Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia son que o alumnado coñeza os principios da ordenación de montes e a certificación forestal, que sexa capaz de aplicar as principais técnicas para desenvolver estas disciplinas, e que adquira unha visión crítica sobre as súas posibilidades e limitacións.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Concepto, obxectivos e historia da ordenación de montes. Fundamentos silvícolas da ordenación: formas de masa, temperamento, tratamentos. Fundamentos económicos: determinación de quendas, idades de madurez e diámetros de cortabilidade. Estrutura e contido dun proxecto de ordenación. Normativa. Plans Anuais. Revisións da ordenación. Plans Técnicos. Métodos de ordenación de recursos madeireiros e non madeireiros. Toma de decisións na xestión forestal. Certificación forestal: concepto de xestión forestal sustentable; orixes e significado da certificación da xestión forestal sustentable; certificación da cadea de custodia; os sistemas de certificación forestal, criterios e indicadores de xestión sustentable; as auditorías; situación actual e perspectivas da certificación no mundo e en España.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte programa, que inclúe tanto exposicións teóricas como prácticas relacionadas (especifícanse entre parénteses as horas presenciais e estímase que por cada unha delas serán necesarias dúas horas de traballo persoal do alumnado):
Programa de teoría (24 h):
1. Introdución á ordenación de montes (2 h).
2. Fundamentos silvícolas da ordenación de montes (2 h).
3. Fundamentos económicos da ordenación de montes (4 h).
4. Normativa e tipos de instrumentos de xestión forestal (2 h).
5. Certificación da xestión forestal sustentable (2 h).
6. Métodos clásicos de ordenación de montes (7 h).
7. Planificación forestal mediante programación matemática (5 h).
Prácticas de laboratorio (16 h):
1. Análise do contido e estrutura dun instrumento de xestión forestal (2 h).
2. Planificación de traballos de inventario mediante SIX (4 h).
3. Planificación forestal mediante métodos clásicos (5 h).
3. Planificación de cortas mediante programación lineal, enteira e mixta (5 h).
Prácticas de campo (8 h):
1. Rodalización dun monte para a súa ordenación (3 h).
2. Visita a un monte ordenado (fundamental para coñecer a aplicación á realidade das decisións adoptadas en gabinete) (5 h).
Básica
Bettinger, P.; Boston, K.; Siry, J.P.; Grebner, D.L. 2009. Forest Management and Planning. Academic Press, Elsevier (ref. BUSC Intercentros: CASI 887).
Buongiorno, J.; Gilless, J.K. 2003. Decision methods for forest resource management. Academic Press (ref. BUSC Intercentros: CASI 553).
Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
Davis, L.S.; Johnson, K.N.; Bettinger, P.S.; Howard, T.E. 2001. Forest management: to sustain ecological, economic, and social values. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 339).
Madrigal, A. 1994. Ordenación de montes arbolados. Colección Técnica. ICONA-Mº de Agricultura, Pesca y Alimentación, 375 p. Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 31, CASI 741).
Complementaria
Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia. https://www.uxafores.com
González, J.M., Piqué, M., Vericat, P. 2006. Manual de ordenación por rodales. Gestión multifuncional de los espacios forestales. Centre Tecnològic Forestal de Catalunya.
Kangas, A., Kangas, J., Kurttila, M. 2008. Decision support for forest management. Managing Forest Ecosystems 16. Springer.
Pita, P.A. 1973. El inventario en la ordenación de montes. I.N.I.A., Madrid.
Prieto, A., López-Quero, M. 1993. Manual de ordenación de montes. Ed. Paraninfo, Madrid. 261 p. (versión española de: Dubourdieu, J. (1989). Manuel d'amenagement. Office National des Forêts, 3ª ed.).
Rojo Alboreca, A. 2016. El reto de la ordenación de los montes privados en España. Cuad. Soc. Esp. Cienc. For. 39: 275-297. http://secforestales.org/publicaciones/index.php/cuadernos_secf/article…
Rojo Alboreca, A., Madrigal, A., Pérez-Antelo, A. 2006. Estructura y contenido de los proyectos de ordenación de montes arbolados. Unicopia. Lugo. http://hdl.handle.net/10347/23751
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas, xerais e transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría forestal. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
• CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• CG1. Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, químicos, físicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais renovables susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
• CG4. Capacidade para avaliar e corrixir o impacto ambiental, así como aplicar as técnicas de auditoría e xestión ambiental.
• CG6. Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais, aplicar e desenvolver as técnicas silvícolas e de manexo de todo tipo de sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de aproveitamento de produtos forestais madeireiros e non madeireiros.
• CG10. Capacidade para aplicar as técnicas de ordenación forestal e planificación do territorio, así como os criterios e indicadores da xestión forestal sostible no marco dos procedementos de certificación forestal.
• CG13. Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
Competencias transversais:
• CT1. Capacidade de análise e síntese.
• CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo.
• CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, conciso e coherente.
• CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
• CT9. Habilidade no emprego de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
• CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
• CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
• CECF14. Certificación forestal. Esta competencia adquírese cursando ademais a materia “Dasometría e Inventario Forestal e do Medio Natural”.
• CETEEF3. Ordenación de montes.
A docencia desta materia será presencial. Tras unha explicación teórica dos distintos temas, a aprendizaxe continuará coa resolución de casos prácticos. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral participativo, desenvolveranse nunha aula convencional coa axuda dun encerado e medios audiovisuais. As clases de prácticas, de carácter interactivo, realizaranse en grupos reducidos coa axuda dunha computadora. Tanto nunhas como noutras traballaranse as competencias CG1, CG4, CG6, CT2, CECF14 e CETEEF3. As actividades de ensinanza/aprendizaxe apoiaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado). O profesor proporá exercicios semellantes ós da clase que o alumnado deberá resolver fóra da aula para fortalecer o seu coñecemento e descubrir as súas dificultades coa materia. Tamén subministrará datos reais ou simulados para que o alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas aprendidas na materia, e redacte informes nos que explique o traballo feito, expoña e discuta os resultados obtidos e resalte as principais conclusións. Coa realización destes traballos o alumnado traballará as competencias CB2, CB3, CG1, CG10, CG13, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12 e CETEEF3. Os informes destes traballos de curso servirán para a avaliación parcial da materia. Nas titorías atenderase ó alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación de traballos...).
O sistema de avaliación constará, tanto na primeira como na segunda oportunidade, dos seguintes elementos ou actividades, xunto coas súas porcentaxes de ponderación na nota final da materia:
- Avaliación continua (50%): a medida que se avance no desenvolvemento da materia iranse propoñendo varios traballos de diferente temática e complexidade (algúns relacionados coas prácticas de campo) que deberán realizarse individualmente ou en grupo (indicarase en cada caso) e entregarse e/ou exporse no prazo que se especifique (como moi tarde o día da proba final). Conservarase a nota desta parte ata a segunda oportunidade.
- Proba final (50%): consistirá en cuestións teóricas e/ou na resolución de supostos prácticos. Realizarase de xeito presencial no lugar e a data fixados pola Dirección do Centro en cada unha das convocatorias oficiais de exame. Conservarase a nota desta parte ata a segunda oportunidade.
Tanto os traballos relacionados coa avaliación continua como a proba final son obrigatorios para aprobar a materia, e será necesario obter nas dúas partes polo menos 4 puntos sobre 10 para facer media coa outra parte. A asistencia ás prácticas de campo é tamén obrigatoria.
Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado (aínda que sexa repetidor ou se lle teña concedido dispensa de asistencia a clase, que só poderá ser parcial e para as actividades expositivas).
Aínda que todas as competencias indicadas serán traballadas, soamente unha parte serán avaliadas. A relación entre os sistemas de avaliación e ditas competencias é a seguinte:
- Proba final: competencias CG1, CG4, CG6, CT2, CG13, CECF14 e CETEEF3.
- Avaliación continua (traballos entregados e/ou expostos): competencias CB2, CB3, CG1, CG10, CG13, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7 e CETEEF3.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" (artigo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Esta materia ten una carga de 6 ECTS, divididos en docencia expositiva (3 ECTS) e interactiva (3 ECTS). Cada hora de traballo presencial co profesor deberá ser correspondida con outras dúas horas de traballo do alumnado. Isto permitirá afianzar os conceptos explicados na aula a través do estudo dos aspectos teóricos expostos, da resolución dos exercicios propostos e da elaboración dos traballos de curso que se empregarán para a avaliación parcial da materia.
Asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas. Ordenar e asimilar a información recibida (apuntes, material complementario, etc.). Completar a información recibida coa bibliografía recomendada. Aproveitar as titorías para aclarar conceptos e reflectir esas aclaracións na documentación (apuntes, etc.). Preparar a exposición dos traballos da materia.
Existe unha materia no campus virtual da USC co mesmo nome.
Alberto Rojo Alboreca
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ulises Dieguez Aranda
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ulises.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
20.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |
09.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 (Aulario 3) |