Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar dunha formación xeral ao estudante en relación coa dobre vertente da disciplina de tráfico: Ordenación da circulación e Planeamento dos sistemas viarios, coas súas implicacións na ordenación urbanística. Coñecementos dos conceptos de capacidade e nivel de servizo para os diferentes tipos de vías, incluso en tramos especiais das mesmas. Entender as súas implicacións para o proxecto e deseño de obras lineais e o deseño e trazado de viario urbano.
Aproximarse aos criterios que fixan os conceptos de capacidade para condicións de circulación interrompida (tráfico urbano), conceptos de conxestión, regulación semafórica, mobilidade urbana e as implicacións que no momento presente ten a Enxeñería de Tráfico nos entornos urbanos.
Coñecemento das teorías matemáticas que representan o fenómeno do tráfico e as semellanzas con outras formulacións para outras disciplinas da Enxeñería.
A Memoria do Título contempla, para esta materia, os seguintes contidos:
A Función da Enxeñería de Tráfico.
Teoría do tráfico e da capacidade vial.
Estudios de tráfico e análise da demanda.
Ordenación da circulación e do uso das vías. Sinalización.
Regulación das interseccións.
Seguridade vial.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Programa teórico
1. Introdución e datos básicos. A Función da Enxeñaría de Tráfico. Os condutores. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
2. Teoría do tráfico e da capacidade viaria. Características básicas do tráfico. Conceptos de intensidade, composición e velocidade. Concepto xeral de capacidade. Calidade e nivel de servizo. Características modais. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
3. Capacidade e nivel de servizo nos distintos tipos de vías. Capacidade en tramos especiais de vías: Ramais de enlace. Converxencia e Diverxencia (4 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
4. Estudos de tráfico e análise da demanda. Aforamentos. Medida da velocidade e doutras características dos vehículos. Elementos de transporte urbano. Análise da demanda. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
5. Teorías matemáticas do tráfico. Teoría básica. Teorías para a descrición do tráfico. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
6. Planificación de sistemas viarios. Prognose do tráfico urbano. Asignacións de tráfico e distribución de desprazamentos por modos de transporte. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
7. Ferramentas de simulación de tráfico. Macrosimulación e microsimulación. Filosofía xeral de funcionamento das mesmas. Aplicación a ordenación do tráfico e a planificación de sistemas viarios. (4 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
8. Análise de segmentos urbanos (I). Conceptos xeraies e metodoloxía. Ordenación da circulación e do uso das vías. O peón e a bicicleta. (2 horas presenciais e 1 hora non presencial)
9. Análise de segmentos urbanos (II). Caracterización de interseccións controladas por STOP e por semáforos. Sistemas de semáforos. (2 horas presenciais e 1 hora non presencial)
10. Características xeométricas dos sistemas viarios. Características das vías que afectan esencialmente á súa función. Tipos e elementos fundamentais das interseccións e de enlaces. Seguridade vial. Sinalización viaria. Estacionamento e transportes públicos urbanos. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Programa práctico
Práctica 1. Resolución de casos especiais de determinación de capacidade e nivel de servizo en seccións especiais de vías. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Práctica 2. Resolución de exercicios relativos aos diferentes aspectos vencellados coa medida da velocidade (variables locais e momentáneas)(2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Práctica 3. Resolución de exercicios relativos ás teorías matemáticas do tráfico e ás relacións entre variables significativas.(2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Práctica 4. Resolución de supostos prácticos relativos a simulación de tráfico para ordenación da circulación. Modelos de funcionamento de elementos singulares.(4 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
Práctica 5. Resolución de supostos prácticos relativos a regulación semafórica.(2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Ingeniería de Tráfico ". Antonio Valdés. Tercera edición, 1988.
• "Colección de libros: Trafico, explanaciones y drenajes, trazado de carreteras, y firmes ", Kraemer C., E.T.S. de ingenieros de Caminos de Madrid.
• "Higway Capacity Manual 2010 (HCM2010)”. Transportation Research Board of the National Academy of Sciences.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• "Manual de Capacidad de Carreteras". Asociación técnica de carreteras. Comité español de la A.I.P.C.R.
• "Elementos de ingeniería de Tráfico ". Kraemer C.. E.T.S. de Ingenieros de Caminos de Madrid.
• "Control de tránsito urbano ". A. Martínez Márquez.
• "Modelos de trafico vial". J. G. Gardela Oliveros.
• "Traffic Engineering". William R. MacShane y Roger P. Roces
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería civil en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias Básicas, Xerais e Transversais
BÁSICAS
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunír e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CX2 - Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se dan na construción dunha obra pública, e Capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios de obra pública.
CX6 - Capacidade para a realización de estudios de planificación territorial e dos aspectos ambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
CX7 - Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito.
Competencias Específicas
CETESU1 - Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamento, o proxecto e os elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
Esta competencia tamén se desenvolve nas materias de Enxeñería do Terreo, Deseño e Construción de Obras Lineais, Obras Xeotécnicas II e Firmes e Conservación de Vías
CETESU5 - Coñecemento do deseño e funcionamento das infraestruturas para o intercambio modal, tales como portos, aeroportos, estacións ferroviarias e centros loxísticos de transporte.
Esta competencia tamén se desenvolve nas materias Explotación do Transporte Terrestre, Transporte e Territorio, Loxística Urbana e Explotación de Portos
TRANSVERSAIS
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Coa finalidade de alcanzar os obxectivos propostos, contémplase a posibilidade de utilización de:
a) Transmisión aos alumnos da información necesaria por parte do profesor.
b) Participación dos alumnos na procura de información (lecturas textos).
c) Análise e debate de casos prácticos.
d) Realización e exposición de traballos polos alumnos.
CLASES EXPOSITIVAS: Exposición oral do profesor dos distintos temas en grupo grande. Nestas clases tentarase de implicar activamente ao estudiante (dúbidas sobre o que se vai presentando, necesidades de profundización nalgún contido, curiosidades sobre cuestións concretas e todo aquello que axude a unha mellor comprensión e asimilación por parte dos estudiantes dos contidos que se desenvolvan por parte do profesor en cada sesión).
SEMINARIOS INTERACTIVOS: Resolución de problemas breves, exercicios e análise de supostos prácticos vencellados cos contidos impartidos nas sesións Expositivas. A organización do traballo farase en grupos reducidos, baixo a supervisión dos profesores, sendo fundamental unha participación activa dos alumnos.
TRABALLO DE CURSO: Estudo do funcionamento dunha intersección
A realización deste traballo consistirá nas seguintes actividades: selección dunha intersección situada na cidade de Lugo de entre as opcións propostas, realización de aforamentos manuais para caracterizar os movementos actuais na intersección, aplicación da metodoloxía de cálculo do HCM2010 para determinar o comportamento da intersección, implementación dun modelo de microsimulación para a análise da intersección, proposta de escenarios alternativos, análise de resultados e obtención de conclusións. Finalmente, elaborarase un informe técnico de acordo coas pautas establecidas nas instrucións do traballo que se proporcionarán aos estudantes.
TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO:
As titorías en grupo reducido se empregarán, fundamentalmente para desenvolver cuestións relativas aos traballos de curso. A finalidade perseguida é a de orientar correctamente os traballos a fin de resolver calquera dúbida que puidera acontecer con carácter previo ás entregas dos documentos.
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS:
Atención personalizada ao alumno para resolver dúbidas e calquera vicisitude en relación á materia, tanto das clases expositivas, dos seminarios interactivos coma dos traballos de curso.
EXAME
Exame obligatorio de carácter teórico-práctico para cada unha das partes da materia.
CAMPUS VIRTUAL
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimiendo axilidade á docencia da asignatura, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno. Ademáis será o modo de entrega das diferentes tarefas e actividades programadas na materia. Asemade será o vehículo que permita o debate e comentario por parte de tódolos los participantes do foro (profesores e alumnos) de novas ou temas que se poñan de relevo pola súa actualidade e que teñan relación cos contidos da materia, permitindo a participación activa dos alumnos e unha comunicación áxil e fluída cos alumnos.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB1 a CB5.
As clases expositivas permiten a avaliación das competencias
XERAIS: CX2, CX6, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU1, CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10
Os seminarios interactivos permiten a avaliación das competencias
XERAIS: CX2, CX6, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU1, CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT12
O traballo de curso permite a avaliación das competencias
XERAIS: CX2, CX6, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU1, CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
Así pois, óptase por un sistema de avaliación que inclúe as consideracións seguintes:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
1) Asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais con participación activa (10%).
2) Exame obrigatorio de carácter teórico-práctico para cada unha das partes da materia (45%).
3) Realización do traballo de curso (45%).
A cualificación final da materia obterase ponderando os apartados anteriores na proporción de 10, 45 e 45% respectivamente.
A relación entre competencias avaliadas e o sistema de avaliación queda como se indica a continuación:
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB1 a CB5.
Sesións presenciais e participación nos foros do Campus Virtual (10%). Permite a avaliación das competencias
XERAIS: CX2, CX6, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU1, CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10
Traballo de curso (45%). Permite a avaliación das competencias
XERAIS: CX2, CX6, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU1, CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12
Proba escrita (45%): Permite a avaliación das competencias
XERAIS: CX2, CX6, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU1
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT12
CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
1) Asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior na seu cómputo xeral ao 75%, con participación activa (10%).
2) Exame obrigatorio de carácter teórico-práctico da materia (45%).
Será necesario obter no exame, polo menos, unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10 puntos
3) Realización do traballo de curso (45%).
A cualificación mínima necesaria a obter será de 5,0 puntos sobre 10 puntos. A data previsible de entrega do devandito traballo será na primeira semana de decembro.
A cualificación final, tal e como se recolle para cada un dos apartados da materia obterase ponderando os apartados anteriores na proporción de 10, 45 e 45% respectivamente.
Para aprobar a materia o alumno deberá cumprir dúas condicións:
- Obter unha cualificación mínima de APTO en cada aspecto de avaliación.
- Obter unha cualificación global non inferior a 5,0 puntos sobre 10 puntos.
OPORTUNIDADE ORDINARIA (XANEIRO)
Aqueles alumnos que non superen algún dos aspectos de avaliación terán a seguinte cualificación final en función do aspecto non superado
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais: NON PRESENTADO
2) Realización do traballo de curso: NON PRESENTADO
3) Exame: CUALIFICACIÓN OBTIDA NO MESMO
Aqueles alumnos que superen TODOS os aspectos de avaliación terán unha cualificación final igual ao promedio ponderado das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.
OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN (XULLO)
A cualificación obtida polo alumno naqueles aspectos de avaliación superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xaneiro) conservarase para a oportunidade de recuperación (Xullo).
Os aspectos de avaliación non superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xaneiro) poderanse recuperar ata obter unha cualificación mínima de APTO mediante a realización das actividades de recuperación propostas polo profesor.
No caso do exame, si unha das dúas partes independentes do exame fora superada (calificación superior a 5,0 puntos sobre 10 puntos) durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xaneiro) poderase conservar para a oportunidade de recuperación (Xullo).
Unha vez superados TODOS os aspectos de avaliación os alumnos terán unha cualificación final na oportunidade de recuperación (Xullo) igual ao promedio ponderado das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.
ALUMNOS REPETIDORES
En caso de non superar a asignatura e matricularse novamente o alumno no seguinte curso académico (alumnos repetidores), a cualificación obtida nos aspectos de avaliación superados durante o curso académico anterior conservaranse baixo as seguintes condicións:
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais: CONSÉRVASE DURANTE UN CURSO ACADÉMICO
2) Realización do traballo de curso: NON SE CONSERVA
3) Exame: NON SE CONSERVA
DISPENSA DE ASISTENCIA
No caso de ter concedida unha dispensa de asistencia quedará dispensado da primeira condición (asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior no seu cómputo xeral ao 75%, con participación activa) para a obtención do APTO que será substituída pola realización dun traballo individual sobre unha temática relacionada coa materia.
De xeito orientativa exponse a seguinte distribución:
Impartiranse 18 horas de clases expositivas e celebraranse 18 horas de seminarios interactivos. Asemade se contemplarán 2,5 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas se adicarán unhas 70 horas de traballo persoal.
O reparto deste tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia se podería distribuir do seguinte xeito:
Lectura e preparación de temas: 22 horas
Realización de exercicios: 12 horas
Elaboración de traballos de curso: 20 horas
Preparación de probas de avaliación: 18 horas
Seguimento continuado da materia durante o semestre
Seguimento continuado das actualizacións do Campus Virtual
Planificación e organización do tempo de estudo
Consulta de dúbidas a medida que van xurdindo, nunca días antes do exame
Consulta de dúbidas a través dos foros para compartir as nosas inquedanzas cos compañeiros
Participar activamente no foro de noticias, propoñendo temas ou comentando os existentes
Aproveitamento das sesións presenciais