Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que o alumno que cursou e superou esta materia teña capacidade para:
- Coñecer a importancia da madeira como materia prima renovable
- Diferenciación da madeira respecto doutros materiais naturais e artificiais
- Diferenciar entre os procesos da industria de primeira e segunda transformación da madeira
- Coñecer a produción madeireira no mundo e en España
- Coñecer o sector do serrado e as súas diferentes tipoloxías
- Coñecer o sector da industria de taboleiros e as súas tipoloxías diversas
- Entender e detectar a problemática industrial que supón o abastecemento de madeira, os conceptos que interveñen nela e a súa manifestación a niveis global, rexional e local
- Traballar en equipo
Contidos
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• A materia prima para a Industria de Primeira Transformación
• A industria de primeira transformación da madeira en España
• O parque de madeiras
• Industria do serrado
• Industria da chapa
• Taboleiro contrachapado
• Taboleiro alistonado
• Taboleiro de partículas
• Taboleiro de fibras
Que serán desenrolados de acordo co seguinte temario:
TEMARIO DE TEORIA.-
1. A PRODUCCIÓN MADEIREIRA NO MUNDO E EN ESPAÑA (2 horas. Horas non presenciais do bloque: 5 horas)
- A produción de madeira no mundo
- O comercio internacional da madeira
- A industria de primeira transformación no mundo
- A industria de primeira transformación en España
2. PARQUES DE MADEIRA (2 horas. Horas non presenciais do bloque: 5 horas)
- Tipos de parques de madeira e as súas características
- As operacións do parque: recepción, descarga, apilado, tronzado, descortizado e clasificación
- Equipos de movemento de madeira
3. AS INDUSTRIAS DE PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN: SERRADO (10 horas. Horas non presenciais do bloque: 30 horas)
- Descrición da maquinaria: Máquina descortizadora, Serra principal de carro, Desdobladora, Canteadora, Retestadora, Serras múltiples, Tratamento contra o azulado, Liñas de fabricación
- Produtos do serrado e Rendementos
- Calidade da materia prima: Calidade da madeira en rolo para a industria de serrado e influenza no rendemento e na calidade dos produtos elaborados
- Despeces
- Normas de clasificación da madeira elaborada
- Estudio económico: Produtividade, Vendas, Custes, Inventario de existencias, Conta de explotación
- Afiado: Útiles de corte, Tipos de dentes, Triscado e recalcado, Afiado, Estelitado e videa
- La industria de serrado no mundo, en España e en Galicia
4. AS INDUSTRIAS DE PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN: INDUSTRIA DE TABOLEIROS (10 horas. Horas non presenciais do bloque: 30 horas)
- Clasificación dos taboleiros
- Datos de fabricación de taboleiros
- Proceso de produción de Taboleiros de partículas: Descortizado, Fabricación de partículas, Almacenamento e dimensionado das partículas (silos e muíños), Secado e clasificación de partículas, Encolado e encoladoras, Fabricación do taboleiro e Acabado
- Proceso de produción de Taboleiros de fibras: Descortizado, Preparación da madeira para o desfibrado, Técnicas de desfibrado, Preparación da suspensión de fibras: aditivos ou cargas, Técnicas de afieltrado en húmido, Técnicas de afieltrado en seco e semiseco, Tratamentos de taboleiros, Canteado e acabado do taboleiro
- Taboleiros de chapa e outros: Liñas de fluxo, Preparación da madeira en rolo, Cocido e vaporizado, Cilindrado dos troncos, Técnicas de obtención de chapa
TEMARIO DE PRACTICAS (Horas non presenciais do bloque: 32 horas)
Practica nº 1. Desenrolo dunha memoria descritiva das instalacións e conta de explotación dun serradoiro de madeira en activo ou ben inventario de industrias de primeira e de segunda transformación da madeira dunha comarca galega de elección consensuada co profesor. 16 horas
Practica nº 2. Visita ás instalacións de diferentes serradoiros de madeira. A descrición teórica das instalacións estándar de liñas de serrado débense complementar coa visita a unha ou máis intalacións que permitan o visionado en directo das operacións e maquinaria destas industrias. 4 horas
Practica nº 3. Visita ás instalacións de dúas plantas de producción de taboleiros. A descrición teórica das instalacións estándar de liñas de producción de taboleiros de partículas e de fibras débense complementar coa visita a intalacións que permitan o visionado en directo das operacións e maquinaria destas industrias. 4 horas
Bibliografía básica
• 1. Tecnología de la madera. Santiago Vignote. MAPA
• 2. La madera y su tecnología. Luis García Esteban. AITIM
Bibliografía complementaria
• 3. La madera en la construcción. AITIM
• 4. Manual de secado de maderas. J. I. Fernández- Golfín. CIFOR –INIA
• 5. Manual para el afilado y conservación de sierras de cinta y circulares. M. A. González Álvarez. AITIM
• 6. Acabados de la madera. S. W. Gibbía. CEAC
• 7. Tecnología de tableros de partículas. W. Ginzel. MAPA
• 8. Apuntes de industrias de tableros. A. Babío
• 9. Prácticas del chapeado de la madera. Charles H. Hayward. CEAC
• 10. Wood Technology & Processes, Varios autores, McGraw-Hill
• 11. Project Wood: Materials Technology Wood, Dermot Gannon. Ed. Gill
En esta materia el alumno adquirirá o practicará una serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría técnica forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CT1: Capacidade de análise y síntese
• CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
• CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
• CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
• CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
• CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais
• CT11: Utilización de información en lingua extranxeira
• CG11: Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas
Competencias específicas:
• CECF13 - Aproveitamentos Forestais
• CETEIF2 - Suministro de materias primas en la industria forestal
• CETEIF3 - Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira
• CETEIF4 - Coñecementos para o cálculo e deseño de instalacións de carpintaría, secado, descortizado e trituración da madeira
• CETEIF9 - Control de calidade na industria forestal
É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na materia, así como a amplitude e diversidade dos obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.
Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.
Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia e satisfacen as competencias básicas, xerais, transversais e específicas citadas debese poñer á súa disposición toda a información necesaria, auxiliándose para elo nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, tales como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.
Ademáis, a materia integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.
Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional axeno á universidade.
Este é o reparto horario segundo tipoloxía das actividades
Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 24 horas
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 16 horas
Prácticas/Viaxes: 8 horas
Titorías individuais: 3 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
1. Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
Asistencia a, polo menos, o 80% das clases presenciais (teóricas, titorías, seminarios e prácticas).
As competencias CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7 y CT8 serán traballadas na clase mais non avaliadas.
2. Méritos imputables na avaliación numérica
Os alumnos examinaranse da parte teórica da materia mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro, e que será necesario aprobar para superar a materia. O exame consta de 8-10 preguntas curtas, relacionadas co explicado en clase enfocadas a avaliar a visión xeral que dos procesos de serrado e produción de taboleiros foi desenrolada durante o curso.
Unha parte do temario será preparado polo alumnado en forma de traballos individuais que entregarán por escrito. Serán 2 traballos centrados na calidade do aserrado, no afiado e na descripción de diversas liñas de producción de taboleiro. Estes traballos representarán un 60% da avaliación da materia.
En resumen, a importancia na avaliación final da materia de cada un dos elementos comentados e a relación entre cada actividade avaliadora e as competencias definidas para a materia, plásmase no seguinte cadro:
Sistema de avaliación Competencias Peso na calificación
Asistencia e participación 10 %
Probas escritas CG11, CECF13, CETEIF2, CETEIF3, CETEIF4, CETEIF9 30 %
Traballo práctico CT11, CETEIF1, CETEIF2, CETEIF3, CETEIF4, CETEIF9 60 %
Todo menos as probas finais forman parte da avaliación continua.
As viaxes de prácticas non son obrigatorias pero si muy recomendables e non computan na avaliación final.
O alumnado que non superasen a materia na convocatoria ordinaria e teñan presentado o traballo práctico, só terán que realizar o exame da convocatoria de xullo. O alumnado repetidor conservará a nota obtida na parte práctica para cursos seguintes, podendo realizar os exámenes parciais e/ou o final.
O estudantado que teña concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas, segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que, para aprobar esta materia, é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas sinaladas no horario e programadas na guía docente.
Respeto do plaxio e o uso indebido das tecnoloxías é importante destacar que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das calificacións.
Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 4 horas de adicación á materia, o que supón un total de, aproximadamente 96 horas. A isto sería necesario engadir un complemento de 15 horas para a preparación do traballo elaborado sobre unha industria do serrado.
- Lectura e preparación de temas 45 horas
- Preparación de probas de avaliación 45 horas
- Elaboración dun traballo práctico descritivo dunha industria 12 horas
- Total horas de estudio e traballo persoal 102 horas
É dicir, son necesarias un total de 102 horas
Trátase dunha materia obrigatoria impartida pola área de coñecemento de Enxeñaría Agroforestal. A materia aportará unha visión ampla no que afecta ó estudo e á organización das industrias de dous dos sectores máis importantes da Primeira Transformación da madeira: serrado e taboleiros. Iso suporá o estudio de materias primas, liñas de produción, tecnoloxía, produtos,... Iso implica que se recomende a asistencia e a participación activa nas clases, así como as consultas das posibles dúbidas en titorías.
É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria, especialmente a lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor. Ademais, vinculado con esa relación profesor – alumno, recoméndase consultar dúbidas durante o desenrolo da clase correspondente ou en titorías, para o que será necesario o repaso da materia explicada en clase e a elaboración dunha síntese esquemática.
Finalmente, recoméndase abordar os traballos elaborados en grupo dende un punto de vista moi práctico, de xeito planificado e anticipado. Tanto estes traballos documentais como a visita á planta de celulosa, permitirán coñecer moito mellor o sector e observar na práctica todo o que foi manexado nas clases teóricas.
Unha información máis ampla sobor deste programa está dispoñible na guía do estudantado da materia: Industrias de Primeira Transformación da Madeira para o Curso 2023_24.
A materia tamén utiliza a USC virtual: https://www.usc.gal/gl/campusvirtual
Pablo Vila Lameiro
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- pablo.vila.lameiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor