Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo global desta materia é proporcionar un coñecemento avanzado sobre o desenvolvemento de aplicacións baseadas na tecnoloxía relacionada cos sistemas de bases de datos.
Na primeira parte da materia analizanse aspectos relacionados co funcionamento dos sistemas xestores de bases de datos (procesamento de transaccións, recuperación, concurrencia, seguridade, procesado de consultas) e a implementación destos aspectos nas aplicaciones baseadas en bases de datos mediante instruccións da linguaxe SQL. Logo, repasanse de xeito breve aspectos avanzados relacionados coas bases de datos. A materia finaliza desenvolvendo o deseño de aplicacións de complexidad media/alta baseadas en bases de datos.
• Tema BD2-1. Deseño e Desenvolvemento de Aplicacións de Bases de Datos
• Tema BD2-2. Transaccións
• Tema BD2-3. Control de Concurrencia
• Tema BD2-4. Sistema de Recuperación
• Tema BD2-5. Almacenamento e Estructura de Arquivos
• Tema BD2-6. Indexación e Asociación
• Tema BD2-7. Procesamento e Optimización de Consultas
• Tema BD2-6. Arquitectura de Sistemas
• Tema BD2-7. Almacéns de Datos, Minería de Datos, Recuperación de Información e Bases de datos especiais
• Tema BD2-8. Temas Avanzados
• Tema BD2-9. Comparativa de Sistemas Xestores de Bases de Datos
• Proyecto BD2. Desenvolvemento de Aplicacións baseadas en Bases de Datos
Básica
• Silberschatz, A., Korth, H.F., Sudarshan, S. "Fundamentos de Bases de Datos", 6ª Edición, McGraw-Hill, 2014. ISBN: 978-84-481-9033-0.
Complementaria
• Connolly, T.M. y Begg, C.E., “Sistemas de bases de datos: Un enfoque práctico para diseño, implementación y gestión”, 4ª Edición, Pearson Education S.A., 2005. ISBN: 84-7829-075-3.
• Elmasri, R. y Navathe, S.B., “Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos”, 5ª Edición, Pearson Education S.A., 2007. ISBN: 978-84-7829-085-7.
• Date, C.J., “Introducción a las Sistemas de Bases de Datos”, 7ª Edición, Pearson Education, 2001. ISBN: 968-444-419-2.
A materia Bases de Datos II desenvolve, parcialmente, as seguintes competencias xerais do título de GrEI da USC: CB4, CG2, CG4, CG8 e CG9.
Ademais, a materia desenvolve, tamén parcialmente, as seguintes competencias transversais do Grao en Enxeñería Informática: TR1, TR2 e TR3.
A materia Bases de Datos II desenvolve, parcialmente, as seguintes competencias (formación básica – FB-, común á rama de informática - RI- e de tecnoloxía específica da orientación tecnoloxías da información -TI-) establecidas polo Consello de Universidades para os títulos de Enxeñería Informática e Enxeñería Técnica Informática no seu acordo do 03/03/2009: FB4, RI1, RI5, RI12, RI13, RI14 e TI5.
Por último, indicar que das competencias e resultados de aprendizaxe indicados no módulo Sistemas de Información da titulación de Grao en Enxeñería Informática desenvolveranse as seguintes:
• Modelar e deseñar bases de datos
• Xestionar bases de datos con SQL
• Desenvolver aplicacións que necesiten acceso a bases de datos
• Coñecer os fundamentos da administración das bases de datos
• Coñecer opcións avanzadas de xestión da información
• Ser capaz de elixir a tecnoloxía de xestión de información máis apropiada para cada aplicación
• Coñecer as técnicas básicas para a implementación de SGBDs.
Durante o desenvolvemento do curso empréganse diferentes metodoloxías docentes en función dos contidos cos cales se este a traballar e os obxectivos de aprendizaxe que se pretenda obter en cada caso.
• Clase Maxistral [CM]
O obxectivo deste tipo de clases é presentar aos/as estudantes información actualizada e ben organizada procedente de fontes diversas, facilitar a comprensión e aplicación dos procedementos específicos da materia e elevar os niveis de motivación dos estudantes cara á materia.
Utilízase de forma minoritaria nas horas de docencia expositiva.
• Docencia Inversa [DI]
O obxectivo deste tipo de clases é o aproveitamento das horas de traballo presencial en actividades de formación de nivel medio-alto (discusión de casos, problemas etc.), desprazando as actividades de baixo nivel (lectura de materiais) ao estudo previo por parte dos/as estudantes.
Utilízase de forma maioritaria nas horas de docencia expositiva.
• Aprendizaxe Baseada en Casos [ABC]
A aprendizaxe baseada en casos é un método baseado no principio de usar casos como punto de partida para a adquisición e integración dos novos coñecementos.
Utilízase de forma maioritaria tanto nas horas de docencia expositiva como nas horas de docencia interactiva.
• Aprendizaxe Baseada en Proxectos [ ABPr]
Trátase de expor aos/as estudantes situacións prácticas cuasirealistas nas que o profesor supervisa o traballo do grupo de estudantes. O traballo do estudante desenvólvese de forma cooperativa no seo do seu grupo de traballo.
Utilízase de forma parcial nas horas de docencia interactiva e desenvólvese no tempo de traballo persoal dos/as estudantes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións”.
A cualificación final da materia obtense a partir da media xeométrica das cualificacións obtidas no exame e na avaliación continua. O peso de ambas as actividades na media xeométrica é o mesmo.
NOTA MATERIA = MEDIA_XEOMETRICA (EXAME, EVACONTINUA)
A cualificación do exame obtense a partir da media xeométrica dunha primeira parte na que se expoñen cuestións teórico/prácticas curtas e unha segunda na que se expoñen cuestións relacionadas co deseño e desenvolvemento de aplicacións de bases de datos. Nesta última parte será necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima. Para superar o exame será necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima.
NOTA EXAME = MEDIA_XEOMETRICA (CUESTIÓNS, APLICACIÓNS)
MÍNIMO EXAME = 50%
MÍNIMO APLICACIÓNS = 50%
A avaliación continua consistirá na elaboración e presentación dun proxecto de deseño dunha solución mediante sistemas baseados en base de datos e nunha análise crítica de solucións propostas a problemas similares por outros grupos. Para superar a avaliación continua será necesario obter un mínimo do 50% da nota máxima.
NOTA EVACONTINUA = RÚBRICA DE AVALIACIÓN DO PROXECTO
MÍNIMO EVACONTINUA = 50%
Considérase como presentado/a todo/a estudante que se presente a exame ou presente o proxecto correspondente á avaliación continua.
Participación en Clase
A participación dos/as estudantes en diversos momentos do desenvolvemento da materia (as formas de participación especificásense en clase) poderá supoñer a redución de mínimos e/ou incrementos na cualificación final da materia
Avaliación de Competencias
Exame: CB4, CG4, CG8, TR3, FB4
Avaliación Continua: CG2, CG9, TR1, TR2, TR3, RI1, RI5, RI12, RI13, RI14, TI5
Oportunidade Extraordinaria de Recuperación
Os tipos de avaliación que conforman a oportunidade extraordinaria de recuperación son os mesmos, e cos mesmos pesos, que forman a oportunidade ordinaria do cuadrimestre. Na oportunidade extraordinaria só se realiza o exame e a cualificación da avaliación continua será a obtida na oportunidade ordinaria.
A materia ten fixada, segundo a memoria do GrEI da USC, unha carga de traballo de 4,5 ECTS. Dado que a USC fixou en 25 o número de horas correspondentes a cada ECTS (mínimo legal permitido), a carga total de traballo para a materia sitúase en 112,5 horas (4,5 ECTS x 25 horas por ECTS).
A carga de traballo presencial está fixada en 11 horas de docencia expositiva, 26 horas de docencia interactiva, 3 horas de titoría e 5 horas de avaliación. Polo tanto, o traballo persoal dos/as estudantes debe supoñer 67,5 horas, é dicir, aproximadamente 4,22 horas por semana.
Dominar os conceptos básicos de bases de datos desenvolvidos na materia de Bases de Datos I.
Seguir a metodoloxía de docencia inversa, maioritaria nas clases expositivas.
Lingua predominante de impartición de clases: Castelán
Raquel Dosil Lago
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881815507
- Correo electrónico
- raquel.dosil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Roi Santos Mateos
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Correo electrónico
- roi.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Sebastian Villarroya Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_05 | Galego, Castelán | IA.14 |
Xoves | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán, Galego | IA.03 |
Venres | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | IA.02 |
24.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula Traballo |
24.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
24.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula Traballo |
24.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula Traballo |
24.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula Traballo |
24.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A3 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A4 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
22.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
08.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A1 |