Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da mecanización agraria. Características e deseño de maquinaria para instalacións agrarias.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Tecnoloxía mecánica. Transmisións de potencia. Elementos en máquinas agrícolas. Seguridade nas máquinas agrícolas. Comercialización de maquinaria agrícola.
Os contidos citados desenvolveranse de acordo cos seguintes programas de clases expositivas, seminarios e prácticas
A) CLASES EXPOSITIVAS (18 h presenciais / 18 h de traballo non presencial)
1. Xunta cardan (2 h. - 3 h.).
2. Correas e cadeas (2 h. - 3 h.).
3. Engrenaxes. Trens de engrenaxes. Transmisión do tractor (4 h. - 6 h.).
4. Chumaceiras e rodamentos (1 h. - 1.5 h.).
5. Seguridade en maquinaria agrícola (1 h. - 1.5 h.).
6. Roscas (1 h. - 1.5 h.).
7. Metroloxía, tolerancias (2 h. - 3 h.).
8. Forxa (1 h. - 1.5 h.)
9. Máquinas-ferramenta (3 h. - 4.5 h.).
10. Comercialización de maquinaria agrícola (1 h. - 1.5 h.).
B) PRÁCTICAS (18 h presenciais)
1. Instrumentos de medida: Pé de rei, micrómetro (2 h. - 3 h.).
2. Medidas de diferentes elementos roscados 2 h. - 2.5 h.).
3. Realización de esbozo (3 h. - 4.5 h.).
4. Problemas de transmisións por correas, cadeas, engrenaxes (8 h. - 12 h.).
5. Rodamentos (3 h. - 4.5 h.).
C) TITORÍAS EN GRUPO (2 h)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas formuladas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Bibliografía Básica:
Macmillan, R.H. 2002. The mechanics of tractor-implement performance. University of Melbourne.
Shigley, J.E.; El diseño en ingeniería mecánica. Ed. McGraw-Hill
Ortiz Cañavate, J.; Técnica de la mecanización agraria. Ed. Mundi-Prensa
José Mª Sánchez Marín y José M. Lasheras. Tecnología mecánica. Ed. Donostiarra
Calero Pérez R., Carta González J.A.; Fundamentos de mecanismos y máquinas para ingenieros; 1998; Ed. McGraw Hill.
Bibliografía Complementaria
Krutz, Thompson, Claar; Design of agricultural machinery. Ed. John Willey & Sons.
John Deere & Co.; Serie FMO
H. Gerling. Alrededor de las máquinas herramientas.. Ed. Reverté
Tecnología mecánica. Ed. EDB.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agrícola e agroalimentaria en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
MC4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da mecanización agraria: Motores e máquinas agrícolas. Características e deseño de maquinaria para instalacións agrarias
Docencia presencial:
1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de la pizarra clásica e medios audiovisuais os contidos do programa. O obxectivo destas clases é proporcionar ao alumno os coñecementos básicos que lle permitan abordar o estudo da materia de xeito autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante dispoñerá do material docente na Aula Virtual da materia. Competencias: CT1, CT2, MC4.
2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios de cada tema e prersentará as prácticas. Preténdese que interaccionen profesor e estudantes na resolución dos exercicios e problemas propostos, e nas prácticas. Este traballo complementarase co traballo persoal mediante a resolución de exercicios de forma autónoma. Competencias:CT1, CT2, CT3, CT4, MC4.
3. Titorías en grupos reducidos: sesións programadas no horario da materia nas que se atenderá ao alumnado asistente para discutir, comentar, aclarar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia . Tamén se realizarán breves probas escritas para contrastar o avance do alumnado. Competencias:CT1, CT2, MC4.
4. Probas de avaliación: O alumno realizará probas escritas constituídas por cuestións e exercicios do conxunto de temas da materia. Nestas probas, avaliaranse tanto os coñecementos teóricos coma a resolución de problemas. Competencias: CT1, CT2, CT3, CT12, MC4.
Traballo non presencial
O alumno, preferiblemente en grupo, deberá realizar un traballo de estudo o longo do semestre dun tema complementario da materia, proposto polo profesor,
Deberá tamén presentar un traballo elaborado da súa asistencia ás prácticas no que recolla os coñecementos adquiridos que complementen aos temas teóricos.
O alumno tamén deberá resolver e entregar por escrito os exercicios e problemas que se propoñan durante o curso.
Competencias: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT10, CT11, CT12, MC4.
Proba ou probas orais e/ou escritas (70%): avalíanse as competencias CT1, CT2, CT6, CT12 e MC4.
Aproveitamento das clases prácticas (20%): Avalían as competencias CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT10, CT11 e MC4.
Asistencia a clases expositivas (10%): Avalían as competencias CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT10, CT11 e MC4.
Os criterios e sistemas de avaliación son os mesmos para tódalas convocatorias.
Os criterios de avaliación son os mesmos para tódolos alumnos da materia, primeira oportunidade, segunda oportunidade e repetidores.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase deben ter en conta que para aproba-la materia todo será idéntico, salvo que a asistencia non se avalia, pasando a ser o 80% o peso relativo das probas orais e/ou escritas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
As horas dedicadas á materia axustaríanse, segundo o previsto polo sistema de créditos ECTS: 4,5 créditos ECTS x 25 horas/crédito 112,5 horas de dedicación.
DOCENCIA PRESENCIAL (41 h.):
Clases teóricas (expositivas de grupo grande) 18 h.
Prácticas (con grupos reducidos): 18 h.
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos): 2 h.
Actividades de avaliación: 3 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (71.5 h.):
Lectura e preparación de temas: 20 h.
Realización de exercicios: 15 h.
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre estas: 18 h.
Elaboración dos traballos de curso (en grupo ou individuais): 8.5 h.
Preparación de probas de avaliación: 10 h.
Total: 112.5 horas ( 4,5 créditos ECTS)
Asistencia ás clases teóricas, seminarios e de prácticas, con participación activa en todas.
Resolución dos exercicios que se propoñan, con anterioridade a ser tratados na aula.
Estudo da materia que se trate nas clases diariamente, manexando a bibliografía recomendada.
Aproveitar as titorías para aclarar posibles dúbidas sobre a materia.
Javier Bueno Lema
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823219
- Correo electrónico
- javier.bueno [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade