Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Analizar o tráfico marítimo mundial, a súa evolución e tendencias.
Expor os conceptos fundamentais relacionados coa explotación de portos e a súa relación con outros medios de transporte.
Presentar os distintos elementos relacionados co tráfico marítimo: portos, mercadorías, buques.
Expor os diferentes tipos de contratos de transporte marítimo e os axentes implicados nos mesmos.
Presentar os modelos de xestión do dominio público portuario estatal
Presentar os servizos portuarios relacionados coa explotación de portos.
Coñecer as diferentes operacións portuarias que teñen lugar nos portos.
Presentar os conceptos fundamentais relacionados coa planificación de portos.
Coñecer a lexislación vixente relacionada coa explotación de portos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Os portos. Os tráficos. As obras e instalacións portuarias. O contrato de transporte marítimo. Os usuarios. As operacións portuarias. Mercadoría xeral convencional. Mercadoría xeral unificada. Graneis sólidos. Graneis líquidos. Peiraos non convencionais. A man de obra. A planificación dos portos. O proceso de planificación. Estrutura administrativa dos portos españois. Estrutura económica
TEMARIO DE TEORÍA (18h de docencia expositiva e 27h de lectura e preparación de temas)
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo ao seguinte temario:
TEMA 0. INTRODUCIÓN (Dedicación en aula: 1h)
Introdución á materia. Competencias e obxectivos. Contidos. Bibliografía recomendada. Metodoloxía docente. Sistema de avaliación. Recomendacións
TEMA 1. O COMERCIO MARÍTIMO (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. Clasificación e tipoloxía de mercadorías. Comercio marítimo mundial de mercadorías. Modelos de transporte de mercadorías e rutas marítimas
TEMA 2. BUQUES (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. Partes dun buque. Dimensións dun buque. Amarre dun buque. Capacidade dun buque. Tipoloxía de buques. Sociedades de Clasificación. Listas e rexistros. Seguimento de buques en tempo real
TEMA 3. O CONTRATO DE TRANSPORTE MARÍTIMO (Dedicación en aula: 1h)
Introdución. Axentes implicados. Contratos de utilización ou modalidades de explotación do buque. Contratos de compravenda. INCOTERMS. Esquema xenérico de relacións contractuais
TEMA 4. PORTOS (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. Concepto e funcións. A Comunidade Portuaria. Zonas de Influencia. Clasificación dos portos. Propiedade e xestión dos portos
TEMA 5. O SISTEMA PORTUARIO DE TITULARIDADE ESTATAL (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. Estrutura do SPTE. Modelo de Xestión do SPTE. Cifras do SPTE. O sistema portuario de titularidade galega. Política europea de transporte marítimo
TEMA 6. DOMINIO PÚBLICO PORTUARIO (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. O Dominio Público Portuario Estatal. Réxime de utilización. Réxime económico. Contrato de Concesión de obra pública portuaria
TEMA 7. SERVIZOS PRESTADOS NOS PORTOS (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. Concepto e clases. Modelos de prestación de servizos. Servizos xerais. Servizos portuarios. Servizos comerciais e outras actividades. Servizos de sinalización marítima. Operativa xeral da escala de buques
TEMA 8. OPERACIÓNS PORTUARIAS (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. Operacións portuarias. Custos de escala. Outras operacións Portuarias
TEMA 9. PLANIFICACIÓN PORTUARIA (Dedicación en aula: 2h)
Introdución. Principios xerais de planificación. Instrumentos de planificación nos portos do SPTE. Competitividade portuaria
PRÁCTICAS, SEMINARIOS E ELABORACIÓN DE TRABALLOS DE CURSO (9h de prácticas, 9h de seminarios, 9h de realización de exercícios e 20h de elaboración de traballos de curso)
Cálculo de tasas portuarias (ocupación del dominio público portuario y operaciones portuarias)
Traballo #1
Porto de interés xeral
Traballo #2
Terminais portuarias
T1. Terminais de mercadoría xeral
T2. Terminais de contedores
T3. Terminais de graneis sólidos
T4. Terminais de graneis líquidos
T5. Terminais de roll-on roll-off
T6. Terminais de pasaxeiros
T7. Terminais pesqueiras
Bibliografía básica:
Apuntes de clase proporcionados mediante la plataforma virtual da materia.
Unidades didácticas de la asignatura:
-Puertos. Alberte Castro et al., USC. 2014
-Transporte marítimo. David Cota et al., USC.2014
-Contratos de transporte. Alberte Castro et al., USC. 2014
-Dominio Público Portuario. Alberte Castro et al., USC. 2013
-Servicios prestados en Puertos. David Cota et al., USC. 2014
-Planificación portuaria, USC. David Cota et al., 2014
-Terminales de contenedores. David Cota et al., USC. 2013
Real Decreto Legislativo 2/2011, de 5 de septiembre, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Puertos del Estado y de la Marina Mercante.
FERNÁNDEZ MUÑOZ, L. (2008). Explotación de puertos, ETS de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Granada, Copicentro Granada S.L.
-De Monie, G. (1987): “Measuring and Evaluating Port Performance and Productivity”. -Monographs on port management. UNCTAD.
Bibliografía complementaria:
-RODRÍGUEZ PÉREZ., F. (1985): Dirección y explotación de puertos, Puerto Autónomo de Bilbao.
-PERY, P. (2003): Conceptos de Explotación y Planificación de Puertos. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Madrid.
-CAMARERO, A.; PERY, P. Y POLO, G. (2002): II Curso de Transporte Marítimo y Gestión Portuaria. Universidad Politécnica de Madrid.
-Libro Verde sobre los Puertos y las Infraestructuras Marítimas, UE. CCE, 1997. Comisión de las Comunidades Europeas. Bruselas 10/12/1997Puertos del Estado -http://www.puertos.es/Memorias de actividades. Anuarios estadísticos. Boletines de Información mensual.
-Puertos de Galicia http://www.portosdegalicia.es/ Informes de gestión.
-CNUCED (1984): “L’Aménagement des ports: Manuel à l’usage des planificateurs des pays en développement”. Conference des nations unies sur le commerce et le developpent. New York.
-MARAD (2005): ”Report to Congress on the Performance of Ports and Intermodal System”. U.S. Department of Transportation Maritime Administration.
Básicas
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CG7. Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito.
Transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT9. Habilidade no manexo de TIC?s
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
Específicas
CETSU5. Coñecemento do deseño e funcionamento das infraestruturas para o intercambio modal, tales como portos, aeroportos, estacións ferroviarias e centros loxísticos de transporte.
Observacións sobre competencias:
A competencia CTETSU5 adquírese tamén na materia obrigatoria Explotación do Transporte Terrestre e nas materias optativas: Transporte e Territorio, Enxeñaría do Tráfico e Loxística Urbana pertencentes á mención de Transportes e Servizos Urbanos.
Nesta materia emprégase un sistema de aprendizaxe continua no que se premia a regularidade no traballo. As actividades metodolóxicas da materia son as seguintes:
CLASES EXPOSITIVAS (18h de docencia expositiva e 27h de lectura e preparación de temas)
Presentación e desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia por parte do profesor, mediante explicacións teóricas e exemplos prácticos dirixidos a grupos grandes de alumnos. Durante as sesións animarase ao alumno a participar activamente nas mesmas, expondo dúbidas ou a necesidade de profundar en determinadas cuestións.
Mediante esta actividade metodolóxica se traballan as seguintes competencias
Básicas CB1 a CB5; Xerais: CG1, CG7; Específicas: CTESU5; Transversais: CT2, CT11
PRÁCTICAS, SEMINARIOS E ELABORACIÓN DE TRABALLOS DE CURSO (9h de prácticas, 9h de seminarios, 9h de realización de exercícios e 20h de elaboración de traballos de curso)
Contémplanse dúas actividades:
1/Resolución en grupos reducidos de exercicios relacionados co cálculo de tasas portuarias
2/Preparación dos traballos propostos por parte dos alumnos, principalmente, en grupos reducidos. Os alumnos deberán preparar presentacións e expor publicamente o seu traballo ante os seus compañeiros.
-Traballo #1 individual: No tema 5 da materia denominado Sistema Portuario de Titularidade Estatal preséntase o sistema
portuario de titularidade estatal, (http://www.puertos.es/) composto polos portos de interese xeral do estado (46 portos) xestionados por 28 Autoridades Portuarias. Para completar os contidos deste tema proponse a realización dun traballo sobre un dos portos de interese xeral, cumprindo cos contidos mínimos seguintes e quedando a elección do alumno a inclusión de apartados adicionais e/ou ser máis exhaustivo nos contidos.
1. Características xerais do porto
2. Zonas de servizo do porto
3. Accesos terrestres e comunicacións
4. Instalacións portuarias
5. Análise do tráfico portuario
6. Conclusións
7. Bibliografía e recursos web
-Traballo #2 en grupo: No tema 1 da materia denominado O Comercio Marítimo preséntanse de forma xeral as diferentes
tipoloxías de mercadorías e buques asociados a estas que operan nos portos. Con obxecto de que os alumnos investiguen con maior grao de detalle o funcionamento e comprendan a lóxica de operación e negocio de cada tipoloxía de mercadoría, proponse a realización dun traballo en grupo sobre o estudo dunha tipoloxía de terminal portuaria e investigación dos buques, instalacións e equipos necesarios para a súa correcta explotación, cumprindo cos contidos mínimos que se indican a continuación e quedando a elección do alumno a inclusión de apartados adicionais e/ou ser máis exhaustivo
nos contidos.
1. Tipoloxía de mercadorías a operar na terminal
2. Tipoloxía de buques a operar na terminal e principais condicionantes relativos a estes
a) Liña de atracada necesaria en función de variables que afecten a esta
b) Calados necesario en función de variables que afecten a este
c) Necesidades mínimas de chaira de almacenamento en porto
3. Necesidades e descrición superficial de equipos de carga e descarga de mercadoría e medios de manipulación
terrestres. Se é posible obter:
a) Tipoloxía de equipos e medios de carga e descarga
b) Número de unidades
c) Rendementos medios
d) Capacidade de carga máxima
4. Sistemas de almacenamento da mercadoría (se aplica)
5. Exemplo dunha terminal operativa nun Porto de Interese Xeral
6. Metodoloxía de predimensionamiento
7. Conclusións
8. Bibliografía e recursos web
Mediante esta actividade metodolóxica se traballan as seguintes competencias
Básicas CB1 a CB5; Xerais: CG1, CG7; Específicas: CTESU5; Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11
CAMPUS VIRTUAL (dentro das 9h de prácticas e 27h de lectura e preparación de temas)
Utilizarase o campus virtual para expor debates en foros vinculados cos coñecementos técnicos da materia.
Mediante esta actividade metodolóxica se traballan as seguintes competencias
Básicas CB1 a CB5; Xerais: CG1, CG7; Específicas: CTESU5; Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11.
TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO (2h de titorías en grupos reducidos)
As titorías en grupo reducido utilizaranse principalmente para traballar sobre actividades propostas nos seminarios e resolver dúbidas relacionadas cos contidos da materia.
Mediante esta actividade metodolóxica se traballan as seguintes competencias
Básicas CB1 a CB5; Xerais: CG1, CG7; Específicas: CTESU5; Transversais: : CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11
TITORÍAS INDIVIDUAIS (horas segundo necesidade)
Fixarase ao comezo do semestre un horario no que os alumnos poderán acudir ao despacho do profesor para expor e resolver as dúbidas que teñan en relación ás súas tarefas dentro da materia.
Mediante esta actividade metodolóxica se traballan as seguintes competencias
Básicas CB1 a CB5; Xerais: CG1, CG7; Específicas: CTESU5; Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11.
VISITA A UNHA INSTALACIÓN PORTUARIA (dentro das 9h de prácticas)
Durante o curso académico, programarase unha visita a unha instalación portuaria de interese na que os alumnos terán a oportunidade de coñecer de primeira man, a partir da experiencia de profesionais que se dedican ao ámbito da xestión portuaria, o día a día da explotación do portos. Ademais de visitar as instalacións, refórzase a adquisición de competencias dos alumnos mediante charlas impartidas por profesionais sobre temas tratados nas sesións presenciais e a consulta con eles das dúbidas que poidan ter.
Con anterioridade, o profesor presentará a visita en cuestión en clase co dobre fin de espertar o interese dos alumnos e comunicar as cuestións prácticas de organización do traslado.
A asistencia non será obligatoria nin contará na cualificación final da materia.
A asistencia é obrigatoria (contará como unha asistencia a clase) e o contido dos temas tratados entrarán como materia no exame final
Mediante esta actividade metodolóxica se traballan as seguintes competencias
Básicas CB1 a CB5; Xerais: CG1, CG7; Específicas: CTESU5; Transversais: CT2
EXAME FINAL (14,5 horas de preparación de probas de avaliación e 4h de exame)
Realizarase un exame final no que avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos. O exame consiste nunha proba teórica e unha proba práctica.
Mediante esta actividade metodolóxica se traballan as seguintes competencias
Básicas CB1 a CB5; Xerais: CG1, CG7; Específicas: CTESU5; Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6
Nesta materia emprégase un sistema de avaliación continua no que se premia a regularidade no traballo, e avalíanse diferentes aspectos relacionados co proceso de aprendizaxe e os coñecementos adquiridos polo alumno.
A continuación, recóllense os aspectos que se utilizarán para levar a cabo a avaliación do alumno e o valor porcentual sobre un máximo de 10 puntos que ese aspecto pode alcanzar no cómputo da cualificación global da materia:
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais e nos foros da aula virtual da materia: 10%. Competencias: CG1, CG7, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11, CETSU5.
2) Traballo #1 individual: 20%. Competencias: CG1, CG7, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11 CETSU5.
3) Traballo #2 en grupo: 20%. Competencias: CG1, CG7, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CETSU5.
4) Exame final: 50%. Competencias: CG1, CG7, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CETSU5.
Requisitos para aprobar a materia
Para aprobar a materia o alumno deberá cumprir dúas condicións:
- Obter unha cualificación mínima de APTO en cada aspecto de avaliación.
- Obter unha cualificación global igual ou superior a 5 puntos sobre 10 puntos.
A continuación recóllense as condicións para obter un APTO en cada un dos aspectos de avaliación
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais e nos foros da aula virtual da materia
a. Os alumnos deben ter unha asistencia ás sesións presenciais igual ou superior ao 80% das horas programadas.
b. Os alumnos deben ter unha participación mínima nos foros da aula virtual que consistirá en subir dúas noticias (unha en castelán/galego e outra en inglés) relacionadas coa materia para iniciar un debate e achegar polo menos con 2 comentarios tecnicamente válidos nos diferentes debates.
2) Traballos de curso
a. Os alumnos deben ter entregados correctamente ambos os traballos e obter unha cualificación mínima en cada un deles de 5 puntos sobre 10 puntos.
3)Exame
a. Os alumnos deben obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 puntos.
Convocatoria ordinaria
Aqueles alumnos que non superasen algún dos aspectos de avaliación terán a seguinte cualificación final en función do aspecto non superado
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais e nos foros da aula virtual da materia: NON PRESENTADO
2) Traballo #1: NON PRESENTADO
3) Traballo #2: NON PRESENTADO
4) Exame final: CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME
Aqueles alumnos que superasen TODOS os aspectos de avaliación terán unha cualificación final igual á media ponderado das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.
Convocatoria extraordinaria
A cualificación obtida polo alumno naqueles aspectos de avaliación superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xuño) conservarase para a oportunidade extraordinaria de avaliación (Xullo).
Os aspectos de avaliación non superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xuño) poderanse recuperar até obter unha cualificación mínima de APTO mediante a realización das actividades de recuperación propostas polo profesor.
Unha vez superados TODOS os aspectos de avaliación os alumnos terán unha cualificación final na oportunidade extraordinaria (Xullo) igual á media ponderado das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.
Alumnos repetidores
En caso de non superar a materia e matricularse novamente o alumno no seguinte curso académico (alumnos repetidores), a cualificación obtida nos aspectos de avaliación superados durante o curso académico anterior conservaranse baixo as seguintes condicións:
1)Asistencia e participación nas sesións presenciais e nos foros da aula virtual da materia: CONSÉRVASE DURANTE UN CURSO ACADÉMICO
2)Traballo #1: CONSÉRVASE
3)Traballo #2: CONSÉRVASE
4)Exame final: NON SE CONSERVA
DISPENSA DE ASISTENCIA
No caso de ter concedida unha dispensa de asistencia quedará dispensado da condición 1a para a obtención do APTO que será substituída pola realización dun traballo individual sobre unha temática relacionada coa materia. Polo que respecta aos traballos de curso, estes realizaranse de maneira individual.
Nota Final: segundo o Art. 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento Académico, sobre realización fraudulenta de exercicios ou probas: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes. “
Lectura e preparación de temas: 27 horas
Realización de exercicios: 9 horas
Elaboración de traballos de curso: 20 horas
Preparación de probas de avaliación: 14,5 horas
Seguimento continuado da materia durante o semestre
Seguimento continuado das actualizacións do Campus Virtual
Planificación e organización do tempo de estudo
Consulta de dúbidas a medida que van xurdindo, nunca días antes do exame
Consulta de dúbidas a través dos foros para compartir as nosas inquietudes cos compañeiros
Participar activamente no foro de noticias, propoñendo temas ou comentando os existentes
Aproveitamento das sesións presenciais
David Cota Mascuñana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Correo electrónico
- david.cota [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU