Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden acadar nesta materia de acordo coa memoria de título son:
- Transmitir ao estudiantado a importancia de coñecer os principios físicos fundamentais do aproveitamento enerxético dos recursos hidráulicos.
- Coñecer as técnicas de deseño e cálculo das centrais de xeración eléctrica así coma os procedementos principais da súa construción.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
A enerxía hidroeléctrica. Centrais de produción. Centrais hidroeléctricas.
Turbinas e elementos de centrais. Dimensionamento.
Tomas e desaugadoiros. Dispositivos de apertura e peche.
Enerxía da ondada.
Enerxía das mareas.
Enerxía eólica offshore.
Enerxía maretotérmica.
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico:
Bloque I. Enerxía fluvial
Tema 1. Fundamentos (DP=2h; DNP=3h)
Conceptos xerais. Potencial enerxético. Tipos de aproveitamentos.
Tema 2. Obra civil (DP=2h; DNP=3h)
Tipos de centrais segundo a súa infraestrutura. Elementos da infraestrutura. Elementos de retención e almacenamento. Conducións hidráulicas. Impacto.
Tema 3. Turbinas hidráulicas (DP=2h; DNP=3h)
Turbinas de acción. Turbinas de reacción. Outros tipos de turbinas.
Tema 4. Análise enerxética de centrais hidroeléctricas (DP=2h; DNP=3h)
Conceptos xerais. Potencial enerxético. Produción e rendemento.
Bloque II. Enerxías mariñas
Tema 5. Introdución (DP=4h; DNP=6h)
Fundamentos. Tipos de enerxías mariñas. Potencial enerxético.
Tema 6. Enerxía da ondada (DP=2h; DNP=3h)
Conceptos xerais. Potencial enerxético. Produción e rendemento. Tipos de convertedores.
Tema 7. Enerxía mareomotriz (DP=2h; DNP=3h)
Conceptos xerais. Potencial enerxético. Produción e rendemento. Tipos de convertedores.
Tema 8. Enerxía eólica offshore (DP=2h; DNP=3h)
Conceptos xerais. Potencial enerxético. Produción e rendemento. Tipos de convertedores.
Temario práctico:
Práctica 1: Cálculo de produción de centrais hidroeléctricas (DP=2h; DNP=2h)
Práctica 2: Deseño de elementos dunha central hidroeléctrica (DP=2h; DNP=2h)
Práctica 3: Análise enerxético dunha central hidroeléctrica (DP=6h; DNP=12h)
Práctica 4: Avaliación da enerxía undimotriz (DP=2h; DNP=8h)
Práctica 5: Avaliación da enerxía mareomotriz (DP=2h; DNP=3h)
Práctica 6: Análise enerxética dun aeroxerador offshore (DP=4h; DNP=3h)
- Bibliografía básica
Carta, J.A. Calero, R., Colmenar, A., Castro, M. Centrales de Energías Renovables. Pearson Educación, 2011.
Cuesta, L., Vallarino, E. Aprovechamientos Hidroeléctricos. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, 2015.
Deborah Greaves, F., Iglesias, G. (Eds.) Wave and Tidal Energy. Wiley, 2018.
IDAE. Minicentrales hidroeléctricas. Manuales de Energías Renovables nº6. 2006.
McCormick, M. E. Ocean Wave Energy Conversion. Dover Publications Inc. New York. 2007.
Carballo, R., Areán, N., López, I., Iglesias, G. La energía del oleaje. Una guía técnica para su aprovechamiento. Paraninfo, 2020.
- Bibliografía complementaria
Agüera, J. Mecánica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas. Editorial Ciencia, 2002.
Brunner, Gary W. (2020). HEC-RAS River Analysis System Hydraulic Reference Manual. https://www.hec.usace.army.mil/confluence/rasdocs/ras1dtechref/latest
Delgado, F., Delgado, J. Problemas de Obras Hidráulicas. Grupo Editorial Universitario, 2003.
Directiva 2000/60/CE del Parlamento Europeo y del Consejo de 23 de octubre de 2000 por la que se establece un marco comunitario de actuación en el ámbito de la política de aguas.
Lynn, P. A. Electricity from Wave and Tide: An Introduction to Marine Energy. John Wiley and Sons Ltd., 2014
Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. Hoja de Ruta Eólica marina y Energías del Mar en España, 2021
U.S.Army Corps of Engineers. Coastal Engineering Manual (6 vol), 2000.
Nesta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para estudantado de Grado, traballaranse as seguintes competencias xerais (CX), transversais (CT), e específicas (CE):
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TICs.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CETEH1. Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos.
Esta competencia adquírese tamén nas materias Obras Hidráulicas, Presas, Xestión de Recursos Hidráulicos en Enxeñaría Civil, e Enxeñaría e Ecoloxía dos Sistemas Litorais.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O estudantado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do estudantado, contémplase a realización de actividades breves relativas a conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos. As competencias traballadas nas clases expositivas son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT10, CT12, CETEH1.
En canto ás clases interactivas, estas concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do estudantado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o estudantado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. En particular, o estudantado realizará dous traballos de curso relativos á análise enerxética dunha central hidroeléctrica e a avaliación da enerxía undimotriz, para o que se analizarán técnicas de simulación numérica e datos de campo. As competencias traballadas nas clases interactivas son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT10, CT12, CETEH1.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase ó estudantado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia. As competencias traballadas nestas sesións son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT10, CT12, CETEH1.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Participación
Sistema de avaliación: observación do aproveitamento das clases. A asistencia sen aproveitamento non se valorará
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC8
Peso: 10%
2) Realización de exercicios
Sistema de avaliación: entrega de exercicios/actividades propostos
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC8
Peso: 30%
3) Traballo de curso
Sistema de avaliación: seguimento da elaboración de documentos/ficheiros, a súa corrección e/ou exposición/defensa
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC8
Peso: 60% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª oportunidade) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima no aspecto 3 (Traballo de curso) de 5 puntos sobre 10. En caso de estudantado cunha nota no Traballo de curso inferior a 5, a súa cualificación será a menor de entre dicho aspecto 3 e a nota global da materia. A nota obtida nos diferentes aspectos na 1ª oportunidade poderase conservar para a 2ª oportunidade; en caso contrario, deberá ser comunicado ó profesorado.
Os criterios a seguir para o estudantado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o alumnado poderá conservar a nota obtida nos aspectos 1 e 2, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o alumnado opta por realizar o proceso de avaliación establecido).
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase” non terá obrigación de asistir a ningunha actividade (salvo as probas de avaliación), sendo preciso que se dirixa ó profesorado coa maior antelación posible, de xeito que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación do aspecto 1. Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e/ou prácticos vistos na materia a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto. Os contidos específicos do traballo fixaranse tras unha titoría individual co estudantado. Os aspectos 2 e 3 non poderán ser substituídos, podendo adaptarse parte da metodoloxía, no caso de ser necesario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De xeito orientativo, proponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes ás diferentes actividades metodolóxicas propostas:
- Docencia presencial: 42 horas
Dentro da docencia presencial inclúense, ademais das horas correspondentes a horas expositivas e interactivas (36h), titorías en grupo (2h) e proba final (4h).
-Docencia no presencial: 70.5 horas
Dentro da docencia non presencial inclúense a lectura e preparación teórica de temas (27h), realización de exercicios (9h), elaboración do traballo de curso (20h) e preparación da proba final (14.5h).
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Realización das actividades programadas.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas.
Ivan Lopez Moreira
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- ivan.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rodrigo Carballo Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- rodrigo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade