Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia ten como obxectivos fundamentais que os alumnos coñezan:
1) Os métodos para obter vacinas mediante o uso de ferramentas biotecnolóxicas.
2) Os fundamentos e métodos para o uso dos virus con fins preventivos e terapéuticos.
Programa de teoría (20h)
1. Vectores virais en terapia xénica. Deseño, produción e aplicacións. 2 h
2. Vectores virais para a expresión de proteínas recombinantes. Tipos e aplicacións. 2h
3 Virus e nanotecnoloxía. Virus like particles (VLPs), nanopartículas virais (VNP), nanoconxugados. Métodos de obtención e aplicacións. 2h
4. Virus oncolíticos. Tipos e aplicacións. 2h
5. Aplicacións biotecnolóxicas dos bacteriófagos. 1h
6. Baculovirus como biopraguicidas. Formulación e aplicacións. 1h
7. Vacinas: definición, características e composición. Historia da vacinación. 2h
8. Clasificación das vacinas. Características, beneficios, problemas dos diferentes tipos de vacinas. 2h
9. Pautas de vacinación e vías de administración. Adxuvantes. Definición e mecanismos de acción. Compostos de uso tradicional e novas investigacións. 1h
10. Deseño. Identificación de antíxenos indutores de resposta. Vacinas de última xeración. 2h
11. Desenvolvemento dos procedementos para a produción industrial de vacinas. Control das vacinas: aspectos legais e sanitarios. Requirimentos para o rexistro dunha vacina. 1h
12. Vacinación: retos actuais e estratexias. 2h
Programa de seminarios (5 h)
Desenvolvemento de exercicios prácticos e resolución de problemas relacionados cos temas de teoría (actividades no Campus Virtual).
Exposición de traballos e discusión sobre os exercicios realizados e aspectos específicos da materia.
Programa de prácticas no laboratorio (12 h)
Sesión 1: Cultivo, identificación e cuantificación de virus 2h
Sesión 2: Manipulación de xenomas virais e transfección 2h
Sesión 3: Recuperación de virus recombinantes e detección de proteína recombinante: 2h
Sesión 4: Fundamento e expresión dunha vacina subunitaria en bacterias 3h
Sesión 5: Purificación e caracterización de vacinas subunitarias 3h
Titorías
Resolución de dúbidas 1 h
Bibliografía básica
- Bloom, B. R. and Lambert, P. H. (2016) The Vaccine Book: Second Edition, The Vaccine Book: Second Edition. Amsterdam: Elsevier Inc. doi: 10.1016/C2014-0-00804-0.
- Flint, J., Rall, G. F., Racaniello, V. R., & Skalka, A. M. (2020) Principies of Virology. Hoboken: Wiley. Available at: https://www.wiley.com/en-us/Principles+of+Virology%2C+Multi+Volume%2C+5….
- Khan, M. S., Khan, I. A. (Iqrar A. and Barh, D. (2019) Applied molecular biotechnology : the next generation of genetic engineering. Boca Raton: CRC Press. Available at: https://www.routledge.com/Applied-Molecular-Biotechnology-The-Next-Gene….
- Tennant, P., Fermin, G. and Foster, J. E. (Jerome E. (2018) Viruses : molecular biology, host interactions, and applications to biotechnology. London: Academic Press.
Bibliografía complementaria
- Cann, A. J. (2015) Principles of Molecular Virology: Sixth Edition, Principles of Molecular Virology: Sixth Edition. Amsterdam: Academic Press. doi: 10.1016/C2014-0-01081-7.
Básicas
As que se especifican na memoria do grado
Xerais
As que se especifican na memoria do grado
Transversais
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 -Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 -Traballar en equipo.
CT6- Razoar críticamente.
Específicas
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Biotecnoloxía.
CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo en un laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
CE5 - Saber obter e interpretar información das principais bases de datos (biolóxicas, ómicas, bibliográficas) e empregar ferramentas bioinformáticas.
CE9 - Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais, comprender o seu desenvolvemento, organización e fisioloxía, e coñecer a súa aplicación no campo da Biotecnoloxía.
CE11 - Coñecer as bases moleculares e as técnicas de manipulación da información xénica en microorganismos, animais e plantas e saber aplicar axeitadamente ditas técnicas nos diferentes ámbitos biotecnolóxicos.
A metodoloxía docente basearase na lección maxistral, aportando conceptos, esquemas e fotografías mediante medios audiovisuais e fomentará a participación activa do alumnado mediante a formulación de preguntas o de supostos prácticos para resolver na aula. Promoverase o desenvolvemento de exercicios prácticos e resolución de problemas (actividades no Campus Virtual) que se corrixiran no transcurso dos seminarios presenciais, nos que tamén se presentarán os traballos realizados polos alumnos (actividade encamiñada a potenciar o manexo de bibliografía, e a interpretación e síntese de contidos).
As clases prácticas realizaranse no laboratorio.
1. Actividades obrigatorias
1.1 Demostración da adquisición dos conceptos da materia
- Exame teórico* Os coñecementos teóricos do alumnado avaliaranse mediante definición de conceptos básicos, respostas a preguntas curtas, preguntas test e interpretación de imaxes e esquemas. Terase en conta, ademais dos contidos, a claridade e a concisión: 65%
[Avalíanse CX3, GX4, CT1, CT2, CE1, CE9, CE11]
1.2. Realización das prácticas***
- Avaliación da memoria de prácticas (terase en conta a súa presentación, a calidade da memoria e a descrición e explicación dos ensaios levados a cabo): 10%
[Avalíanse CT4, CE1, CE3]
2. Avaliación continua (actividades optativas)
Realización de traballos ou casos prácticos/problemas**: 25%
- Presentación e memoria de traballos de seminario (terase en conta a calidade da memoria e da presentación, así como a seguridade na resposta as preguntas expostas): 15%
- Resolución de exercicios, problemas e casos prácticos (terase en conta a súa presentación e o razoamento na resolución): 10%
[Avalíanse CB3, CB4, CX3, CX4, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CE5, CE9, CE11]
* O exame teórico realizarase por escrito, de acordo coa data establecida por o equipo decanal. Opcionalmente, os alumnos que o desexen poderán facer o exame oral, en data previamente pactada cos interesados. A nota do exame teórico poderase manter só ata a convocatoria de 2ª oportunidade do ano académico en curso. Será necesario aprobar o exame teórico (5) para sumar o resto dos ítems.
**As notas de prácticas e das actividades de avaliación continua manterase durante dous cursos académicos se o alumno o solicita.
Materia de 4,5 créditos ECTS x 25 horas = 112,5 horas
Total horas presenciais: 40,5
- Lección maxitral: 20 horas
- Prácticas de laboratorio: 12 horas
- Seminarios: 5 horas
- Titorías en grupo: 1
- Titoría individual: 0,5
- Exame: 2 horas
Traballo persoal do estudante 72 horas
Seguir as recomendacións que os profesores proporcionarán ao longo do semestre.
Para cursar a materia requírense coñecementos de bioquímica, xenética e microbioloxía.
A materia contará cunha aula virtual na plataforma Moodle na que, ademais dos contidos que elaboren os profesores, estará a disposición dos alumnos outra información de utilidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Jose Manuel Martinez Costas
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881815734
- Correo electrónico
- jose.martinez.costas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Sandra Souto Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- sandra.souto [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Daniel Abella López
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- daniel.abella [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Adrián López Teijeiro
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- adrianlopez.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Paula Sanchez Gascon
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- paulasanchez.gascon [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
31.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
08.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |