Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos: xestión da calidade e da seguridade alimentaria. Trazabilidade.
Os obxectivos concretos da materia son:
- Comprender a importancia da estrutura das biomoléculas presentes nos seres vivos e a súa relación coa función biolóxica
- Comprender o funcionamento e a regulación das enzimas
- Ter unha visión global do metabolismo intermediario, da importancia das moléculas xeradoras de enerxía para conseguir un bo funcionamento do organismo, así como a utilización das biomoléculas como elementos estruturais para a construción das macromoléculas constituíntes dos seres vivos
- Aprender a manexarse nun laboratorio tipo, tomando contacto con técnicas habituais no campo da Bioquímica e a Bioloxía Molecular
Contidos xerais: Enzimoloxía e ás súas aplicacións na biotecnoloxía. Bioquímica metabólica e a súa regulación. Bioloxía molecular e as súas aplicacións na biotecnoloxía.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Unidade temática 1: A REACCIÓN BIOQUÍMICA - ENZIMOLOXÍA (5 h clases expositivas, 1 h titoría en grupo, 10 h estudo e traballo persoal)
Tema 1: Enzimas. Clasificación e nomenclatura. Centro activo: especificidade enzimática. Mecanismos da reacción enzimática. Determinación da actividade enzimática.
Tema 2: Cinética das reaccións catalizadas por enzimas. Cinética das reaccións enzimáticas monosustrato. Constantes cinéticas e a súa determinación. Reaccións bisustrato.
Tema 3: Regulación da actividade das enzimas. Tipos de inhibición enzimática: reversible e irreversible. Enzimas reguladoras. Enzimas alostéricas. Enzimas reguladas por modificación covalente. Isoenzimas.
Unidade temática 2: INTRODUCCIÓN AO METABOLISMO E RUTAS CENTRAIS (4,5 h clases expositivas, 9 h estudo e traballo persoal )
Tema 4: Introdución ao metabolismo. Concepto de metabolismo e rutas metabólicas. Tipos de rutas metabólicas. Mecanismos xerais de regulación do metabolismo. Principios de bioenerxética. O ATP como moeda enerxética.
Tema 5: Rutas centrais do metabolismo (I). O ciclo do ácido cítrico: reaccións da ruta e a súa importancia no metabolismo intermediario. Regulación e balance do ciclo do ácido cítrico. Ciclo do glioxilato: reaccións e balance.
Tema 6: Rutas centrais do metabolismo (II). Cadea respiratoria de transporte de electróns. Proceso de síntese de ATP: fosforilación oxidativa. Especies reactivas do osíxeno: radicais libres.
Unidade temática 3: METABOLISMO DOS HIDRATOS DE CARBONO (5 h clases expositivas, 10 h estudo e traballo persoal )
Tema 7: A glicólise: visión global, reaccións da ruta e balance. Regulación. Incorporación doutros glícidos á ruta glicolítica. Destinos metabólicos do piruvato. Fermentacións.
Tema 8: Gliconeoxénese: función, reaccións da ruta e balance. Precursores gliconeoxénicos.
Tema 9: A ruta das pentosas fosfato: funcións, reaccións e balance.
Tema 10: Metabolismo do glicóxeno. Rutas de síntese e degradación do glicóxeno. Regulación do metabolismo do glicóxeno.
Unidade temática 4: METABOLISMO DE LÍPIDOS. (5 h clases expositivas + 1 h titoría grupo, 10 h estudo e traballo persoal)
Tema 11: Ruta de beta-oxidación dos ácidos graxos: reaccións do ciclo de beta-oxidación. Balance enerxético. Ruta de formación de corpos cetónicos. Cetose e cetoacidose.
Tema 12: Ruta de biosíntese dos ácidos graxos a partir de acetil-CoA: localización, reaccións e balance.
Tema 13: Lipólise: ruta de degradación dos triglicéridos. Biosíntese de triglicéridos e fosfoglicéridos. Ruta de biosíntese de esfingolípidos. Ruta de síntese de esteroides.
Unidade temática 5: METABOLISMO DE AMINOÁCIDOS (3,5 h expositivas, 7 h estudo e traballo persoal)
Tema 14: Catabolismo de aminoácidos: reaccións de transaminación e desaminación oxidativa. Eliminación do grupo amino: ciclo da urea. Outros sistemas de eliminación do grupo amino. Destinos do esqueleto carbonado dos aminoácidos.
Tema 15: Biosíntese de aminoácidos. Ciclo do nitróxeno. Fixación do nitróxeno. Procedencia do esqueleto carbonado dos aminoácidos.
Unidade temática 6:TÉCNICAS BIOQUÍMICAS (1 h clase expositivas, 3,5 h estudo e traballo persoal)
Tema 16: Tecnoloxías do ADN. Clonación do ADN. Enzimas de restrición. Xenotecas. A PCR: trazabilidade. Aplicacións da tecnoloxía do ADN recombinante. Secuenciación do ADN.
SEMINARIOS (6 h)
Seminario 1. Cofactores da actividade enzimática (1 h)
Seminario 2. Exercicios de enzimoloxía e metabolismo, sobre os conceptos expostos nas clases presenciais (4 h)
Seminario 3. Interrelacións principais do metabolismo intermedio (1h).
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (6 h)
Práctica 1: Obtención de Obtención de extracto cru de fígado. (2 h).
Práctica 2: Análise das proteínas mediante electroforese en xeles de poliacrilamida (2 h).
Práctica 2: Enzimoloxía: cuantificación da actividade enzimática da fosfatase ácida, determinación das constantes cinéticas (2 h).
Básica:
- NELSON, D.L. & COX, M.M., Lehninger Principios de Bioquímica, 7ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2018.
- TYMOCZKO, J.L., BERG, J.M. & STRYER, L., Bioquímica: curso básico. Ed. Reverté; Barcelona, 2014.
- STRYER,L; BERG, J.M. & TYMOCZCO, J.L., Bioquímica con aplicaciones clínicas, 7ª ed., Ed. Reverté, Barcelona, 2013.
- MCKEE, T. & MCKEE, J.R. Bioquímica: las bases moleculares de la vida. 7ª ed., Ed. McGrawHill Interamericana, México, 2020 (versión electrónica).
- FEDUCHI, E., ROMERO,C.S., YÁÑEZ, E. & GARCÍA HOZ,J., Bioquímica: Conceptos esenciales, 3ª ed. Ed. Médica Panamericana. Madrid, 2021 (versión electrónica)
- RODWELL, V.W., BENDER, D.A., BOTHAM, K.M., KENNELLY, P.J. & WEIL, P.A. Harper - Bioquímica ilustrada, 31.ed., ed. McGrawHill Interamericana, México, 2018 (versión electrónica)
Complementaria:
- VOET, D., VOET, J. & PRAT, C.W., Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed., Ed. Panamericana, Buenos Aires, 2016 (versión electrónica).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría topográfica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
1. Competencias básicas e xerais
- CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos.
2. Competencias transversais
- CT1 - Capacidade de análise e síntese.
- CT2 - Capacidade para o razonamiento e a argumentación
- CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
- CT5 -Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
- CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
- CT12 -Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
3. Competencias específicas:
- IA1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos: Enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización. Xestión da calidade e da seguridade alimentaria. Análise de alimentos. Trazabilidade.
Os contidos teóricos desenvolveranse en clases expositivas (24 sesións) completadas coas sesións de traballo individual non presencial que realizará o alumnado. Traballaranse as seguintes competencias específicas, básicas e transversais: IA1, CG1, CT2 e CT1. A docencia completarase con 6 seminarios nos que se abordarán diferentes aplicacións prácticas relacionadas cos contidos desenvolvidos nas clases expositivas, e con 2 sesións de titoría en grupo nas que se repasarán contidos clave e se discutirá, coa participación activa do alumnado, sobre os contidos da materia; nestas sesións traballaranse as seguintes competencias: CT5, CT10 e CT12.
Os contidos prácticos desenvolveranse en tres sesións de clases presenciais de laboratorio (2h/sesión). Cada alumno/a disporá a través da plataforma USC-virtual, dun «Manual de Prácticas» no cal se describe o fundamento das técnicas que se utilizan e o desenvolvemento metodolóxico dos procesos experimentais que leven a cabo. Unha vez rematadas as sesións de laboratorio cada alumno/a deberá elaborar, en horas de traballo non presencial, unha memoria de prácticas na que se presenten, interpreten e discutan os resultados obtidos, seguindo as indicacións do Manual de Prácticas. Esta memoria de prácticas deberá ser entregada para a súa valoración. Ao longo das clases prácticas traballásense as seguintes competencias: CT2, CT3 e CT12.
En todas as clases manteranse as medidas hixiosanitarias recomendadas. Todo o alumnado deberá acudir ás prácticas de laboratorio provisto luvas de látex e bata de laboratorio.
O sistema de avaliación constará de dúas partes complementarias:
A) AVALIACIÓN CONTINUA (35% da cualificación final)
- Traballos (20%). Avaliaranse os coñecementos adquiridos e a capacidade para aplicalos, mediante a valoración de dous pequenos traballos individuais sobre dous temas propostos por o profesor/a. Competencias avaliadas CT1, CT2, CT5, CT10, CT12.
- Prácticas de laboratorio (15%): Valorarase a actitude e o traballo realizado no laboratorio, e a capacidade para interpretar e discutir sobre os datos obtidos, mediante a valoración da memoria de prácticas. Competencias avaliadas IA1, CT3, CT12. a
A cualificación correspondente ao apartado de avaliación continua manterase nas dúas oportunidades de cada convocatoria (1ª e 2ª oportunidade).
B) EXAME FINAL (65% da cualificación final)
- Valoraranse os coñecementos adquiridos e a capacidade para relacionalos e aplicalos mediante unha proba escrita de resposta aberta, realizada na datas oficiais aprobadas por o Centro para a 1ª e 2ª oportunidade. Competencias avaliadas CG1, CT2, CT1, CT3, CT12, IA1.
Requisitos:
1. Para ter en conta a cualificación do apartado de avaliación continua o alumno/a debe obter unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final.
2. A asistencia presencial e a participación activa nas clases prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para poder realizar o exame final, e polo tanto, aprobar a materia, tanto na 1ª como na 2ª oportunidade. Aos alumnos/as de segunda matrícula e sucesivas que teñan realizadas as prácticas, manteráselles, se así o desexan, a cualificación correspondente ao apartado "prácticas de laboratorio" durante os tres seguintes cursos académicos. Para ter unha nova cualificación neste apartado deberán necesariamente realizar de novo as prácticas.
3. No caso de alumnos con dispensa de asistencia a clase, recoñecida oficialmente, estarán exentos de asistir ás clases expositivas e seminarios, pero deberán realizar obligatoriamente as prácticas de laboratorio. Neste caso, a avaliación consistirá nun exame final sobre os contidos teóricos (85% da cualificación final) máis a cualificación obtida no apartado "prácticas de laboratorio" (15% da cualificación final).
4. Só os alumnos que non realizasen ningunha actividade durante o curso serán avaliados como "Non Presentado".
5. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións".
1. Traballo presencial na aula (clases presenciais e exames): 41 horas, distribuidas do seguinte xeito:
- clases expositivas: 24 h
- seminarios: 6 h
- prácticas de laboratorio: 6 h
- titorías en grupo reducido: 2 h
- actividades de avaliación: 3 h
2. Tempo de estudo e traballo persoal: 71,5 horas, distribuidas do seguinte xeito:
- Estudo individual: 49,5 h
- Resolución de exercicios e de problemas formulados nos seminarios: 6 h
- Elaboración de traballos e da memoria de prácticas: 16 h
TEMPO TOTAL DE TRABALLO DO ALUMNO/A: 112,5 horas
Recoméndase ao alumnado dedicar un tempo de estudo e traballo persoal xusto despois de cada clase expositiva para ordenar, entender e fixar os conceptos fundamentais do tema en cuestión. Nese caso, o alumno/a estará en condicións de participar de forma activa nas clases de titoría.
Maria Dolores Lopez Pedrouso
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- mariadolores.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Cultivos Herbáceos II (Pav.I-PBS) |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario de Cultivos Herbáceos II (Pav.I-PBS) |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 (Aulario 1) |