Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física de Partículas
Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física Teórica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con respecto á materia Física II o alumnado debe resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos desenvolvidos, recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para desenvolvelos, e relacionar a Física con outras disciplinas.
Temario:
Tema 1. Campo eléctrico I.
Tema 2. Campo eléctrico II.
Tema 3. Potencial eléctrico
Tema 4. Enerxía Electrostática e Capacidade
Tema 5. Corrente Eléctrica e Circuítos de Corrente Continua
Tema 6. Campo Magnético
Tema 7. Fontes de Campo Magnético
Tema 8. Indución Magnética
Tema 9. Circuítos de Corrente Alterna
Tema 10. Ecuacións de Maxwell e Radiación.
Programa de prácticas:
Práctica 1 Circuítos de corrente continua.
Práctica 2 Circuítos de corrente alterna.
Práctica 3 Condensador plano.
Práctica 4 Curva de carga dun condensador.
Práctica 5 Medida de resistencias pequenas.
Práctica 6 Campo magnético xerado por condutor lineal.
Práctica 7 Momento magnético.
Práctica 8 Bobina de Helmholz.
Práctica 9 Balanza electrodinámica.
Básica (manual de referencia).
Tipler, Paul Allen; Mosca, Gene, "Física para la Ciencia y la Tecnología", Volume 2, 6ª edición, Editorial Reverté, 2008.
Complementaria.
Un libro equivalente ao manual de referencia é:
Young, Hugh D.; Freedman, Roger A., “Sears Zemansky, Física Universitaria”, en dous volumes, edición 12, Editorial Pearson - Addison-Wesley, 2009.
Un libro cun suplemento de exercicios para estudantes e material online é:
Knight, Randall D., “Physics for Scentist and Engineers: A Strategic Approach”, terceira edición. Addison-Wesley, 2013.
Outro libro cun enfoque metodolóxico semellante ao empregado polo profesorado da asignatura é:
Mazur, Eric, “Principles & Practice of PhysicsPhysics for Scentist and Engineers: A Strategic Approach”. Pearson, 2015.
1 BÁSICAS E XERAIS
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CB1 - Que os estudantes demostren ter e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
2 TRANSVERSAIS
CT10 - Adquirir razoamento crítico.
CT12 - Adquirir unha aprendizaxe autónoma
CT1 - Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT4 - Ser capaz de resolver problemas.
3 ESPECÍFICAS
CE25 - Ser capaz de relacionar a química con outras disciplinas.
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e formular estratexias para solucionalos.
CE20 - Ser capaz de interpretar datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en términos do seu significado e das teorías que os sustentan.
CE22 - Comprender a relación entre teoría e experimentación.
4 AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS
- Clases interactivas: CG3, CG5, CE25, CE14, CE15; CT10, CT12, CT1, CT4.
- Tarefas non presenciais: CG3, CG5, CE25, CE14, CE15; CT10, CT12, CT1, CT4.
- Titorías en grupo moi reducido CE25, CE14, CE15; CT10, CT12, CT1, CT4.
- Clases prácticas de laboratorio: CG3, CE20, CE22, CE15; CT10, CT1, CT4.
- Exame final: CG3, CB1, CE25, CE14, CE15, CE20, CE22; CT10, CT12, CT1, CT4.
Distinguimos entre
A) Clases expositivas en grupo grande (“CE” nas táboas horarias): Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do Manual de referencia proposto nesta Guía Docente.
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “S” nas táboas horarias): Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuales e informáticos pero, en xeral, os estudantes non os manexarán en clase. Inclúense as probas de avaliación si houbelas.
Cada clase 2 alumnos terán que entregar resolto un problema proposto con anterioridade polo profesor. Un destes alumnos resolverá o problema na pizarra, nun tempo de 10 minutos. O problema a resolver, e os nomes dos alumnos, daranse a coñecer con polo menos unha semana de antelación. A elección dos alumnos realizarase ao azar e de forma que a carga global de traballo sexa a mesma para todos eles (isto último, en función do número de matriculados, podería implicar que algunha clase deban entregar problemas algo máis ou algo menos de 2 alumnos). Estes problemas influirán directamente na avaliación do alumno.
Os problemas a entregar nas clases de seminarios enfocaranse á aplicación da teoría (mentres que os correspondentes ás Titorías van encamiñados sobre todo ao repaso da teoría).
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de Física e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá dun guión de cada unha das prácticas a realizar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas despois de ler atentamente o contido deste guión. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día ou na próxima sesión os resultados, que serán avaliados.
A entrega dunha memoria final é un requisito adicional para a avaliación e o prazo de presentación máximo será a data correspondente ao exame oficial da convocatoria correspondente.
D) Titorías de pizarra en grupo moi reducido (“T” nas táboas horarias): Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. Propóñense actividades como a aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas. Uns días antes de cada clase (ver táboas horarias) os alumnos deberán entregar resolto un cuestionario que poñerá a proba os seus coñecementos, e será obxecto de discusión na clase. Este cuestionario, así como o resto do traballo do alumno correspondente a clases de Titorías, contribuirá á cualificación final. Os cuestionarios a entregar nas clases de Titorías van encamiñados sobre todo ao repaso da teoría (mentres que os correspondentes aos seminarios se enfocarán á aplicación da teoría: problemas).
- Na cualificación teranse en conta o traballo realizado en seminarios, Titorías e prácticas, así como o exame final.
- A asistencia e participación nas clases e laboratorios será un elemento central da avaliación continua.
- A cualificación de "apto" nas prácticas de laboratorio é condición necesaria para aprobar a materia. Para acadar esta cualificación é preciso asistir, polo menos, a tres das catro clases de laboratorio, realizar as prácticas correspondentes e entregar un informe sobre algunha das prácticas realizadas.
- A nota final será sobre 10 puntos, sendo 5 o aprobado. A calificación do alumno non será inferior á do exame nin á obtida ponderándoa coa da avaliación continua e polo tanto será a maior das dúas seguintes:
a) Cualificación con avaliación continua. O exame final contará un 60% e os traballos de seminarios, titorías e prácticas un 40%. A división detallada dos 10 puntos da nota é a seguinte:
Avaliación continua:
* 0,5 puntos polo traballo en titorías
* 1,5 puntos polo traballo en seminarios
* 2,0 puntos polo traballo en prácticas de laboratorio.
Exame final:
* 6,0 puntos, constando de cuestións de teoría, cuestións de prácticas e problemas.
b) Cualificación co exame final soamente. O exame constará dun conxunto de cuestións teóricas e prácticas que verifiquen as competencias do alumno e cualificarase sobre 10 puntos. Poderase establecer unha proba de cuestións conceptuais de caracter eliminatorio que de non superarse implicará unha cualificación de 0 puntos no exame final.
- Nos casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas aplicaranse as medidas recollidas na Norma para a avaliación do rendemento académico dos alumnos e a revisión das cualificacións.
Preséntase a continuación a estimación de horas de estudo e traballo persoal.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas en grupo grande, 23 horas
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios), 11 horas
Titorías en grupo moi reducido, 2 horas
Prácticas de laboratorio, 16 horas
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio, 52 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo, 55 horas
Resolución de exercicios ou outros traballos, 23 horas
Preparación exercicios propostos, 10 horas
Preparación memoria das prácticas, 10 horas
Total horas traballo persoal do alumno, 98 horas
Recomendacións para o estudo da materia
- É importante manter o estudo da materia “ao día”.
- É fundamental a asistencia ás clases e laboratorios.
- Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se deben recordar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos:
(1) Facer unha lista e un esquema gráfico con toda a información relevante que proporciona o enunciado.
(2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular.
(3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é preciso ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
Jose Manuel Sanchez De Santos
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881813980
- Correo electrónico
- josemanuel.sanchez.desantos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Gonzalez Diaz
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Correo electrónico
- diego.gonzalez.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Christoph Adam
Coordinador/a- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Teléfono
- 881814087
- Correo electrónico
- christoph.adam [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Lorenzo Medina
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Teórica
- Correo electrónico
- analorenzo.medina [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Arnau Brossa Gonzalo
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Correo electrónico
- arnau.brossa [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
Beatriz Errandonea Felix
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Correo electrónico
- beatriz.errandonea.felix [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Georgina Xifra Goya
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Correo electrónico
- georgina.xifra.goya [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
16.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Bioloxía (3º andar) |
16.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
16.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
16.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Matemáticas (3º andar) |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Química Física (planta baixa) |
20.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Química Técnica (planta baixa) |