Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento da madeira como material estrutural especialmente no que se refire ás propiedades físico-mecánicas, así como a súa conservación e emprego no contexto da construción actual. Adquisición de coñecementos no cálculo de estruturas de madeira, analizando as bases de cálculo, o comportamento fronte ao lume, a durabilidade e a protección fronte aos axentes de deterioro, etc.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Grao de protección da madeira.
Clases de risco da madeira.
Degradación por factores abióticos e bióticos.
Os produtos protectores da madeira e os métodos de aplicación.
Protección térmica da madeira.
Protección da madeira fronte ao lume.
A madeira como elemento construtivo. Propiedades da madeira relacionadas coa durabilidade.
Condicionantes para a utilización da madeira en construción.
Deseño e cálculo de estruturas de madeira. Normativa específica.
Metodoloxías para a inspección, valoración e diagnose de elementos de madeira: principais técnicas non destrutivas.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario, que inclúe a previsión das horas adiadas a cada tema (expositivas + interactivas + horas non presenciais):
Tema I.- PROPIEDADES FÍSICAS E MECÁNICAS DA MADEIRA. (2h e + 3h i + 8h np)
1.- A auga na madeira.
2.- Contido de humidade na madeira.
3.- Higroscopicidade.
4.- Inchazón e mingua.
5.- Densidade.
6.- Normativa aplicable á determinación das propiedades físicas da madeira.
7.- A madeira como material estrutural. Comparación con outros materiais.
8.- Propiedades mecánicas da madeira.
9.- Factores que inflúen nas propiedades mecánicas.
10.- Normativa aplicable á determinación das propiedades mecánicas da madeira.
Tema II.- BASES DE CÁLCULO. (2h e + 1h i + 8h np)
1.- Marco normativo.
2.- Bases de cálculo (Código Técnico Edificación).
2.1.- Análise estrutural.
2.2.- Propiedades dos materiais. Factores de corrección.
2.3.- Factores que afectan ao comportamento estrutural.
2.3.1.- Clases de duración da carga.
2.3.2.- Clases de servizo.
2.3.3.- Valores de cálculo. Factor de corrección.
3.- Combinación de accións.
3.1.- Estados Límite Últimos.
3.2.- Estados Límite de Servizo.
4.- Sistema de Clases Resistentes.
5.- Clasificación estrutural da madeira.
Tema III.- COMPROBACIÓN DE SECCIÓNS. (4h e + 6h i + 21h np)
1.- Comprobación de índices. Tensións paralelas á fibra.
2.- Comprobación de índices. Tensións tanxenciais.
3.- Comprobación de índices. Tensións perpendiculares á fibra.
Tema IV.- ESTABILIDADE. (3h e + 2h i + 11h np)
1.- Estudo de columnas. Fenómeno de pandeo.
1.1.- Columna biarticulada. Carga crítica de pandeo.
1.2.- Columna biarticulada. Tensión crítica de pandeo.
1.3.- Lonxitude eficaz de pandeo.
1.4.- Comprobación de seccións.
2.- Estudo da estabilidade en vigas. Pandeo lateral.
2.1.- Viga biapoiada. Momento crítico de pandeo lateral.
2.2.- Viga biapoiada. Tensión crítica de pandeo lateral.
2.3.- Lonxitude eficaz de pandeo lateral.
2.4.- Comprobación de seccións.
Tema V.- ANÁLISE DA DEFORMACIÓN. (2h e + 2h i + 9h np)
1.- Obxectivos do estudo da deformación.
2.- Determinación dos desprazamentos.
2.1.- Deformación instantánea.
2.2.- Deformación diferida: fluencia.
3.- Control da deformación.
3.1.- Compoñentes.
3.2.- Límites.
Tema VI.- RESISTENCIA FRONTE AO LUME DA MADEIRA. (2h e + 2h i + 8h np)
1.- Fases do incendio.
1.1.- Clasificación dos materiais segundo a súa reacción fronte ao lume.
1.2.- Clasificación dos materiais segundo a súa resistencia fronte ao lume.
2.- Comportamento fronte ao lume da madeira.
2.1.- Velocidade de carbonización.
3.- Bases de cálculo.
3.1.- Valores de cálculo das propiedades do material.
3.2.- Valores de cálculo das accións e os seus efectos.
4.- Métodos de cálculo: o método da sección eficaz.
Tema VII.- UNIÓNS. (4h e + 4h i + 16h np)
1.- Unións tradicionais.
1.1.- Ensamble par-tirante.
1.2.- Ensamble de caixa e espiga.
2.- Unións con elementos de fixación.
2.1.- Elementos tipo cravo.
Tema VIII.- CONSERVACIÓN DA MADEIRA. (2.5h e + 2h i + 7h np)
1.- Introdución.
2.- Clases de durabilidade natural.
3.- Clases de risco biolóxico.
3.1.- Asignación de clases.
4.- Protección química da madeira estrutural.
4.1.- Produtos protectores.
4.2.- Sistemas de aplicación.
5.- Protección térmica.
6.- Protección por deseño.
Tema IX.- INSPECCIÓN DE MADEIRA ESTRUTURAL. (2.5h + 2h i + 7h np)
1.- Introdución.
2.- Técnicas non destrutivas.
2.1.- Técnicas mecánicas.
2.2.- Técnicas acústicas.
Bibliografía básica
- Argüelles Álvarez, R. et al. 2013. Estructuras de madera. Bases de cálculo. AITIM. Madrid.
- Argüelles Álvarez, R. et al. 2015. Estructuras de madera. Uniones. AITIM. Madrid.
- Código Técnico de la Edificación. 2010. I) SE. II) SE-AE. Acciones en la edificación. III) SE-M. Estructuras de madera. IV) SI. Seguridad en caso de Incendio. Ministerio de Fomento. Madrid.
- Eurocódigo 5. 2016. Proyecto de estructuras de madera. Parte 1-1. Reglas generales y reglas para la edificación. Parte 1-2. Proyecto de estructuras sometidas a incendio. AENOR. Madrid.
- Porteus, J.; Kermani, A. 2013. Structural Timber Design to Eurocode 5. Ed. Blackwell Publishing.
Bibliografía complementaria
- Arriaga Martitegui, F.; Peraza Sánchez, F.; Esteban Herrero, M. 2003. Madera aserrada estructural. AITIM. Madrid.
- Bucur, V. 2006. Acoustics of wood. Springer. Berlín.
- Dupraz, P.A.; Mooser, M.; Pflug, D. 2009. Dimensionnement des structures en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
- Fernández-Golfín Seco, J.I.; Díez Barra, M.R.; Hermoso Prieto, E.; Mier Pérez, R. 2003. Manual de clasificación de madera. AITIM. Madrid.
- Herzog, T.; Natterer, J.; Schweitzer, R.; Volz, M: Winter, W. 2005. Construire en bois. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
- Natterer, J.; Sandoz, J.L.; Rey, M. 2004. Construction en bois. Matériau, Technologies et dimensionnement. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
- Petit Martínez, R. 2009. Protección y conservación de la madera. Andavira Editora. Santiago de Compostela.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
A) Competencias básicas, xerais e transversais:
CT3 – Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 – Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT6 – Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CG9 - Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación.
CG11 - Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas.
CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións.
B) Competencias específicas:
CETEIF1 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios de Estrutura anatómica interna e propiedades macroscópicas da madeira.
CETEIF2 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios de Subministración de materias primas na industria forestal.
CETEIF3 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios de Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira.
CETEIF4 - Capacidade para coñecer, comprender e empregar os principios de Coñecementos para o cálculo e deseño de instalacións de carpintería, secado, descortizado e trituración da madeira.
Os contidos teóricos preséntanse baixo o formato de leccións maxistrais participativas que teñen carácter expositivo, de xeito que o alumno recibe unha base imprescindible para o desenvolvemento do traballo autónomo. Estas actividades teñen como base a realización de presentacións mediante o ordenador e a utilización dos encerados clásicos para a resolución de problemas. Todas elas contan co apoio da aula virtual dispoñible para esta materia. Relación de competencias traballadas nas sesións expositivas: CG9, CG11, CG13, CETEIF1, CETEIF2, CETEIF3, CETEIF4.
No que atangue á docencia interactiva, está prevista a realización de seminarios baixo o formato de traballo en grupo nos que se debaterá sobre temas concretos. O traballo desenvolto en ditos seminarios será complementado por sesións de laboratorio nas que cada alumno traballará de xeito individualizado. Estas sesións están orientadas á utilización dos equipos instalados na nave de construción e as ferramentas informáticas do laboratorio de cálculo de estruturas, e nelas aplicaranse os coñecementos adquiridos á resolución de casos prácticos que en ocasións precisará o manexo de material en lingua inglesa. A asistencia ás sesións interactivas non será obrigatoria.
Como complemento, realizarase unha viaxe de prácticas con carácter voluntario para visitar as instalacións dun distribuidor de madeira estrutural. Durante a visita o alumnado poderá coñecer o proceso de fabricación dunha estrutura tipo; dende a recepción do material en bruto, ata a montaxe final de todas os seus compoñentes. Deste xeito a viaxe constitúe un resumo dos contidos abordados na materia, permitindo obter unha visión clara da situación actual do sector da construción en madeira.
Relación de competencias traballadas nas sesións interactivas: CT3, CT4, CT6, CG9, CG11, CETEIF2, CETEIF3, CETEIF4.
Finalmente, están programadas titorías individuais así como de grupo reducido, que veñen a complementar o traballo realizado nas actividades descritas. Relación de competencias traballadas nas titorías: CT4, CG13.
Seguirase un sistema de avaliación continua coa seguinte ponderación de actividades:
Participación do alumnado nas actividades da aula (15%) e aproveitamento das actividades académicas (15%). Competencias avaliadas: CG11, CETEIF1, CETEIF2, CETEIF3.
Traballos entregados e/ou expostos (70%). Competencias avaliadas: CT6, CG9, CG13, CETEIF4.
A cualificación final será o resultado da suma das obtidas en cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Condicións de aplicación:
O sistema de avaliación descrito aplicarase na convocatoria correspondente á primeira oportunidade tanto para os alumnos de primeira matrícula, como para os repetidores. No que atangue á convocatoria correspondente á segunda oportunidade, todos os alumnos serán avaliados mediante a realización dunha proba final obrigatoria relativa aos contidos da materia (cunha ponderación do 70% da cualificación final).
Os alumnos aos que se lles teña concedido a dispensa de asistencia no poderán acollerse ao sistema previsto de avaliación continua, tendo que superar obrigatoriamente unha proba escrita relativa aos contidos da materia á que lle corresponderá o 100% da cualificación.
Tanto para os alumnos de primeira matrícula como para os repetidores, as cualificacións obtidas nos diferentes aspectos avaliados terán validez en todas as convocatorias do curso académico no que se acaden, non tendo efecto en subseguintes cursos.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Por termo medio, considérase necesario dedicar unha hora de estudo por cada hora de carácter teórico na materia, ás que se lle engade unha media de dúas horas semanais para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas.
A memoria do título recolle a ficha da materia, na que se ofrece unha estimación do tempo consumido en cada unha das actividades formativas:
- Docencia expositiva: 24 h
- Docencia interactiva: 24 h
- Titorías en grupos reducidos: 3 h
- Lectura e preparación de temas: 45 h
- Realización de exercicios: 25 h
- Exame: 4 h
- Elaboración de traballos de curso: 15 h
- Preparación de probas de avaliación: 10 h
Todo o anterior representa un total de 150 horas de traballo do alumno, das cales 55 corresponden a traballo presencial en aula/laboratorio.
Asistencia ás sesións de tipo expositivo e interactivo, coa participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndase a lectura ou a preparación anticipada dos seus contidos. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.
Adquisición de competencias:
CTEIF1 adquírese cursando tamén a seguinte materia: Tecnoloxía da madeira.
CTEIF2 adquírese cursando tamén as seguintes materias: Industrias de primeira transformación da madeira, Industrias da celulosa e o papel, Industrias de segunda transformación da madeira.
CTEIF3 adquírese cursando tamén as seguintes materias: Industrias de primeira transformación da madeira e Industrias de segunda transformación da madeira.
CTEIF4 adquírese cursando tamén as seguintes materias: Industrias de primeira transformación da madeira, Industrias da celulosa e o papel, Industrias de segunda transformación da madeira.
Material de traballo:
Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma Moodle onde ten a súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, guión de prácticas, acceso a páxinas Web de interese, etc.
Ramón Ángel Mariño Allegue
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- r.allegue [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade