Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial, e ten como obxectivo a formación de persoas capaces de dar resposta ás necesidades no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial, así como o desenvolvemento de proxectos
PresentaciónPlan de estudos por cursoPlan de estudos por módulosAcceso e admisiónRecursos materiaisObxectivosResultados do proceso de formación e de aprendizaxeMobilidade e prácticasTraballo de Fin de GraoCurso ponteEquipo docenteIndicadores de calidadePresentación
Duración:
4 anos académicos Código RUCT: 2502236 Número prazas: 45
Decano/a ou director/a do centro:
ASTERIA MARIA LUZARDO ALVAREZ asteriam.luzardo [at] usc.es
Coordinador-a do título:
María José Vázquez Vila mariaj.vazquez.vila [at] usc.es
Linguas de uso: Castelán, Galego
Nivel MECES: 2
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 150/2010 do 16 de setembro (DOG 23/09/10
Data de publicación no BOE: 22/02/2011 (mod. 11/10/2017)
Data da última acreditación: 15/07/2015
Habilitación profesional:
Este título habilita en España para o exercicio da profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de persoas capaces de daren resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial no sentido máis amplo, na que se inclúen a industria química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, téxtil, ambiental e outras afíns.
A 2ªed do Grao en Procesos Químicos Industriais contempla as seguintes mencións:
-Mención en Tecnoloxía en Química Sustentable
-Mención en Tecnoloxía en Procesado de Alimentos
-Mención en Tecnoloxía en Transformación de Materias Primas
-Mención en Tecnoloxía Enerxética
Para obter calquera das mencións indicadas o alumno deberá cursar as dúas materias optativas correspondentes á dita mención. No entanto, poderá obter o título sen mención se completa o plan de estudos sen cumprir este requisito.
1ª edición
Non se contemplan especialidades, pero si ámbitos competenciais relacionados coas seguintes tecnoloxías específicas:
-Tecnoloxía específica de Química Industrial
-Tecnoloxía específica de Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Acceso e admisión
Perfil de ingreso
Malia non se esixir ningunha formación previa específica, para o ingreso no Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais recoméndase que a formación do alumno sexa de perfil científico-tecnolóxico (R. D. 1467/2007, BOE do 2 de novembro, polo que se estabelece a estrutura do bacharelato e se fixan as súas ensinanzas mínimas). Dentro dese perfil resulta recomendábel, aínda que non imprescindíbel, ter cursado materias de matemáticas, bioloxía, física, química, debuxo técnico, electrotecnia e tecnoloxía industrial.
Calidades desexábeis do futuro estudante do Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais:
- Habilidade no cálculo
- Capacidade de razoamiento lóxico
- Capacidade de análise
- Capacidade de comprensión abstracta
- Habilidade dedutiva
- Método e rigor no traballo
- Interese pola investigación e a experimentación
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo
1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos. Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos.
Acción titorial e acollida
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Criterios de acceso e admisión
Poden acceder a estudos de Grao aqueles estudantes que posúan os títulos, diplomas ou estudos seguintes ou otros declarados equivalentes ou homologados a estes:
A.1. Bacharelato do Sistema Educativo Español, Bacharelato Europeo o Bacharelato Internacional.
A.2. Bacharelato procedente de sistemas educativos de Estados membros da Unión Europea ou de otros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais.
A.3. Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Superior de Artes Plásticas e Diseño ou Técnico Deportivo Superior pertencente ao Sistema Educativo Español.
A.4. Outros estudos que, nun Estado membro da Unión Europea ou noutros Estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais en réxime de reciprocidade, acrediten os requisitos académicos esixidos en ditos Estados para acceder aos seus estudos universitarios.
A.5. Títulos universitarios oficiais de Diplomado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, Graduado ou Máster Universitario.
A.6. Estudos universitarios parciais, estranxeiros ou españois.
Tamén poderán acceder a estudios de Grao:
B.1. Persoas maiores de vintecinco anos que superen unha proba de acceso específica.
B.2. Persoas maiores de corenta anos con experiencia laboral ou profesional en relación cunha ensinanza universitaria.
B.3. Persoas maiores de corenta e cinco anos que superen unha proba de acceso específica.
Do mesmo xeito, poderán acceder a estudos de Grao:
C.1. Persoas que estiveran en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións do Sistema Educativo Español anteriores á Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro.
Recursos materiais
A Facultade conta con 11 aulas de propósito xeral. Así mesmo, conta con 3 aulas de informática, e laboratorios con diversas capacidades.
Existen tamén espazos habilitados para o alumnado, como unha sala de lectura con máis de 70 postos, equipada con ordenadores.
Tamén hai que destacar que desde calquera punto da Facultade é posible a conexión sen fíos a Internet.
O servizo de Biblioteca do Campus universitario de Lugo atópase centralizado nun único edificio denominado Biblioteca Intercentros. A Biblioteca conta con máis de 1600 postos de consulta repartidos en 9 salas, incluíndo unha sala de traballo en grupo.
Obxectivos
1. Esta titulación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
2. A titulación persegue como obxectivo xeral a formación de persoas capaces de daren resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da transformación de materias primas, produtos naturais e da actividade industrial no sentido máis amplo, na que se inclúen a industria química e petroquímica, farmacéutica, alimentaria, téxtil, ambiental e outras afíns.
Resultados do proceso de formación e de aprendizaxe
Competencias básicas
Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente seencontra a un nivel que, ben que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo;
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que normalmente sedemostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo;
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética;
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado;
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
1. Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial.
2. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións
3. Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos
4. Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas
5. Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións
6. Capacidade para traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar
7. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñería industrial.
Competencias específicas
- Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
- Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
- Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
- Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
- Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
- Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
- Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
- Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tuberías, canles e sistemas de fluídos.
- Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais.
- Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
- Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
- Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
- Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
- Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
- Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
- Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
- Coñecementos aplicados de organización de empresas.
- Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
- Coñecementos sobre o funcionamento e o deseño de instalacións e dispositivos relacionados coa produción de enerxía térmica e mecánica.
- Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos energéticos.
Competencias transversais
- Capacidade de análise e síntese
- Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da enxeñaría industrial
- Capacidade para xestionar a información
- Capacidade para traballar en equipo
- Demostrar compromiso ético
- Demostrar sensibilidade cara a temas ambientais
- Demostrar iniciativa e espírito emprendedor
- Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación
- Capacidade para organizar e planificar
- Capacidade para a resolución de problemas
- Capacidade para tomar decisións
- Capacidade para a aprendizaxe autónoma
- Capacidade para transmitir coñecementos
- Demostrar razoamento crítico
- Capacidade para a comunicación oral e escrita
Mobilidade e prácticas
Mobilidade
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
A 2ª edición do grao contempla unha materia de 12 ECTS de prácticas externas. Os estudantes poderán realizar as prácticas nunha empresa coa que a USC teña asinado previamente un convenio.
O obxectivo das prácticas é completar a formación académica do estudante mediante a interrelación co mundo laboral e empresarial, mellorando así tanto a capacitación científica e técnica adquirida nas materias obrigatorias do título como as súas competencias transversais e habilidades persoais, así como saber incorporar os valores profesionais e competencias propias do ámbito da enxeñaría técnica industrial.
Durante a realización das prácticas, os estudantes terán un titor académico da universidade, que deberá ser profesorado da titulación e un titor externo da entidade colaboradora con experiencia profesional e coñecementos necesarios para unha tutela efectiva. Ao finalizar o período de prácticas, o titor externo remitirá ao titor académico un informe final e o estudante elaborará unha memoria de prácticas. O titor académico, á vista do informe do titor externo e da memoria, avaliará as prácticas desenvolvidas emitindo un informe de valoración.
Traballo de Fin de Grao
Exercicio orixinal que se debe realizar individualmente, presentar e defender perante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas.O traballo Fin de Grao poderase realizar unha vez superados os 204 créditos obrigatorios. No momento da presentación do proxecto o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para a obtención do título (228 ECTS).
Curso ponte
Os titulados en Enxeñaría Técnica Industrial pola USC poden acadar este título de Grao realizando o correspondente Curso Ponte.
Número de prazas ofertadas para cada curso académico.
Info da escala: Número enteiro
50,0
45,0
45,0
45,0
45,0
45,0
Matrícula
IN02
Matrícula
Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.
Info da escala: Número enteiro
116,0
110,0
117,0
124,0
123,0
106,0
IN03
Matrícula de acceso
Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.
Info da escala: Número enteiro
25,0
20,0
27,0
33,0
24,0
20,0
IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición
Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.
Info da escala: Número enteiro
24,0
20,0
26,0
33,0
23,0
20,0
IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición
Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.
Info da escala: Porcentaxe con dous decimais
0,0
-16,67
30,0
26,92
-
-
Perfil de entrada
IN06
Nota media de acceso por preinscrición
Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.
Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).
-
7,3474
8,0511
8,5535
8,3292
8,1771
IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

0,91
3,42
4,03
2,44
3,77
IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

5,17
4,55
5,13
4,03
4,07
3,77
Adecuación á demanda
IN10
Relación de estudantes preinscritos en 1ª opción matriculados por 1ª vez sobre as prazas ofertadas
Número de estudantes preinscritos en primeira opción matriculados por primeira vez dividido entre as prazas ofertadas.

33,33
15,56
37,78
24,44
28,89
IN12
Taxa de ocupación
Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

44,44
57,78
73,33
51,11
44,44
Mobilidade
Indicador
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
Mobilidade allea
IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados
Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

1,61
0,81
0,0
Mobilidade propia
IN54
Porcentaxe de estudantado egresado que participou ao longo dos seus estudos en programas de mobilidade saínte.
Relación porcentual entre o subconxunto de estudantes egresados/as que pertencen á cohorte de novo ingreso e que ao longo da súa traxectoria na titulación de egreso participaron en programas de mobilidade saínte, e o nº de estudantes egresados/as que pertencen á cohorte de novo ingreso. Permite coñecer a participación de estudantes en programas de mobilidade saínte.

16,67
Prácticas
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu
Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

88,89
63,64
71,43
53,85
83,33
100,0
Resultados
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
Abandono
IN40
Taxa de abandono durante o primeiro curso
Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de ingreso matriculados no título no curso académico X, que non se matricularon nos cursos X+1 e X+2, e o número total de estudantes desa cohorte de entrada que accederon no curso académico X.

24,32
16,67
0,0
17,65
25,0
28,0
IN41
Taxa de abandono
Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

35,0
48,0
35,14
37,5
4,76
41,18
Avaliación
IN36
Taxa de avaliación
Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

87,67
91,21
90,23
86,81
86,17
85,25
Duración media dos estudos
IN38
Duración media dos estudos
Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.
Info da escala: Número racional con dous decimais
4,7143
4,5
4,8333
5,9091
5,8
5,5
Eficiencia dos titulados
IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados)
Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

84,86
90,15
86,61
75,0
73,78
76,86
Estudantes por grupo
IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva
Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva.

18,5161
17,6489
21,6364
21,3488
19,6747
17,1705
IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)
Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

27,2941
27,0882
31,0909
30,2647
26,8235
25,2647
IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)
Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

5,4286
5,6667
5,5455
4,7
7,1667
3,375
Éxito
IN35
Taxa de éxito
Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

74,78
82,31
69,91
72,38
68,61
71,37
IN50
Taxa de éxito dos egresados
Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou

88,04
76,96
76,97
82,48
Graduación
IN37
Taxa de graduación
Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso.

32,0
27,03
20,83
47,62
23,53
IN51
Taxa de idoneidade na graduación
Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou antes e a súa cohorte de ingreso.

10,81
19,05
11,76
4,17
Rendemento
IN34
Taxa de rendemento
Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

65,56
75,07
63,08
62,83
59,12
60,84
Satisfacción
IN15
Satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade
Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes saíntes cos programas de mobilidade.
Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00
-
-
4,51
-
3,54
-
IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas
Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

4,7778
-
4,0
4,33
4,1944
4,3356
IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas
Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

4,25
-
-
4,0
3,83
4,52
IN21
Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas
Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas.

4,75
-
4,6
-
-
4,375
IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible
Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos
Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

3,0
-
-
-
-
-
IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación
Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

3,39
3,32
-
-
IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida
Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

3,82
3,72
3,76
3,77
4,49
4,41
IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida
Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

4,315
4,0313
4,0215
4,206
4,2161
4,2431
IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida
Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

44,1667
39,4231
26,3636
10,5691
6,5421
39,5833
Recursos humanos
Indicador
2018-2019
2019-2020
2020-2021
2021-2022
2022-2023
2023-2024
IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios
Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

89,74
89,74
87,88
87,1
92,31
88,24
IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total
Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

87,23
85,11
80,49
85,0
87,5
89,74
IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total
Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

55,32
55,32
63,41
62,5
70,83
76,92

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.07.2023.