Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 35 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é presentar os principios básicos da arquitectura de redes. Estúdanse as distintas alternativas de interconexión de redes, os modelos de capas e os protocolos básicos dentro de cada capa, considerando a programación das redes a nivel de transporte e IP. Estúdanse tamén diferentes mecanismos para o control da conxestión e os principais protocolos de encamiñamento en redes de área ampla. A materia finaliza co estudio das redes de área local e as tarxetas de rede a nivel de capa de enlace. Por último, complementaremos os estudios teóricos con implementacións básicas dalgúns dos algoritmos e protocolos estudados.
Esta é a primeira materia de redes que se imparte no grao polo que se centra nos principios e funcionamento dos protocolos básicos. Outras materias da titulación tratan tamén de redes, pero se centran noutros aspectos, tales como modelos comerciais de redes, deseño, administración, programación distribuída, etc. Esta primeira materia aporta os coñecementos básicos de redes que se utilizarán máis adiante na titulación.
1. Introducción. Neste tema darase unha visión xeral de todo o que se tratará ao longo do curso.
- Programación de sockets (TCP e UDP)
- Elementos de Internet (hosts, routers, conexións, provedores,... )
- Tipos de protocolos (orientación a conexión e sen conexión)
- Tipos de redes (difusión, conmutación)
- Acceso a Internet. Medios de transmisión.
- Retardos en Internet.
- Arquitectura. Modelo de capas. TCP/IP
2. Capa de aplicación. Neste tema trátase a transmisión de mensaxes entre aplicacións: web, correo, etc, que son as que xustifican os requerimientos e o modo de funcionamento das redes.
- Servidores e clientes
- Servicios que precisa unha aplicación
- A web e HTTP. O protocolo FTP
- O correo electrónico. SMTP, POP3, IMAP
- Servicio de nomes. DNS
- Distribución de contidos
3. Capa de transporte. Este tema trata sobre unha das capas básicas da arquitectura TCP/IP, esencial para a transmisión de paquetes.
- Características xerais e clasificación
- Servicio sen conexión. UDP
- Fundamentos da transferencia fiable
- Control de fluxo: retransmisión adaptativa, ventá corrediza
- Servicio orientado a conexión. TCP
- Control da conxestión
4. Capa de rede. Esta é outra capa básica da arquitectura TCP/IP, esencial para que os paquetes poidan ser encamiñados cara ao seu destino.
- Técnicas de conmutación: datagramas, circuítos virtuais
- Algoritmos de estado de enlaces e vector de distancias
- Estratexias de encamiñamento. RIP, OSPF, BGP
- O protocolo de Internet (IP e IPv6)
- O protocolo de mensaxes de control de Internet (ICMP)
- O protocolo de configuración dinámica de hosts (DHCP)
- Tradución de direccións de rede (NAT)
5. Capa de enlace. Neste tema verase basicamente o funcionamento das tarxetas de rede e das redes locais.
- Función da capa de enlace
- Protocolos de acceso ao medio. Ethernet
- Hubs, bridges e switches
- Redes sen fíos
- Modo de transferencia asíncrona (ATM)
Prácticas: Programación de TCP/IP en C. Nas prácticas realizarase a programación dalgúns dos conceptos e protocolos vistos en teoría usando as funcións e estruturas dispoñibles en forma de librerías C (direccións, portos, servizo de nomes, sockets, etc).
As presentacións utilizadas na clase están dispoñibles no Campus Virtual da USC.
Bibliografía básica:
- Kurose, James F. e Ross, Keith W. Redes de Computadores. Un enfoque descendente. 7ª edición: Pearson Educación S. A., 2017. ISBN: 978-849035-528-2. Este libro é autocontenido e abarca todos os temas que se tratarán na materia. Contén todo o necesario para seguir a materia, ademais de moito material adicional. É un libro de redes pensado para informáticos.
- Peterson, Larry L. e Davie, Bruce S. Computer networks: a systems approach. 5ª edición: Morgan Kaufmann, 2012. ISBN: 978-0-12-385059-1. Este é un libro moi completo e que supón un bo material de referencia para esta materia.
Bibliografía complementaria:
- Comer, D. E, Stevens, D. L. e Evangelista, M. Internetworking with TCP/IP, Vol. III: Client-Server Programming and Applications, Linux/Posix Sockets Version. Prentice Hall. 2001. ISBN: 0130320714. Un dos libros que explican a librería sockets, utilizada nas prácticas, aínda que hai dispoñibles en Internet infinidade de tutoriales sobre o tema.
- Stallings, W. Comunicaciones y redes de computadores. 7ª edición: Pearson Prentice-Hall, 2013.
- Comer, D. E. e Stevens, D. L. Internetworking with TCP/IP Vol. III Client-Server Programming and Applications-Windows Sockets Version. Prentice-Hall.
- Donahoo, M. e Calvert, K. TCP/IP Sockets in C: Practical Guide for Programmers (The Practical Guides Series). 2ª edición: Morgan Kaufmann, 2009.
- Magaña, E., Izme Mendi, E., Prieto Mínguez, M. e Villadangos Alonso, J. Comunicación y Redes de Computadores. Problemas y Ejercicios Resueltos. Pearson Prentice Hall, 2003. ISBN: 8420539201.
- Barcia Vázquez, N. e outros. Redes de computadores y arquitecturas de comunicaciones: supuestos prácticos. Pearson 2005. ISBN 8420546070.
Contribuíese a acadar as competencias recollidas na memoria do título de Grao en Enxeñaría Informática CG8, CG9, CG10, TR1, TR3, FB5, RI11, TI2 e TI4.
Máis concretamente, para as competencias específicas desta materia adquiriranse os conceptos básicos de funcionamento das redes de área local e de Internet e da súa programación con TCP/IP, que representan gran parte da competencia RI11 e contribúen ás competencias FB5, TI2 e TI4 e ás globais CG8, CG9 e CG10.
Ademais, desenvolveranse as seguintes competencias xenéricas: capacidade para resolver problemas, capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación, capacidade de xestión de información (captación e análise de información), toma de decisións, capacidade de aplicar os coñecementos á práctica, habilidade para traballar de forma autónoma e expresión escrita, que forman parte das competencias transversais TR1 e TR3.
Nas clases teóricas farase uso da pizarra e de sistemas multimedia e diapositivas. A metodoloxía didáctica centrarase especialmente no traballo individual do alumnado.
As prácticas faranse na Aula de Informática da escola. Procurarase que o alumnado traballe individualmente na sua realización.
Adicionalmente farase uso, na medida do posible, das capacidades da USC-Virtual. Na páxina da materia o alumnado poderá obter unha copia en formato dixital do material usado nas clases teóricas e prácticas, así como material suplementario e enlaces a páxinas web relacionadas cos contidos da materia.
Nas clases expositivas traballaranse as competencias CG8 (mediante o coñecemento de materias básicas e tecnoloxías), FB5 (mediante o coñecemento da interconexión dos sistemas informáticos), RI11 (mediante o coñecemento e aplicación das características e funcionalidades das redes de computadores e Internet), TI2 (mediante o coñecemento das tecnoloxías de redes) e TI4 (mediante o coñecemento dos protocolos básicos de redes e de Internet).
Nas clases interactivas traballarase as competencias CG8 (mediante o coñecemento de materias básicas e uso de tecnoloxías básicas), CG9 (mediante a resolución de problemas prácticos), CG10 (mediante a realización de informes e cálculos), FB5 (mediante a realización de programas para aplicar o estudado nas clases expositivas), RI11 (mediante a implementación de aplicacións baseadas nos coñecementos sobre redes e Internet), TR1 (mediante a entrega de informes escritos, exercicios e a exposición na aula dos mesmos), TR3 (mediante a realización de problemas e programas que requiran búsqueda de solucións de xeito autónomo).
A avaliación da aprendizaxe basearase na realización efectiva dunha avaliación continua e un exame final de teoría. Esta avaliación estará fundamentada na asistencia ás clases interactivas, na realización por parte do alumnado das prácticas propostas ao longo do cuadrimestre durante estas clases e na realización dun exame final de teoría sobre todos os contidos da materia. Para aprobar a materia é imprescindible ter aprobado tanto as prácticas como o exame final.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Dentro da parte práctica da materia (35% da nota) a nota dos traballos, informes e exposicións realizados nas clases interactivas terá en conta o grao de consecución das competencias CG8, CG9, CG10, FB5, RI11, TR1 e TR3.
Na parte teórica da materia (65% da nota) avaliaranse as competencias CG8, FB5, RI11, TI2 e TI4 mediante distintas preguntas no exame teórico.
ASISTENCIA ÁS CLASES INTERACTIVAS
Debido ao carácter eminentemente práctico da materia, a asistencia ás clases interactivas é requisito obrigatorio para superar a mesma tanto na oportunidade ordinaria (final do cuadrimestre) como na extraordinaria (xullo).
O número de horas que o alumnado pode faltar ás clases interactivas, sen xustificación, non debe ser superior a 6 horas. No caso de que o alumnado falte máis de 6 horas sen xustificar adecuadamente esas faltas, terá suspensa a parte práctica. Se as faltas prodúcense por causa xustificada (segundo figura na normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, aprobada en CG de 25 de marzo de 2010) debidamente acreditada, o alumnado poderá optar ben por intentar realizar pola súa conta as prácticas que non puido realizar na aula, ou ben por recuperar esas horas noutras quendas de prácticas. O control de asistencia nas clases interactivas farase pasando lista na clase e reflectindo a asistencia nunha folla de firmas.
AVALIACIÓN CONTINUA DAS PRÁCTICAS
Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de finalización. Pasada está data, a práctica será considerada como non feita.
En base á avaliación das prácticas e aos traballos enviados, darase unha nota de 0 a 10 sobre as prácticas. Para ter as prácticas superadas, deberase obter unha nota de 5 ou superior. No caso de obter unha nota inferior a 5, o alumnado terá suspensa a parte práctica.
A nota das prácticas terá un peso dun 35% na cualificación final da materia.
OPORTUNIDADE ORDINARIA
Ao final do cuadrimestre realizarase un exame teórico de todo o contido da materia. A superación desta proba é requisito imprescindible para aprobar a materia. A nota obtida neste exame terá un peso dun 65% na cualificación final.
O alumnado que tivera faltado máis de 6 horas sen xustificar adecuadamente esas faltas ou que teña as prácticas suspensas terá suspensa a materia.
OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE XULLO
O alumnado que teña a parte práctica suspensa poderá recuperar esta parte na oportunidade extraordinaria de xullo, entregando as prácticas obrigatorias propostas durante o curso e realizando ademáis un exame de prácticas.
Nesta oportunidade realizarase un exame teórico de todo o contido da materia. A superación desta proba é requisito imprescindible para aprobar a materia. A nota obtida neste exame terá un peso dun 65% na cualificación final.
CONDICIÓN DE APROBADO
Para aprobar a materia é necesario que se cumpran todas as seguintes condicións:
a. Ter asistido ás clases interactivas, baixo as condicións antes expostas.
b. Ter aprobadas as prácticas.
c. Ter aprobado o exame teórico.
CONDICIÓN DE NON PRESENTADO
Terase a condición de non presentado cando non se asista ao exame teórico.
ALUMNADO REPETIDOR
Por regra xeral, o alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime que o alumnado ordinario, debendo asistir ás clases interactivas baixo as condicións antes expostas. Nos casos nos que a cualificación das prácticas sexa superior a un 7, poderase gardar as prácticas realizadas dun curso para outro.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. En aplicación da Normativa da ETSE sobre plaxio (aprobada pola Xunta da ETSE o 19/12/2019), a copia total ou parcial dalgún exercicio de prácticas ou teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos casos.
A distribución estimada das horas a dedicar á materia é como segue:
15 horas de clases maxistrales
10 horas de aprendizaxe baseada en problemas en grupos reducidos
25 horas de prácticas
Un total de 50 horas de traballo presencial. O traballo autónomo do alumno aproximado é 100 horas, que inclúen o estudio autónomo, escritura de exercicios e traballos, preparación das prácticas, avaliación de traballos, etc.
O total de horas é 150 horas.
resulte doada que se vaia estudando ao día, deste xeito rendibilízanse as explicacións recibidas na clase. Ademais, unha actitude seria nas prácticas vai permitir que os conceptos se vaian afianzando e que se poidan abordar exercicios cada vez máis complicados sen demasiado esforzo.
É necesario ter adquirido con anterioridade un coñecemento básico de programación en linguaxe C.
As clases impártense en castelán. Faise uso do Campus Virtual da USC. Nas prácticas utilízase o sistema operativo Linux e o compilador de C gcc.
Jose Carlos Cabaleiro Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816421
- Correo electrónico
- jc.cabaleiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Anselmo Tomás Fernández Pena
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816439
- Correo electrónico
- tf.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Cesar Alfredo Piñeiro Pomar
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- cesaralfredo.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Samuel Soutullo Sobral
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- s.soutullo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Martes | |||
09:00-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Mércores | |||
09:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Aula de Informática I6 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Xoves | |||
09:00-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Aula de Informática I6 |
Venres | |||
11:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I6 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A3 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
22.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A4 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A2 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |