Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da mecanización agraria. Automática agraria.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Automatización e mecanización de explotacións gandeiras. Preparación, almacenamento e distribución de concentrados e forraxes. Mecanización do muxido. Tratamento e distribución de residuos. Agricultura de precisión. Mecatrónica: controis electrónicos nas máquinas agrícolas.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
A) CLASES EXPOSITIVAS (18 horas presenciais / 20 horas de traballo non presencial)
Tema 1 Picado de forraxes, colleitadoras autopropulsadas (3 h / 3 h)
Tema 2 Preparación, almacenamento e distribución de concentrados e forraxes (3 h / 3 h)
Tema 3 Mecanización do muxido (5 h / 5 h)
Tema 4 Control de instalacións de muxido (3 h / 5 h)
Tema 5 Mecanización do tratamento e distribución de residuos (1 h / 1 h)
Tema 6 Introdución ó concepto de Agricultura de precisión (1 h / 1 h)
Tema 7 Sistemas GPS. Aplicacións na agricultura (1 h / 1 h)
Tema 8 Tecnoloxías de aplicación dose variable, controis electrónicos (1 h / 1 h)
B) PRÁCTICAS (18 horas presenciais / 18 horas de traballo non presencial)
Práctica 01 Identificación e compoñentes das instalacións de muxido (1 h / 1 h)
Práctica 02 O funcionamento das instalacións de muxido (1 h / 1 h)
Práctica 03 Identificación e manexo do instrumental de control de instalacións (4 h / 4 h)
Práctica 04 Ensaios mecánicos, controis estáticos e dinámicos (4 h / 4 h)
Práctica 05 Sistemas de guiado en tractores agrícolas (2 h / 2 h)
Práctica 06 Práctica 6. Control electrónico de apeiros (1 horas) (1 h / 1 h)
Práctica 07 Viaxe de campo: Realizarase unha viaxe na que se verán aplicacións prácticas de aspectos relacionados co temario da materia (5 h / 5 h)
C) TITORÍAS EN GRUPO (2H)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Bibliografía básica
BUXADÉ CARBÓ, C. (2002). El ordeño en el ganado vacuno: Aspectos clave. Mundi-prensa. Madrid.
Gil, J.; Seco, A.; Basso, B.; Satori, L.; Bertocco, M. 2007. Manual de agricultura de precisión. Eumedia. Madrid 121 pp.
Giordano, J.M.; Gallardo, M.; Bragachini, M.; Peiretti, J.; Cattani, P.; Casini, C. 2010. Mecanización de la alimentación. INTA E.E.A. Manfredi. Córdoba (AR) 100 pp. Disponible on line en: http://www.produccion-animal.com.ar/informacion_tecnica/suplementacion/…
Márquez, L. 2014. Maquinaria Agrícola para la recolección. HB ediciones. Madrid 553 pp.
ORTIZ-CAÑAVATE, J. (2012). Tractores: técnica y seguridad. 2ª edición. Ed Mundi-Prensa, Madrid. 222 pp.
Pereira, J.M.; Bueno, J. 2011. Gestión de residuos orgánicos de uso agrícola: Manipulación y tratamiento de purines en las explotaciones ganaderas. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela pp. 85-96.
Bibliografía complementaria
AENOR (1998). Instalaciones de ordeño : construcción y funcionamiento, ensayos mecánicos, vocabulario. Norma española UNE 68050 - 68061 - 68048 = ISO 5707 - 6690 - 3918. AENOR.
BRITISH STANDARD ISO (2007). International Standard of milking machine instalations. ISO 5707 - 6690 – 3918 – 20966. BSI. UK.
HOGEVEEN, H. y MEIJERING, A. (2002). Ordeño robotizado. Editorial Agrícola Española. Madrid.
Pereira, J.M. y Bueno, J. (2008). Los sistemas Unifeed. Ración total mezclada. Mundo Ganadero, vol. 212, pp. 54-57. EUMEDIA S.A.
Pereira, J.M.; Castro, A. (2014). Una visión actual de los sistemas de ordeño robotizado. Rev. AFRIGA, vol. 112, pp. 32-46. Asociación Frisona Galega.
Pereira, J.M.; Cundíns, A.; Castro, A. y Bueno, J. (2010). Importancia del Control de las Instalaciones de Ordeño. Terralia, vol. 76 pp. 28-32. Ediciones Agrotécnicas.
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan un aprendizaxe continuo, así como a capacidade de adaptación a novas situacións
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT2 - Capacidade para o razoamento a argumentación.
• CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
• CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa y coherente.
• CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
• CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada de coñecementos.
Competencias específicas:
• CEG2 - Coñecemento axeitado dos problemas físicos, das tecnoloxías, maquinaria e das relaciones entre as instalacións, así como a necesidade de relacionalos coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
• MC4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da mecanización agraria: Motores e máquinas agrícolas. Características e deseño de maquinaria para instalacións agrarias. Automática agraria.
• CR3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción animal. Instalacións gandeiras.
Materia cuadrimestral, con 18 horas de clases maxistrais (competencias CG1, CT1, CT2, CT11, CEG2, MC4, CR3) e 18 horas de prácticas de laboratorio e campo.
As prácticas realizaranse en grupos de 20 alumnos, con aplicación de metodoloxías e técnicas a casos concretos. Utilizaranse as instalacións de muxido localizadas na nave taller e o instrumental necesario para realizar o control de instalacións de muxido (competencias CT3, CT4, CT9, CT10, CT11, CT12, CEG2, MC4, CR3) . Na finca de prácticas abordarase o funcionamento e manexo de sistemas de agricultura de precisión e controis electrónicos das máquinas agrícolas. Finalmente realizarase unha viaxe de prácticas que complementará o aprendido na materia coa problemática e aplicación en condicións reais de traballo (competencias CT1, CT2, CT3, CT4, CT12, CEG2, MC4, CR3).
Tamén se contemplan dúas horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada e a elaboración de traballos de curso (competencias CT5, CT6, CT7, CT9, CT10, CT11).
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información entre alumno e profesor, axilizando a docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno (competencias CT9, CT10, CT11).
Asistencia e participación activa (10%): Competencias CG1, CT4, CT5, CEG2, MC4, CR3.
Aproveitamento das prácticas (20%): Competencias CT2, CT3, CEG2, MC4, CR3.
Probas orais e/ou escritas (50%): CT1, CT2, CT6, CT9, CT12, CEG2, MC4, CR3.
Traballos entregados / expostos (20%): CT3, CT4, CT5, CT6, CT9, CEG2, MC4, CR3
É obrigatorio acadar una nota mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha das partes, tanto no exame escrito como no aproveitamento das prácticas, e acadar unha nota media igual ou superior a 5, para que o alumno poda superar a materia.
O traballo de curso é voluntario. Para os alumnos que non realicen traballo de curso o peso das prácticas na nota final será do 30% e das probas orais e/ou escritas será do 60%.
Os criterios de avaliación son os mesmos para todos os alumnos da materia, primeira e segunda oportunidade, repetidores, así como os de dispensa académica.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Docencia expositiva en grupo: 18 horas
Docencia interactiva (seminarios, taller e campo): 18 horas
Titorías en grupos reducidos: 2 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
Lectura e preparación de temas: 20 horas
Realización de exercicios 15 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 18 horas
Elaboración de traballos de curso: 8,5 horas
Preparación temas e probas de avaliación: 10 horas
• Asistencia a tódalas actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Jose Manuel Pereira Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- j.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade