática
Actividade obrigatoria. Aprendizaxe baseado en problemas (ABP). O alumnado utilizará os coñecementos adquiridos las clases expositivas así como programas e bases de datos proteómicas para resolver diversos problemas propostos polo profesor.
Titorías (en grupo e individuais)
Actividades optativas. Realizaranse de forma virtual síncrona mediante a aplicación MS-teams.
Exame
Obrigatorio. Será presencial e de tipo test.
Traballo autónomo do estudante
O cuestionario de prácticas será tamén unha actividade OBRIGATORIA E AVALIABLE. Ditas preguntas deberán ser resoltas DE MANEIRA INDIVIDUAL e entregadas en prazo por TODOS os alumnos (actividade OBRIGATORIA e AVALIABLE).
O seguimento destas actividades de avaliación continua farase mediante a súa entrega e tamén mediante as titorías individuais.
Criterio xeral
A avaliación será igual para TODOS/AS os/as alumnos/as e nas dúas oportunidades. A avaliación continua será sempre complementaria ao exame.
A asistencia a clases teóricas non é obrigatoria, pero si o é a asistencia a seminarios e clases prácticas (laboratorio e aula de informática), salvo causa xustificable. A asistencia ao exame é obrigatoria para poder aprobar a materia. A presentación de todas as actividades individuais e colectivas (cuestionario de prácticas individual + traballo en grupo) é obrigatoria para todos os alumnos e requisito para aprobar a materia, excepto para os estudantes con dispensa oficial.
Criterios específicos da avaliación
AVALIACIÓN CONTINUA (30%). A avaliación continua farase por medio de traballos entregados/ presentados, tanto individuais como colectivos:
>> Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 1. Realización / Criterios: Cuestionario de prácticas de laboratorio. Peso: 10%. Competencias avaliadas: CB1-CB5, CG1-CG5, CE3, CE5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6.
>> Instrumento: AVALIACIÓN CONTINUA 2. Realización / Criterios: Realización do traballo colectivo (deseño dun estudo proteómico nas clases de seminario). Peso: 20%. Competencias avaliadas: CB1-CB5, CG1-CG5, CE3, CE5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6.
EXAME FINAL (70% da nota):
>> Realización / Criterios: O exame será de tipo test que cubrirá todos os aspectos relacionados cos contidos da materia. A nota de avaliación continua soamente será sumada á do exame se se supera un 40% da nota máxima correspondente ao exame. Competencias avaliadas no exame: CB1-CB5, CG1-CG5, CE3, CE5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT6.
Horas presenciais: 40.5 horas.
20 horas expositivas, 6 horas interactivas de laboratorio, 4 horas interactivas de laboratorio de informática, 7 horas interactivas de seminario, 1.5 horas de titorías e 2 horas de exame.
Horas non presenciais/traballo persoal: 72 horas. 30 horas de dedicación ao estudo individual para a preparación da materia e o exame; 42 horas para a elaboración de traballos.
Volume total de traballo: 40.5 horas presenciais e 72 horas de traballo persoal = 112.5 horas totais (25 horas / ECTS x 4.5 ECTS = 112.5 horas).
En todos os escenarios recoméndase: Asistencia e participación en clase. O estudo da materia de maneira continuada. Utilizar material bibliográfico. Preparación previa dos seminarios e prácticas. Aclaración co profesor de posibles dúbidas en titorías. Repaso para o exame final. Interese e atención sobre os novos avances nesta disciplina difundidos a través dous medios de comunicación.
Recomendacións: Coñecementos previos en Bioquímica, Química, Física, Estatística, Xenética. Comunicacións: A materia disporá dunha aula virtual na plataforma Moodle. A comunicación cos alumnos farase a través do correo electrónico, dun chat habilitado na plataforma Moodle e a través da aplicación MS-teams
IMPORTANTE: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Esta sinala que a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados (por exemplo, dos compañeiros de curso) ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou re-interpretación e sen citas aos autores e das fontes. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución, por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento dos profesores, de calquera material docente colgado na aula virtual ou proporcionada por outros medios.
Francisco Javier Salgado Castro
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881816928
- Correo electrónico
- franciscojavier.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Garcia Alonso
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815429
- Correo electrónico
- angel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
08.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
27.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |