Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 37 Clase Interactiva: 15 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
De coñecemento
_____________
Coñecer os principios nos que se basea a produción e uso industrial da enerxía.
Coñecer os principios nos que se basea o funcionamento dos equipos básicos do sistema enerxético dunha planta industrial.
Coñecer o marco enerxético global a través das organizacións nacionais e internacionais no ámbito da enerxía.
De comprensión
_____________
Exemplificar os cálculos da termodinámica e balances de enerxía e materia no sistema enerxético industrial.
Interpretar o concepto de sustentabilidade nos seus aspectos técnicos, éticos e de equidade e xustiza social, desde o enfoque da enxeñaría da enerxía.
De aplicación
___________
Resolver problemas numéricos.
Empregar con soltura follas de cálculo para resolver problemas de enxeñaría.
Empregar software de simulación.
Utilizar a bibliografía e fontes de datos dispoñibles.
Practicar o autoaprendizaxe.
Practicar habilidades de información e comunicación no ámbito internacional da enerxía.
De análise
_________
Examinar e discutir cálculos e casos.
Comparar e contrastar resultados con xuízo crítico.
De valoración
____________
Concluír sobre resultados.
Recomendar reformulacións de problemas e casos.
De creatividade
____________
Detectar oportunidades no sector enerxético.
Visibilizar solucións innovadoras no ámbito enerxético.
Identificar implicacións non técnicas das estratexias enerxéticas.
DESCRITORES
1. Fontes primarias de enerxía. Enerxías renovables.
2. Vectores enerxéticos e combustibles neutros en carbono.
3. Combustibles verdes: Produción e uso, modelos de enerxía circular.
4. Centrais térmicas e ciclos combinados: Ciclos Rankine e Brayton.
5. Turbomáquinas: turbinas e compresores.
6. Recuperación de calor de baixa temperatura.
7. Bombas de calor.
8. Sistemas de refrixeración e licuefacción.
Visita técnica
______________________________________________________________________________________________________
__________________________________________________
BLOQUE I. Fluxo de enerxía en planta e análise termodinámico.
__________________________________________________
Expositiva
Lección 1: Diagrama de fluxo de enerxía en planta industrial. Elementos do sistema. Conexións. Integración renovable-non renovable. Balances de vapor e potencia. Perfís. Eficiencia enerxética industrial.
Lección 2. Ciclos de potencia de gas. Ciclo Brayton. Relación de traballo. Relación aire/combustible. Rendementos. Ciclo rexenerativo. Refrixeración intermedia e requentamento. Outros ciclos. Introdución á coxeración con gas.
Lección 3. Ciclos de potencia de vapor. Ciclo Rankine. Ciclo rexenerativo. Requentamento. Ciclo combinado. Introdución á coxeración con vapor.
Lección 4. Ciclos de refrixeración. Ciclo por compresión. Ciclos en cadoiro e multietapa. Ciclo de refrixeración con gas. Bomba de calor. Refrixeración por absorción. Principios de licuefacción.
Seminarios (5)
Resolución e discusión de exercicios de cálculo.
Estudo de caso.
Actividade
Aula de informática: Hysys.
_______________________________________________________________
BLOQUE II. Equipamento: convencional e específico para transición enerxética.
_______________________________________________________________
Expositiva
Lección 5. Turbinas de vapor. Clasificación. Breve descrición técnica. Ecuacións fundamentais. Etapas e escalonamento. Perdas e rendemento. Regulación.
Lección 6. Turbinas de gas. Clasificación. Breve descrición técnica. Ecuacións fundamentais. Etapas e escalonamento. Perdas e rendemento. Regulación. Sistema de control de emisións.
Lección 7. Compresores. Compresores centrífugos. Compresores alternativos. Principios de funcionamento. Regulación. Eficiencias.
Lección 8. Outro equipamento. Outras turbinas. Motores. Caldeiras con e sen rexeneración. Caldeiras de biomasa. Aspectos xerais.
Lección 9. Equipamento de interese actual en transición enerxética. Pilas de combustible. Electrolizadores. Aspectos xerais.
Seminarios (5)
Resolución e discusión de exercicios de cálculo.
Formación previa visita técnica.
Actividades.
Aula de informática: Hysys.
Visita técnica.
______________________________________________________________________
BLOQUE III. Enerxía renovable, vectores enerxéticos e recuperación de calor a baixa temperatura.
______________________________________________________________________
Expositiva
Lección 10. Enerxía renovable. Conceptos: neutralidade en carbono, "Net-Zero", vector, portador, variabilidade, sincronía de inercia. Fuentes primarias e secundarias. Transformación. Repartición de "mix" enerxético. Comunidades enerxéticas industriais e eco-parques industriais: concepto "Total Site" en sistemas renovables industriais.
Lección 11. Combustibles. Neutralidade en carbono, categoría verde e outras categorías segundo produción. Vectores enerxéticos e "carriers" (portadores) enerxéticos. Cadeas de valor. Eficiencias. Circularidade enerxética.
Lección 12. Recuperación de calor residual e transición enerxética. Xeración de enerxía a baixa temperatura. Aproveitamento. Almacenamento. Contribución á descarbonización. Tecnoloxías emerxentes.
Seminarios técnicos (2)
Resolución e discusión de exercicios de cálculo.
Discusión de caso baseado nos recursos das organizacións nacionais e internacionais no ámbito da enerxía.
Seminario transversal (1)
Ética, equidade e xustiza social en transición enerxética. Responsabilidade desde a enxeñaría da enerxía.
Actividade.
Titoría de grupo.
Avaliación visita técnica. Posta en común de actividades transversais tipo conferencia, eventos, etc. relacionadas coa materia.
Bibliografía básica
________________
Winterbone, D. E. and Ali Turan. 2019. Advanced Thermodynamics for Engineers. Butterworth-Heinemann.Oxford(England).
ISBN: 978-0-444-63373-6. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/tmlevo/alma99101339468520…
Kanoglou, M., Yunus A. Ç. and John M. Cimbala. 2023. Fundamentals and Applications of Renewable Energy. McGraw Hill. New York. https://www-accessengineeringlibrary-com.ezbusc.usc.gal/content/book/97…
Bibliografía complementaria
_______________________
Çengel, Y. A. y Michael. A. Boles.2015. Termodinámica. McGraw-Hill.Madrid. ISBN: 978-607-15-1281-9.
Lieberman, Norman P. and Elizabeth T. Lieberman. 2022. A Working Guide to Process Equipment. McGraw Hill. New York.
ISBN: 978-1-260-46166-4. https://www.accessengineeringlibrary.com/content/book/9781260461664
Paul Breeze.2019. Power Generation Technologies. Newnes. ISBN 9780081026311.
Tabatabaian, M. & R. K. Rajput. 2017. Advanced thermodynamics: Fundamentals, mathematics, applications. Mercury Learning & Information. ISBN: 978-1-936420-27-8. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/tmlevo/alma99101351820020…
Referencias web
_____________
IEA – International Energy Agency. https://www.iea.org/
IRENA – International Renewable Energy Agency. https://www.irena.org/
IEA Bioenergy. https://www.ieabioenergy.com/
ETIP Bioenergy.https://www.etipbioenergy.eu/
Hydrogen Europe. https://hydrogeneurope.eu/
Coñecementos ou contidos
______________________
Con05: Coñecementos e principios básicos de termodinámica aplicada ou transmisión de calor e a súa aplicación
á resolución de problemas de enxeñaría.
Con17: Coñecementos sobre balances de materia e enerxía ou biotecnoloxía ou transferencia de materia,
operacións de separación ou enxeñaría da reacción química ou deseño de reactores ou valorización e
transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
Habilidades ou destrezas
___________________
H/D04: Razoamento crítico e compromiso ético.
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
H/D07: Aprendizaxe autónoma.
Competencias
____________
Comp08: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento
crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría
Industrial.
Clase expositiva. Presencial.
Formato
______
-Proporcionarase a información esencial teórico-práctica estruturada, actualizada e contextualizada na contorna industrial, elaborada a partir de diversos libros de texto e documentación tecnolóxica e científica.
-Exporanse os conceptos ligados á contorna real.
-Presentarase o contido de forma concreta, evitando calquera desenvolvemento profuso e engadindo á parte expositiva un certo compoñente interactivo para fomentar a atención.
-Alternaranse conceptos teóricos con exemplos de cálculo resoltos.
-Farase un apuntamento final cos aspectos clave.
-Tenderase, no posible, a unha programación lección/semana, pero con flexibilidade, tendo en conta que non todas as leccións son iguais en extensión e dificultade e tamén a singularidade de cada grupo de estudantes.
Recursos
_______
-Utilizarase como formato básico a presentación en PowerPoint.
-Facilitarase ao estudantado unha copia das diapositivas relevantes para construír o guion da lección. Non se facilitarán notas de clase. O estudantado terá que tomar notas e completalas coa bibliografía e outros recursos recomendados.
-Soporte de recursos multimedia para aclarar a mensaxe.
______________________________________________________________________________________________________
Clase interactiva de seminario. Presencial.
Formato
______
Nos seminarios realizaranse catro tipos de actividades:
-ordenar coñecementos de clases expositivas a través da cuestión-discusión,
-resolver e discutir problemas de aplicación da teoría,
-estudo de casos e,
-no caso de que sexa factible unha visita técnica, realizarase a preparación previa; se non é factible a visita técnica, propoñerase unha actividade alternativa e asimilable.
Recursos
_______
-Utilizaranse recursos multimedia para visualización de equipos e o seu funcionamento.
-Utilización de follas Excel como soporte de cálculo.
______________________________________________________________________________________________________
Clase interactiva de aula de informática. Presencial.
Formato
______
Simulacións con software. O traballo realizarase de maneira individual e entregaranse os ficheiros da simulacións ao final de cada sesión, a través do Campus Virtual.
Recursos
_______
Simulador Hysys.
______________________________________________________________________________________________________
Titorías de grupo. Presenciais.
Formato
_______
Desenvolveranse actividades complementarias de formación que incluirán a avaliación de visita técnica e asistencia a conferencias, foros, talleres e asimilables, con discusión en sesión presencial, para fomentar o interese nas oportunidades e solucións innovadoras no sector enerxético.
Recursos
_______
Programación do Centro, acordos académicos empresa-USC, actividades de asociacións profesionais.
Dependerá de necesidades e dispoñibilidade en cada curso.
______________________________________________________________________________________________________
Soporte en titorías personalizadas segundo petición (individuais ou en grupo de estudo). Presencial e virtual (MSTEAMS) a pedimento do estudantado para unha mellor xestión do tempo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da Universidade de Santiago de Compostela.
Aplicarase a normativa de plaxio da Universidade de Santiago de Compostela.
Para a asistencia a clase, así como para a manipulación ou alteración intencionada dos sistemas de control, aplicarase a normativa de asistencia a clase nas titulacións de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela. Faltas xustificadas: as enumeradas explicitamente na normativa. Non se considerará ningunha causa de natureza ociosa nin de carácter estritamente privado allea á lista antes mencionada.
As actividades de avaliación obrigatoria, exame, seminarios (todos), aula de informática, realizaranse nos horarios gravados pola USC e segundo a división en grupos realizada polo Centro ou no ámbito da coordinación de curso/título, ao dispor do estudantado desde o principio de semestre. No caso de cambios por eventualidades, aplicarase o establecido na normativa ou o ordenado pola USC, segundo proceda.
As actividades que, pola natureza da súa organización, non figuran no calendario oficial (visitas técnicas, conferencias, eventos etc.) comunicaranse a través do Campus Virtual con antelación suficiente.
A persoa que non realizase algunha das actividades obrigatorias(exame e avaliación continua) terá a consideración de NON PRESENTADO.
OBRIGACIÓNS E PRERREQUISITOS
______________________________________________________________
A asistencia a clase terase en conta da seguinte forma:
1. Clase expositiva. Control mediante lista de firmas e reconto en clase.
a. Non computará na avaliación continua.
b. Será preceptiva para presentarse o exame. Considerarase atinxido este prerrequisito cando se alcance o 60 % de asistencia
das horas expositivas.
2.Clases de seminario. Control mediante lista de firmas e reconto en clase. Precisarán xustificante de faltas para o cómputo na avaliación continua.
a. Computará na avaliación continua segundo porcentaxes detalladas a continuación. Entra no cómputo o 100 % das
horas de seminario (todos os seminarios son avaliables presencialmente).
b. Será preceptiva para presentarse ao exame. Considerarase atinxido este prerrequisito cando se alcance o 80 % de asistencia
das horas de seminario.
3.Os apartados 1b e 2.b son independentes e hai que satisfacer os dous.
4. Aula de informática. Obrigatoria. Control mediante lista de firmas e reconto en clase.
4. Titoría de grupo. Obrigatoria. Control mediante lista de firmas e reconto en clase.
DISTRIBUCIÓN DA PUNTUACIÓN. Ver resumo de puntuacións en base 10 ao final.
_______________________________________________________________________________________________________
Avaliación de primeira oportunidade
1.Exame dos contidos de clases expositivas e seminarios. Obrigatorio. 70% da cualificación global. 30% cuestións teóricas. 40% Exercicios de cálculo. Con05, Con17, H/D05. Para poder aprobar a materia e sumar as cualificacións coa avaliación continua hai que obter un mínimo do 45% neste apartado (teoría e exercicios). Se non se alcanza este mínimo, a única nota que figurará na Acta será a deste apartado.
2.Avaliación continua. Obrigatoria. Non é recuperable en segunda oportunidade. H/D04, HD07, Comp08
a. Asistencia a seminarios. 15% da cualificación global. 5% asistencia, 10% participación.
Mínima participación requirida para computar, 7 intervencións/semestre, que supoñerán o 5% do asignado a este apartado. Poderán incorporar ao 10% de participación a asistencia a conferencias e eventos relacionados co contido, ata un máximo de 3 actividades. En caso de faltas xustificadas, asignarase unha tarefa complementaria para recuperación a realizar durante o período de seminarios do semestre.
b. Aula de informática. 5 % da avaliación global. Entrega de ficheiro ao final da sesión presencial. En caso de falta, non é recuperable. Se a falta é xustificada, darase a oportunidade de entregar a tarefa realizada mediante traballo persoal, autoaprendizaxe e asesoramento en titoría individual.
c. Titoría de grupo/informe de profesor. 10 % da avaliación global. Poderán incorporar a posta en común de contidos de conferencias, eventos e visitas técnicas. En caso de faltas xustificadas, asignarase unha tarefa complementaria para recuperación, entregable antes do exame de primeira oportunidade.
Avaliación de segunda oportunidade.
1.Conservarase a nota de avaliación continua. Non hai segunda oportunidade de avaliación continua.
2.O exame terá o mesmo peso e formato que en primeira oportunidade. Obrigatorio.
3.Non se conservará ningunha cualificación dun curso a outro.
_______________________________________________________________________________________________________
Convocatorias extraordinarias.
O exame, co contido de expositivas e seminarios, supoñerá o 100 % da cualificación.
_______________________________________________________________________________________________________
Dispensas de docencia e avaliación diferenciada.
Faranse as adaptacións requiridas especificamente para cada caso, tanto en presencialidad, como metodolóxicas e de avaliación.
_______________________________________________________________________________________________________
Resumo de puntuacións (sobre 10).
EXAME. Máximo 7 puntos. Exercicios, 4 puntos e cuestións, 3 puntos. Mínimo para sumar, 3,2 puntos (exercicios +cuestiones conxuntamente).
AVALIACIÓN CONTINUA. Total 2 puntos.
AVALIACIÓN CONTINUA (Seminarios). Total 1,5 puntos.
Asistencia. Máximo 0,5 puntos.
Participación (clase + eventos). Máximo 1 punto. Mínimo de participacións en clase para sumar, 7 participacións semestre=0,5 puntos. Eventos, máximo 3 eventos semestre.
AVALIACIÓN CONTINUA (aula de informática). Total 0,5 puntos.
AVALIACIÓN CONTINUA (titoría de grupo/informe docente). Total 1 punto.
Avaliación visita. Máximo 0,25 puntos.
Presentación eventos/actividade. Máximo 0,5 puntos.
Informe docente. Máximo 0,25 puntos.
TIPO DE GRUPO e HORAS
Docencia teórica, 37
Docencia interactiva seminario/visita técnica, 13
Docencia interactiva laboratorio/aula informática, 2
Tutorización en grupo reducido, 1
Exame e revisión, 4
Traballo persoal do alumnado, 93
Levar a materia ao día. Asistir a clase. Apoiarse na bibliografía.
Ter superadas as materias específicas de enxeñaría química dos semestres anteriores.
Na primeira sesión de clase do semestre realizarase a presentación da materia, incluíndo a normativa da USC aplicable en asistencia a clase, avaliación, plaxio e falsidade na subministración de información ao profesorado.
Utilizarase o Campus Virtual e o caderno-e da conta institucional como repositorio e para xestionar os entregables.
A comunicación co estudantado realizarase a través do servizo de mensaxes do Campus Virtual para que quede rexistrada. Non se admitirán, con carácter habitual, comunicacións por correo-e.
É responsabilidade do estudantado seguir con dilixencia as canles de comunicación da universidade.
Non se admitirán entregas de material avaliable a través do correo-e.
A visita técnica rexerase polos acordos académicos asinados polo Centro e os requisitos de seguridade e prevención de riscos esixidos pola USC e a empresa participante.
Habilitarase unha aula en MSTEAMS exclusivamente para soporte en titorías, para o estudantado que solicite esta opción.
IDIOMA: Galego/castelán
Maria Isabel Vidal Tato
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816798
- Correo electrónico
- isabel.vidal.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
Mércores | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A1 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
28.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
06.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |