Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia preténdese proporcionarlles aos alumnos os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para poder implementar os equipos electrónicos necesarios para o control e a automatización industrial. Así, son obxectivos parciais desta materia os seguintes:
a) Coñecer os fundamentos dos sistemas que permiten a automatización industrial (microcontroladores, autómatas programables).
b) Coñecer os fundamentos dos sistemas electrónicos de medida necesarios para o control de procesos.
c) Coñecer un conxunto amplo de sensores que permitan medir distintas variables físicas.
d) Identificar o sensor máis adecuado para medir unha determinada variable nun contexto dado.
e) Coñecer e deseñar os circuítos de acondicionamento de sinal para poder usar o sensor elixido.
f) Coñecer os conceptos de representación da información achegada polo sensor no dominio analóxico e dixital, así como os procesos para pasar dun dominio a outro (conversión dixital/analóxica e analóxica/dixital)
g) Coñecer o conxunto de actuadores que exercen accións nos procesos
Outro obxectivo formativo que se persegue é a adquisición por parte do alumno da capacidade de presentación de resultados mediante a elaboración de documentos escritos que presenten os resultados obtidos no laboratorio, se analicen e se saquen conclusións.
PROGRAMA DE TEORÍA:
Tema 1: Introdución á automática industrial.
Instrumentación para a medida, o control e a automatización industrial. Estrutura dos sistemas de medida. Características estáticas. Calibración. Características dinámicas.
Tema 2: Sensores e amplificación de sinais.
Concepto de sensor. Tipos de sensores. Criterios para a selección de sensores. A función de amplificación. O amplificador operacional. Circuítos amplificadores de uso en instrumentación.
Tema 3: Conversión de datos e sistemas de adquisición de datos.
Variables muestreadas. Teorema de mostraxe. Circuítos de mostraxe e retención. Conversión de datos: Convertidor Dixital/Analóxico e Analóxico/Dixital. Sistemas de adquisición de datos.
Tema 4: Introdución ao control dixital
Definicións básicas. Introdución ao control dixital. Lóxica booleana. Sistemas combinacionales e secuenciales. Táboas de verdade e mapas de Karnaugh.
Tema 5. Programación de autómatas programables (I)
Controladores lóxicos con unidade operativa ( PLC). Sistemas de programación de autómatas programables. Tipos de linguaxes de programación. Linguaxe normalizada de diagrama de funcións ( KOP). Deseño de sistemas de control lóxico con autómatas programables.
Tema 6. Programación de autómatas programables (II)
Control de procesos mediante autómatas programables. Controladores non lineais intermitentes. Controladores lineais continuos. Implementación de control continuo PID mediante un autómata programable
A distribución aproximada dos contidos nas distintas sesións reflíctese na seguinte táboa. Ha de terse en conta que a distribución concreta pode variar en cada curso académico en función tanto dos horarios coma do desenvolvemento da materia.
Sesión Contido
1 Tema 1
2 Tema 2
3 Tema 2
4 Tema 2
5 Tema 3
6 Tema 4
7 Tema 4
8 Tema 4
9 Tema 5
10 Tema 5
11 Tema 5
12 Tema 5
13 Tema 5
14 Tema 5
15 Tema 6
16 Tema 6
17 Tema 6
18 Tema 6
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
- Programación de autómatas programables.
- Deseño de equipos de medida e sistemas de tratamento de sinais físicas: temperatura, presión, humedade, ...
A distribución aproximada das sesións de prácticas reflíctese na seguinte táboa. Ha de terse en conta que a distribución concreta pode variar en cada curso académico en función tanto dos horarios coma do desenvolvemento da materia.
Sesión Duración Contido
1ª 5 horas Introducción a Labview. RTD
2ª 3 horas Programación de PLC (I)
3ª 4 horas Programación de PLC (II)
4ª 4 horas Programación de PLC (III)
5ª 4 horas Programación de PLC (IV)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- MANDADO, E., ACEVEDO, J.M., FERNÁNDEZ, C., QUIROGA, J.I., 2009. Autómatas programables y sistemas de automatización. 2ª edición, Barcelona: Marcombo. ISBN: 978-84-267-1575-3
- PÉREZ-GARCÍA, M.A., ÁLVAREZ, J.C., CAMPO, J.C., FERRERO, J.F., GRILLO, G.J., 2006. Instrumentación Electrónica. 2ª edición, Madrid: Thomson. ISBN: 84-9732-166-9
- PÉREZ-GARCÍA, Miguel Ángel, 2014. Instrumentación Electrónica. 1ª Edición, Madrid: Paraninfo. ISBN: 978-84-283-3702-1.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- PALLÁS, R, 2003. Sensores y acondicionadores de señal. 4ª edición, Barcelona: Marcombo. ISBN: 84-267-1344-0
- PALLÁS, R., CASAS, O., BRAGÓS, R., 2008. Sensores y acondicionadores de señal, Problemas resueltos. 1ª edición. Barcelona, Marcombo. ISBN: 978-84-267-1494-7
- DUNN, W.C., 2005. Introduction to Instrumentation, Sensors and Process Control. 1ª Edición, Boston: Artech House. ISBN: 1580530117
Tras o estudo da materia o alumno debe coñecer os principios básicos do proceso de automatización industrial. Debe familiarizarse co manexo de autómatas programables e os procesos necesarios para achegarlle información sobre o proceso que se quere controlar (sistemas electrónicos de medida).
Así, o desenvolvemento da materia contribuirá a alcanzar as competencias recollidas na memoria do título de grao en Enxeñaría Química e identificadas como CI.5, CI.6, CG.3, CG.6, CT.4, CT.8, CT.11, CT.13 e CT.19, facendo unha incidencia especial nas dúas primeiras.
A materia desenvólvese mediante horas expositivas e horas interactivas, que se realizarán basicamente no laboratorio de instrumentación. Nas clases expositivas o profesor expoñerá os contidos teóricos da materia, apoiándose en materiais multimedia. Estas clases complementaranse coa discusión de problemas, que os alumnos traballarían previamente, de forma individual e/ou en grupo, e que expoñerán en clase.
Desta maneira, as adquisición das distintas competencias que se abordarán nesta materia repártese da seguinte forma:
• Clases expositivas: CI.5, CI6, CG3
• Interactivas (laboratorio de instrumentación): CI6, CG6, CT4, CT8, CT11, CT13, CT19
Para a realización das prácticas os alumnos dispoñerán de guións, que reflectirán os seus obxectivos, material e métodos para a súa realización. Os deseños serán realizados previamente polos alumnos e caracterizados posteriormente no laboratorio. Para o desenvolvemento das prácticas os alumnos usarán a contorna de programación TIA para a programación de autómatas programables da gama S7-1200 de SIEMENS. Tamén se usará LabView para a adquisición de sinais no laboratorio. Os alumnos realizarán informes sobre o traballo práctico realizado.
Para o estudo da materia o alumno dispoñerá da bibliografía básica da materia, existente na biblioteca, así como o material de apoio que use o profesor, ao que poderá acceder a través de Campus Virtual da USC.
A avaliación da materia realizarase mediante unha proba final escrita, que supoñerá o 60 % da nota final.
A avaliación da actividade práctica realizada polo alumno no laboratorio supoñerá un 30 % da nota final. Esta avaliación realizarase tanto en base ao traballo desenvolvido no laboratorio como mediante a realización dun test sobre a análise dos datos experimentais obtidos no laboratorio e/ou a entrega dos mesmos. A realización das prácticas é obrigatoria.
O 10 % da cualificación final obterase da avaliación do traballo realizado na resolución dos problemas propostos ao longo do curso.
Para poder aprobar, requirirase unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 tanto no exame escrito como na nota de prácticas. Para superar a materia é preciso acadar un 5 sobre 10.
Ao alumno que non se presente á proba final escrita reflectiráselle na acta a cualificación de NON PRESENTADO.
En caso de suspender a materia, a avaliación obtida sobre a actividade práctica realizada e a resolución de exercicios poderase manter para a segunda oportunidade se a súa nota é superior ao 50% da nota que outorgan. No caso de que non sexa superior a ese 50 % o alumno, nesta segunda oportunidade, realizará unha proba escrita, que supoñerá un 70 % da nota, e un exame práctico, que achegará o outro 30 %.
Este proceso de avaliación rexe tanto para alumnos de matrícula nova como para alumnos repetidores.
A avaliación das competencias farase da seguinte maneira:
Competencia Entrega exercicios Traballo no laboratorio Exame
CI.5 X X X
CI.6 X X
CG.3 X
CG.6 X X
CT.4 X
CT.8 X
CT.11 X
CT.13 X
CT.19 X X
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
De acordo co recollido na memoria do título de grao en Enxeñaría Química, esta materia ten un total de 44 horas presenciais (18 horas expositivas, 19 de traballo práctico, 2 de titorías e 5 para a realización e revisión do exame). Á súa vez, contémplanse 68,5 horas de traballo persoal por parte do alumno.
Debido á alta correlación existente entre os conceptos desenvolvidos nas clases expositivas e os contidos das prácticas, recoméndase aos alumnos constancia no estudo da materia, acudindo ás sesións de prácticas cos conceptos xa traballados e os circuítos deseñados. Coa realización das prácticas, estes quedarán claros e asentados, facilitándose así o estudo e comprensión da materia.
Para cursar esta materia recoméndase ter cursado previamente a materia de terceiro curso, segundo semestre, "Control de Procesos", así como as materias de Electrotecnia e Informática.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
• Accede á túa intranet.
• Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
• Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais."
A docencia impartirase en castelán.
Fernando Rafael Pardo Seco
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 982823212
- Correo electrónico
- fernando.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula López Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 881816435
- Correo electrónico
- p.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Laura Vicente Garcia
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Correo electrónico
- lauravicente.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A3 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
20.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
26.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
26.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
26.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
26.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |