Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría do Terreo
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos:
Comprender e manexar con claridade os principios básicos da Mecánica de Solos e das Rochas, así como a súa terminoloxía propia.
Entender os condicionantes que formula a xeotecnia no desenvolvemento de estudos, proxectos, construcións e explotacións onde sexa necesario efectuar movementos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
Sentar as bases físicas e mecánicas para o deseño e construción de obras xeotécnicas.
Coñecer os procedementos construtivos e a maquinaria de construción habituais en Enxeñaría Civil relacionados co terreo. Comprender os principios para o deseño e construción de obras de terras de Infraestruturas Lineais, como estradas e ferrocarrís.
Aptitudes:
Saber aplicar os coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
Coñecer e adquirir destreza na realización dos ensaios máis habituais dun laboratorio xeotécnico.
Acostumarse ao manexo de bibliografía, de normativa específica e de recursos na web.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimentar a súa curiosidade e interese pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos e mecánicos de solos e rochas.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practicar o razoamento correcto.
Fomentar o traballo en equipo.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Teoría de empuxes de solos.
Cálculo de estruturas de contención.
- Contención ríxida.
- Contención flexible.
Cálculo de estabilidade de noiros.
Proxecto de cimentacións de estruturas.
-Cimentacións superficiais.
-Cimentacións profundas.
Redacción de informes xeotécnicos en Construcións Civís.
Patoloxía de Obras Xeotécnicas.
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario, no que se indican de maneira aproximada as horas presenciais (expositivas HE, de seminario HS, de laboratorio HL e de titorías de grupos reducidos TGR) e de traballo do estudante (TE):
TEORÍA
TEMA 1: EMPUXE DE TERRAS (2 HE; 4h TE)
Introdución. Coeficiente de empuxe ó repouso. Teoría de Rankine: empuxes de terras activo e pasivo. Distribución de presións sobre muros de contención. Teoría de Coulomb do empuxe de terras sobre muros. Empuxes en solos cohesivos.
TEMA 2: ESTRUTURAS DE CONTENCIÓN RÍXIDA (3 HE; 6h TE)
Introdución. Tipos de estruturas de contención. Condicións xerais para o proxecto.
TEMA 3: ESTRUTURAS DE CONTENCIÓN FLEXIBLE (3 HE; 6h TE)
Introdución. Tipos de estruturas de contención flexible. Cálculo analítico: Pantallas en voadizo, pantallas cun apoio, pantallas con varios apoios. Sistemas de reforzo ou soporte lateral. Métodos numéricos de cálculo.
TEMA 4: NOIROS EN SOLOS (2 HE; 4h TE)
Introdución. Factor de seguridade. Estabilidade de noiros infinitos sen e con fluxo de auga. Noiros finitos. Análise de roturas circulares. Ábacos de Taylor. Método das rebanadas. Métodos de Bishop e Janbu. Medidas de corrección. Drenaxe de noiros.
TEMA 5: NOIROS EN ROCHAS (2 HE; 4h TE)
Introdución. Inestabilidade de noiros e ladeiras rochosas: desprendementos, escorregamentos, descalces, emborcos, pandeos. Escorregamentos de bloques desprendidos: avalanchas. Escorregamentos planos. Escorregamentos en cuña. Métodos de cálculo.
TEMA 6: PATOLOXÍA DE NOIROS (2 HE; 4h TE)
Introdución. Condicionantes ambientais e xeotécnicos. Comportamento global de noiros. Sistemas posibles de actuación fronte a inestabilidades. Métodos de protección de noiros.
TEMA 7: PROXECTO DE CIMENTACIÓNS (1 HE; 2h TE)
Introdución. Tipoloxía de cimentacións. Análise e dimensionado: criterios básicos, comprobacións, estados límite últimos, estados límite de servizo. Comprobacións adicionais.
TEMA 8: CIMENTACIÓNS SUPERFICIAIS (4 HE; 8h TE)
Introdución. Ecuacións de Prandtl e de Terzaghi. Expresións de Meyerhof e Brinch-Hansen. Influencia da forma e a profundidade da cimentación. Ecuación xeral da capacidade de carga dunha cimentación superficial. Asentos en cimentacións.
TEMA 9: CIMENTACIÓNS PROFUNDAS (4 HE; 8h TE)
Introdución. Tipos de pilotes. Determinación da carga admisible dun pilote illado. Grupos de pilotes. Construción e control da execución de pilotes.
TEMA 10: PATOLOXÍA DE CIMENTACIÓNS (1 HE; 2h TE)
Introdución. Causas: defectos do proxecto, defectos da execución, causas extrínsecas. Análise de gretas. Recalce de cimentacións.
TEMA 11: REDACCIÓN DE INFORMES XEOTÉCNICOS (3h TGR; 7h TE)
Introdución. O estudo xeotécnico. Dimensionamento dos traballos de campo. Código Técnico da edificación. Guía de Cimentacións en Obras de Estradas.
PRÁCTICA
P1: Proxecto de estruturas de contención (6 HS; 10h TE)
P2: Proxecto de estruturas de contención por ordenador (2 HL; 2h TE)
P3: Cálculo de estabilidade de noiros (2 HS; 4h TE)
P4: Cálculo de estabilidade de noiros en ordenador (6 HL; 6h TE)
P5: Proxecto dunha cimentación superficial (3 HS; 6h TE)
P6: Proxecto dunha cimentación profunda (3 HS; 6h TE)
P7: Cálculo de asentos (2 HL; 2h TE)
Bibliografía básica
• Geotecnia y cimientos / José Antonio Jiménez Salas...[et al.]. Madrid: Rueda, D.L. 1975-1981
• Ingeniería Geológica. L. González de Vallejo, M. Ferrer, L. Ortuño y C. Oteo. Prentice Hall. 2002.
• Principios de ingeniería de cimentaciones. Das, Braja M. México: International Thomson, 2001
• Soil Mechanics in Engineering Practice. Terzaghi, K. y Peck, R.B. John Wiley & Sons, cop. New York 1948
• Ingeniería de cimentaciones: fundamentos e introducción al análisis geotécnico. Delgado Vargas, Manuel. México: Alfaomega, [1999]
• Curso aplicado de cimentaciones. Rodríguez Ortiz, J.M. et al. Colegio de Arquitectos de Madrid, 6 edición, 1995.
• Código Técnico de la Edificación: Libro 3: Seguridad Estructural: cimientos. Ministerio de Vivienda. Madrid 2006
• Guía de cimentaciones en obras de carreteras. Ministerio de Fomento, 2019
Bibliografía complementaria
• Geotecnia: ensayos de campo y de laboratorio. Madrid: AENOR, [1999]
• Mecánica de Suelos”. Lambe, T.W. y Whitman, R.V., Limusa, 1991.
• Mecánica de las rocas. Serrano, Alcibíades. [Madrid]. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Servicio de Publicaciones, 2000
• Engineering geology: Rock in engineering construction. Goodman, Richard E. New York [etc.]: John Wiley & Sons, cop. 1993
• Principles of geotechnical engineering. Das, Braja M. Pacific Grove (California) : Brooks/Cole, cop. 2002
• Ingeniería del terreno / [editor Carlos López Jimeno; autores Javier Ariza Torres...(et al.)]. Colección Ingeoter. Madrid: U.D. Proyectos, [2002]
• Manual de túneles y obras subterráneas. Ed. López Jimeno, C. 2000
• Manual de técnicas de Mejora del Terreno. Bielza, A. 1999
• Guía para el proyecto y la ejecución de muros de escollera en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2006
• Guía para el diseño y la ejecución de anclajes al terreno en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Guía para el proyecto y la ejecución de muros de micropilotes en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Manual para el proyecto y ejecución de estructuras de suelo reforzado. Ministerio de Fomento, 1989
• Construcción de explanaciones, drenajes y cimentaciones. PG-3. Ministerio de Fomento 2002 y actualizaciones posteriores
• El Terreno. González, M. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona 2001
• Geotecnia. Reconocimiento del Terreno. Suriol, J., Lloret, A. y García, A. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona, 1995.
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas CB-1 a CB-5 fixadas pola Orde Ministerial:
Xerais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
CG2. Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
CG3. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplica-la lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. (CG 3)
CG4. Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito. (CG 4)
CG7. Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito (CG 7)
CG10. Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral. (CG 10)
Específicas:
•CECC5. Coñecementos de xeotecnia e mecánica de solos e de rochas así como a súa aplicación no desarrollo de estudos, proxectos, construcións e explotacións onde sexa necesario efectuar movementos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
•CTECC7. Capacidade para a construción de obras xeotécnicas.
•CECC12. Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.
•CTECC4 / CTETSU1. Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamento, o proxecto e os elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
•CTECC5 / CTETSU2. Capacidade para a construción e conservación das liñas de ferrocarrís con coñecemento para aplicar a normativa técnica específica e diferenciando as características do material móbil.
Observacións sobre competencias:
As competencias CECC5 e CTECC7 adquírense tamén nas materias Enxeñaría do Terreo de segundo curso e Obras Xeotécnicas 2 do terceiro curso.
A competencia CTECC12 adquírese na materia Procedementos Xerais de Construción do terceiro curso e en Proxectos de Enxeñaría Civil de cuarto curso.
As competencias CTECC4 / CTETSU1 e CTECC5 / CTETSU2 adquírense soamente de maneira parcial nesta materia, nos aspectos relacionados coas estruturas de contención de terras e a estabilidade de noiros. A adquisición da competencia realízase na materias Deseño e construción de Obras Lineais de segundo curso e nas optativas da mención de Transportes e Servizos Urbanos.
Transversais:
•CT1. Capacidade de análise e síntese.
•CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
•CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
•CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
•CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
•CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
•CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
•CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
•CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
•CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
•CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
•CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Todas as actividades docentes están encamiñadas a traballar as competencias básicas, xerais e específicas asignadas a esta materia. As competencias transversais trabállanse en función da metodoloxía empregada.
As actividades docentes son de catro tipos:
-Clases expositivas (24h), fundamentalmente dedicadas a desenvolver os contidos teóricos da materia. Impártense na aula por parte do profesor mediante leccións maxistrais participativas, axudado de medios audiovisuais e coa utilización do encerado e apoiado nos apuntamentos facilitados previamente aos alumnos que deben facer traballo autónomo e estudo independente antes e despois das sesións presenciais. Retransmítense e grávanse mediante MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT9, CT10, CT11.
-Os seminarios en grupos reducidos de 20 alumnos (14h), que consisten en sesións prácticas ou clases interactivas, fundamentalmente dedicados á resolución de problemas, casos prácticos e proxectos. Os estudantes dispoñen de tempo para a resolución individual ou por grupos e a continuación o resolven no encerado. Ao finalizar a sesión entregan exercicios de control. Son actividades complementarias que permiten ó alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a traveso do traballo persoal e das clases de teoría. Retransmítense e grávanse mediante MS Teams. Preséntanse exercicios a entregar antes da proba final
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT10, CT11, CT12.
-As prácticas de laboratorio (10h), en grupos reducidos de 20 alumnos, onde o alumnado traballa con programas comerciais habituais en Enxeñaría Xeotécnica, resólvense casos prácticos e débese redactar un informe técnico. Retransmítense e grávanse mediante MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
-As titorías en grupo (3h), con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...). Retransmítense e grávanse mediante MS Teams.
Nesta materia esíxese a entrega dun Informe Xeotécnico sobre un proxecto construtivo no que sexa necesario facer o predimensionamento dunha estrutura de contención, a estabilidade de noiros de escavación e o deseño básico de cimentacións. A redacción do Informe Xeotécnico realízase en grupos de 4-5 alumnos. O traballo formúlase nas primeiras titorías de grupos reducidos, faise seguimento ao longo do semestre e se entrega, defende e avalía nas últimas sesións do semestre.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
Como apoio á materia proporciónase ao alumnado material docente adecuado a través do Campus Virtual e de MS Teams.
O traballo individual do alumno sobre o material proporcionado, que debe estudar, resumir, contrastar ou ampliar con outras referencias bibliográficas permite traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11
Actividades de avaliación
•Asistencia e participación: a asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Faise o seguimento da asistencia a traveso dun anecdotario, no que se rexistra tamén a participación do estudante na clase.
•Tarefas de seguimento semanal: ao finalizar as sesións expositivas, formúlase una tarefa breve na que os estudantes teñen que buscar información relevante relacionada cos contidos tratados. Xeralmente trátase dun caso de estudo. Parte destas tarefas poderán incorporar contidos en inglés ou outra língua estranxeira.
•Tarefas de seguimento: ao finalizar cada bloque do temario, formúlase unha proba de carácter teórico-práctico a través do campus virtual, que os alumnos descargan e deben subir resolta no prazo dun día.
•Actividades interactivas dos seminarios: nas sesións interactivas nas que se resolven prácticas, os alumnos, en grupos, dispoñen de tempo para formular a resolución de exercicios e casos prácticos e a continuación, baixo a supervisión do profesor, expoñer as súas conclusións.
•Informe das prácticas de laboratorio: as sesións dedícanse a aprender o manexo de software habitual para o cálculo de obras xeotécnicas, ao rematar as sesións os estudantes elaboran un informe técnico deben analizalos e expoñer as súas conclusións.
•Informe xeotécnico: trátase de facer o predimensionamento dunha obra xeotécnica no que se apliquen os conñecementos adquiridos nas sesións expositivas e interactivas. Realízase en grupos de 4-5 alumnos.
•Proba final (4h): consiste nun exame teórico-práctico que se realiza ao rematar a docencia. A parte teórica consiste en definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver. A parte práctica consiste na resolución de exercicios ou casos prácticos.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB-1 a CB-5.
A asistencia e participación dos alumnos nas sesións presenciais e telemáticas, nas que se desenvolven os contidos teóricos e prácticos da materia permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG7, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
As tarefas de seguimento nas os estudantes buscan información sobre casos prácticos relacionados coa materia permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG7, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11
As tarefas de seguimento nas que os alumnos realizan unha proba de contidos teóricos a desenvolver e dunha parte práctica para a resolución de exercicios ou casos prácticos no prazo dun día, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
As actividades realizadas nos seminarios interactivos, nas que os estudantes resolven os exercicios en grupos e posteriormente llos expoñen ao resto de compañeiros, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG7, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT7, CT8, CT12
A elaboración dos informes das prácticas de laboratorio, proceso no que os estudantes de xeito individual elaboran un informe xeotécnico, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A elaboración do informe de predimensionamento dunha obra xeotécnica, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12
A realización da proba final, un exame de contidos teóricos a desenvolver e dunha parte práctica para a resolución de exercicios ou casos prácticos, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
Sistema de avaliación
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, para estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación básease nos seguintes 6 apartados:
1) Asistencia obrigatoria ao 100% das clases presencias.
2) Proba escrita. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima.
3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas en seminarios.
4) Aproveitamento das prácticas de laboratorio e entrega do informe.
5) Entrega e presentación do Informe Xeotécnico.
6) Participación do alumnado nas actividades da aula. Seguemento a través dun anecdotario.
Requisitos para a superación da materia:
-Nota mínima na proba escrita de 5 puntos sobre 10.
-Asistencia ao 100% das sesións presenciais
-Exercicios coa cualificación de APTOS
-Informe de prácticas de laboratorio APTO
-Informe Xeotécnico APTO
Primeira oportunidade:
Para poder presentarse á proba escrita na primeira oportunidade os alumnos deben cumprir unha asistencia do 100% ás clases presenciais excepto faltas xustificadas.
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 60%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
-Actividades de seguimento e participación nas actividades da aula 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Segunda oportunidade:
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Alumnos repetidores:
Aqueles alumnos que teñan cumprido o requisito de asistencia e de entrega de prácticas e informes nalgún dos dous cursos anteriores, soamente teñen que presentarse á proba escrita, sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
En todo caso, aconséllase a asistencia, como mínimo, ás sesións prácticas e de laboratorio e o seguimento frecuente da materia a través das titorías e do Campus Virtual.
Alumnos con dispensa de asistencia:
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar a materia é obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. Sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación d o rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Lectura e preparación de temas: 36h
Realización de exercicios: 12h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 10h
Elaboración de traballos de curso: 14h
Preparación de probas de avaliación: 23h
Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e nas prácticas de laboratorio.
Esforzarse nos informes de prácticas e no Informe Xeotécnico.
Intentar resolver os exercicios previstos antes da resolución na clase.
Consultar a bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveitar as titorías, tanto as habituais como as programadas en grupo.
Carlos Nuñez Temes
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- carlos.nunez.temes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Dario Ferreiro Otero
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- dario.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario II (Pav.III) |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario II (Pav.III) |
Xoves | |||
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
08.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
13.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |