Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo fundamental desta materia é proporcionar ao alumno a formación básica necesaria para afrontar o deseño, cálculo, planificación, execución e dirección de construcions rurais, todo iso no marco da normativa vixente en materia de edificación e obra civil.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Construcións agrarias: tipoloxías e elementos.
Deseño e cálculo de edificacións de aceiro, formigón e outros materiais segundo normativa específica.
Deseño e cálculo de cimentacións.
A materia estrutúrase en tres unidades fundamentais:
-UNIDADE 1 Construcións agrarias. Tipoloxías e elementos. Avaliación de accións.
-UNIDADE 2 Deseño e cálculo de edificacións de aceiro, formigón e outros materiais.
-UNIDADE 3 Deseño e cálculo de cimentacións.
Que se desenvolverá conforme ao seguinte programa:
PROGRAMA DE DOCENCIA EXPOSITIVA
UNIDADE 1. Construcións agrarias. Tipoloxías e elementos. Avaliación de accións. (Presenciais: 2h expositivas e 2h seminarios - Non presenciais: 9h)
TEMA 1. Construcións agrarias. Tipoloxías e elemento
Tipos de construcións agrarias.
Materiais empregados.
Elementos estruturais empregados.
TEMA 2. Avaliación de accións.
Normativa de accións. Clasificación.
Valor característico das accións.
Valor representativo das accións.
Valor de cálculo das accións.
Combinación de accións
UNIDADE 2. Deseño e cálculo de edificacións de aceiro, formigón e outros materiais. (Presenciais: 20h expositivas e 20h seminarios - Non presenciais: 64h)
TEMA 3. Edificacións de aceiro e outros materiais.
Introdución.
Edificación en aceiro.
Edificiación noutros materiais.
TEMA 4. Introdución á edificación en formigón.
Composición e tipos de formigón.
Materiais. Datos dos materiais para o proxecto.
Execución de estruturas de formigón.
Control de estruturas de formigón.
TEMA 5. Bases de cálculo estrutural en formigón.
Método dos estados límite.
Estados Límite Últimos.
Estados Límite de Servizo.
Estado Límite de Durabilidad.
TEMA 6. Comprobacións relativas aos estados límite ultimos en elementos estruturais de formigón.
E.L. de equilibrio.
E.L. de esgotamento fronte a solicitaciones normais.
E.L. de inestabilidade.
E.L. de esgotamento fronte a cortante.
E.L. de esgotamento por torsión en elementos lineais.
E.L. de esgotamento fronte a punzonamiento.
E.L. de esgotamento por esforzo rasante en xuntas entre formigóns.
E.L. de fatiga.
TEMA 7. Comprobacións relativas aos estados límite de servizo en elementos estruturais de formigón.
E.L. de fisuración.
E.L. de deformación.
E.L. de vibracións.
TEMA 8. Elementos estruturais en formigón.
Idealización de estruturas en formigón.
Vigas.
Soportes. Alicerces.
Outros elementos estruturais.
Unións e apoios en formigón.
UNIDADE 3 Deseño e cálculo de cimentacións. (Presenciais: 2h expositivas e 2h seminarios - Non presenciais: 10h)
TEMA 9. Deseño e cálculo de cimentacións
Tipos de cimentacións en construción rural. Elementos de cimentación superfical. Tipos de zapatas. Elementos de atado. Outros elementos de cimentación superficial.
Comprobacións relativas aos Estados Límite Últimos de elementos de cimentación superficial. Verificación da Estabilidade. Verificación da Resistencia. Verificación da Capacidade estrutural.
Comprobacións relativas aos Estados Limite de Servizo de elementos de cimentación superficial.
PROGRAMA DE DOCENCIA INTERACTIVA
UNIDADE 1. Construcións agrarias. Tipoloxías e elementos. Avaliación de accións. ( Presenciais: 1h interactivas - Non presenciais: 5h)
Laboratorio 1: Accións permanentes e uso
Laboratorio 2: Accións do vento e neve
Laboratorio 3: Valor de cálculo das accións
Laboratorio 4: Combinación de accións
Titoría 1: Avaliación de accións na edificición
UNIDADE 2. Deseño e cálculo de edificacións de aceiro, formigón e outros materiais. ( Presenciais: 1h interactivas - Non presenciais: 5h)
Laboratorio 5: E.L.A.Solicitaciones Normais. Flexión Simple I.
Laboratorio 6: E.L.A.Solicitaciones Normais. Flexión Simple II.
Laboratorio 7: E.L. de Inestabilidade (Pandeo)
Laboratorio 8: E.L.A.Solicitaciones Normais. Flexión Composta.
Laboratorio 9: E.L. de esgotamento fronte a cortante I.
Laboratorio 10: E.L. de esgotamento fronte a cortante II.
Laboratorio 11: E.L. de esgotamento fronte a punzonamiento.
Laboratorio 12: E.L. de fisuración.
Laboratorio 13: Viga en formigón armado
Laboratorio 14: Pilar en formigón armado
Laboratorio 15: Elementos unidireccionales e bidireccionales.
Laboratorio 16: Unións.
Laboratorio 17: Naves I
Laboratorio 18: Naves II
Laboratorio 19: Naves III
Titoría 2: Deseño e cálculo de estruturas de formigón.
UNIDADE 3 Deseño e cálculo de cimentacións. ( Presenciais: 1h interactivas - Non presenciais: 4h)
Laboratorio 20: Verificación estabilidade de cimentacións directas.
Laboratorio 21: Verificación resistencia de cimentacións directas.
Laboratorio 22: Verificación capacidade estrutural de cim. directas I
Laboratorio 23: Verificación capacidade estrutural de cim. directas II
Laboratorio 24: Verificación capacidade estrutural de cim. directas III
Titoría 3: Deseño e cálculo de cimentacións
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA RECOMENDADA
- UNIDADE 1. Construcións agrarias. Tipoloxías e elementos. Avaliación de accións.
o Ministerio de Fomento. 2010. Código Técnico de la Edificación. Madrid. DB SE: Seguirdad Estructural y DB SE-AE: Acciones de la edificación.
(http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/)
- UNIDADE 2 Deseño e cálculo de edificacións de aceiro, formigón e outros materiais.
o Calavera Ruiz, J. 2008. Proyecto y cálculo de estructuras de hormigón: en masa, armado y pretensado. 2ª ed. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Ministerio de Transportes, movilidad y agenda urbana. 2020 Código Estructural. (Real Decreto 470/2021) Títulos 1 (Bases Generales), 2 (Estructuras de hormigón) y 3 (Estructuras de acero). Anejos 1 a 29
https://www.mitma.gob.es/organos-colegiados/comision-permanente-del-hor…
o Jiménez Montoya, P. 2009. Hormigón armado. 15ª ed. basada en la EHE 2008, ajustada al Código modelo y al Eurocódigo EC-2. Gustavo Gili.
- UNIDADE 3 Deseño e cálculo de cimentacións.
o Ministerio de Fomento. 2010. Código Técnico de la Edificación. Madrid. DB SE-C: Cimientos.
(http://www.codigotecnico.org/web/recursos/documentos/)
o Calavera Ruiz, J. 2000. Cálculo de estructuras de cimentación. 4ª ed. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
o Asociación Española de Normalización y Certificació AENOR. 1997-1998. Eurocódigo 1: bases de proyecto y acciones en estructuras. Madrid. Colección Eurocódigos (AENOR).
o Asociación Española de Normalización y Certificació AENOR. 1993-1997. Eurocódigo 2: proyecto de estructuras de hormigón. Madrid. Colección Eurocódigos (AENOR).
o Asociación Española de Normalización y Certificació AENOR. 1999-2001. Eurocódigo 7: proyecto geotécnico. Madrid. Colección Eurocódigos (AENOR).
o Calavera Ruiz, J. 2002. Cálculo, construcción, patología y rehabilitación de forjados de edificación : unidireccionales y sin vigas-hormigón metálicos y mixtos. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Calavera Ruiz, J. 2004. Ejecución y control de estructuras de hormigón. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Calavera Ruiz, J. 2009. Fichas de ejecución de obras de hormigón. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Calavera Ruiz, J. 1993. Manual de detalles constructivos en obras de hormigón armado: edificación, obras públicas. Madrid. Instituto Técnico de Materiales y Construcciones. INTEMAC.
o Fernández Cánovas, M. 2007. Hormigón: adaptado a la Instrucción de recepción de cementos y a la Instrucción de hormigón estructural EHE. 8ª ed. Madrid. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
o Medina Sánchez, E. 2008. Construcción de estructuras de hormigón armado: edificación. 2ª ̇ed. Madrid. Delta.
COMPETENCIAS XERAIS
Entre as competencias xerais que o alumno adquire na titulación, a materia de Construción Rural trata de contribuír a proporcionar as seguintes:
- CG1 Coñecemento en materias básicas,científicase tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes
- CG4 - Capacidade para a búsqueda e utilización da normativa e reglamentación relativa ao seu ámbito de actuación
- CEG1. Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e firma de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada a Ia elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinería e o paisajismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais ?parques, xardíns, viveiros, arboledo urbano, etc.?, instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
- CEG2. Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisajismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
- CEG3. Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificacións, infraestruturas e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
- CEG 4 Capacidade para a redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estea destinado o ben moble ou inmoble obxecto delas.
- CR7 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motorese máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
- EA3 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría das explotacións agropecuarias: electrificación de explotacións agropecuarias. Maquinaría agrícola. Sistemase tecnoloxía da rega. Construcións agropecuarias. Instalacións para a saúde e o benestar animal.
- MC3 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases e tecnoloxía das construcións rurais: mecánica de solos. Materiais. Resistenciade materiais. Deseño e cálculo de estruturas. Construcións agrarias. Infraestruturas e vías rurais.
- CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias
Prácticas de aula informática
Utilización de lousas clásicas e dixitais. Utilización da aula virtual
Realización de presentacións mediante ordenador
Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso
Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos
Titorías individualizadas e colectivas
Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos
Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/é de discusión activa
Avaliación de competencias mediante exercicios de control
A materia desenvolverase fundamentalmente a través de clases teóricas, clases de laboratorio, titorías e control da aprendizaxe.
Nas clases teóricas, os profesores expoñerán aos alumnos os conceptos básicos máis relevantes da materia. O seu contido consitirá fundamentalmente en explicacións dos fenómenos que ocorren nos diferentes elementos estruturais e as comprobacións de cálculo que hai que realizar para asegurar o seu correcto funcionamento. Competencias traballadas CG1, CEG1, CEG2, CEG4, CG4, CR7, EA3, MC3.
Estas clases completaranse con actividades de seminario nas que se resolverán casos prácticos mediante cálculo manual e ferramentas informáticas, tales como a entrega dun traballo baseado en material en ingés (artigo científico, texto, recursos web, vídeo técnico, bases de datos, etc.). Competencias traballadas CEG1, CEG2, CEG4, CG4, CR7, EA3, MC3, CT11
Alguna actividade farase en lingua extraxeira e poderá ser avaliada.
Durante todo o curso, os profesores que imparten a materia estarán a disposición dos alumnos en horario de titorías, no despacho.
Durante o desenvolvemento do curso, os profesores poderán expor actividades de avaliación da aprendizaxe, para que o alumno poida ir comprobando o seu grao de comprensión, seguimento e aprendizaxe.
- Exame de contidos teórico-práctico (70% da cualificación final, debendo conseguir un mínimo de 3 puntos sobre un total de 7). Competencias avaliadas: CG1, CEG1, CEG2, CEG3, CEG4, CG4, CR7, EA3, MC3, CT11
- Traballos de curso (30% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG4, CT11
A cualificación final obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debendo conseguir un mínimo de 5 puntos para superar a materia. Estes criterios son válidos tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Aos alumnos repteidores gardaraselles a nota do traballo de curso ata dúas convocatorias.
Os estudantes que teñan concedida unha dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas de acordo co disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral deberán realizar un exame que valerá o 100% da cualificación final.
En calquera escenario: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Considérase necesario dedicar entre seis e sete horas semanais de estudo e traballo persoal a esta materia.
Docencia presencial:
Docencia expositiva: 24 h
Docencia interactiva 24 h
Tutorías 3h
Actividades de evaluación2 h
Tempo de estudos e de traball persoal non presencial
Lectura e preparación de temas 25h
Realización de exercicios 30h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 10h
Elaboración de traballos de curso 20h
Preparación de probas de avaliación 12h
Para alcanzar os obxectivos propostos, convén asistir a clase, conseguir a documentación adicional, tomar notas e realizar as preguntas daqueles aspectos que ofrezan algunha dúbida.
Para o traballo persoal, tanto individual como en grupo, recoméndase ler e comprender os aspectos teóricos de cada tema, repasar os casos prácticos resoltos en clase e a continuación tratar de abordar os problemas propostos polo profesor. Isto axuda a clarificar os conceptos e permite familiarizarse co modo de traballo e os procesos de cálculo e comprobación dos elementos estruturais que se pretende comprender.
Conforme se estuda a materia, convén recompilar todas aquelas dúbidas que vaian xurdindo para acudir ás titorías e resolvelas. En ditas titorías comentarase e comprobarase tamén como se resolveron os problemas propostos polo profesor.
Manuel Luis Torres Labandeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- m.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Pedro Ortiz Sanz
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juan.ortiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 4 (Aulario 1) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
16.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |
16.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 (Aulario 3) |