Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia preténdese mostrar ao alumno unha serie de coñecementos técnicos máis concretos de enxeñaría hidráulica e a súa aplicación a casos prácticos. Máis aló destes coñecementos, tense como obxectivo infundir habilidades aos estudantes para abordar a solución de problemas de enxeñaría hidráulica mediante a combinación de ferramentas teóricas e prácticas. En particular, as características fundamentais que se pretende que os alumnos dominen son:
1. Comprender os conceptos básicos do fluxo en canles abertas e a súa aplicación en casos prácticos.
2. Adquirir os conceptos básicos de hidroloxía (concepto: ciclo hidrolóxico, concas hidrográficas, infiltración, escoamento...) e as súas aplicacións en casos prácticos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fundamentos, cálculo e optimización de canalizacións en lámina libre.
Fundamentos de hidroloxía.
Estes contidos serán desenvolvidos conforme ao seguinte temario:
As horas que aparecen asignadas son de clases expositivas e interactivas e son unha previsión de distribución de horas
Bloque 1. Fluxo en lámina libre
Unidade I. Introdución ao fluxo en lámina libre (2h)
Fluxo en lámina libre, características e comparación co fluxo en carga. Características que definen unha canle. Canles naturais e artificiais. Clasificación en canto ao fluxo establecido. Distribución de velocidades. Distribución da presión: influencia da curvatura das liñas de corrente e influencia da pendente.
HNP (Horas Non Presenciais): 1.5 horas
Unidade II. Fluxo permanente e uniforme en canles (4h)
Ecuacións do fluxo en lámina libre. Ecuación do movemento uniforme e permanente. Fórmula de Chézy. Fórmula de Manning. Resolución de problemas con fluxo uniforme e permanente: Conducións abertas, conducións abertas en condicións de demasía, conducións pechadas. Seccións de máxima eficiencia hidráulica. Algúns criterios para o deseño hidráulico de canles. Parámetros básicos de deseño
HNP: 4 horas
Unidade III. Estudo da enerxía específica (4h)
Concepto. Relación entre enerxía específica e calado nunha canle dada. Relación entre caudal e calado para unha enerxía específica nunha canle dada. Ecuación de crise. Número de Froude. Medicións en réxime crítico.
HNP: 3.5 horas
Unidade IV: Fluxo gradualmente variado (4h)
Ecuación do movemento permanente gradualmente variado. Análise intuitivo con curvas de remanso. Integración da ecuación do movemento gradualmente variado: métodos de cálculo.
HNP: 4 horas
Unidade V: Transicións e cambios de réxime (4h)
Transicións entre tramos co mesmo réxime. Cambio de réxime lento a réxime rápido: calado crítico. Paso de réxime rápido a lento: resalto hidráulico. Elementos que definen un resalto. Conservación da cantidade de movemento nun resalto. Estudo do momentum ou forza específica. Elementos dun resalto nunha canle rectangular.
HNP: 3.5 horas
Unidade VI. Fenómenos locais (4h)
Diagramas de enerxía. Estreitramentos e ensanchamentos: réxime lento e réximen rápido. Escalóns: réxime lento e réxime rápido. Variacións de caudal.
HNP: 3.5 horas
Bloque 2. Hidroloxía
Unidade VII. Introdución á hidroloxía (1 horas)
Concepto de hidroloxía. O ciclo hidrolóxico. Balance hidrolóxico. Lexislación. Modelos hidrolóxicos.
HNP: 0.5 horas
Unidade VIII. Precipitación. Evapotranspiración (2 horas)
Formación da precipitación. Tipos de precipitación. Medida da humidade na atmosfera. Medida da precipitación. Datos ausentes. Determinación da precipitación sobre un área. Evaporación. Factores. Medida da evaporación. Cálculo da evaporación. Evapotranspiración. ET real e potencial. Interceptación
HNP: 1.5 horas
Unidade IX. Infiltración. Escoamento. (3 horas)
Medidas de humidade e potencial no solo. Infiltración instantánea e infiltración acumulada. Factores que afectan á infiltración. Fluxo saturado: Lei de Darcy. Fluxo non saturado: Lei de Richards. Medida da infiltración. Modelos de infiltración: modelos empíricos, modelos semiempíricos: ecuación de Green-Ampt e modelos físicos: ecuación de Richards. Medida da condutividade hidráulica: métodos de laboratorio e campo. Tipos de escoamento. Teorías de xeración do escoamento superficial. Precipitación efectiva. Cálculo dos coeficientes de escoamento. Método de Phi. Método do número de curva do SCS. Cálculo das abstraccións co método de Green-Ampt
HNP: 3 horas
Unidade X. Aforamentos. (2 horas)
Interpretación de rexistros de caudal: Unidades. Medidas de caudais. Medidas de nivel. Medidas de velocidade. Curvas de aforo.
HNP: 1.5 horas
Unidade XI Estatística hidrolóxica (3 horas)
Sucesos aleatorios. Concepto de probabilidade. Período de retorno. Tratamento probabilístico da información hidrolóxica. Distribucións estatísticas usadas en hidroloxía: Continuas. Axuste dunha distribución estatística. Período de retorno. Distribucións estatísticas de valores extremos: máximos e mínimos. Análise de frecuencias Elaboración e utilización de curvas Intensidade-Duración-Frecuencia. Elaboración de treboadas de deseño.
HNP: 3 horas
Unidade XII. Caudais de avenida (4 horas)
Fluxo base. Hidrograma unitario: Tempo de concentración. Hidrogramas Unitarios sintéticos. Método racional.
HNP: 4 horas
Unidade XIII. Tránsito de avenidas e modelos matemáticos (3 horas)
Efecto laminador dun encoro. Tránsito da avenida pola canle. Método de Muskingum, onda cinemática, onda difusiva, Muskingum-Cunge, onda dinámica. Modelos matemáticos. Modelo HEC-HMS.
HNP: 2.5 horas
Prácticas.
*Caracterización dunha conca hidrográfica co SIX QGis. Cálculo de caudais máximos e hidrogramas de escoamento con ordenador (6 horas)
* Uso de HEC-RAS para cálculo de perfís de lámina de auga en réxime permanente e gradualmente variado (1h)
*Medición de parámetros hidráulicos nunha canle (1h)
• CEDEX. 2011. Mapa de caudales máximos Memoria Técnica. CEDEX. Madrid. 73 pp. http://hercules.cedex.es/caumax/caumax_v2.rar
• Chow, V. T.; Maidment, D. R. y Mays, L.W. 1994. Hidrología aplicada. McGraw-Hill Interamericana. Santa fe de Bogotá. 584 pp.
• Chow, VT. Hidráulica de canales abiertos. McGraw Hill, 1995.
• Franzini, J.; Finnemore, J., 1999: “Mecánica de los fluidos con aplicaciones en Ingeniería”. Editorial MacGraw Hill..
• Gupta.(Ed.) 2017. Handbook of Applied Hydrology, 2nd edition. McGraw-Hill. Acceso a través da biblioteca universitaria da USC. Libros electrónicos
• Puertas Agudo, J.; Pena Mosquera, L. et al. 2016. Apuntes de ingeniería hidráulica. Colección ingeniería civil nº8. Fundación Ingeniería civil de Galicia Universidade da Coruña.
• Sánchez Martínez, F.J., Lastra Fernández, J. (Coordinadores). 2011. Guía metodológica para el desarrollo del Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino Madrid 349 pp.
https://www.miteco.gob.es/es/agua/publicaciones/guia_metodologica_ZI.as…
• Sánchez-Juny, M.; Bladé, E.; Puertas, J. Hidráulica. Universidade da Coruña, 2007.
• Sánchez San Román, F.J. Hidrología Hidrogeología En http://hidrologia.usal.es
• White, F. Mecánica de Fluidos. Mc Graw Hill, 2001.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Hydrologic Engineering Center User's Manual (CPD-74A) Description of the use and application of the program. Current Version: Version 4.8, April 2021 ttps://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmsum/4.8
• Hydrologic Engineering Center User's Manual Technical Reference Manual (CPD-74B) Discussion of the technical underpinnings of the program including theoretical basis, parameter estimation techniques, and application suggestions. https://www.hec.usace.army.mil/confluence/hmsdocs/hmstrm
• Heggen, R. J. (Ed.). 1996. Hydrology handbook. 2ª edición. ASCE Press. New York. 784 pp.
• Maidment, D. R. 1989. Handbook of hydrology. McGraw-Hill Inc. New York. 1250 pp.
• WMO. 2012. Glosario hidrológico internacional . WMO-No. 385 https://library.wmo.int/doc_num.php?explnum_id=8209
COMPETENCIAS BÁSICAS (CB), XERAIS (CG) E TRANSVERSAIS (CT):
Nesta materia, ademais do cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para alumnos de Grao, trabállanse as seguintes competencias xerais e transversais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s .
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE):
CECC7. Coñecemento dos conceptos e os aspectos técnicos vinculados aos sistemas de conducións, tanto en presión como en lámina libre.
CECC8. Coñecemento dos conceptos básicos de hidroloxía superficial e subterránea.
Nesta materia na docencia presencial traballaranse as seguintes competencias:
*Docencia expositiva: CB1,CB2,CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT12,CECC7,CECC8
*Seminarios e resolución de problemas: CB1,CB2,CB3,CB4, CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT4,CT5,CT6,CT9,CT10,CT11,CT12,CECC7,CECC8
*Prácticas e elaboración de traballos CB1,CB2,CB3,CB4, CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT4,CT5,CT6,CT9,CT10,CT11,CT12,CECC7,CECC8
*Titorías en grupos reducidos CB1,CB2,CB5,CG1,CT1,CT2,CT3,CT12,CECC7,CECC8
Como apoio á materia proporciónase ó alumnado material docente adecuado, impreso ou a través do Campus Virtual e/ou a plataforma teams
Recorrerase a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da materia terá en conta os seguintes aspectos:
1) Exames escritos
Sistema de avaliación: Ao finalizar o primeiro bloque realizarase un exame que será liberatorio, en caso de suspenso pode accederse á proba final. Os controis periódicos superados terán validez soamente no curso académico.
Para poder promediar os dous bloques na proba final, a nota mínima de cada un dos exames dos dous bloques será de 4 puntos
As notas superiores a 4 obtidas no exame escrito en calquera dos bloques conservaranse durante o curso académico
Os controis e a proba final constarán das seguintes partes:
*Teoría, tipo test e/ou preguntas curtas 30% do valor do exame
* Problemas 70% do valor do exame
Non se permitirá levar ningún tipo de apuntamentos para a realización dos exames.
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CECC7, CECC8.
Peso: 70%
2) Traballo(s) de curso e prácticas
Sistema de avaliación: corrección documento(s) e/ou exposición
No caso das prácticas para poder avalialas é necesario a asistencia á mesma, ademais da realización do traballo correspondente.
O traballo de curso no bloque de hidráulica de canles constará de problemas propostos que terá que resolver o alumno e/ou probas escritas.
O traballo de curso no bloque de hidroloxía constará de problemas propostos que terá que resolver o alumno e a seguinte actividade: usando o glosario de termos hidrolóxicos publicado pola organización meteorolóxica mundial e a base de datos web of science e scopus, recabar información sobre artigos de temas de hidroloxía publicados en inglés sobre un área específica determinada polo profesorado da materia
Para a avaliación das prácticas haberá que entregar unha memoria das mesmas.
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CECC7, CECC8.
Peso Prácticas: 15%
Peso traballos de curso: 15%
Este sistema de avaliación estará vixente tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos aos expresados anteriormente.
A nota obtida no apartado 2 conservarase durante o curso actual e o curso seguinte.
Se existe a imposibilidade por parte dalgún alumno de realizar os distintos aspectos indicados na avaliación, será preciso que se dirixa ao profesor coa maior antelación posible, de modo que se lle poida indicar un método alternativo para a realización das actividades no caso de que sexa posible.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia aos exames, podendo realizar o resto de actividades programadas na Guía docente de xeito non presencial.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso (ca cualificación de 0) na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se puída seguir contra el alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados u obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración o reinterpretación, e sen citas a los autores de las fontes. Para estes casos será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Sistema de avaliación Competencias
Peso na cualificación
Exame escrito CB1*, CB2*, CB3*, CB5*, CG1*, CT1*, CT2*, CT6*, CT12*, CECC7*, CECC8* 70%
Prácticas e traballos de curso CB1*, CB2*, CB3*,CB4*, CB5*, CG1*, CT1*, CT2*, CT4*, CT5*, CT6*, CT7*, CT8*, CT9*, CT10*, CT11*, CT12*, CECC7*, CECC8*
30%
* Competencias avaliadas
Clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en grupo 51 h
Lectura e preparación de temas: 36 h
Elaboración de traballos de curso: 24 h
Realización de exercicios: 12h
Preparación de probas avaliación: 23 h
Realización de probas 4 h
Total 150 horas
Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
Estudo diario da materia.
Preparación dos exercicios propostos antes da súa realización en clase.
Asistencia a titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.
Maria Teresa Teijeiro Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mteresa.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Jorge Dafonte Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- jorge.dafonte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade