Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar ós/as estudantes o coñecemento dos principios básicos dos métodos de análise clásico e instrumental co fin de inculcar no estudante o criterio analítico, incidindo nos aspectos que poden ter máis interese no Grao de Enxeñaría Química.
Desenvolver no alumno a sua capacidade para resolver problemas reais de Química Analítica, interpretar os resultados obtidos e tomar decisións en función da calidade dos resultados experimentais.
Potenciar a sua capacidade de:
-análise e síntese,
-de xestión da información
-aplicación de esta metodoloxía no control de procesos.
Programa de clases expositivas:
TEMA 1. Proceso Analítico
Introducción as Técnicas Analíticas. Obxectivo, finalidade e metodoloxía da Química Analítica. Parámetros de calidade dun método analítico.
TEMA 2. Mostraxe e Preparación da Mostra.
Toma de mostra. Clasificación das mostras. Conservación da mostra. Preparación da mostra para a análise.
TEMA 3. Métodos Volumétricos de Análise
Características dos métodos volumétricos. Curvas de valoración. Aplicacións volumétricas: ácido-base, de formación de complexos, de precipitación e redox. Métodos gravimétricos.
TEMA 4. Introducción á Análise Instrumental.
Métodos de calibración. Sinais e ruido. Características e clasificación de analizadores de procesos.
TEMA 5. Introdución aos Métodos Espectroscópicos.
Espectro electromagnético. Absorción e emisión da radiación. Instrumentación básica dos métodos ópticos. Aplicacións.
TEMA 6. Métodos Espectroscópicos de análise I.
Espectroscopía molecular. Instrumentación específica. Aplicacións
TEMA 7. Métodos Espectroscópicos de análise II.
Espectroscopía elemental. Instrumentación específica. Aplicacións
Tema 8. Métodos Cromatográficos de Análisis I
Introdución aos métodos cromatográficos de separación. Cromatografía de gases. Instrumentación básica e aplicacións.
TEMA 9. Métodos Cromatográficos de análise II
Cromatografía líquida de alta resolución. Mecanismos de separación. Instrumentación básica e aplicacións.
TEMA 10. Técnicas electroanalíticas
Fundamentos de sensores electroanalíticos. Clasificación dos sensores potenciométricos. Sensores amperométricos. Aplicacións.
Realizaranse 5-6 prácticas no laboratorio seleccionadas das seguintes propostas no Programa de clases prácticas:
Métodos espectrométricos
1.- Determinación espectrofotométrica de Mn nun aceiro.
2.- Identificación de ácido acetilsalicílico mediante IR
3.- Determinación de Cu en fariña mediante AAS.
4.- Determinación de Fe en viños mediante AAS.
5.- Determianción de K en cementos mediante AES.
6.- Determinación fluorimétrica de quinina nun auga tónica.
Métodos eléctricos:
7.- Determinación das constantes de acidez do HAc e H3PO4 mediante potenciometría.
8.- Valoraciones conductimétricas. Aplicación á análise de viños.
Métodos volumétricos/gravimétricos:
9.- Determinación do contido de Na2CO3 e NaHCO3 dunha mestura.
10.- Determinación da materia orgánica nun auga doce.
11.- Determinación de ferro nun complexo vitamínico realizando unha valoración con permanganato.
Métodos cromatográficos de separación:
12.-Determinación de aldehídos mediante cromatografía de gases.
13. Determinación de hidrocarburos mediante cromatografía de gases.
14.-Determinación de vitaminas mediante HPLC.
15.-Determinación de cafeína en café e bebidas mediante HPLC.
Métodos automáticos
16.- Determinación de Fe nun fármaco mediante análise por inxección en fluxo (FIA).
Básica (a ser posible non mais de 2).
1.- HARRIS, Daniel C., 2016. Análisis Químico Cuantitativo 3ª Edición. Barcelona: Reverté. ISBN: 978-84-291-7225-6
2. SKOOG, Douglas A., WEST Donald M., HOLLER F. James, CROUCH Stanley R., 2005. Fundamentos de Química Analítica. 8ª edición. Madrid: Thomson. ISBN: 84-9732-333-5.
Complementaria.
1.-CHRISTIAN G. D., 2009. Química Analítica 6ª Edición. Madrid: McGraw Hill. ISBN: 9789701072349
2.- HARVEY, David, 2002. Química Analítica Moderna. Madrid: McGraw-Hill. ISBN: 84-481-3635-7
3. SKOOG Douglas A., HOLLER F. James and CROUCH Stanley R., 2009. Principios de Análisis Instrumental. 6º Edición. Madrid: Mc Graw Hill. ISBN: 978-970-686-829-9
4.- RUBINSON Kenneth A. and RUBINSON Judith F., 2004. Análisis Instrumental. Madrid: Prentice Hall. Madrid. ISBN: 84-205-2988-5
5.- CÁMARA Carmen, FERNÁNDEZ Pilar, MARTÍN-ESTEBAN Antonio, PÉREZ-CONDE C Concepción y VIDAL Miquel, 2004. Toma y tratamiento de muestras. Madrid: Síntesis. ISBN: 84-7738-962-4
6.-MILLER, James C. MILLER, Jane N., 2004. Estadística y Quimiometría para Química Analítica. 4ª edición. Madrid: Prentice Hall. ISBN: 84-205-3514-1
7.- CELA Rafael, LORENZO Rosa A., CASAIS M Carmen, 2002. Técnicas de Separación en Química Analítica, Madrid: Síntesis. ISBN: 84-9756-028-0
8.- COMPAÑÓ BELTRÁN Ramón y RIOS CASTRO Ángel, 2010. Garantía de calidad en los laboratorios analíticos. Madrid: Síntesis. ISBN: 84-9756-024-8
1.- HARRIS, Daniel C. Análisis Químico Cuantitativo 3ª Ed. Ed. Reverté S.A. Barcelona, 2016. ISBN: 978-84-291-7225-6
2. SKOOG Douglas A., WEST Donald M., HOLLER F. James, CROUCH Stanley R. Fundamentos de Química Analítica. 8ª Ed. Thomson. Madrid ,2005. ISBN: 84-9732-333-5.
Na Aula virtual da materia, as profesoras porán a disposición dos alumnos as presentacións sobre os temas que serán tratados nas clases expositivas, boletíns de problemas para resolver nos seminarios, guións de prácticas e propostas de traballo.
Competencias xerais.
CG.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novas metodoloxías de análise e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG.4. Capacidade de solventar problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría química industrial.
CG.8. Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG.10. Capacidade de traballar en grupos de traballo nun entorno multilingüe e multidisciplinar.
Competencias transversais.
CT.1 Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.3 Comunicación oral e escrita en linguas propias e alguna extranxeira
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT.5. Capacidade de xestión da información
CT.6. Resolución de problemas
CT.7. Toma de decisións
CT.12. Razoamento crítico e compromiso ético
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica
CT.17. Creatividade
Clases expositivas
Baseadas na utilización da pizarra, explicación dos fundamentos teóricos de cada tema complementándose con exemplos xerais e resolución de exercicios relacionados coas técnicas analíticas aplicadas ao campo da Enxeñaría Química. As explicacións do profesor vanse completar con recursos didácticos básicos e novas tecnoloxías da información e comunicación: plataforma virtual da USC, imaxes, videos, presentacións en diapositivas, acceso a Internet.
Clases interactivas de Seminarios
O Profesor proporcionará ó estudante, periódicamente e con anticipación, conxuntos de exercicios e/ou casos prácticos sobre os que traballará antes da data do seminario correspondente. Nunhas sesións o profesor presentará e solventará unha serie de exercicios tipo e noutras sesións o estudante terá que solventar, presentar e discutir exercicios semellantes. Tamén se poderán recoller exercicios realizados na clase polo estudante para a avaliación continua. O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos. Tamén se llevará a cabo a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos (máximo 2 traballos durante o semestre). A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Sesións de titorías
Titorías en grupos programadas polo profesor, que suporán para cada estudante 2 horas por semestre. O profesor orientará o estudante tanto en propostas de carácter global como en cuestións concretas relacionas cos contidos da materia. Proporanse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, lecturas, aclaración de dúbidas sobre teoría ou prácticas.
Clases interactivas de laboratorio
Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas (15 horas). Nelas o estudante adquire as habilidades propias do traballo nun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases expositivas. O estudante realizará distintos experimentos nos que se familiarizará coa aplicación experimental dos conceptos e metodoloxías analíticas explicados. Aprenderase o manexo da instrumentación e as medidas básicas de seguridade. Como apoio á docencia práctica, o estudante disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. Farase uso do programa Excel. O estudante deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente o contido deste manual. Tras unha explicación do profesor, o estudante realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, presentando un informe, que se entregará o finalizar cada una das prácticas.
O estudante debe realizar as prácticas de laboratorio e presentar un informe/portafolio sobre as mesmas, para poder superar a materia.
As competencias a adquirir nas actividades son:
Clases expositivas: CG.3, CT.1, CT.4, CT.5, CT.6
Clases interactivas – seminarios: CG.3, CG.4, CG.10, CT.1, CT.2, CT.3, CT.4, CT.5, CT.6, CT.7, CT.12, CT.13, CT.17
Sesiones tutorías: CG.4, CG.10, CT.3, CT.6, CT.7, CT.12, CT.13, CT.17
Clases interactivas – laboratorio ou actividades propostas no Escenario 3: CG.3, CG.4, CG.8, CG.10, CT.1, CT.2, CT.3, CT.4, CT.5, CT.6, CT.7, CT.12, CT.13, CT.17
A avaliación da materia realizarase de maneira continua en función de todas as actividades desenvolvidas polo/a estudante, relacionadas coas horas presenciais e non presenciais. Neste sentido, se plantexa a seguinte proporción:
- Exame de teoría e problemas: As materias de Grao terán unha única convocatoria anual con un acta única que tendrá duas edicións, correspondendo coa realización previa do examen nas datas fixadas pola Xunta de Escola: a primeira, o finalizar o semestre e a segunda o finalizar o curso académico. Constará dun conxunto de cuestións teórico-prácticas e de varios exercicios numéricos que abarquen os diferentes contidos da materia asimilados coas competencias (xeralis e específicas) e habilidades, representando o 40% da evaluación global.
A segunda edición do acta está conformada polo alumnado que no superase a materia (suspensos e non presentados) co sistema ordinario de avaliación na primeira oportunidade, supoñe unha segunda oportunidade.
- Prácticas de laboratorio: A realización das prácticas de laboratorio será imprescindible para superar a materia. A nota de prácticas supoñe o 24 % da nota global da materia. As prácticas avaliaranse sobre a base dos seguintes dous ítems:
1) o interés e calidade do traballo desarrollado no laboratorio, así como a elaboración do informe/portafolio correspondente (14% da avaliación global).
2) o exame de prácticas que constará de preguntas relacionadas cos conocimentos adquiridos no laboratorio, e representa o 10% da avaliación global.
O ALUMNO/A NON SUPERARÁ A MATERIA SE NON REALIZA AS PRÁCTICAS DE LABORATORIO
- Evaluación continua: avaliaránse os traballos e exercicios complementarios plantexados pola profesora durante o curso e presentados polo/a alumno/a nas clases expositivas e interactivas, a capacidade de expresión oral e escrita e o debate profesor/alumno, representando o 36 % da avaliación global.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións Artigo 16" (https://www.usc.gal/etse/files/u1/NormativaAvaliacionRendimentoAcademic…).).
A avaliación das competencias farase a través das seguintes actividades realizadas durante o curso:
O ALUMNO/A NON SUPERARÁ A MATERIA SE NON PARTICIPA E REALIZA AS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA AS PRÁCTICAS
Sistema de Calificación %
Actividade 1 6
Actividade 2 20
Actividade 3 10
Actividade 4 5
Actividade 5 9
Actividade 6 40
Actividade 7 10
A avaliación das competencias farase a través das seguintes actividades realizadas durante o curso:
Actividade 1: Elaboración e exposición de traballos (CG3,CG4,CG10,CT1,CT2,CT3,CT4,CT5,CT7, CT12, CT13, CT17)
Actividade 2: Entrega de exercicios e problemas (CG3,CG4,CT1,CT5,CT6, CT13, CT17)
Actividade 3: Asistencia a tutorías de grupo (CG3,CG4,CT1,CT2,CT5,CT6, CT13)
Actividade 4: Realización de prácticas no laboratorio (CG3,CG4,CG8,CG10,CT2,CT3,CT4,CT5,CT6, CT7, CT12, CT13)
Actividade 5: Elaboración de informe/portafolio de prácticas (CG3,CG4,CT1,CT2,CT3,CT5,CT6, CT7, CT12, CT13, CT17)
Actividade 6: Examen de coñecementos de teoría e problemas (CG3,CG4,CT1,CT2,CT3,CT5,CT6, CT7, CT12, CT13, CT17)
Actividade 7: Examen de coñecementos de prácticas de laboratorio (CG3,CG4,CG8,CG10,CT2,CT3,CT4,
CT5,CT6, CT7, CT12, CT13)
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (h) TRABALLO PERSONAL DO ALUMNO (h) ECTS
Clases expositivas ....... ................28 Estudio autónomo individual..........42 ..............2,8
en grupo grande
Clases interactivas (seminarios)... ...6 Resolución de exercicios e ............ 9 ...............0,6
discusión de casos prácticos
Clases interactivas .... .15 Traballo experimental no ...............8 ...............0,9
(Prácticas de laboratorio) + Informe laboratorio e elaboración da
memoria de las prácticas
Titorías en grupo...........................2 Consolidación de coñecementos .....8................0,4
exposición de traballos e discusión
Titorías individualizadas.................2 Orientación e resolución de dubidas 3................0,2
Exames e revisión.........................5 Realización e revisión del examen....22.............1,1
Total horas presenciais................58 Total horas non presenciais.............92...............6
- A asistencia a clase configurase como un dereito/deber dos alumnos/as, ás clases expositivas, interactivas (seminarios e prácticas) e de titorías.
- Recomendase ter cursado previamente a materia de Química Fundamental
- Estudo previo e realización dos exercicios e cuestións recollidos nos boletíns que se entregarán previamente á realización das clases de seminario.
- Participación activa do alumno nas clases de seminario e entrega dos exercicios propostos polo Profesor.
- É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos necesarios para a realización de cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, intentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidera xurdir deberá ser consultada ca profesora.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Aproveitamento das horas de titorías durante o desenvolvemento da materia. Aqueles/as alumnos/as que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben facer uso das titorías individualizadas (presenciais ou por Teams), co obxectivo de que a profesora poida analizar o problema e axudar a solventar ditas dificultades.
- O Idioma en que impartirase a materia: castellano-galego.
- A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1.- Accede á túa intranet.
2.- Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3.- Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais".
María Raquel Domínguez González
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814281
- Correo electrónico
- mraquel.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mª Del Carmen Casais Laiño
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814265
- Correo electrónico
- carmela.casais [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iván Lozano González
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- ivanlozano.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Sandra Méndez Martínez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- sandramendez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Carlos Pernas Fraguela
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- carlos.pernas.fraguela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Xoves | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
14.01.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |