Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Teórica
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aportar o estudiante os coñecementos básicos para o estudo das teorías cuánticas de campos relativistas e as teorías gauge en relación coa física de partículas.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
Con respecto á materia Teoría cuántica de campos, o alumno demostrara:
-coñecer os aspectos básicos das teorías cuánticas de campos e das teorías gauge en relación coa física de partículas
-que realiza cálculos sinxelos das amplitudes de dispersión en electrodinámica cuántica utilizando diagramas de Feynman.
- Ecuacions de ondas relativistas: A ecuación de Klein-Gordon e a ecuación de Dirac.
- Cuantización dos campos libres: Cuantización do campo escalar, do campo de Dirac e do campo
electromagnético.
- Teoría de perturbacions e diagramas de Feynman: Cálculo de seccions eficaces e taxas de desintegración.
- Introducción as teorías gauge: electrodinámica cuántica (QED). Cálculo de procesos elementáis en QED a primer orden (aproximación árbore).
Bibliografía básica:
- M. E. Peskin y D. V. Schroeder, An Introduction to Quantum Field Theory, Addison-Wesley (1995).
- D. Tong, Quantum Field Theory, Cambridge University (2006). http://www.damtp.cam.ac.uk/user/tong/qft.html.
- C. Itzykson y J. B. Zuber, Quantum Field Theory, McGraw-Hill (1980).
- M. Srednicki, Quantum Field Theory, Cambridge University Press (2007).
Complementaria:
- S. Weinberg, The Quantum Theory of Fields ( Vol. I: Foundations), Cambridge University Press (1995).
- M. Stone, The physics of quantum fields, Springer- Verlag (2000).
- J. D. Bjorken e S.D. Drell, Relativistic Quantum Mechanics, McGraw- Hill (1964); Relativistic Quantum Fields, McGraw- Hill (1965).
Recursos na rede:
• Aula Virtual: Apuntamentos elaborados polos profesores.
• Aula Virtual: Boletíns de problemas, solucións de problemas, exames de cursos anteriores.
• Aula Virtual: Ligazóns a recursos online
Básicas e xerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe también algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG1 - Posuír e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Física, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Física.
CG3 - Aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análisis e de abstracción na definición e formulación de problemas e na búsqueda das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
Transversáis e específicas:
CT1 - Adquirir capacidade de análisis e séntesis.
CT2 - Ter capacidade de organización e planificación.
CT5 - Desenvolver o razoamento crítico.
CE1 - Ter unha boa comprensión das teorías físicas máis importantes, localizando na súa estrutura lóxica e matemática, o seu soporte experimental e o fenómeno físico que pode ser descrito a través deles.
CE2 - Ser capaz de manexar claramente os ordenes de magnitude e realizar estimacións adecuadas co fin de desenvolver unha clara percepción de situacións que, aínda que físicamente diferentes, mostren algunha analoxía, permitindo o uso de solucións coñecidas a novos problemas.
CE5 - Ser capaz de realizar o esencial dun proceso ou situación e establecer un modelo de traballo do mesmo, así como realizar as aproximacións requiridas co obxecto de reducir o problema ata un nivel manexable. Demostrara posuír pensamento crítico para construír modelos físicos.
CE6 - Comprender e dominar o uso dos métodos matemáticos e numéricos máis comúnmente utilizados en Física.
CE8 - Ser capaz de manexar, buscar e utilizar bibliografía, así como calquera fonte de información relevante e aplicala a traballos de investigación e desenvolvemento técnico de proxectos.
Activarase un curso na plataforma Moodle da Campus Virtual, á que se subirá información de interese para o alumno e material docente diverso.
Seguiranse as indicacións metodolóxicas xerais establecidas na Memoria do Título de Grao en Física da USC. A docencia será presencial e estará programada en clases teóricas (24 horas), prácticas en grupo reducido (18 horas) e titorías en grupos moi reducidos (3 horas). ). Nas clases teóricas e prácticas presentaranse os contidos básicos da asignatura e se resolverán alguns exercicios. Os contidos e problemas más avanzados serán plantexados o estudiante para o seu traballo persoal contando co apoio das horas de titoria.
As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, se son telemáticas requirirán de cita previa o que tamén é recomendable para as presenciais.
A materia non contempla a realización dun exame final para a primeira oportunidade. O sistema de avaliación combinará unha avaliación continua, que consistirá na realización de exercicios e problemas semanáis que o alumno entregará, e un control adicional de maior duración para avaliar as competencias globais que contabilizará ata o 75% da cualificación final. Para a segunda oportunidade de avaliación (Xullo) realizarase un exame final convencional nas datas oficiais fixadas polo centro.
A avaliación continua é válida só para a primeira oportunidade e non se conservará para cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
24 horas de clases expositivas presenciais ou telemáticas.
18 horas de clases interactivas presenciais ou telemáticas.
3 horas de titorías presenciais ou telemáticas.
Resulta difícil determinar o tempo de estudo necesario para asimilar a asignatura, xa que depende mucho da dedicación e capacidad de cada estudiante. Como indicación xeral, na Memoria do Título do Grao en Física da USC estimase o traballo persoal do alumno en 47 horas, sen contar o traballo presencial na aula,
a escritura de exercicios, conclusións our outros traballos en 18 horas, e a preparación de presentacións orais, debates ou similar en 2,5 horas. Total 67,5 horas.
Asistencia e participación activa nas clases teóricas e prácticas. Aproveitamento das titorías.
Jose Luis Miramontes Antas
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814057
- Correo electrónico
- jluis.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Riccardo Borsato
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- riccardo.borsato [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 830 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 830 |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 3 (Informática) |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 130 |