Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que o alumno que cursou e superou esta materia teña capacidade para:
- Coñecer a importancia da madeira como materia prima renovable
- Diferenciación da madeira respecto doutros materiais naturais e artificiais
- Coñecer a estrutura macro e microscópica da madeira
- Coñecer e manexar as propiedades físicas e mecánicas da madeira
- Coñecer a produción madeireira no mundo e en España
- Entender e detectar a problemática industrial que supón o abastecemento de madeira, os conceptos que interveñen nela e a súa manifestación a niveis global, rexional e local
- Traballar en equipo
Contidos
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Estrutura macro e microscópica da madeira
• Zonas produtoras de madeira de interese comercial
• Propiedades físicas da madeira
• O secado da madeira
• Propiedades mecánicas
• Defectos e alteracións da madeira en rolo
• Normas de clasificación da madeira
Que serán desenrolados de acordo co seguinte temario:
TEMARIO DE TEORIA.-
1. CARACTERÍSTICAS DA MADEIRA (Horas non presenciais do bloque: 30 horas)
- Estrutura macro e microscópica da madeira (3 horas)
- Estrutura ultramicroscópica (2 horas)
- Características físicas da madeira (4 horas)
- Características mecánicas da madeira (4 horas)
- Defectos e alteracións da madeira en rolo (1 hora)
- Patoloxía e tratamentos preventivos da madeira (1 hora)
- A calidade na explotación da madeira: Normas de clasificación (1 hora)
2. A PRODUCCIÓN MADEIREIRA NO MUNDO E EN ESPAÑA (Horas non presenciais do bloque: 30 horas)
- A produción de madeira no mundo (1 hora)
- O comercio internacional da madeira (1 hora)
- A madeira como materia prima de diversas industrias (1 hora)
3. SECADO DA MADEIRA (Horas non presenciais do bloque: 30 horas)
- O concepto de secado da madeira (1 hora)
- Xustificación e necesidades do secado da madeira (1 hora)
- Fundamentos do secado da madeira (1 hora)
- O secado da madeira ó aire libre (1 hora)
- O secado da madeira en cámara: secado forzado (1 hora)
TEMARIO DE PRACTICAS (Horas non presenciais do bloque: 30 horas)
Practica nº 1. Estudo microscópico dos elementos anatómicos da madeira. 8 horas
Practica nº 2. Estudo e identificación de madeiras comerciais a nivel macroscópico. 14 horas
Practica nº 3. Recollida de mostras de diversas madeiras en industrias do sector. 2 horas
Bibliografía básica
• La madera y su anatomía. Luís García Esteban. AITIM
• La madera y su tecnología. Luís García Esteban. AITIM
Bibliografía complementaria
• Tecnologia de la madera. Santiago Vignote. MAPA
• Manual de secado de maderas. J. I. Fernández- Golfín. CIFOR –INIA
• Wood Technology & Processes, Varios autores, McGraw-Hill.
• Project Wood: Materials Technology Wood, Dermot Gannon. Ed. Gill
Publicacións periódicas de consulta recomendada
• 1. Actualidad Forestal de Galicia. España
• 2. CIS Madera Galicia. España
• 5. AITIM (Boletín de Información Técnica). España
Publicacións electrónicas de consulta recomendada
• www.forestindustries.se
• www.sjruraldevelopment.org
En esta materia el alumno adquirirá o practicará una serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría técnica forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CT1: Capacidade de análise y síntese
• CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
• CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
• CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
• CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
• CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais
• CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
• CT10: Utilización de información bibliográfica e da Internet
• CT11: Utilización de información en lingua extranxeira
• CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
• CG11: Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas
Competencias específicas:
• CECF13 - Aproveitamentos Forestais
• CETEIF1 - Estrutura anatómica interna e propiedades macroscópicas da madeira
• CETEIF2 - Suministro de materias primas en la industria forestal
• CETEIF3 - Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira
É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na materia, así como a amplitude e diversidade dos obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.
Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.
Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia e satisfacen as competencias básicas, xerais, transversais e específicas citadas debese poñer á súa disposición toda a información necesaria, auxiliándose para elo nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, tales como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.
Ademáis, a materia integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.
Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional axeno á universidade.
Este é o reparto horario segundo tipoloxía das actividades
Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 24 horas
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 16 horas
Prácticas (con grupos reducidos): 8 horas
Titorías individuais: 3 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
1. Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
Asistencia a, polo menos, o 80% das clases presenciais (teóricas, titorías, seminarios e prácticas).
As competencias CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12 serán traballadas na clase mais non avaliadas.
2. Méritos imputables na avaliación numérica
Os alumnos se examinarán de la parte teórica de la materia mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro, e que será necesario aprobar para superar a materia. O exame constará de dúa partes. Unha primeira con 8-10 preguntas curtas, relacionadas co explicado na clase. A segunda parte consiste en preguntas máis longas, incluíndo 2 exercicios prácticos relacionados cos conceptos de secado e tecnoloxía da madeira desenrolados durante o curso.
Unha parte do temario será preparado polo alumnado en forma de traballos individuais que entregarán por escrito. Serán 3 traballos centrados na composición química, os seus defectos e anomalias e as patoloxías da madeira. Estes traballos representarán un 30% da avaliación da materia.
Finalmente, o alumno debe superar un exame práctico de recoñecemento macroscópico de diversas madeiras. Non se poderá aprobar a materia sen ter superado correctamente este exame práctico.
En resumen, a importancia na avaliación final da materia de cada un dos elementos comentados e a relación entre cada actividade avaliadora e as competencias definidas para a materia, plásmase no seguinte cadro:
Sistema de evaluación Competencias Peso na calificación
Asistencia e participación 10 %
Proba escrita teórica CG11, CECF13, CETEIF1, CETEIF2, CETEIF3 30 %
Proba escrita práctica CETEIF1 30 %
Presentación de traballos da materia CG11, CT11, CECF13, CETEIF1, CETEIF2, CETEIF3 30 %
Todo menos as probas finais forman parte da avaliación continua.
O alumnado que non superasen a materia na convocatoria ordinaria e teña aprobadas as prácticas, só terán que realizar o exame da convocatoria de xullo. O alumnado repetidor conservará a nota obtida nas prácticas para cursos seguintes, podendo realizar os exámenes parciais e/ou o final.
O estudantado que teña concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas, segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que, para aprobar esta materia, é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas sinaladas no horario e programadas na guía docente.
Respeto do plaxio e o uso indebido das tecnoloxías é importante destacar que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das calificacións.
Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 3 horas de adicación á materia, o que supón un total de, aproximadamente 72 horas. A isto sería necesario engadir un complemento de 25 horas para a preparación do exame de prácticas e á recollida de mostras de madeira en industrias do sector.
- Lectura e preparación de temas 36 horas
- Preparación de probas de avaliación 36 horas
- Preparación previa das prácticas e traballo posterior 25 horas
- Búsqueda e recollida de mostras de madeira en industrias 5 horas
- Total horas de estudo e traballo persoal 102 horas
É dicir, son necesarias un total de 102 horas
Trátase dunha materia obrigatoria impartida pola área de coñecemento de Enxeñaría Agroforestal. A materia aportará unha visión ampla no que afecta ó estudo e á organización da madeira, a súa tecnoloxía e á industria de primeira transformación. Sen embargo, abordará tamén o estudo, a menor escala (ámbito local), do fornecemento de materia prima para diferentes sectores transformadores da madeira. Recoméndase a asistencia e a participación activa nas clases, así como a consulta das posibles dúbidas en titorías.
É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria, especialmente a lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor. Ademais, vinculado con esa relación profesor – alumno, recoméndase consultar dúbidas durante o desenrolo da clase correspondente ou en titorías, para o que será necesario o repaso da materia explicada en clase e a elaboración dunha síntese esquemática.
Finalmente, recoméndase abordar os traballos elaborados en grupo dende un punto de vista moi práctico, de xeito planificado e anticipado. Tanto estes traballos documentais como a visita á planta de celulosa, permitirán coñecer moito mellor o sector e observar na práctica todo o que foi manexado nas clases teóricas.
Unha información máis ampla sobor deste programa está dispoñible na guía do estudantado da materia: Tecnoloxía da Madeira para o Curso 2023_24.
A materia tamén utiliza a USC virtual: https://www.usc.gal/gl/campusvirtual
Pablo Vila Lameiro
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- pablo.vila.lameiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |