Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal da materia é dotar ó alumno de ferramentas para o coñecemento das compoñentes do ciclo hidrolóxico, estimación de recursos hídricos tanto ordinarios como extraordinarios (enchentes e secas) e a cuantificación da influencia da cuberta vexetal sobre os caudais líquidos. Ademais introducirase no estudo do fluxo de auga en lámina libre.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fundamentos da enxeñaría hidrolóxica: infiltración, escoamento superficial, modelos hidrolóxicos, fluxo de auga en medios porosos (hidroloxía subterránea). Deseño hidrolóxico: estatística hidrolóxica e curvas de precipitación intensidade-duración-frecuencia. Lámina libre: réxime uniforme e permanente. Caudal en canles abertos: resaltos hidráulicos. Hidrometría en réxime forzado e en lámina libre
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
TEMA1. FLUXO EN LÁMINA LIBRE: RÉXIME UNIFORME E PERMANENTE (4 horas)
Fluxo en lámina libre., características e comparación co fluxo en carga. Características que definen unha canle. Canles naturais e artificiais. Clasificación en canto ao fluxo establecido. Distribución de velocidades. Ecuacións de fluxo en lámina libre. Ecuación do movemento uniforme e permanente. Fórmula de Chézy. Fórmula de Manning. Resolución de problemas con fluxo uniforme e permanente. Conducións abertas, conducións abertas en condicións de demasía, conducións pechadas. Seccións de máxima eficiencia hidráulica. Algúns criterios para o deseño hidráulico de canles. Parámetros básicos de deseño.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 4.5 horas
TEMA 2. RÉXIME RÁPIDAMENTE VARIADO: RESALTOS HIDRÁULICOS (6,5 horas )
Concepto de enerxía específica. Relación entre enerxía específica e calado nunha canle dada. Relación entre caudal e calado para unha enerxía específica nunha canle dada. Ecuación de crisis. Número de Froude. Medicións en réxime crítico. Elementos que definen un resalto. Conservación da cantidade de movemento nun resalto. Estudio do momentum o forza específica. Elementos dun resalto nunha canle rectangular.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 7.5 horas
TEMA 3. HIDROMETRÍA EN RÉXIME LIBRE (1 horas)
Réxime crítico para medida de caudais. Elaboración de curva de descarga a partir da ecuación de Manning
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 0,5 horas
TEMA 4. INTRODUCCIÓN Á HIDROLOXÍA (1 hora)
Ciclo hidrolóxico. Marco legal da auga en España: Lei e Regulamento. Sistemas e subsistemas hidrolóxicos. Modelos hidrolóxicos.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 1 horas
TEMA 5. A AUGA NA ATMÓSFERA (I): PRECIPITACIÓN (2 horas)
Formación da precipitación. Tipos de precipitación. Medida da humidade na atmosfera. Medida da precipitación. Datos ausentes. Determinación da precipitación sobre un área. Densidade de estaciones pluviométricas.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 2,5 horas
TEMA 6. A AUGA NA ATMÓSFERA (II): EVAPORACIÓN (2 horas)
Radiación solar. Vento. Perfís de velocidade. Evaporación potencial e Evapotranspiración potencial do cultivo de referencia. Métodos para a estimación da evaporación e da evapotranspiración: métodos hidrolóxicos, métodos micrometeorolóxicos e métodos empíricos. Transpiración e interceptación en bosques.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 2,5 horas
TEMA 7. MEDICIÓNS HIDROLÓXICAS (1 hora)
Tipos de hidrogramas. Interpretación de rexistros de caudal: Unidades. Medidas de caudais. Medidas de nivel. Medidas de velocidade. Curvas de aforo.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 1 horas
TEMA 8. ESTATÍSTICA HIDROLÓXICA (3 horas)
Tratamento probabilistico da información hidrolóxica. Distribucións estatísticas usadas en hidroloxía: Continuas. Axuste dunha distribución estatística. Período de retorno. Distribucións estatísticas de valores extremos: máximos e mínimos. Análise de frecuencias
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
TEMA 9. AUGA SUBSUPERFICIAL. INFILTRACIÓN (3 horas)
Medidas de humidade e potencial no solo. Infiltración instantánea e infiltración acumulada. Factores que afectan á infiltración. Fluxo saturado: Lei de Darcy. Fluxo non saturado: Lei de Richards. Medida da infiltración. Modelos de infiltración: modelos empíricos, modelos semiempíricos: ecuación de Green-Ampt e modelos físicos: ecuación de Richards. Medida da condutividade hidráulica: métodos de laboratorio e campo.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
TEMA 10. AUGA SUPERFICIAL. ESCOAMENTO (3 horas)
Tipos de escoamento. Teorías de xeración do escoamento superficial. Precipitación efectiva. Cálculo dos coeficientes de escoamento. Método de Phi. Método do número de curva do SCS. Cálculo das abstraccións co método de Green-Ampt. Modelos hidrolóxicos para o cálculo de escoamentos mensuais en cuncas non aforadas (calibración).
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
TEMA 11. HIDROGRAMAS (3 horas)
Fluxo base. Hidrograma unitario: Tempo de concentración. Hidrogramas Unitarios sintéticos. Método racional.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
TEMA 12. CONDUCCIÓN DE ENCHENTES (2,5 horas)
Teorema de transporte de Reynolds. Sistemas agregados: Transito hidrolóxico en ríos: método de Muskingum. Sistemas distribuídos: Ecuacións de Saint-Venant. Método de Muskingum-Cunge.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 2,5 horas
TEMA 13. TREBOADAS DE DESEÑO (1 hora)
Elaboración e utilización de curvas Intensidade-Duración-Frecuencia. Elaboración de treboadas de deseño. Simulación de enchentes.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 0,5 horas
TEMA 14. HIDROLOXÍA SUBTERRÁNEA (3 horas)
Conceptos de hidroloxía subterránea. Fluxo en medios porosos. Lei de Darcy xeralizada. Clasificación de acuíferos. Réxime permanente e variable. Mananciais.
*Estimación de traballo total do alumnado para o tema: 3,5 horas
Prácticas
Práctica 1. Representación das curvas de descarga. Evolución das curvas de enerxía específica co calado (2 horas)
Practica 2. Caracterización conca hidrográfica cun Sistema de información xeográfica (4 horas)
Práctica 3. Construción e calibración dun modelo hidrolóxico continuo (2 horas)
Práctica 4. Simulación de eventos de caudal cos programas cos programas HEC-HMS,CAUMAX e con outras metodoloxías (3 horas)
• CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
• Chow, V. T.; Maidment, D. R. y Mays, L.W. 1994. Hidrología aplicada. McGraw-Hill Interamericana. Santa fe de Bogotá. 584 pp.
• Franzini, JB., y Finnemore, E. 1999. Mecánica de fluidos con aplicaciones en ingeniería. McGraw Hill
• Gupta.(Ed.) 2017. Handbook of Applied Hydrology, 2nd edition. McGraw-Hill. Acceso a través da biblioteca universitaria da USC. Libros electrónicos
• Muñoz Carpena, R., Ritter Rodríguez, A.. 2005. Hidrología Agroforestal. Mundi-Prensa Libros, SA. Madrid: 360 pp.
• Sánchez-Juny, M.; Bladé, E.; Puertas, J. 2007: "Hidráulica". Universidade da Coruña.
• Sánchez San Román, F.J. Hidrología Hidrogeología En http://hidrologia.usal.es
Bibliografía complementaria
• Hydrologic Engineering Center User's Manual (CPD-74A) Description of the use and application of the program. Current Version: Version 4.8, April 2021 ttps://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmsum/4.8
• Hydrologic Engineering Center User's Manual Technical Reference Manual (CPD-74B) Discussion of the technical underpinnings of the program including theoretical basis, parameter estimation techniques, and application suggestions. https://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmstrm
• Heggen, R. J. (Ed.). 1996. Hydrology handbook. 2ª edición. ASCE Press. New York. 784 pp.
• Maidment, D. R. 1989. Handbook of hydrology. McGraw-Hill Inc. New York. 1250 pp.
• Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp. https://www.miteco.gob.es/es/agua/publicaciones/guia_metodologica_ZI.as…
• WMO. 2012. Glosario hidrológico internacional . WMO-No. 385 https://library.wmo.int/doc_num.php?explnum_id=8209
• Textos lexislativos: Planos hidrolóxicos de conca, Directiva Marco da Auga, Lei de augas, Regulamento del Dominio Público Hidráulico, Instrución de planificación hidrolóxica
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría topográfica en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
• Competencias básicas: CB2,CB3,CB4,CB5
• Competencias transversais: CT1, CT2, CT3,CT4, CT6, CT10, CT11, CT12
• Competencias xerais: CG1, CG3,CG7
• Competencias específicas: CEFB1, CEFB3, CECF3, CECF6, CECF7, CETEEF10
Nesta materia a metodoloxía de ensino divídese en docencia presencial: con clases teóricas, seminarios de resolución de problemas, prácticas en aula de informática e titorías individualizadas e colectivas e traballo non presencial de elaboración de traballos e proxectos propostos, realización das memorias de prácticas e traballo autónomo e estudo independente dos alumnos.
Faise unha avaliación continua das prácticas e outras actividades que son avaliadas xunto coa proba final para calcular a cualificación da materia
Nesta materia na docencia presencial traballaranse as seguintes competencias:
*Docencia expositiva: CB5,CG1,CG3,CT1,CT2,CT3, CEFB1, CECF3, CECF7, CETEEF10
*Seminarios e resolución de problemas: CB2,CB3,CB4,CB5, CT1, CT2, CT3,CT4, CT10, CT11, CT12, CG1, CG3,CG7, CEFB1, CECF3, CECF6, CECF7, CETEEF10
*Prácticas e elaboración de traballos CB2,CB3,CB4,CB5, CT1, CT2, CT4, CT6, CT10, CT11, CT12, CG1, CG3,CG7, CEFB1, CEFB3, CECF3, CECF6, CECF7, CETEEF10
*Titorías en grupos reducidos CB2,CB3,CB5, CT1, CT2, CG1, CG3,CG7, CEFB1, CECF3, CECF7, CETEEF10
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual ou MS Teams.
1. Exame escrito, constará de dúas partes (parte teórica e parte de problemas) e, terá un valor do 70% da puntuación final da materia.
- Teórico: Consistirá en preguntas ou cuestións teóricas sen apuntes. Supoñen o 30 % da nota do exame escrito sendo necesario un mínimo de 3 puntos sobre 10 para poder facer media coa parte de problemas.
- Problemas: Supón o 70 % da nota do exame escrito e consiste na resolución de varios problemas, para poder facer media coa parte teórica necesítase un mínimo de 3 puntos sobre 10. As fórmulas e táboas necesarias para a resolución proporcionaranse no exame.
2. Programa práctico: O traballo práctico asignado a cada grupo, para a realización deste utilizaranse os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e prácticas. Valoración máxima 15 % da puntuación total da materia.
3. Outras actividades. poden constar exames curtos, de problemas propostos que terá que resolver o estudante, probas escritas, procura de artigos científicos en inglés en Web of Science e Scopus, traballos con glosarios en inglés con termos da materia 15 % da puntuación total da materia.
Este sistema de avaliación estará vixente tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Prazos de entrega de traballos de prácticas: Os traballos de prácticas deberán ser entregados nun prazo máximo de 20 días naturais a partir da data de realización da práctica.
As cualificacións das memorias de prácticas e de outras actividades conservaranse durante o curso académico actual e o próximo curso.
Faise unha avaliación continua das prácticas e outras actividades que son avaliadas xunto coa proba final para calcular a cualificación da materia
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia aos exames, podendo realizar o resto de actividades programadas na Guía docente de xeito non presencial.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións correspondente ao artigo 16 da Resolución do 15/06/2011 da USC, DOG do 21/07/2011.
Exame escrito (Peso na cualificación 70%):
Competencias: CT1*, CT2*, CT3*, CT6*, CT10, CT11, CT12*, CB2*,CB3*, CB5*, CG1*, CG3*, CEFB1*, CECF3*, CECF7*, CETEEF10*
Prácticas (Peso na cualificación 15%):
Competencias: CT1*, CT2*, CT3*,CT4, CT6*, CT10*, CT11*, CT12*, CB2*,CB3*, CB4*, CB5*, CG1*,CG3*, CG7*, CEFB1*, CEFB3*, CECF3*, CECF6*, CECF7*, CETEEF10*
Traballos entregados (Peso na cualificación 15%):
Competencias: CT1*, CT2*, CT3*,CT4, CT6*, CT10*, CT11*, CT12*, CB2*,CB3*, CB4*, CB5*, CG1*, CG3*, CG7*, CEFB1*, CEFB3*, CECF3*, CECF7*, CETEEF10*
* Competencias avaliadas
O tempo presencial inclúe docencia expositiva e prácticas 48 horas, titorías en grupo reducido 3 horas, exame 4 horas, e como tempo de traballo persoal lectura e preparación de temas 40 horas, Realización de exercicios, elaboración de memorias de prácticas e traballos de curso 37 horas e preparación das probas de avaliación 15 horas.
A asistencia a clase recoméndase que sexa dun xeito activo, participando no seu desenvolvemento. Así mesmo, é interesante facer uso das titorías, recorrer á bibliografía recomendada e participar nas prácticas e realizar os traballos prácticos.
Tomas Serafin Cuesta Garcia
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- tomas.cuesta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Dafonte Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- jorge.dafonte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade