Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Poñer ao alumno en contacto coa tecnoloxía empregada no uso da biomasa de orixe forestal para a obtención de enerxía.
Utilización enerxética da biomasa forestal. Métodos e viabilidade do aproveitamento de residuos silvícolas. Procesado de biocombustibles sólidos. Tecnoloxías de conversión térmica.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (h. prenciais - h. traballo non presencial):
Teórico (36 h. presenciais/55 h. de traballo non presencial):
1. Características da biomasa como fonte de enerxía (2 h - 3 h)
2. Produción de biomasa forestal (3 h. - 4.5 h)
3. Maquinaria para acondicionar residuos forestais (5 h. - 8.5 h)
4. Organización e avaliación da recollida mecanizada de residuos forestais (1 h. - 3.5 h)
5. Materia prima da biomasa forestal (1 h. - 1.5 h)
6. Utilización da biomasa forestal (1 h. - 1.5 h)
7. Aproveitamento dos residuos silvícolas (1 h. - 1.5 h)
8. Transformacións para o tratamento da biomasa forestal: Secado. Molienda. Densificación (3 h. - 6 h)
9. Procesos de conversión térmica: combustión, pirólisis e gasificación (2 h. - 3.5 h)
10. Equipos e instalacións (3 h. - 6.5h)
11. Turbinas de vapor e de gas (2 h. - 6 h)
12. Coxeración (2 h. - 3 h)
As prácticas considéranse un complemento aos temas teóricos e xa están computadas nas horas anteriores.
Practicas:
1. Fendedoras: morfoloxía, funcionamento, mantemento (1h. - 1h.)
2. Suposto práctico de cadea completa de aproveitamento de residuos forestais (1h. - 1h.)
3. Dimensionado de caldeiras de vapor (1h. - 1h.)
4.Estudo de custos e de amortización de caldeiras (1h. - 1h.)
5. Estudo de rendementos de conversións térmicos (1h. - 1h.)
6. Viaxe de prácticas (5h. - 1h.)
Básica:
Sebastian, F.; García Galindo, D. Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa (vol.I). Prensa Universitarias de Zaragoza.
Sebastián, F.; García Galindo, D. Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa (vol.II). Prensa Universitarias de Zaragoza.
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Asociación N. de Ingenieros del ICAI. 2009- Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata. U. Pontificia de Comillas.
Nieto Ojeda, R. (Editor). 2010. Manual de Mecanización Forestal, 4ª Ed.
Velázquez Martí, Borja. 2006. Aprovechamiento de los residuos forestales para uso energético. Editorial UPV.
Complementaria:
Damien, A. 2009. La biomasa: fundamentos, tecnologías y aplicaciones. Madrid: AMV Ediciones : Mundi-Prensa.
Lema Rodicio, P.; Bello Bugallo, M. 2010. Biocombustibles: retos y oportunidades / editores.
Obernberger, I., Theck, G. 2010. The pellet handbook: the production and thermal utilization of pellets. IEA Bioenegy.
Seoánez Calvo, M. 2013. Tratado de la biomasa : con especial incidencia sobre la biomasa como fuente energética. McGraw-Hill/Interamericana de España, D.L.
Martin, A.M., Owendw P.M.O., Holden N.M., Ward S.M. 2001. Designation of timber extraction routes in a GIS using road maintenance cost data. Forest Products Journal 51 (10), 32-38
Básicas:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar seus coñecementos a seu traballo o vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoiten demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5 - Que os estudantes haxan desenvolto aquelas habilidades da aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais:
CG11 - Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas.
CG14 - Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias Transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para ol razonamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
Competencias específicas:
CETEIF8 - Procesos industriais xiloenerxéticos.
O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes clasifícanse como segue:
1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa. O obxectivo destas clases é proporcionar ó alumno os coñecementos básicos que lle permitan abordalo estudio da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia.
CB2. CB3. CB5 CG11. CG14.CT1. CT2, CT5.CT6. CT8. CETEIF8
2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios de cada tema. Preténdese que interaccione profesor e os estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios de forma autónoma. CETEIF8. CT2. CT4. CT5.
3. Titorías en grupos reducidos: sesións programadas no horario da materia nas que se atenderá ao alumnado asistente para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia. CT7. CETEIF8.
4. Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituída por cuestións e exercicios dun conxunto de temas. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos como a resolución de problemas. CETEIF8. 5. Viaxe de prácticas: Visitarase polo menos unha instalación de aproveitamento de biomasa forestal. CETEIF8
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos estudantes perante a realización dun exame final e mediante avaliación continua ca entrega de traballos e resolución de exercicios de forma individual e a realización de prácticas que terán o seguinte peso na cualificación final.
Exames: 60%. Competencias: CB2, CB3, CG11, CG14, CETEIF8, CT3, CT6. y CETEIF8.
Traballos, tests, actividades: 25%. Competencias: CB3, CB5, CG11, CG14, CETEIF8, CT1, CT3, CT5, CT6.
Prácticas: 15%. Competencias: CG11, CETEIF8.
Na oportunidade extraordinaria de recuperación, se deberán realizar as probas escritas y/o traballos que no superasen a cualificación de aprobado na oportunidade ordinaria. En todo caso mantense o peso relativo de cada parte indicado no parágrafo anterior.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderá facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas méemas condicións cos/as demais alumnos/as.
A avaliación do alumnado repetidor será exactamente igual que o alumnado non repetidor.
HORAS PRESENCIAIS
Clases expositivas: 18.0
Clases interactivas: 8.0
Prácticas: 10.0
Subtotal: 36.0
Titorías grupo: 2.0
Exame e revisión: 4.0
Total : 42.0 h.
HORAS TRABALLO ALUMNO:
Clases expositivas: 39.5
Clases interactivas: 14.0
Prácticas: 1.5
Titorías grupo: 5.5
Subtotal: 60.5
Exame e revisión: 10
Total : 70.5
HORAS TOTAIS: 112.5
Os alumnos deberían ter cursado e superado a materias de Matemáticas e Física do primeiro curso e a Tecnoloxía da Madeira
Maximo Antonio Dugo Paton
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823213
- Correo electrónico
- maximo.dugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |
09.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |