Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 69.5 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 5 Clase Interactiva: 35 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia oriéntase ao estudo dos conceptos, estándares e modelos de calidade dos Sistemas de Información baseados en tecnoloxías da información (TI). O alumno afrontará as diferentes perspectivas da calidade: calidade nos procesos de desenvolvemento de software, na prestación de servizos baseados en TI e que forman o núcleo de moitos modelos de negocio, e no produto, entendido como un código eficiente e eficaz, comprensible e mantible.
CMMI introduce ao alumno no concepto de proceso, avaliación de proceso e mellora continua. Da man de COBIT introdúcese ao alumno en como auditar e mellorar o despregamento de TI das empresas para que contribúan de forma eficaz aos seus procesos e gobernanza. ITIL proporciona un conxunto de boas prácticas que garanten a calidade na prestación de servizos, desenvolvendo un ciclo de vida completo para a prestación do servizo: desde a seu conceptualización até a súa posta en servizo e mantemento.
De forma transversal aos diferentes estándares o alumno aprenderá diferentes técnicas e ferramentas para a medición e xestión da calidade nos procesos, servizos e produtos TI, que conforman un Sistema de Información
Introdución aos modelos e normas de calidade dos Sistemas de Información.
Técnicas e ferramentas de calidade: básicas para a calidade, para a xestión, para a creatividade, estatísticas e de medida
Auditoría de sistemas de TI: COBIT, EFQM
Implantación dun modelo de procesos: Modelo Ideal e CMMI
Calidade na prestación de servizos baseados en Tecnoloxías da Información: ITIL
CALIDAD DE SISTEMAS DE INFORMACION. 5ª EDICION, Mario G. Piattini Velthuis. Editorial Ra-Ma, 2019. ISBN: 9788499648569
CMMI para Desarrollo, Versión 1.3 - CMMI Institute.
Disponible on line: https://cmmiinstitute.com/getattachment/4439387f-28aa-4f3a-8f2b-a0cc5b4…
ITIL V3: ENTENDER EL ENFOQUE Y ADOPTAR LAS BUENAS PRACTICAS. Jean-Luc Baud. Editorial ENI, 2016. ISBN: 9782409001789
Durante o desenvolvemento da materia traballaranse as competencias básicas e xerais: CB2, CG3, CG5, CG10.
Traballaranse tamén durante as sesións prácticas as competencias transversais TR2 e TR3.
Son competencias específicas desta materia as RI1, RI2, RI4 e RI16, así como a TI1
A docencia será presencial aínda que estará dispoñible desde o principio toda a documentación da materia a través da Aula Virtual desenvolvida para ela.
As clases articularanse en 14 sesión de tres horas de duración, con apoio de transparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da materia e utilizarase sistematicamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos.
Ao longo das clases prácticas, de xeito individual ou en pequenos grupos, desenvolverase o Sistema de Información asociado ao proxecto xerado na materia de Xestión de Proxectos Informáticos, dende o punto de vista do cliente. Os foros e o correo desta ferramenta tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos.
As competencias arriba mencionadas teñen contidos específicos na materia que se introducen tanto nas clases expositivas como nas interactivas, aínda que a carga expositiva é evidentemente menor que a interactiva. O alumno desenvolverá estas competencias coa realización dos traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar por separado tanto a teoría como a práctica da materia.
Na valoración dos traballos entregados polos alumnos terase en conta o grao de consecución das competencias en particular e a posta en práctica dos contidos achegados pola materia ás devanditas competencias. Ademais, valoraranse as competencias transversais en tanto en canto son requiridas para o desenvolvemento destes traballos.
As prácticas non se recuperan en xullo; agás naqueles casos nos que o alumno alcance o 40% da nota máxima de prácticas permitíndoselle entón ao alumno que realice todas as prácticas respecto a un novo caso práctico especificamente formulado para unha posible recuperación. De ser así, o novo caso práctico será subido á plataforma virtual unha semana antes do exame teórico da materia e con prazo máximo de entrega o mesmo día e hora fin do devandito exame.
As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos, que se desenvolveron na materia, en relación ás súas competencias e que poderán ter sido adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva coma na interactiva. A duración media do exame é de aproximadamente 2 horas e poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas e problemas de casos prácticos. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa docente da materia.
Non se realizará ningún exame parcial.
Unha vez aprobadas ambas partes por separado, a nota final se calculará coma o 40% da nota de teoría e o 60% da nota de prácicas.
Para ter unha avaliación de Non Presentado debe de concorrer algunha das seguintes circunstancias:
1. Non ter asistido a lo menos o 85% das prácticas da materia
2. Non ter realizado o exame teórico da materia a pesares de ter superado as prácticas.
3. Non ter realizado o exame teórico da materia e ter comunicado explícitamente e por escrito ao profesor que se abandona a materia cando, aínda tento realizado ao menos o 80% das prácticas da materia, non se tiveran aprobado ditas prácticas.
Peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo)
1. Mantense a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo total de estudos e o traballo persoal do estudante é de 112 horas, repartidas aproximadamente da seguinte maneira:
1. Estudo autónomo: 22 horas
2. Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 28 horas
3. Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 42 horas
4. Avaliación de traballos, proxectos, exames, etc.: 6 horas
5. Horas de clases expositivas: 14
Poderanse propor outras actividades (resolución de problemas, lectura de textos e caso prácticos, etc). No caso de tratarse de actividades obrigatorias non suporán un incremento de traballo total (no seu caso reduciríanse as horas das actividades 2 e 4)
Ter superadas as materias de Enxeñaría de Software e Xestión de Proxectos Informáticos
A materia impártese en castelán, pero podería ser impartida en inglés se fose preciso
José Manuel Cotos Yáñez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816461
- Correo electrónico
- manel.cotos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | IA.S2 |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
09.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |