Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría da Construción
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo da tipoloxía e as bases de cálculo dos elementos prefabricados e a súa aplicación nos procesos de fabricación.
Comprender e manexar as diversas tipoloxías, sistemas estruturais e elementos prefabricados que se usan para a construción de estruturas, no ámbito da obra civil, edificación e industrial.
Coñecemento da normativa e bibliografía de referencia dentro do campo da prefabricación.
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Evolución da prefabricación. Aplicación, procedementos e normalización.
Prefabricación na edificación. Forxados, vigas e alicerces. Cerramentos.
Prefabricación en pontes.
Prefabricación en obras de contención de terras, pasos inferiores e túneles.
Outros usos dos prefabricados.
Estes contidos desenvólvense seguindo o seguinte temario teórico:
BLOQUE 1. CONCEPTOS BÁSICOS (30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Concepto de prefabricación. Materiais empregados na prefabricación. Evolución da prefabricación. Campos de aplicación, áreas de actividade e campos de actuación. Vantaxes e desvantaxes da prefabricación. Tipificación, normalización, coordinación modular, módulo básico, plan modular, dimensión e posición básica, desviación, tolerancia, erros, xuntas, incumprimento de tolerancias e contrafrechas. Tolerancias de fabricación e montaxe. Tolerancias do conxunto. Posibles erros na montaxe. Tipos de erros. Fabricación, transporte e montaxe.
BLOQUE 2. PRINCIPIOS DE DESEÑO (30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Principios de deseño: tipos de accións, criterios de deseño de estruturas prefabricadas, deseño mediante ensaio e adecuación ás obras de edificación, industrial e enxeñaría civil. Sistemas estruturais básicos: estruturas translacionais e intranslacionais, vigas e piares en sistemas estruturais con esqueleto, forxados prefabricados, e fachadas prefabricadas. Outros usos dos prefabricados: bancadas, escaleiras e sistemas celulares. Sistemas estabilizadores fronte a accións horizontais: sistemas de equilibrio. Integridade estrutural e colapso progresivo. Conexións en estruturas prefabricadas: requisitos, ductilidade, mecanismos de transmisión, conexión a rasante e cortante, e criterios de deseño das conexións. Xuntas: tipos de xuntas e criterios de deseño. Etapas e participantes en proceso de deseño.
BLOQUE 3. PREFABRICACIÓN EN OBRA CIVIL (30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Aspectos xerais: clasificación de estruturas de obra civil, elección de tipoloxía e procedemento construtivo, normativas de accións, conexións, e vantaxes e condicionantes. Pontes prefabricadas: partes dunha ponte, estrutura e subestrutura, encaixe de tipoloxía segundo luces. Pontes prefabricadas de vigas: seccións tipo, taboleiros prefabricados, taboleiros de vigas pretensar sen continuidade con lousa in-situ, fabricación, transporte e montaxe, formigonado da lousa, dimensións recomendadas, ancho eficaz, e detalles construtivos. Pontes prefabricadas de doelas: doelas prefabricadas, seccións tipo, Vantaxes e desvantaxes, fabricación, tipos de doelas, desviadores de pretensado, xuntas entre doelas, montaxe mediante beiriles sucesivos e construción van a van. Subestrutura: cimentación, estribos, pilas e linteis. Cimbras. Contención de terras, pasos inferiores e túneles: marcos, pórticos, arcos e bóvedas, muros de contención e muros de solo reforzado.
BLOQUE 4. PREFABRICACIÓN EN EDIFICACIÓN E INDUSTRIAL (30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Estruturas de pórticos e estruturas de esqueleto: clasificación, estabilidade estrutural, integridade estrutural, conexións, detalles construtivos e consideracións a ter en conta en zonas sísmicas. Estruturas de muros portantes: sistemas de edificios prefabricados, muros de carga e pantallas, estabilidade horizontal, xuntas e conexións. Forxados: tipos de forxado, rango de utilización, dimensionamento e detalles construtivos. Vigas: vigas armadas e pretensar, seccións tipo, dimensionamento e detalles construtivos. Piares. Cerramentos.
BLOQUE 5. OUTROS USOS NA PREFABRICACIÓN (30 horas, correspondentes a 11 horas presenciais e 19 horas non presenciais).
Outros elementos estruturais e non estruturais. Depósitos. Pozos de saneamento. Galerías de saneamento. Canalizacións. Galerías de comunicacións. Arquetas.
Así mesmo, os contidos desenvólvense seguindo o seguinte temario práctico.
S1 CONCEPTOS BÁSICOS.
Interpretación de Anexos da EHE'08. Cálculo de tolerancias en xuntas. Caso práctico de obtención de tolerancias admisibles en vigas prefabricadas e interpretación de resultados. Caso práctico de obtención de tolerancias admisibles en vigas paneis prefabricados e interpretación de resultados.
S2 PRINCIPIOS DE DESEÑO.
Cálculo de momento último de rotura por flexión en viga prefabricada con armado activo e pasivo superior e inferior. Cálculo de lonxitudes de ancoraxe e lapela en armaduras pasivas. Criterios de elección e funcionamento de ancoraxes mecánicas e químicas.
S3 OBRA CIVIL
Avaliación de accións en pontes de estrada segundo a IAP'11. Encaixe da tipoloxía e predimensionamento de obras de paso de nova construción. Estudo de detalles construtivos en obra civil.
S4 EDIFICACIÓN E INDUSTRIAL
Avaliación de accións segundo o CTE. Estudo de detalles construtivos no ámbito da edificación e uso industrial.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Recomendacións para o Proxecto, Execución e Montaxe de Elementos Prefabricados de Formigón Armado. Asociación Científico Técnica do Formigón Estructural. 2005.
Guía de aplicación da Instrución de Formigón Estrutural. Edificación. Comisión Permanente do Formigón. 2002.
Formigón armado. P.Jiménez Montoya, A.García Meseguer, F.Morán Cabré. Ed. Gustavo Gili. 2009.
Razón e ser dos tipos estruturais. 7ª Ed. Torroja, E. Instituto Eduardo Torroja para a Construción e o Cemento. 1991.
Design of Prestressed Concrete to Eurocode 2. Raymond Ian Gilbert. Ed. Routledge (2019)
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Proxecto e cálculo de estruturas de formigón (Tomos I y II). J. Calavera. Intemac. 2008.
Prontuario informático do formigón estrutural 3.1. H.Corres, J.L. Martínez, A.Pérez, J.C.López Agüi. IECA. 2013.
Prontuario informático do formigón adaptado ó Código estrutural. IECA e Universidade Politécnica de Cataluña (2021).
Colección de Recomendacións e Manuais Técnicos. ACHE. Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. 2005.
Obras de paso de nova construción. Ministerio de Fomento. 2000.
Prontuario de estructuras metálicas, 3ª edición. CEDEX. 1994.
Standard Practice for Direct Design of Precast Concrete Box Sections for Jacking in Trenchless Construction, ASCE 28-00. merican Society of Civil Engineers (2001)
Multi-Storey Precast Concrete Framed Structures. Colin Jolly and Kim S. Elliott. Ed. Wiley-Blackwell (2013)
NORMATIVA
CÓDIGO ESTRUTURAL. Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. 2021.
EHE-08: Instrución para o proxecto e a execución do formigón estrutural. Ministerio de Fomento. 2008.
IAP'11: Instrución sobre las acciones a considerar no proxecto de pontes de estrada. Ministerio de Fomento. 2011.
IAPF'07: Instrución sobre las acciones a considerar no proxecto de pontes de ferrocarril. Ministerio de Fomento. 2007.
Documento Básico SE Seguridade Estrutural. Código Técnico da Edificación. Ministerio da Vivenda. Marzo 2006.
Documento Básico SI Seguridade en caso de incendio. Código Técnico da Edificación. Ministerio da Vivenda. Marzo 2006.
Documento Básico SE-C Seguridade estrutural. Alicerces. Código Técnico da Edificación. Ministerio da Vivenda. Marzo 2006.
Norma de construción sismorresistente NCSR-02. Ministerio de Fomento. Outubro 2002.
Norma de construción sismorresistente: pontes NCSP-07. Ministerio de Fomento. Octubre 2002.
APUNTES
Apuntes de clase proporcionados a través da plataforma virtual da materia.
COMPETENCIAS BÁSICAS.
A materia permite a adquisición das competencias básicas fixadas na orden ministerial:
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS.
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
CETECC1. Coñecemento da tipoloxía e as bases de cálculo dos elementos prefabricados e a súa aplicación nos procesos de fabricación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
A materia permite a adquisición das competencias transversais indicadas na memoria de grado.
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A ENSINANZA PRESENCIAL DESENVÓLVESE MEDIANTE:
Clases expositivas: o profesor desenvolve na aula os contidos da materia establecidos na presente Programación Docente, apoiado nos apuntamentos facilitados na plataforma virtual.
Seminarios en grupos reducidos: consisten en sesións prácticas en grupos reducidos de 20 alumnos, destinadas a resolver exemplos e exercicios. Os seminarios complementan os coñecementos adquiridos nas clases expositivas e mediante o traballo persoal do alumno.
Prácticas de laboratorios: consisten en sesións prácticas en grupos reducidos de 20 alumnos, onde os alumnos realizarán, co apoio do profesor, un caso práctico que servirá de base para o traballo de curso a presentar polos alumnos final de curso.
Titorías: individuais e en grupos de 10 alumnos como máximo, onde se poñerán en común e resolverán as dúbidas e todos aqueles aspectos relacionados coa materia
Realización dun traballo de curso: os alumnos realizarán, en grupos de cinco alumnos como máximo, un traballo de curso. O profesor detallará o contido e alcance do traballo a inicio do curso, para que os alumnos o poidan ir desenvolvendo apoiándose no visto nas prácticas de laboratorio e titorías.
Práctica de campo: farase unha visita a unha planta prefabricada. A visita é obrigatoria e o seu contido valorarase no exame final.
METODOLOXÍAS DOCENTES // COMPETENCIAS TRABALLADAS
Clases expositivas // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT7, e CT8
Seminarios interactivos // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
Prácticas de laboratorios // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
Titorías // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
Traballo de curso // Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
ACTIVIDADES DE EVALUACIÓN
A avaliación da asistencia realizarase mediante as seguintes actividades:
Asistencia á materia.
Realización de probas de avaliación continua ao longo do curso, durante as clases expositivas, seminarios de grupos reducidos e prácticas de laboratorio. Inclúen actividades, problemas e resolución de exercicios prácticos, de aplicación dos contidos teóricos e prácticos da materia.
Realización do traballo de curso.
Exame final, consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia.
EVALUACIÓN DE COMPETENCIAS
Asistencia á materia E participación dos alumnos nas clases presenciais:
Básicas: CB1 a CB5
Xerais: CG1
Específicas: CETECC1
Transversais: CT1, CT2, CT7, y CT8
Realización de pruebas de evaluación continua a lo largo del curso, durante las clases expositivas, seminarios de grupos reducidos y prácticas de laboratorio. Incluyen actividades, problemas y resolución de ejercicios prácticos, de aplicación de los contenidos teóricos y prácticos de la materia.
Básicas: CB1 a CB5
Xerais: CG1
Específicas: CETECC1
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 y CT12
Realización do traballo de curso.
Básicas: CB1 a CB5
Xerais: CG1
Específicas: CETECC1
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 y CT12
Exame final, consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia.
Básicas: CB1 a CB5
Xerais: CG1
Específicas: CETECC1
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6 y CT12
CONVOCATORIA 1ª OPORTUNIDADE
Asistencia obrigatoria ás clases expositivas, seminarios, laboratorios e viaxe de prácticas durante o curso (a conservar en cursos posteriores no caso de repetidores).
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT7, e CT8
Realización de probas de avaliación continua (EC) consistentes na resolución de tres exercicios prácticos expostos na aula. Os alumnos deberán resolver correctamente as actividades propostas aplicando os contidos teóricos e prácticos da materia. Ata 10 puntos.
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT6, CT7, CT8 e CT12
Realización de traballo de curso (TC). Ata 10 puntos.
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
Exame final (EF) consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial). Ata 10 puntos.
Competencias avaliadas: Básicas: CB1 a CB5, Xerais: CG1, Específicas: CETECC1 e Transversais: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12
Os requisitos para aprobar a materia son:
- Cumprir a totalidade da Asistencia ás clases expositivas, seminarios e laboratorios.
- Asistencia á viaxe de prácticas.
- Cualificación no Exame final maior ou igual a 3.50 puntos.
- Cualificación media (0.10.EC+0.20.TC+0.70.EF) non menor de 5 puntos.
CONVOCATORIA 2ª OPORTUNIDADE
Polo menos o 50% da asistencia ás clases expositivas, seminarios e laboratorios (non se conservará en cursos posteriores no caso de repetidores).
Asistencia á viaxe de prácticas
Traballos de recuperación no caso de non ter o 100% da asistencia.
Exame final consistente nunha proba obxectiva sobre a totalidade dos contidos da materia (segundo calendario oficial). Ata 10 puntos.
Os requisitos para aprobar a materia son:
- Polo menos 50% de asistencia ás clases expositivas, seminarios e laboratorios.
- Asistencia á viaxe de prácticas.
- Entrega de Traballos de recuperación correctamente resoltos.
- Cualificación no Exame final non menor de 5 puntos.
CONVOCATORIA EN CASO DE REPETIDORES
Os alumnos sen a totalidade de asistencia anterior realizada en curso, seguirán o mesmo sistema de avaliación que se se tratase de non repetidores.
No caso de repetidores coa totalidade da asistencia realizada, poderán seguir o mesmo sistema de avaliación continua que os alumnos non repetidores (sen ser obrigatoria a asistencia), ou presentarse directamente ao exame final ordinario e/ou de xullo; nese caso deberán obter polo menos 5 puntos para aprobar a materia
---
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas, tanto de laboratorio como de campo, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
---
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases teóricas................................24
Seminarios Interactivos....................12
Traballos prácticos en grupo...............6
Casos prácticos.................................6
Titorías en grupo..............................3
Actividades de avaliación...................4
TOTAL............................................55
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Lectura e preparación de temas..........36
Realización de exercicios....................12
Elaboración de traballos.....................24
Preparación de probas avaliación.....23
TOTAL...........................................95
Recomendacións para o estudo da materia
- Asistencia e participación activa ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas da materia.
- Realizar o traballo de curso de con orde, rigor técnico e esforzo.
- Consultar a bibliografía especializada.
Iago Isasi Freire
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría da Construción
- Correo electrónico
- iagoisasi.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
20:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |